Mancomún

Hoxe discutirase unha proposición non de lei do Grupo Socialista, na Asemblea de Extremadura, que instará á “Junta” a liberar as súas producións dixitais en formato libre, empregando as licenzas Creative-Commons

Trátase dun instrumento que dotará de maior flexibilidade ao desenvolvemento da propiedade intelectual, dixo Lemus, que insistiu en que con esta iniciativa preténdese “abrir unha porta para que os autores teñan máis protección e os cidadáns acceso ás obras”.

De aprobarse, tódalas creacións dixitais producidas pola “Junta”, poderían estar a disposición dos cidadáns baixo diferentes termos de uso, pero sempre baixo un formato libre, de xeito similar a como funcionan as licenzas de software libre coma GPL no ámbito do desenvolvemento de aplicacións.

Segundo se pode ler en Barrapunto, os grandes almacéns Carrefour, venden xa portátiles equipados con Software Libre, concretamente co sistema operativo GNU/Linux. A oferta pode lerse na propia páxina da empresa .

É de salientar a importancia da penetración que o Software Libre está a ter nas grandes superficies comerciais ultimamente, grazas en parte á demanda social deste tipo de produtos, e ás campañas de información e concienciación que se están a levar a cabo dende hai anos polas asociacións de Software Libre, e dende algún tempo xa, pola Xunta de Galicia.

A aplicación OCSng (Open Computer and Software Inventory Next Generation), publicada baixo licenza GNU [[GPL]], permite a automatización do inventariado de datos software e hardware dunha rede informática así como a súa actualización tamén de xeito automático. …

 
Esta aplicación mantén información de cada máquina conectada á rede, incluíndo información sobre procesadores, placas base, tarxetas de vídeo, tarxetas PCI, memoria así como a versión do S.O. instalado (GNU/Linux, Windows, MAC OS X, Solaris e Aix). Ademais pódese almacenar na base de datos do inventario outra información como a data de adquisición, a localización, usuarios autorizados, datos dos contratos de soporte … A interface de administración permite realizar procuras a partir de calquera parámetro hardware ou software do inventario.

Para o seu funcionamento cómpre instalar un axente OCSNG en cada unha das máquinas, de xeito que logo envíe información periódica á aplicación instalada no servidor central, xestionada a través dunha interface web. Cada vez que o axente detecta un cambio na configuración do equipo monitorizado envía os novos datos ao servidor central para que actualice o inventario. Tamén é posible levar o inventario de equipos non conectados á rede e mesmo detectar automaticamente (mediante o uso de nmap) novos equipos engadidos e aínda non inventariados. No seguinte artigo describen máis extensamente o funcionamento desta aplicación.

Fonte: Diariolinux.com

Está dispoñible para toda a comunidade, a nova versión da distribución que está a facer GNU/Linux máis amigable para os usuarios finais. Ubuntu 6.06 LTS “Dapper Drake”, traducido como Dragon alegre ou pulcro, ten como unha das novas características importantes, o soporte nos seguintes 3 anos, para a versión Desktop e 5 anos para a versión server. Isto explica as iniciais LTS (Long Term Support).

Entre as novas características de Ubuntu 6.06, hai que destacar o novo kernel 2.6.15-23, moi completo polo amplo número de drivers que integra, Gnome 2.14.1 (na versión Ubuntu), KDE 3.5.2 (para a versión Kubuntu), Xorg 7.0, OpenOffice 2.0.2 e moitas cousas máis.

É importante dicir que esta nova versión está moi ben adaptada para servidores, existindo varias distribución totalmente preparadas para as plaformas: amd64 (plataformas 64 bits Intel Xeon, Opteron e Athlon64), Intelx86 (inclúense a maioría dos procesadores restantes), PowerPC (procesadores G3, G4 y G5) e a última novidade, procesadores UltraSparc de SUN.

Fonte: http://ubuntu.com
Descarga: http://cdimage.ubuntu.com 

mozilla Acaban de saír as novas versións/actualizacións de [[Firefox]] e [[Thunderbird]], o navegador e máis o xestor de correo da fundación [[Mozilla]].

As novas versións son as 1.5.0.4 e recomendan actualizar a elas canto antes, xa que arranxan os problemas de seguridade detectados na anterior versión…

As páxinas en español dos respectivos proxectos son:

Firefox en español
Thunderbird en español

Recordamos que dende a páxina de galego21 pódese descargar unha tradución ao galego para o Firefox, e que dende a nosa sección de descargas podes descargar o dicionario e o corrector ao galego para o Thunderbird .

A Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla organiza o I Concurso Universitario de proxectos Software Libre, de ámbito nacional. O principal obxectivo deste concurso é o de estimular aos universitarios a participar en proxectos de Software Libre, ou a crear os seus propios.

Para decidir os proxectos gañadores valoraranse aspectos como a orixinalidade, a calidade do software resultante ou o peso da contribución da comunidade libre.

A iniciativa é moi interesante xa que, actualmente, as empresas comezan a demandar cada vez máis profesionais formados en solucións libres. Neste aspecto, o software libre pode ser un punto de partida na formación dos universitarios, posto que lles dá acceso a unha tecnoloxía punteira.
 
Descarga as bases do concurso.
Computador NegroponteA fundación “Un computador por neno” (One Laptop Per Child), iniciada por Nicholas Negroponte e outros membros do MIT (Massachusetts Institute of Technology) sacará o primeiro computador de baixo custe en abril de 2007. O seu sistema operativo estará baseado en GNU/Linux.

Esta fundación pretende fomentar o uso da informática e Internet en países pouco desenvolvidos. O prezo final do computador (ao redor de 130$), será algo máis alto que os 100$ previstos inicialmente. Os computadores serán distribuidos directamente a escolas ou mediante iniciativas gubernamentais. Os países máis entusiasmados, dos sete que están participando no proxecto, son Nixeria, Brasil, Tailandia e Arxentina.

Fonte.- ZDNet  

Acabamos de incorporar algunhas novidades na web. Entre elas, cabe destacar:

– Unha sección de descargas, onde está dispoñible o OpenOffice.org 2.0 portátil e en galego (contribuído polo usuario dmunhiz), a extensión co corrector de galego para o Thunderbird, fontes libres para editores de texto para substituír ás coñecidas Times New Roman, Verdana e Arial;e máis cousas que pronto estarán dispoñibles.

– Novas ligazóns, con referencias a páxinas de descarga de tipografías, imaxes e deseños para webs libres.

– Un novo foro de “Localización ao galego de software“, para coordinar á xente interesada en localizar algún tipo de software.

Scribus é un programa libre baixo licenza GNU/GPL que nos permite facer maquetacións profesionais traballando sobre a visualización do traballo en tempo real. 

Scribus ten unha interface atractiva, moderna e amigable facilitando moitas das tarefas e procesos feitos con el. Da soporte a características propias no ámbito profesional en materia de publicacións, tales como color CMYK, separacións, mantemento de color ICC e versatilidade na creación de PDF. As plataformas soportadas son: Windows 2000/XP , MacOS X e Linux

Está versión é lanzada para correxir un erro da versión anterior 1.3.3.1.

As próximas versións de Scribus 1.3.4 e 1.3.5, moi preto de ser lanzadas á internet, van ter novidades importantes no núcleo do programa, polo que o equipo de programación non quere anunciar precipitadamente unha nova versión. Deste xeito somentes é publicada unha versión estable de Scribus sobre a anterior versión.

Fonte: scribus.net 
Onte saíron publicadas no DOG dúas ordes de axuda da Consellería de Innovación e Industria polas que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. …

Concellos con menos de 6000 habitantes:

As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.

O portal deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • O galego será a lingua vehicular ou a primeira opción no caso de existir máis.
  • Mantemento do portal a través dunha aplicación xestora de contidos (CMS) de código aberto.
  • Cumprir as normas de accesibilidade W3C-WAI-AA.
  • Os documentos dispoñibles estarán en formato pdf.

Orde: DOG 30-05-06 – concellos menos 6000

Concellos de entre 6000 e 35000 habitantes:

As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dun portal informativo, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.

Este portal informativo será mantido polas asociacións cidadáns e configurarase como espazo de comunicación accesible e aberto á participación de todos os veciños. A través de Internet os cidadáns e asociacións crearán contidos do seu interese e ocuparanse do mantemento informativo do portal.

Deberá ser construído sobre a base do software libre, terá o galego como lingua vehicular e integrará como mínimo:

  • Espazos para dar a coñecer o capital asociativo do concello, as súas actividades e canles de participación
  • Ferramentas para a interrelación cidadana: foros, chats, correo electrónico…
  • Información de interese como ofertas e demandas de emprego; acceso á vivenda…
  • Información sobre o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións.

Orde: DOG 30-05-06 – concellos máis 6000

Dado os problemas de licenza que conleva o uso e publicación de imaxes en sitios web ou en traballos publicados, creáronse en Internet varios sites coa inquedanza de ofertar á comunidade, imaxes de calidade para todos eses traballos que teñen un claro matiz expositor…

 
Estas galerías conteñen imaxes con licenzas [[Creative Commons]], [[Copyleft]] ou [[GNU/FDL]]. Así, deste xeito, non se infrinxe ningunha lei de privacidade en canto ao uso non autorizado de imaxes.

Algunhas destas galerías libres son: yotophoto , everystockphoto, kavewall e OpenClipArtLibrary e conteñen centos de miles de imaxes repartidas por categorías moi distintas e diversas.

Logo learningDentro das xornadas que organiza a Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela sobre aplicacións Web de Software Libre para a PEME, este venres 2 de xuño impartirase o segundo relatorio sobre plataformas de e-formación. Será na Facultade de Empresariais do Campus de Lugo.

Falarase das vantaxes do e-learning, de metodoloxías de aprendizaxe e se analizarán en detalle dúas plataformas libres, Moodle e Claroline. A inscripción é gratuita e se pode facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes.

Acabamos de engadir dous apartados á sección Movemento asociativo de mancomun.org. A primeira, Informática e lingua, fai referencia ás asociacións ou agrupacións que xa levan tempo localizando software e que teñen como principal obxectivo o galego no eido da informática. A segunda, Outras asociacións, tenta amosar aquelas agrupacións que teñen no software libre un medio natural para o seu traballo.
 
A intención de mancomun é sumar esforzos e non restalos, polo que as listaxes das agrupacións non son pechadas. Se pertences a outra asociación destas características, por favor, contacta con nós a través da sección de Contacto.

Nunha nota de prensa do día 18 de Maio do 2006, a Seguridade Social anuncia que ven de adaptar o sistema RED de intercambio de documentación entre ela e as empresas para que poida ser utilizado dende sistemas GNU/Linux, o que ata agora non era posible. …

Así mesmo esta adaptación dos sistemas permitirá o emprego dos servizos do sistema RED dende o navegador Firefox e non só dende Internet Explorer como viña ocorrendo ata agora.

Os requisitos necesarios para o uso do sistema RED en GNU/Linux aparecen na seguinte ligazón

Fonte

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal