Autor: Alberto
Os portátiles elixidos para ser 100% compatibles con Ubuntu son o nc6120, nc6220, nc6000 y nc6230. ‘A iniciativa supón un paso máis para que os portátiles funcionen correctamente con GNU/Linux, algo que non sempre ocorre’, engaden.
A versión deste GNU/Linux non irá precargada nos ordenadores de HP, aclararon as mesmas fontes, pero de ser solicitado polo cliente, a firma estadounidense facilitaralle un CD-ROM con dito sistema operativo. O CD incluirá a descrición do soporte técnico, que consta dun soporte gratuíto online, así como outro de pago que ofrecerá Canonical, a empresa creadora de [[Ubuntu]].
Segundo HP, o proxecto está limitado por agora a Europa, Oriente Medio e África, rexións onde parece haber actualmente unha maior receptividade cara o entorno GNU/Linux. O xigante informático non vende actualmente PC con GNU/Linux en ningunha parte do mundo, aínda que en EE.UU. si o fai ‘sempre baixo pedido do cliente mediante a web’.
A acción de HP con [[Ubuntu]] en Europa, que podería interpretarse como un paso previo ao lanzamento de PC con GNU/Linux precargado, podería beneficiar á firma informática ante futuros contratos coa “Junta de Andalucía”, que acaba de anunciar que as súas futuras versións de Guadalinex se apoiarán en [[Ubuntu]].
A asociación [[GULO]] organiza as II Xornadas técnicas de Software Libre Gulo – “A Internet estándar” que terá lugar no Edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense do 26 ao 30 de Xuño.Trataranse contidos moi diversos á vez que importantes e interesantes como: AJAX, routing con Iptables, e-learning, multimedia, alternativas con ferramentas libres fronte ás propietarias, sistemas WiFi e moitos outros contidos.
PRAZAS LIMITADAS
Tecnoloxías:
- GNU/Linux
- Apache, PHP, MySql
- HTML, Ajax, Ruby
- Netfilter/Iptables
- LDAP, thin client, PXE
- WiFi, 802.11 b/g WEP, WPA, WiMAX
- OpenWengo, Ekiga, VoIP, H323
- Dokeos, Moodle, Claroline
- Dookbook, latex, doxygen
- …
Fonte: web do curso
Segundo un traballo realizado por Gunther Eysenbach e titulado Citation Advantage of Open Access Articles (na PLoS Biology) ten máis impacto publicar en revistas abertas que noutras con restriccións de copyright. Os resultados son abafadores…
Pasados entre 4-10 meses da publicación, os artigos publicados nunha revista aberta ([[copyleft]]) son citados o dobre de veces, máis ou menos, que os outros (publicados en revistas pechadas que manteñen as restriccións do copyright).
Pasados entre 10-16 meses da publicación, os artigos publicados nunha revista aberta (copyleft) son citados tres veces máis, máis ou menos, que os outros (publicados en revistas pechadas que manteñen as restriccións do copyright).
Fonte.- Blog de Adolfo Estalella
A Asociación Puntogal , que se constituiu oficialmente o pasado sábado 10 de xuño, é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura de Galicia un dominio propio en Internet. Este martes 13 de xuño presentaron en A Coruña as súas principais liñas de traballo. Pódense consultar os seus estatutos xa aprobados na súa páxina Web.
Acabamos de engadir un novo evento na “Axenda de eventos“.
En concreto, son as “3ª jornadas tecnológicas andaluzas de Software Libre [3JTASL]” que se celebrarán entre os días 23 e 27 de agosto de 2006 nas instalacións do CEULAJ, no centro xeográfico de Andalucía e que se enmarcan dentro do proxecto “e-Verano.org: una mirada a la Sociedad Libre“…
Tras o éxito da pasada edición (2JTASL), con máis de 300 participantes, 9 días de conferencias e talleres e cun programa de relatorios de enorme calidade (con relatores de renome como Richard M. Stallman, Juantomas García, Jorge Cortell, JJ Merelo, Antonio Larrosa ou David Santos) comézase xa a traballar nesta nova edición.
Nesta ocasión, as xornadas estarán máis abertas que nunca e xa se está realizando a convocatoria para presentar relatorios e propostas (Call for Papers) co obxectivo de mellorar e ampliar os seus contidos. O prazo para presentar propostas estará aberto ata o 30 de xuño.
As xornadas compartirán espazo e data con outras sete propostas formativas-divulgativas, conformando todas elas o proxecto denominado e-Verano.org: una mirada a la Sociedad Libre esperando unha asistencia de máis de 1.000 persoas.
Ademais, como nas anteriores actividades organizadas pola Iniciativa Focus e Hispalinux, é un evento aberto á comunidade dende o cal se anima a participar a todos, e para iso, abriron tamén un formulario de colaboradores e interesados.
A Unión Europea está realizando un estudo sobre o Software Libre no sector público. Xa existen varios traballos demostrando vantaxes e desafíos aínda existentes para a utilización de tecnoloxías libres na administración pública. Este novo estudo estará accesible a través do portal “Public sector & Open Source ” e os resultados serán presentados en novembro deste ano nun seminario en Bruxelas.
Máis información: http://www.publicsectoross.info/
EuroGest v8.0 é unha solución de xestión empresarial que é o resultado da fusión do anterior EuroGes v7.0 con EuroRest (programa para restaurantes con control de pantalla táctil).
Este Software, é multiplataforma ao funcionar exclusivamente con JAVA, abrindo así a posibilidade de podelo usar indistintamente en Windows e Linux.
Da mesma forma, pódese instalar con calquera base de datos existente no mercado, que cumpra coas normas SQL-92, entre elas Access, SQL Server, MySql e Oracle, o que permite cambiar de base de datos, sen ter que cambiar a estrutura desta.
Fonte: gtsiberica
Este divertido ensaio fala sobre o pasado e o futuro dos ordenadores a partir dun percorrido persoal do autor. Non é un libro que trate de avaliar ou comparar tecnicamente as prestacións dos distintos sistemas operativos. Stephenson lévanos da man para amosarnos un punto de vista novo sobre estes sistemas. Moi recomendable.
Ligazón para a descarga do libro en PDF: Ao principio… foi a Liña de Comandos
Os próximos 22 e 23 de xuño celebrarase no Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona a terceira Conferencia Internacional sobre a nova licenza pública xeral: GPLv3. O programa de Openbravo abrangue todas as áreas funcionais que necesita unha PEME: xestión de aprovisionamento, almacéns, servizos, produción, vendas e finanzas, así como niveis básicos de xestión de clientes (CRM) e Business Intelligence.
Esta publicación de Openbravo espertou un gran interese en todo o mundo. Openbravo está a recibires solicitudes de colaboración dende todos os continentes, o que demostra o gran potencial do Software Libre de calidade.
Está a disposición da comunidade esta aplicación en castelán e inglés, aínda que teñen voluntarios en labouras de tradución a outros idiomas, afirma a empresa.
Fonte: Openbravo
Acaban de saír as novas versións de Drupal. Drupal 4.6.8 e Drupal 4.7.2 están dispoñibles para descarga. Estas versións son de mantemento e solucionan varios problemas reportados mediante o sistema de xestión de bugs, ademais de 2 erros de seguridade. Actualización recomendada.
Asemade, dicir que tamén acaba de saír o Drupal E-Commerce 4.7, un proxecto de Drupal que contén sobre 30 módulos orientados ao comercio electrónico…
O Drupal é un xestor de contidos (CMS) do estilo do Joomla! (co que está realizado esta web), que tamén ten unha gran comunidade de usuarios detrás.
Máis información sobre este xestor na súa web http://drupal.org/
Máis información sobre CMS, comparativas e características nas seguintes ligazóns:
- http://www.cmsmatrix.org/ -> Podes comparar as características dos CMS
- http://www.opensourcecms.com/ -> Versións de demostración de moitos CMS
A compañía BitRock acaba de anunciar o lanzamento da súa distribución BitRock MonoStack. Esta distribución, de sinxela instalación, contén Apache, mod_mono e XSP, e aproveita as instalacións existentes de Mono para permitir aos usuarios executar un entorno .NET completo en Linux.
Monostack está dispoñible para descarga e uso, baixo os termos da Licenza Apache 2.0, na páxina web www.bitrock.com
As Nacións Unidas elixiron finalmente Joomla! coma xestor de contidos para o seu portal de información rexional para Europa occidental (UNRIC), logo de avaliar varias opcións, entre elas software privativo. Ao final, Philippe Chabot (CTO da ONU nas oficinas de Europa e Nova Iorque) decidiu apostar por Jomla!.
É previsible que esta proposta se estenda ás oficinas do sur de Africa, o que é unha boa nova para a comunidade do Software Libre.
