Mancomún
Unha das fases críticas e indispensables en calquera proxecto é a da xestión no tempo do mesmo.  O proceso consiste en elaborar un cronograma coas diferentes tarefas a realizar e cos axentes implicados nas mesmas.

Deste xeito podemos resolver riscos críticos como o de evitar que unha persoa se atope facendo simultaneamente dúas tarefas ou que unha tarefa comece antes de que unha tarefa previa e indispensable para esta segunda, se remate.

A continuación temos unha listaxe con programas de xestión de proxectos feitos con  Software Libre:

  • 1. Openproj. Entre as características principais de OpenProj destaca que soporta os ficheiros en formato MS Project. Permite deseñar diagramas de Gantt, PERT, WBS, RBS entre outros. Ademais estase á espera dunha posible integración con OpenOffice.org. Con licenza CPAL.

  • 2. TaskJuggler. Potente programa deseñado para o sistema operativo GNU/Linux que permite control de tarefas, recursos e custos. Xera diagramas de Gantt esteticamente moi bos. Ten unha interface sinxela e intuitiva. Incorpora alarmas de riscos en tempo. Con licenza GPL
  • 3. DotProject. aplicación web baseada en PHP que inclúe módulos para empresas, proxectos, tarefas (con diagramas de Gantt), foros, ficheiros, calendario, contactos, axuda de escritorio, soporte multilinguaxe, módulos con permiso e temas. Funciona tanto en Windos como en GNU/Linux. Con licenza GPL.
  • 4. Phprojekt. é unha aplicación modular para a coordinación de grupos de traballo e o uso común de información e documentos vía internet ou intranet. Está baseada nun sistema de arquivos que se executa en Windows e GNU/Linux. Soporta varios de tipos de base de datos (Oracle, MySQL, Informix, etc). Ten estrutura modular, diferentes niveis de privilexios, 25 linguaxes soportadas, carátulas e API para a inclusión doutros servizos. Con licenza GPL.
  • 5. Gantt Project. é unha aplicación fácil de usar para contornas windows e MacOsx. Podemos definir xerarquía de tarefas e dependencias, diagramas de Gantt, informes en PDF e HTML, importación e exportación de ou desde MS Project e gráfico de carga de recursos.
  • 6. GanttPV. é unha aplicación fácil e sinxela de instalar que corre sobre windows, MacOSx e GNU/Linux. Permite definición de tarefas, dependencia das mesmas, diagramas de Gantt, identificación e asignación de recursos para as tarefas, priorización de tarefas, monitorización total do proxecto e ademais scripting con Python. Con licenza GPL.
  • 7. NetOffice. é un aplicación web de control do tempo. Permite compartimento de información sobre equipos, proxectos e tarefas. Permite un control desde calquera punto con conexión a internet. Permite obter un gama ampla de gráficos de diferentes tipos.
  • 8. Trac . é unha aplicación minimalista web de control de proxectos. Está baseado en tecnoloxía wiki. Quizá sexa o máis intuitivo aínda que é menos potente que o resto. Sempre teremos dispoñible unha liña de tempos onde se representen cada un dos proxectos incluídos. Permite creación de ligazóns, tarefas, ficheiros e páxinas wiki.
  • 9. Open Workbench. é unha aplicación que se executa sobre windows e permite unha robusta estruturación do calendario de xestión de proxectos. Permite definir proxectos, dependencias, tarefas, crear, editar e borrar calendarios, gráficos de Gantt nun contorno moi amigable.
  • 10. KPlato. Aplicación que funciona sobre GNU/Linux. Está incluído dentro do KOffice Project. Permite diagramas de Gantt, vista de recursos, xestión de tarefas, resumo das mesmas, calendarios, dependencias, contas asociadas a custos, etc. Non inclúe visión da rede.

Fonte: iberzal.com

Hai casi 6 meses Lenovo anunciou que poría á venda portátiles con GN//Linux preinstalado. Acaba de anunciar que comezarán a distribuir modelos Thinkpad con SLED 10.

Inicialmente esta opción só está dispoñible para dous equipos, o ThinkPad T61 e o R61. O prezo dos equipos será duns 950 dólares, 20 dólares menos que o mesmo portátil con Vista Home Premium. A partir de febreiro contan con ampliar esta posibilidade a máis equipos

Deste xeito Lenovo únese a outros fabricantes de portátiles que ofrecen GNU/Linuz preinstalado, tales como Dell, Acer, Toshiba ou Asus.

Fonte: DesktopLinux

O código fonte do famoso xogo de construción e desenvolvemento dunha cidade denominado Simcity foi liberado baixo licenza GPLv3. Por motivos legais agora pasa a chamarse Micropolis. A razón da liberación é para que poida ir incluído no ordenador para os nenos: OLPC.

Esta liberación engade algúns cambios no código, como a renovación do código fonte dende a versión orixinal en C a nova versión en C++ con Python. No seguinte enlace atópanse tódalas variacións do código fonte.

Fonte: Barrapunto

http://www.mancomun.org/images/stories//ii-dxpisi-an_small.png Acaba de saír publicado no DOG a orde do 27 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Dentro destas subvencións concedidas pola Consellería de Innovación e Industria, temos diversos apartados. Entre os gastos subvencionables inclúense cuestións como as seguintes:

  • Aplicacións informáticas nas empresas para a Sociedade da Información:
    • Implantación de aplicacións informáticas baseadas en código aberto e realizadas a medida para o solicitante, ou adaptación de librarías informáticas baseadas en código aberto, destinadas aos sistemas de información e de xestión da empresa solicitante.”
      • Gastos subvencionables:
        • Os correspondentes á contratación externa para os desenvolvementos a medida das aplicacións e as adaptacións en profundidade, sempre que se defina detalladamente o alcance da adaptación ou desenvolvemento, e que se diferencien inequivocamente dos gastos non subvencionables.
        • Instalación, migración, posta en funcionamento e formación das citadas aplicacións .
  • Apoio ao desenvolvemento do sector das TIC:
    • Desenvolvemento de aplicacións informáticas baseadas en código aberto. Entenderase como software de código aberto o xa descrito neste mesmo artigo, na actuación subvencionable anterior. Neste tipo de actuación deberá identificarse claramente a licenza escollida tanto para o código fonte e binarios como para a documentación de uso e desenvolvemento por terceiros. Cando así o establezan as cláusulas da licenza escollida, o beneficiario deberá facilitar o acceso público ao código fonte da aplicación informática desenvolvida e á documentación axeitada para o seu uso por terceiros, empregando os seus medios propios ou outros medios privados ou públicos, como por exemplo o repositorio público galego de software libre (https://forxa.mancomun.org).”

Para ler a convocatoria completa pulse na seguinte ligazón:
http://xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/162A?OpenDocument

Para máis información consulte os seguintes medios:

  1. A páxina web oficial da consellería (www.conselleriaiei.org), no seu epígrafe de axudas e na oficina virtual.
  2. O teléfono 981 54 55 83
  3. No enderezo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es
  4. Ou presencialmente nas oficinas da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información ubicadas na Consellaría de Industria en San Caetano.
Para solicitar a axuda deberá cubrir o formulario dispoñible a través do seguinte enderezo:
Axudas as empresas en materia da sociedade da información 

Asi mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Consellería de Innovación e Industria, que é o 981 54 43 41.

 

Outras ligazóns de interese:
Ferramenta de Xeración e Presentación Electrónica de Solicitudes á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información

O índice da comunidade de programación TIOBE mide a popularidade das linguaxes de programación. O índice actualízase unha vez ao mes. A medición faise en base a dispoñibilidade no mundo de enxeñeiros con coñecementos na linguaxe, cursos e partners. Os motores de busca de Google, MSN, Yahoo! e YouTube son usados para calcular o índice. Indicar que o índice TIOBE non trata de atopar a mellor linguaxe de programación do mundo nin a linguaxe na que se escribiron máis liñas de código.

O gañador como linguaxe de programación do 2007 foi Python que logrou aumentar un 58% a súa popularidade durante o ano pasado, superando a Perl e colocándose no 6º lugar do índice…

 

Máis información en:
http://www.tiobe.com/tpci.htm

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngEsta semana anunciouse a creación de KOfficeSource GmbH, unha compañía que venderá servizos ao redor da suite ofimática KOffice. Os fundadores da empresa teñen membros activos da comunidade KOffice traballando con eles, ademais doutra xente. Todos comparten o mesmo interese, dar un soporte comercial a maiores do gratuíto existente e que se pode atopar nas listas de desenvolvemento e no IRC. A compañía operará en toda a comunidade europea.

Entre os fundadores da compañía atopamos membros recoñecidos da comunidade de KOffice. Así atopamos ao mantedor de Krita (programa de edición de imaxes), o mantedor e coordinador de marketing de KChart (programa de gráficas e diagramas). Ademais tamén atopamos entre eles ao fundador de KDE.

 

Máis información na fonte orixinal:
http://dot.kde.org/1199838571/

http://www.mancomun.org/images/stories/bitnami.jpg BitNami son un conxunto de instaladores que nos instalan e configuran de maneira local multitude de aplicacións como WordPress, Joomla, Drupal, phpBB, Roller, MediaWiki, Alfresco e moitas máis. Ademais os instaladores ofrécense tanto para Windows, Linux e Mac. Con estes instaladores non so instalará a aplicación web, senón que ademais instalará todo o necesario, como Mysql, Apache, PHP, etc.. Todo listo e configurado para usar.

Ademais BitNami non interferirá con outras aplicacións que xa teñas instaladas no teu sistema, xa que son totalmente independentes.

Outra opción de instalación tamén son os contornos de execución. Desta maneira temos dispoñible a instalación dun contorno AMP (Apache, Mysql, PHP) tanto para Linux (LAMP) como para Windows (WAMP) e Mac OS (MAMP) e mesmo o contorno de execución para Ruby…

Máis información na páxina do proxecto en:
http://bitnami.org/stacks

Varios usuarios de Linux conseguiron instalar en diferentes dispositivos a plataforma aberta para móbiles de Google ( Android).

O anuncio de Google motivou que algúns usuarios de Linux se dispuxeran a probar Android en distintas plataformas móbiles. Segundo parece o primeiro dispositivo onde se instalou foi no Armadillo-500 da empresa Atmark-Techno. A esta instalación seguíronlle outras que permitiron coñecer que a pila de software de Android podía funcionar sen erros en calquera dispositivo cun procesador ARMv5TE, como por exemplo no Sharp SL-C760, ou tamén en dispositivos co Zaurus C3000M, como os modelos SL-C3×00 e SL-6000.

No seguinte enlace pódese ver un vídeo demostrativo da execución de Android no Armadillo-500.

Fonte:
http://www.theinquirer.es

Open Hospital é un sistema de información sanitaria para Angal, situado en Uganda. Permite xestionar pacientes, inventario da farmacia,  laboratorio, control de malnutrición e xestación de embarazos. É unha aplicación feita en Java, baixo [[GPL]], e feita por Informatici Senza Frontiere.

Informatici Senza Frontiere é unha organización creada no 2005 e sen ánimo de lucro co obxectivo de pór a disposición de poboacións e xente necesitada os medios e o saber facer dos seus propios asociados.

Agora mesmo están a traballar noutros proxectos como:

  • 1 – Progetto Ospedale di Angal
  • 2 – Progetto carcere di S.Bona
  • 3 – Progetto Casa Ospitalità
  • 4 – Progetto Comunità di Villaregia
  • 5 – Progetto Congo

http://www.mancomun.org/images/stories/openads_logo.pngOpenads, coñecido hai un tempo como phpAdsNew, é un servidor avanzado de anuncios que permite colocar os banners dentro do teu sitio web e conta cunha interface amigable para a súa xestión e seguimento. Openads pode traballar con Google Adsense, Valueclick, Tribal Fusion e outros programas de publicidade. Ademais, é posible activar ou desactivar as campañas publicitarias premendo dun xeito automático.

Dende a páxina do proxecto pódese consultar a documentación tanto para o proceso de instalación ou como guía para o traballo co software (creación de publicistas, zoas, campañas publicitarias, …).

Está dispoñible unha demo para probar todas as funcionalidades sen que sexa preciso descargar e instalar o software. Openads é código aberto, o que significa que é posible ter acceso ao código fonte, baixo GNU/GPL.

O proxecto OpenVZ lanzou o software de virtualización para [[Ubuntu]], que ofrece aos usuarios a posibilidade de traballar con Ubuntu 7.10. O modelo do software pode descargarse no web de OpenVZ: http://openvz.org/download/template/cache.

Os usuarios simplemente teñen que descargarse un ficheiro e entón xa poden usar a aplicación  OpenVZ para crear un servidor virtual utilizando Ubuntu 7.10 nun minuto aproximadamente.

 

O proxecto OpenVZ distribúese de xeito gratuíto e ofrece soporte aos seus usuarios, promovendo a virtualización do sistema operativo a través dun esforzo de colaboración en comunidade. Apoiado por SWsoft, o proxecto OpenVZ serve ás necesidades dos desenvolvedores da comunidade, probadores, expertos en documentación e outros entusiastas da tecnoloxía que queiran participar e acelerar o proceso de desenvolvemento tecnolóxico. OpenVZ é un software open source que se usa como sobre o que se basea o produto de software de virtualización Virtuozzo de SWsoft.

Desde que empezou a produción a gran escala a finais do 2005, o proxecto OpenVZ tivo moito éxito entre a comunidade de usuarios. O web de OpenVZ atrae máis visitantesn a medida en que cada vez máis empresas e particulares investigan e contribúen ao proxecto de virtualización de sistema operativo open source.

Fonte: Cibersur.com  

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.png O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) comezou a recadación das súas cotas anuais de socio. Como eles mesmos indican, estas cuotas son para pagar os gastos da asociación ademais de conseguir importantes ventaxes e descontos por exemplo na LinuxParty. Ademais son só 15 € anuais, “simbólica de 1 € ao mes máis 3 pagas extra”. 

Sendo socio obtense ademais preferencia ante calquera actividade de GALPon frente aos non socios. A forma de pago está detallada na páxina web de GALPon…

Fonte orixinal da nova e datos para a forma de pago en:
http://www.galpon.org/drupal/node/151

A Confederación Intersindical Galega (CIG) levará a cabo cursos sobre Software Libre dentro da súa oferta de formación neste ano 2008.

Actualmente, xa se está a impartir desde o día 2 de Xaneiro o curso de folla de cálculos con OpenOffice.org. O curso é on-line e ten un duración de 19h e comprende até o 23 de Xaneiro.

A listaxe completa da formación prevista para o 2008 pódese atopar na seguinte ligazón:

http://www.galizacig.com/ts/pdf/tempo_sindical056.pdf

 

Visto en CódigoCero.com :
Esta fin de semana (do 11 ao 13 de Xaneiro) celebraranse en Vigo as xornadas “Contra-Meios”, organizadas por Indymedia Galiza e coa colaboración dos Centros Sociais A Revolta e A Cova dos Ratos, Olholivre e Trebelab.

O programa do evento aínda e provisional, pero vai encamiñado a descubrir e divulgar alternativas reais ós sistemas e redes pechadas de desenvolvemento artístico-tecnolóxico

Venres 11 ás 19:00 na Revolta:

  • Palestra, obradoiro: Internet para colectivos a cargo de Trebelab.

Sábado 12, Deseño e creación multimedia con ferramentas libres:

  • Gimp/Inkscape/Scribus, achegamento ao deseño gráfico, ás 12:00 no CSA Cova dos Ratos.
  • Xantar popular interactivo CSA Cova dos Ratos.
  • Sesión de video sobremesa/sesta: audiovisuais queer 16:00 na Cova dos Ratos.
  • Cinelerra, edición de vídeo a cargo de Olholibre, ás 18:00 na Revolta.
  • Xuntanza de Olholibre, ás 21:00 na Revolta.

Domingo 12 no CSA Cova dos Ratos.

  • Encontro haclab difuso galego, ás 13:00.
  • Xantar popular interactivo.
  • Sesión de video sobremesa/sesta: Á caza de hackers (documental) 16:00
  • Encontro aberto Galiza Indymedia ¿interesada en participar? ¡acudide!, ás 17:00.
  • Xuntanza equipa editorial, ás 18:00.

Máis información na fonte orixinal en CódigoCero.com ou en http://galiza.indymedia.org

CorpusO Corpus de Mancomun.org é unha ferramenta en liña que permite procurar palabras en inglés ou en galego nos proxectos de adaptación ao galego levados a cabo por Mancomun.org, recentemente  engadíronse as versións actualizadas do Gimp 2.4, Pidgin 2.3.1 e a tradución do WordPress 2.3.2.

O Corpus busca nos distintos proxectos de tradución almacenados e devolve as parellas de frases inglés-galego ou galego-inglés nas que se atopa a palabra procurada e a frase traducida correspondente. Esta ferramenta facilita o mantemento da coherencia terminolóxica nas traducións de distintas aplicacións libres, cuestión fundamental para a calidade final dos produtos.

BombermaaanBombermaaan é un xogo dos clásicos no cal o usuario ten que ir poñendo bombas para ir despexando o camiño ata chegar a saída. Thibaut Tollemer  comezou este proxecto en xullo do  2000. Foi publicado en sourceforge en maio de 2003 usando licenza [[GPL]]. Aínda que non ten moito tempo para o seu desenvolvemento acaba de sacar unha nova versión a comezos deste mes de xaneiro.

Algunha das súas características son:

  • Multixogador (ata 5 ao mesmo tempo)
  • Varios niveis
  • Pantalla completa
  • Editor de niveis personalizable
  • Soporte para joystick

 

Descarga: Sourceforge.net  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal