Adobe/Macromedia anuncia unha versión de testeo e probas de Flash Player 9 para Linux para finais deste ano, e a versión final para os comezos do 2007.
Autor: Alberto
Hoxe discutirase unha proposición non de lei do Grupo Socialista, na Asemblea de Extremadura, que instará á “Junta” a liberar as súas producións dixitais en formato libre, empregando as licenzas Creative-Commons…
Trátase dun instrumento que dotará de maior flexibilidade ao desenvolvemento da propiedade intelectual, dixo Lemus, que insistiu en que con esta iniciativa preténdese “abrir unha porta para que os autores teñan máis protección e os cidadáns acceso ás obras”.
De aprobarse, tódalas creacións dixitais producidas pola “Junta”, poderían estar a disposición dos cidadáns baixo diferentes termos de uso, pero sempre baixo un formato libre, de xeito similar a como funcionan as licenzas de software libre coma GPL no ámbito do desenvolvemento de aplicacións.
Segundo se pode ler en Barrapunto, os grandes almacéns Carrefour, venden xa portátiles equipados con Software Libre, concretamente co sistema operativo GNU/Linux. A oferta pode lerse na propia páxina da empresa .
É de salientar a importancia da penetración que o Software Libre está a ter nas grandes superficies comerciais ultimamente, grazas en parte á demanda social deste tipo de produtos, e ás campañas de información e concienciación que se están a levar a cabo dende hai anos polas asociacións de Software Libre, e dende algún tempo xa, pola Xunta de Galicia.
Para o seu funcionamento cómpre instalar un axente OCSNG en cada unha das máquinas, de xeito que logo envíe información periódica á aplicación instalada no servidor central, xestionada a través dunha interface web. Cada vez que o axente detecta un cambio na configuración do equipo monitorizado envía os novos datos ao servidor central para que actualice o inventario. Tamén é posible levar o inventario de equipos non conectados á rede e mesmo detectar automaticamente (mediante o uso de nmap) novos equipos engadidos e aínda non inventariados. No seguinte artigo describen máis extensamente o funcionamento desta aplicación.
Fonte: Diariolinux.com
Está dispoñible para toda a comunidade, a nova versión da distribución que está a facer GNU/Linux máis amigable para os usuarios finais. Ubuntu 6.06 LTS “Dapper Drake”, traducido como Dragon alegre ou pulcro, ten como unha das novas características importantes, o soporte nos seguintes 3 anos, para a versión Desktop e 5 anos para a versión server. Isto explica as iniciais LTS (Long Term Support).
Entre as novas características de Ubuntu 6.06, hai que destacar o novo kernel 2.6.15-23, moi completo polo amplo número de drivers que integra, Gnome 2.14.1 (na versión Ubuntu), KDE 3.5.2 (para a versión Kubuntu), Xorg 7.0, OpenOffice 2.0.2 e moitas cousas máis.
É importante dicir que esta nova versión está moi ben adaptada para servidores, existindo varias distribución totalmente preparadas para as plaformas: amd64 (plataformas 64 bits Intel Xeon, Opteron e Athlon64), Intelx86 (inclúense a maioría dos procesadores restantes), PowerPC (procesadores G3, G4 y G5) e a última novidade, procesadores UltraSparc de SUN.
Fonte: http://ubuntu.com
Descarga: http://cdimage.ubuntu.com
Acaban de saír as novas versións/actualizacións de [[Firefox]] e [[Thunderbird]], o navegador e máis o xestor de correo da fundación [[Mozilla]].
As novas versións son as 1.5.0.4 e recomendan actualizar a elas canto antes, xa que arranxan os problemas de seguridade detectados na anterior versión…
As páxinas en español dos respectivos proxectos son:
Firefox en español
Thunderbird en español
Recordamos que dende a páxina de galego21 pódese descargar unha tradución ao galego para o Firefox, e que dende a nosa sección de descargas podes descargar o dicionario e o corrector ao galego para o Thunderbird .
Para decidir os proxectos gañadores valoraranse aspectos como a orixinalidade, a calidade do software resultante ou o peso da contribución da comunidade libre.
A fundación “Un computador por neno” (One Laptop Per Child), iniciada por Nicholas Negroponte e outros membros do MIT (Massachusetts Institute of Technology) sacará o primeiro computador de baixo custe en abril de 2007. O seu sistema operativo estará baseado en GNU/Linux. Esta fundación pretende fomentar o uso da informática e Internet en países pouco desenvolvidos. O prezo final do computador (ao redor de 130$), será algo máis alto que os 100$ previstos inicialmente. Os computadores serán distribuidos directamente a escolas ou mediante iniciativas gubernamentais. Os países máis entusiasmados, dos sete que están participando no proxecto, son Nixeria, Brasil, Tailandia e Arxentina.
Fonte.- ZDNet
Acabamos de incorporar algunhas novidades na web. Entre elas, cabe destacar:
– Unha sección de descargas, onde está dispoñible o OpenOffice.org 2.0 portátil e en galego (contribuído polo usuario dmunhiz), a extensión co corrector de galego para o Thunderbird, fontes libres para editores de texto para substituír ás coñecidas Times New Roman, Verdana e Arial;e máis cousas que pronto estarán dispoñibles.
– Novas ligazóns, con referencias a páxinas de descarga de tipografías, imaxes e deseños para webs libres.
– Un novo foro de “Localización ao galego de software“, para coordinar á xente interesada en localizar algún tipo de software.
Scribus é un programa libre baixo licenza GNU/GPL que nos permite facer maquetacións profesionais traballando sobre a visualización do traballo en tempo real.
Scribus ten unha interface atractiva, moderna e amigable facilitando moitas das tarefas e procesos feitos con el. Da soporte a características propias no ámbito profesional en materia de publicacións, tales como color CMYK, separacións, mantemento de color ICC e versatilidade na creación de PDF. As plataformas soportadas son: Windows 2000/XP , MacOS X e Linux
Está versión é lanzada para correxir un erro da versión anterior 1.3.3.1.
As próximas versións de Scribus 1.3.4 e 1.3.5, moi preto de ser lanzadas á internet, van ter novidades importantes no núcleo do programa, polo que o equipo de programación non quere anunciar precipitadamente unha nova versión. Deste xeito somentes é publicada unha versión estable de Scribus sobre a anterior versión.
Concellos con menos de 6000 habitantes:
As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.
O portal deberá cumprir os seguintes requisitos:
- O galego será a lingua vehicular ou a primeira opción no caso de existir máis.
- Mantemento do portal a través dunha aplicación xestora de contidos (CMS) de código aberto.
- Cumprir as normas de accesibilidade W3C-WAI-AA.
- Os documentos dispoñibles estarán en formato pdf.
Orde: DOG 30-05-06 – concellos menos 6000
Concellos de entre 6000 e 35000 habitantes:
As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dun portal informativo, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.
Este portal informativo será mantido polas asociacións cidadáns e configurarase como espazo de comunicación accesible e aberto á participación de todos os veciños. A través de Internet os cidadáns e asociacións crearán contidos do seu interese e ocuparanse do mantemento informativo do portal.
Deberá ser construído sobre a base do software libre, terá o galego como lingua vehicular e integrará como mínimo:
- Espazos para dar a coñecer o capital asociativo do concello, as súas actividades e canles de participación
- Ferramentas para a interrelación cidadana: foros, chats, correo electrónico…
- Información de interese como ofertas e demandas de emprego; acceso á vivenda…
- Información sobre o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
Orde: DOG 30-05-06 – concellos máis 6000
Algunhas destas galerías libres son: yotophoto , everystockphoto, kavewall e OpenClipArtLibrary e conteñen centos de miles de imaxes repartidas por categorías moi distintas e diversas.
Acabamos de subir a versión en galego do OpenOffice.org 2.0 para Mac.
Atópase na sección de OpenOffice.org en galego, así como as instrucións para a súa instalación.
Aquí as ligazóns para a descarga:
Instrucións Instalación para Mac en formato odt
Instrucións Instalación para Mac en formato pdf
Dentro das xornadas que organiza a Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compostela sobre aplicacións Web de Software Libre para a PEME, este venres 2 de xuño impartirase o segundo relatorio sobre plataformas de e-formación. Será na Facultade de Empresariais do Campus de Lugo.
Falarase das vantaxes do e-learning, de metodoloxías de aprendizaxe e se analizarán en detalle dúas plataformas libres, Moodle e Claroline. A inscripción é gratuita e se pode facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes.
Nunha nota de prensa do día 18 de Maio do 2006, a Seguridade Social anuncia que ven de adaptar o sistema RED de intercambio de documentación entre ela e as empresas para que poida ser utilizado dende sistemas GNU/Linux, o que ata agora non era posible. …
Así mesmo esta adaptación dos sistemas permitirá o emprego dos servizos do sistema RED dende o navegador Firefox e non só dende Internet Explorer como viña ocorrendo ata agora.
Os requisitos necesarios para o uso do sistema RED en GNU/Linux aparecen na seguinte ligazón.
