Mancomún
Durante os días 20 e 21 de Abril tiveron lugar as III Xornadas de Software Libre organizadas pola OSLUCA :Oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz.
Nestas xornadas entregóuselles aos asistentes un cd con toda a documentación xerada nas xornadas, actas das presentacións, así como unha recopilación de documentación relacionada co software libre.

Agora o contido deste CD está accesible dende a súa web
 
Fonte: OSLUCA 

+Internet+Galego+Futuro A Consellaría de Innovación e Industria presenta hoxe, 2 de maio, en rolda de prensa a iniciativa Máis internet, máis galego, máis futuro. O programa de actividades inclúe a presentación o día 10 de maio de “mancomun.org – Iniciativa Galega polo Software Libre”.

Mais internet, máis galego, máis futuro xorde para amosar diferentes iniciativas promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, coas que que se quere informar sobre as oportunidades e os desafios que comporta a construción en Galiza da Sociedade da Información e do Coñecemento. Iniciativas que se desenvolven en colaboración coas universidades galegas, empresas tecnolóxicas, asociacións profesionais e de empresas, medios de comunicación e entidades culturais comprometidas co acceso democrático e libre ás novas tecnoloxías a través do Software Libre.

Fonte: Máis Internet, máis galego, máis futuro

O pasado 19 de abril, a Deputación e a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ciudad Real, presentaron a distribución “DijexCR, GNU/linux para la pyme”.

O proxecto, promovido dende a Deputación xunto coa Asociación de Jóvenes Empresarios, quere facilitar aos novos empresarios o inicio da súa actividade. …

Con esta iniciativa queren axudar a difundir o uso do Software Libre en tódolos sectores sociais, aínda que centrándose principalmente nos empresarios, tanto polos posibles aforros nos custes como polas posibilidades de negocio que se abren con el. 
Esta distribución estará a disposición dos xóves ou novos empresarios de xeito gratuito e co soporte técnico necesario para o seu uso durante un ano. Por suposto, con actualizacións permanentes a custe cero.
A distribución de momento está dispoñible para a súa descarga dende a web e o vindeiro día 8 de maio comezará a ser repartida entre os empresarios de Ciudad Real que o soliciten.

Fonte: Castilla –  La Mancha Innovación

Logo do proxecto CALIBREO vindeiro día 5 de Maio, terá lugar en Madrid, a xornada internacional sobre o Software Libre na industria europea, enmarcada no proxecto europeo CALIBRE.

O lugar escollido para o seu desenvolvemento son as dependencias do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, no Paseo de la Castellana, 160 na Sala F. …

Durante a xornada mostraranse as experiencias dalgunhas empresas españolas e europeas co Software Libre, e como se están a establecer as estratexias de cara ao futuro. Entre os participantes haberá representantes de empresas como Telefónica I+D, Vodafone, Telvent e Philips, de Universidades como a University of Limerick ou a University of Cambridge.

Pódese atopar o programa completo na seguinte ligazón .

Fonte .

Pluma Logo Apache O proxecto do servidor web Apache acaba de publicar a nova versión 2.2.2 do seu popular servidor web “Apache”.

Esta versión de Apache significa o inicio dunha nova rama estable de desenvolvemento e representa a mellor versión dispoñible do servidor web.

Na seguinte ligazón poden consultarse as novas características.

Ligazón para descarga

Novas características

Lista de cambios  

Docebo Logo A versión 3.0.3 da suite de [[e-learning]] Docebo, alternativa a Moodle, Atutor e Dokeos, contén un CMS (Content Management System) e un LMS (Learning Management System) para cursos online, todo elo desenvolvido en PHP e liberado baixo licencia GPL…

Docebo 3.0.3 corrixe un montón de ‘bugs’ e inclúe novas funcionalidades:

  • Lectura RSS
  • Páxina de benvida na zona de administración
  • Comprobación de última versión instalada
  • Envío de informes de erros, directamente dende a administración
  • Novo menú de administración
  • Mellor accesibilidade

Esta versión agora soporta 4 linguaxes en total, entre eles, o castelán.

Máis información na súa web

Logo da web da UDCO obxetivo desta convocatoria é a adxudicación de dúas bolsas para colaborar co Servizo de Informática e Comunicacións (SIC) nas tarefas de promoción e difusión do Software Libre e de código aberto aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña.
 
Máis información sobre as bolsas na seguinte ligazón.
 

O fin de semana do 29 ao 30 de abril celebrarase no centro cívico de Málaga unhas xornadas de Software Libre organizadas por Linux Málaga. Son totalmente gratuitas, e entre as charlas e talleres xa confirmados destacar os que versan sobre Asterisk, Gimp, Kolab/Kontact, Drupal, Joomla, Ruby on Rails, etc.

Máis información na seguinte ligazón: axenda de eventos

O Concello de Valdemoro presentou o pasado Novembro no SIMO a súa distribución GNU/Linux feita especialmente para as pemes: “Valdemoro Software Libre de Gestión”.

Agora ven de poñela disponible na súa web para a descarga.

O proxecto “Valdemoro Software Libre ” xurdiu como unha iniciativa de colaboración entre a Comunidade de Madrid, a través da Consellería de Economía e Innovación Tecnolóxica, e o Concello de Valdemoro, a través do Organismo Autónomo Local Centro de Empresas de Valdemoro, cuxo obxectivo é realizar accións encamiñadas á difusión do Software Libre, especialmente no ámbito da pequena e mediana empresa.

Este proxecto consta de diversas actuacións encamiñadas á divulgación do Software Libre, de entre as que destacan a creación dunha distribución propia orientada á Pequena e Mediana Empresa e a promoción do Software Libre.

As actividades de promoción inclúen a realización de diversos cursos e xornadas encamiñados a facilitar a utilización básica do Software Libre incluído na distribución, co fin de que as empresas e cidadáns que teña acceso a devandita distribución, coñezan as posibilidades que ofrece e a utilícen realmente.
 
Fonte
[[AMD]], a empresa de microprocesadores, ten planeada a construción dun centro de investigación en Sistema Operativos en Dresden, Alemania.

O seu obxectivo é empregar Linux para optimizar os seus procesadores, entre outras cousas, para o tema da virtualización, procesadores de núcleo múltiples, optimización para Sistemas Operativos. …

Buscan programadores polo que xa hai 3 ofertas de traballo que inclúen: un desenvolvedor do Kernel, un desenvolvedor de virtualización de sistemas operativos e un desenvolvedor de ferramentas para sistemas operativos.

Máis información

Becas proxectos software libreOs premios concedéronse no marco da convocatoria dos Premios de Software Libre 2005. Concedéronse becas de 2.000 euros a 24 produtos de Software Libre presentados para estudantes de universidades catalás como proxectos de fin de carreira e traballo de procura do DEA, e a 2 produtos de software informático que proporcionan recursos lingüísticos para a lingua catalá con licenzas libres…

Estes premios outorgounos a Secretaría de Telecomunicaciones e Sociedade da Información (STSI) , a través da Axencia de Xestión de Axudas Universitarias e de Procura (AGAUR). Entre os gañadores, hai 10 estudantes da Universidade Politècnica de Catalunya (UPC), 5 da Universidade de Girona (UdG), 4 da Universidade Pompeu Fabra (UPF), 2 da Universidade Ramon Llull (URL), 1 da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), 1 da Universidade de Barcelona (UB) e 1 da Universidade Aberta de Catalunya (UOC).

Na valoración dos traballos, contou o alcance social, as posibilidades de internacionalización e a funcionalidade dos produtos presentados.

A convocatoria de becas contaba cunha dotación inicial de 100.000 € e presentáronse un total de 39 traballos. Esta convocatoria responde aos compromisos do Goberno de Catalunya de fomentar o uso de Software Libre e os estándares abertos.

Para consultar os nomes dos gañadores e os seus proxectos podedes clicar eiquí.

La Farga Durante a primeira xornada do sétimo Foro Internacional de Software Libre (FISL) que se celebra estes días en Porto Alegre, Brasil e o Arxentina, ademais, dos estados brasileiros de Paraná e Sergipe e o concello de Itajaí-Brasil anunciaron a súa incorporación á Rede Internacional de Administracións Públicas polo Software Libre

Marcelo Branco, coordinador da rede, cre que actualmente moitos gobernos de todo o mundo están desenvolvendo políticas públicas de fomento ao software libre, aínda que “existe pouca cooperación entre estas experiencias gobernamentais, polo que é necesario que nos inspiremos na lóxica do principal motivo do existencia da comunidade de software libre: a cooperación”.
 
Fonte: http://www.lafarga.org/node/1138
ubuntuLogo de seis versións alfa, xa pode ser descargada a primeira versión beta da nova Ubuntu, co pintoresco nome de “Dapper Drake” 6.06.

“Flight” é o nome das novas versións de desenvolvemento de Ubuntu Linux 6.06 “Dapper Drake”.             

É a primeira beta xa está dispoñible para a súa descarga, cun novo kernel, o 2.6.15, un melloradísimo sistema de instalación gráfica, detección de hardware e un novo bootloader gráfico.

Unha versión da que todos esperamos moito, dado que Dapper será o froito do traballo de dous anos, deixando ás versións anteriores como meros experimentos.

A versión final, para xuño do presente ano.
 
Fonte: kblog  

Se o Software Libre se desenvolve mediante a colaboración a través de Internet e a libre distribución do código pode que funcione o mesmo modelo para crear tecnoloxías da vida, como bacterias e xenes. Ésa é a idea do proxecto BIOS (Biological Information for Open Society)…

Como en outros ámbitos, os científicos están dando a mesma resposta ó tema da propiedade intelectual: soslaiar as restriccións do sistema desenvolvendo modelos alternativos inspirados no código aberto e o copyleft. É un modelo baseado na libre distribución da información e o coñecemento, que dá liberdade para que poida usarse sen restriccións e sen impedir o desenvolvemento de modelos de negocio. Biological Information for Open Society (BIOS) é unha máis destas iniciativas. O reto marcado por esta organización creada polo investigador australiano Richard Jefferson é desenvolver tecnoloxías biolóxicas e os recursos legais que faciliten a investigación, sorteando as trabas das patentes.

No punto de mira de BIOS están os países pobres, con limitacións e dificultades para acceder aos avances biotecnolóxicos. Os dous alicerces do proxecto son Bio Forge e Patnetb Lens. O primeiro deles nace coa mesma filosofía que as comunidades de Software Libre e software de código aberto: unha plataforma para reunir e “crear sinerxias” entre investigadores e estudantes de todo o mundo que colaboren en proxectos biotecnolóxicos “abertos”.

Fonte: www.elpais.es

Gpul LogoA asociación GPUL ven de anunciar a celebración das VI Xornadas sobre Software Libre, que se celebrarán na Facultade de Informática da Universidade da Coruña dos días 24 ó 28 de Abril de 2006. O programa final das Xornadas, así como a opción de preinscribirse (que non é necesario salvo desexo de certificado de asistencia, pódese consultar en http://www.gpul.org/jornadas06.

Máis información na Axenda de eventos ou na propia web.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal