Mancomún
Acaba de ser publicado o libro “Software Libre para servizos de información dixital”. Os contidos son: Fundamentos; Planificación, deseño e desenvolvemento de servizos; phpBB; MediaWiki; Zope; Typo3; PHP-Nuke; Plone; BSCW; Greenstone, ISIS; Moodle.

Os autores, J. Tramullas, A.P. Ubieto, M.A. Esteban, P. Garrido, F.J. Martínez, S. Albiol (Univ. Zaragoza), D. Rodríguez, R. Eito (Univ. Carlos III), J.A. Senso (Univ. Granada) doaron os dereitos a Aldeas Intantiles SOS. Os capítulos 1 (Fundamentos), 2 (Planificación e diseño) e 10 (Greenstone), liberáronse con licenza [[Creative Commons]] 2.5 e foron depositados no repositorio de acceso aberto E-LIS.
e-gallaecia Do 14 ao 16 de xuño, na Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase a VI Tech Business Week que organiza o foro e-Gallaecia. O programa xa está dispoñible e o xoves 15 de xuño haberá toda unha sesión de xornadas adicadas ao Software Libre. Estarán moderadas por Roberto Santos e participarán, entre outros, os responsables informáticos da Universidade de A Coruña e da Universidade de Santiago.

 
Esta iniciativa pretende animar á industria de teléfonos móbiles a estandarizar os navegadores Web. Nokia abriu o código fonte do browser móbil que desenvolveu o ano pasado. Os desenvolvedores poderán adaptalo para diferenciar as ofertas ao usuario final. O código está dispoñible a través de WebKit Open Source Project en www.webkit.org
 
Fonte.-  IDG.es

wordpress O software de xestión de blogs, WordPress foi localizado ao galego por Dorfun.

Pode descargarse da Web: http://dorfun.bitacoras.com/wordpress-en-galego .

A versión localizada é a 2.0.2, ou sexa a última dispoñible ata o de agora, con data de saída o 10 de abril deste mesmo ano…

Máis información sobre WordPress na súa páxina oficial: www.wordpress.org, e máis información sobre a localización na bitácora de Dorfun: http://dorfun.bitacoras.com/wordpress-en-galego

Cada vez son máis as ferramentas de mensaxería instantánea utilizadas polos internautas de todo o mundo. Estas ferramentas compiten unhas coas outras ofertando novas características. Entre estas, a mensaxería instantánea escrita, transmisión de arquivos, conversacións de voz (VoIP) e a videoconferencia son as de maior aceptación.

Neste artigo imos amosar os proxectos Open Source máis importantes a día de hoxe en materia VoIP. Esto non significa que non existan máis proxectos na comunidade de Internet. Os que imos analizar son: Gizmo 2.0, OpenWengo 2.0, Ekiga 2.0. …

Gizmo 2.0

* Rede baixo estándar SIP – RFC (3261)
* Clientes para Windows, Mac ou Linux.
* Chamadas de balde entre os usuarios de Gizmo. (PC2PC)
* Buzón de voz.
* Permite realizar chamadas a usuarios de telefonía convencional, teléfonos móbiles ou fixos. (a través de pago)
* Permite recibir chamadas dende usuarios de telefonía convencional. (a través de pago).
* Adaptación con redes VoIP plataforma Asterix.
* Web: http://gizmoproject.com/intl/es/

OpenWengo 2.0

* Rede baixo estándares SIP – RFC 3261
* Clientes para Windows, Mac ou Linux baixo licenza GPL
* Chamadas de balde entre os usuarios de OpenWengo. (PC2PC)
* Permite realizar chamadas de VOZ a usuarios de telefonía convencional, teléfonos móbiles ou fixos. (a través de pago)
* VIDEOConferencia entre usuarios OpenWengo. (PC2PC)
* Web: http://openwengo.com/

Ekiga 2.0

* Rede baixo estándares SIP – RFC 3261
* Clientes para Linux baixo licenza GPL. (todalas distros)
* Chamadas de balde entre os usuarios de Ekiga. (PC2PC)
* VIDEOConferencia entre usuarios Ekiga. (PC2PC)
* Web: http://ekiga.org

Logo CALIBRE O pasado 5 de maio celebrouse en Madrid, no marco do proxecto CALIBRE (Coordination Action for LIBRE Software), unhas xornadas internacionais co título: Open Source Software in European Industry: A Strategic Roadmap for the Future. 

Os diferentes relatorios están accesibles na seguinte dirección: http://www.calibre.ie/events/madrid/speakers.php  

David Cierco, Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do
Ministerio de Insustria, anunciou na apertura das xornadas, que se presentaron en España 38 proxectos á convocatoria PROFIT do pasado mes de marzo, solicitando unha cantidade total de 10 millóns de euros.

O Director Xeral destacou a importancia que ten o software libre para reducir os custes de instalación, así como para axudar á independencia de tecnoloxías extranxeiras. Ademais, apuntou que o Ministerio de Industria “confirmou en varias ocasións o seu apoio, non só para o software libre, senón tamén para proxectos de I+D, a través de importantes incrementos nas axudas”. O Plan Nacional para a Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2004-2007) inclúe unha partida específica para proxectos de Software Libre, que representa o 5% do presuposto total.
 

Open Invention Network é unha nova compañía de propiedade intelectual establecida para promover o sistema operativo Linux e outros tipos de software de fonte aberta. Isto realízase mediante o emprego de patentes para crear unha contorna de colaboración. A organización promove un ecosistema positivo e fértil para o sistema operativo Linux, algo que, á súa vez, impulsa a innovación e a capacidade de elección no mercado a escala mundial.

Isto axuda a garantir a continuación da innovación que tanto beneficiou ás empresas de software, aos clientes, aos mercados emerxentes e aos inversores…

Open Invention Network está perfeccionando o modelo de propiedade intelectual para permitir que as patentes importantes compártanse abertamente nunha contorna de colaboración. As patentes propiedade de Open Invention Network atópanse dispoñibles libres de calquera pago para as compañías, institucións ou particulares que acorden non reivindicar as súas patentes fronte ao sistema operativo Linux ou fronte a certas aplicacións relacionadas con devandito sistema operativo. Isto permite ás compañías realizar grandes investimentos corporativos e de capital en Linux, axudando a impulsar o crecemento económico.
 
Podes ler a nova completa na fonte orixinal: www.cibersur.com  

Daniel Reina, colaborador da Universitat Oberta de Catalunya, analiza neste artigo dous proxecto antagónicos de migración a Software Libre na administración local, Munich e Newham. No caso de Munich os criterios estratéxicos foron decisivos para optar pola migración. Sen embargo, Newham inclinouse por criterios de menor custe a curto prazo, así como pola homexeneidade do seu sistema, para decidir ampliar o seu contrato con [[Microsoft]] por 10 anos.

Fonte: UOC Papers  

KOffice logo O equipo de KOffice presentou onte a primeira versión de corrección de erros na serie 1.5 de KOffice. ‘Bugs’ críticos en KSpread, Kword e Krita arranxáronse grazas ás contribucións dos usuarios que notificaron os erros.

Recordamos que esta suite ofimática, de código aberto, inclúe soporte nativo para OpenDocument Format dende a versión 1.5, ademáis de que está localizada ao galego…

Destacar que aos usuarios do programa Kexi non se lles aconsella actualizarse de momento debido a un ‘bug’ crítico descuberto moi tarde no proceso de liberación desta última versión que impediu que se correxira. De todas maneiras o equipo de KOffice anunciou que a próxima versión 1.5.2 que arranxará este problema, sairá nun mes.

Podes ler máis sobre este tema na nota de prensa, e no anuncio completo. A lista completa de cambios tamén está dispoñible.

Actualmente xa podes descargar os paquetes binarios para as seguintes distribucións: Kubuntu e SUSE.

Logo USCA Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compotela organiza as Primeiras Xornadas de aplicacións Web de Software Libre para a PEME. Este venres 25 de maio impartirase o primeiro relatorio. A inscripción é gratuita e se pode facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes.

As Xornadas están orientadas a:

Coñecer Os Mellores Exemplos de Aplicacións Web de Software Libre de “Alto Impacto Actual”

-  Plataformas de éxito: Xestores de Contidos para a construcción de portais web externos, internos e mixtos, (Mambo, Drupal, Typo3); Sistemas de Publicación Web para a creación de periódicos internos, externos, e-catálogos de productos, e-revistas, Bibliotecas de empresa, Boletíns de Asociaciones, … (SPIP, WordPress, e outros); Plataformas de e-formación (Moodle, Claroline); e así sucesivamente en cada unha das sesións programadas.

-  Analizar exemplos reais de interese, coñecer as plataformas por dentro, comprobar as súas capacidades e curvas de aprendizaxe, comprobar a súa usabilidade, estimar a dificultade-facilidade de instalación e posta en marcha, estimar áreas de uso experimental, etc.

-  Coñecer plataformas de Software Libre que están a ser usadas en empresas multinacionais, ONGs internacionais e locais, universidades de renome, ministerios gubernamentais e organismos internacionais, e que en moitísima menor medida estanse tamén a utilizar, a nivel global, nas pemes e nas súas asociacións.

-  Manter uns foros temáticos de debate sobre estas ferramentas, abertos ao longo da duración das xornadas, e accesibles despois da súa finalización.

Máis información: http://www.usc.es/atpemes/article.php3?id_article=44 

Logo GPLV3 A terceira conferencia internacional sobre a GPLv3 terá lugar o 22 e 23 de xuño en Barcelona.

As conferencias internacionais sobre a GPLv3 forman parte dun longo ano de proceso de consulta pública para actualizar a GNU General Public License ([[GPL]]), a máis usada das licenzas libres de software. As anteriores conferencias tiveron lugar en USA e Brazil.

A versión 2 da [[GPL]] foi creada en 1991, e esta versión actual reflicte os cambios legais e técnicos nos cales as licenzas de software se moven, e necesitan incrementar a protección contra novos perigos como as patentes de software e a xestión de dereitos dixitais, tamén coñecida esta tecnoloxía como DRM.

Texto completo e fonte da nova: Free Software Foundation  

Estevan González Pons, Conseller de Presidencia da Generalitat Valenciana e promotor e ex-Presidente da Comisión de Internet do Senado, fai unha interesante reflexión sobre se é posible atopar un apoio xurídico-constitucional en España para a promoción do Software Libre como expresión dos principios de liberdade e igualdade: “Una Constitución pro-software libre “.

Fonte: El País  

Thunderbird Acabamos de crear unha extensión para o [[Thunderbird]] (xestor de correo da fundación [[Mozilla]]) versión 1.5, para poder instalar o corrector de galego do OpenOffice.org 2, así poderemos revisar a ortografía dos nosos e-mails dende o mesmo xestor de correo.
 
Aquí a ligazón para descargar a extensión: corrector para o thunderbird
 
Para a instalación do corrector, clicar co botón dereito do rato enriba da ligazón de descarga e premer en “Gardar como” e gardar o ficheiro.
 
Feito isto, abrimos o [[Thunderbird]] e pulsamos en “Ferramentas->Extensións->Instalar”, buscamos o ficheiro que acabamos de descargar e xa estará instalado.
 
** Nota (só para Linux/Unix):  Para versións do Thunderbird anteriores a 1.5, para instalar o diccionario, é necesario ser “root” na computadora.

Nesta primeira compilación do OpenOffice.org detectamos algúns problemas coa instalación en determinados sistemas operativos. Algúns erros xa están solucionados, outros aínda non, pero esperemos que en breve si que o estean, ademais de un novo paquete moito máis fácil de instalar.

Erro detectado e corrixido:

 – Non instala en Windows 98, Me e 2000. A mensaxe de erro é a seguinte: “El idioma de este paquete de instalación no está admitido por el sistema”.  Xa está arranxado e xa subimos os ficheiros sen ese erro ao servidor o pasado día 18. Para aqueles que están tendo problemas de instalación, por favor, volvede a descargar os ficheiros da instalación.

Erro detectado:

– Non instala nunha ruta diferente a “C:Archivos de programaOpenOffice.org 2.0” en Windows.  A mensaxe de erro é a seguinte: “Erro interno 2870. InstallChangeFolder, NewFolder, Crear novo cartafol”. Estamos revisando o paquete e esperemos que pronto se arranxe o problema.

Se detectades máis erros relacionados co OpenOffice, publicádeos nos foros.

mancomun.org

Sun Microsystems, ante o compromiso feito hai poucas semanas de unirse á filosofía da programación de código aberto, lanzou o que será unhas das súas novas estratexias de negocio, os compoñentes de Java Enterprise System.
 
Este lanzamento consiste na plataforma de infraestructura SOA aberta e baseada en tecnoloxías Java clave.

Entre as achegas de código aberto que a empresa plantexou incluír atópanse Sun Java Studio Creator, Sun Java System Portal Server, o motor Business Process Execution Language (BPEL) integrado en Sun Java Composite Application Platform Suite (Java CAPS) e NetBeans Enterprise Pack, así como Sun Java Message System (JMS) e Web Services Interoperability Technology (WSIT).
 
Fonte: diarioti.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal