Mancomún

Cada vez máis, Cinelerra estase a converter nun potente editor de vídeo e empézase a utilizar no sector empresarial, facendo unha forte oposición ás súas alternativas privativas.

Heroinewarrior, que así se chama a empresa que fai posible este proxecto, lanza unha nova versión de Cinelerra, a 2.1 corrixindo varios erros e dando soporte a OpenGL. Deste xeito, aproveitarase todo o poder da tarxeta gráfica.

Grazas a este soporte de OpenGL abriranse novas portas cara á edición en tempo real de vídeo e audio.
 
E como sempre, desde a comunidade de usuarios de Cinelerra xa se está traballando para proporcionar paquetes para múltiples arquitecturas e distribucións, unindo de paso a árbore de fontes “oficial” da comunidade.
 
Fonte: Heroinewarrior
A [[UNESCO]], a través de Cláudio Menezes, Experto Principal de Programa na División para a Sociedade da Información, manifestou o seu apoio á Rede de Cooperación Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. Esta Rede pretende coordinar esforzos entre as administracións co obxecto de cooperar nas diferentes accións que se están levando a cabo no eido do Software Libre. A Xunta de Galicia forma parte desta Rede dende o pasado mes de maio.

Dende o mes pasado entrou en vigor a normativa pola que o goberno taiwanés decidiu que todos os ordenadores mercados para o seu uso na administración deberán ser compatibles con GNU/Linux.

De acordo a esto, ao redor duns 120.000 ordenadores mercados polo goberno deberán cumprir o novo mandato. …

A axencia de provisión do goberno de Taiwan, A Central Trust of China, ordenou á Taipei Computer Association (TCA) que garanta que as ofertas dos fornecedores de PCs inclúan equipamento compatible con GNU/Linux. Polo de agora, hai uns 33 modelos de PC de sobremesa de Acer, Asustek, Lenovo e Hewlett-Packard que xa foron certificados pola TCA coma compatibles con GNU/Linux segundo o xornal chinés Economic Times.

Goh Seow Hiong, director de política de software en Business Software Alliance (BSA) en Asia, remarcou que non é a intención garantir que estean soportadas todas as variantes GNU/Linux, senon máis ben conceder a certificación atendendo a criterios máis específicos como o Linux Standards Base, LSB. Este é un conxunto de estándares comúns establecidos polo Free Standards Group para mellorar a interoperabilidade nas distribucións GNU/Linux e as aplicacións.

Lido en: Agnix
Fonte orixinal:  ZdNet Asia

O proxecto Open Solaris de Sun MicroSystems cumpe o seu primeiro ano de vida, cunhas estadísticas e unhas espectativas realmente moi boas. Dende que decidiron abrir o código fonte do seu sistema operativo [[Solaris]], foron uns 14.000 usuarios os que decidiron unirse a esta comunidade…

As estadísticas completas deste primeiro ano de vida de Open Solaris son as seguintes:

  • 33.000 descargas
  • 14.000 membros
  • 100 contribucións
  • 40 comunidades
  • 29 grupos de usuarios
  • 31 proxectos activos
  • 5 distribucións

Recordemos que Open Solaris é parte do código (kernel, librerías, comandos …) da versión en desenvolvemento da futura versión de Solaris; pero que en si mesma non constitúe un sistema operativo funcional para o usuario.

Máis información na páxina do proxecto Open Solaris.

Dentro do “Directorio de empresas” de mancomun.org, acabamos de poñer accesible un buscador de empresas para filtrar as mesmas segundo as características que se desexen.

Poderemos filtrar a información por aquelas empresas que cumpran determinados requisitos, tales como empresas que den soporte, que desenvolvan, que den formación, etc …

Se vostede ten unha empresa que cumpra algunha destas características e desexa darse de alta neste directorio, non ten máis que cubrir o formulario de alta no mesmo.

magrathea Un motor de busca sobre o sistema solar que ofrece resultados en 3D foi desenvolvido por estudantes franceses de enxeñería informática, que reconstruíron planetas e estrelas a partir de información topográfica real da Terra, a Lúa, Marte ou Venus.  

Magrathea é un proxecto en desenvolvemento, aberto ás contribucións doutros técnicos…

Soportado usando o sistema open source, pretende crear unha comunidade en torno aos seus creadores mediante a creación dunha páxina de desenvolvemento do proxecto que pode ser compartida por outros internautas.

Fonte: tendencias21.net 

Un executivo de Sun dixo a pasada martés que SUN esta a poucos mese de liberar a súa linguaxe de programación privativa Java baixo unha licenza open source 

Simon Phipps, director da oficina de open-source de SUN, sixo que a compañía está decidindo sobre duas dúbidad pfincipais: como mater Java compatible e asegurar que ningunha compañía individual usa a súa forza de marketing como factor determinante para construir a súa propia implementación, un movemento que amenazaría a principal propiedade de Java “escribeo unha vez, e executalo en calquer lugar” 

“Manter ambas dimesións de compatibilidade e un imprescidible, xa que o mercado de Java e un mercado aberto inmenso e de moito éxito na que moitas compañías sirven a moitas outras”, dixo Phipps. Non e tolerable facer un cambio que introduza cambios que fagan Java menos compatible que na actualidade.

Sun anunciou o pasado Maio que liberaría un versión de código aberto de Java, só un mes antes de que Jonathan Schwartz sustituira a Scott McNealy como CEO. O cambio no liderazgo provocou de si liberar código de Java e como facer a transición, dixo Phipps

Mais información en http://www.linuxworld.com/nllinuxandopenso39180

linux-sound.org é unha web adicada exclusivamente a recopilar software, formatos, players, encoders/decoders, drivers, documentación, etc. referidos ao son e ao tratamento da música. Pero o máis importante é o carácter da web, xa que todos os contidos son libres.
Fonte: linux-sound.org (USA), linuxsound.jp (Japan), linuxsound.atnet.at (Europe)

Para finais do 2007, máis de 400.000 equipos da administración pública francesa terán instalado OpenOffice segundo pode lerse no Le monde d’Adèle. Esta migración masiva acompáñase tamén de numerosas accións de formación. …

En decembro do ano pasado, un grupo de traballo interministerial definiu unha serie de accións a prol da evolución do posto de traballo cara a suite ofimática OpenOffice2.org e o formato aberto OpenDocument. A iniciativa xurdiu co obxectivo principal de optimizar os recursos financeiros e humanos dos que dispoñía cada ministerio.

Despois de 5 meses de traballo, a folla de ruta inicial foi cumprida: as administracións poden dispor de numerosas utilidades para a migración: CD-rom interministerial de instalación do OpenOffice, maletín pedagóxico, formación en liña, pack de comunicación, guias de uso …)

A formación, que acompañaba a esta migración, baseouse na entrega de material pedagóxico xunto co CD de instalación, a entrega dunha guía rápida de uso da suite e o desenvolvemento de cursos en liña accesibles a través de calquera plataforma de formación compatible co estándar SCORM.

Fonte: ADAE (en francés)

 

O goberno dinamarqueś lanzará un progama piloto en setembro de 2006 e cunha duración de 4 meses co obxectivo da publicación de documentos no OpenDocument Format (ODF) como parte do proxecto global do pais para o uso de estándares de computo.

O programa comenzará  cos ministerios de finanzas e ciencia, dixo Adam Lebech, director da división de tecnoloxías da información do Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

Xunto co formato ODF, os ministerios dinamarqueses continuarán publicando documentos usando HTML, formato doc de Microsoft,  e PDF de Adobe Systems, dixo Lebech.

Mais información en: http://www.computerworld.com.au/index.php/id;1532219476;fp;16;fpid;0

Xa está accesible no observatorio de mancomun.org o documento sobre políticas e iniciativas de Software Libre feito pola Universidade de A Coruña (UDC). Este informe é froito do traballo desenvolvido pola UDC dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade.

 
O documento, que está baixo licenza [[Creative Commons]], describe a situación do Software Libre no ámbito das políticas nacionais e internacionais, dende as autonómicas ás europeas, pasando polas propias iniciativas nas universidades.
 
Este documento inicial complementa ao xa feito pola Universidade de Santiago de Compostela sobre a situación da tecnoloxía do Software Libre publicado en maio. Ademais, o observatorio publicará trimestralmente un resumo da actividade máis significativa no eido das iniciativas e políticas nacionais e internacionais.

Mandriva inicia un concurso co obxectivo da elaboración da música de inicio e peche de sesión para a súa nova distribución, Mandriva Linux 2007, que aparecerá en outubro.

Os concursantes terán que rexistrarse na páxina principal do concurso e enviar as súas creacións entre o 21 de xuño e o 20 de agosto…

Cada concursante deberá enviar dous arquivos de son: un para o comezo e outro para o peche de sesión do ordenador. Cada un deles terá unha duración máxima de 5 segundos.

As inscripcións e as cláusulas completas de participación están no sitio web: http://corp.mandriva.com/webteam/soundsubmit/

gpul A xente do GPUL ten dispoñible na súa páxina a maior parte do material das últimas xornadas (vídeos incluídos). Falta algunha que outra charla dalgún relator….

Os vídeos (diversos problemas técnicos retrasaron bastante o seu procesado) están dispoñibles en formato xvid (320×240), e pronto tamén en DVDs no despacho do GPUL e na biblioteca da FIC .

Máis información na páxina do GPUL

A presidenta de IBM España, Amparo Moraleda, defendeu a importancia de que as empresas adopten arquitecturas e sistemas abertos e interoperables, xa que considera o seu desenvolvemento como un dos mecanismos “máis áxiles” para alcanzar os niveis de innovación que a sociedade demanda…

Moraleda cualificou de “positiva” a labor do Goberno andaluz no fomento do Software Libre e xustificou que as administracións poñan á disposición dos cidadáns este tipo de programas porque “é lóxico que non se pague diñeiro por algo que se pode conseguir gratis”.

Neste sentido, recordou, en declaracións a Efe, a aposta da entidade que representa polo “software aberto” e a venda de activos que soportan esa tecnoloxía.

 
Pode ler a nova completa na súa fonte orixinal: www.laflecha.net  

A asociación defensora do medio ambiente Greenpeace está a buscar colaboradores para contribuír ao desenvolvemento dunha plataforma online open source adicada á loita contra o cambio climático. 

Esta asociación vén de publicar unha versión beta desta plataforma, coñecida como “Proxecto Melt” , co obxectivo de animar aos desenvolvedores a crear ferramentas innovadoras e imaxinativas para axudar aos activistas da loita contra o cambio climático. …

A plataforma foi desenvolvida empregando Django, que é unha ferramenta para o desenvolvemento de aplicacións Web usando a linguaxe de programación open source [[Python]].

Fonte:zdnet 

Top500 Acaba de saír a lista actualizada, correspondente ao mes de xuño, do Top500 , que detalla as características dos 500 supercomputadores máis potentes do momento.

Esta é xa a edición número 27 e pódese atopar, xunto coas edicións anteriores, na páxina web http://www.top500.org .

Segundo esta lista, o 73% destes supercomputadores empregan GNU/Linux como sistema operativo…

Familia do sistema operativo Número %
Linux 367 73.40 %
Windows 2 0.40 %
Unix 98 19.60 %
BSD Based 4 0.80 %
Mixed 24 4.80 %
Mac OS 5 1.00 %
Total 500 100%

 

Estatísticas xeradas de http://www.top500.org/stats/27

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal