Mancomún

Un estudo financiado polo Departamento de Seguridade Interna dos EEUU afirma que o software libre ten menos erros que o propietario. O traballo foi desenvolvido por Coverity e Symantec e o seu título é “The Nacional Strategy to Secure Cyberspace”.

O estudo analizou o código de ferramentas libres e propietarias e amosou que mentres os programas libres presentaron 0.4 erros cada 1.000 liñas de código, os propietarios presentaron de 20 a 30 na mesma cantidade de liñas.

O programa libre con máis erros tivo 1.22 cada 1.000 liñas de código, moi lonxe das solucións propietarias.

Fonte.

The National Strategy to Secure Cyberspace.

 

NON

O software libre, segundo a definición da Free Software Foundation, é aquel que unha vez adquirido podes usar, modificar, distribuír, mellorar … libremente. Xa que logo, esta liberdade de uso é posterior á adquisición do software.

A principal fonte de confusión é que o termo inglés free pode significar libre ou de balde. Doutra banda, é moi habitual atopar o software libre dispoñíbel para a súa descarga na Internet de xeito gratuíto e legal.

Así, podemos atoparnos con dúas situacións á hora de obter unha aplicación libre:

  1. Dispoñíbel para a súa descarga na Internet.

  2. Dispoñíbel para a súa adquisición por un importe determinado. Neste caso é frecuente que o importe inclúa tamén algún tipo de asistencia e para a instalación e/ou matemento del. A diferenza co software privativo é que, unha vez pagado, poderemos empregalo tantas veces como desexemos ou distribuirllo libremente aos nosos amigos ou mesmo cobrar por el, sempre que manteñamos a mesma licenza.

Software libre (free software) é calquera software sobre o que se ten a liberdade de executalo, copialo, distribuílo, estudalo, cambialo e melloralo sen necesidade de pedir permiso nin pagar licenzas de uso.

O termo free en inglés é ambiguo, e significa tanto ‘libre’ como ‘de balde’, o que leva a moita xente a confundir software libre con software de balde. Aínda que polo xeral o software libre está dispoñible de xeito gratuíto, non é unha condición obrigatoria.
De modo máis preciso, software libre refírese a catro liberdades dos usuarios do software:

  • Liberdade 0. Liberdade de usar o programa con calquera propósito.

  • Liberdade 1. Liberdade de estudar como funciona o programa e adaptalo ás necesidades particulares. Unha condición necesaria para isto é o acceso ao código fonte.

  • Liberdade 2. Liberdade de distribuír copias a calquera.

  • Liberdade 3. Liberdade de mellorar o programa e facer públicas as melloras, de xeito que toda a comunidade se beneficie. Unha condición necesaria para isto é o acceso ao código fonte.

Un programa é software libre se os usuarios teñen todas estas liberdades. Así pois, debería ter a liberdade de distribuír copias, sexa con ou sen modificacións, sexa de balde ou cobrando unha cantidade pola distribución, a calquera.

Para saber máis, véxase a definición completa da Free Software Fundation de onde se extraeu o fragmento anterior.

“La Junta de Extremadura” e “El Corte Inglés” poñerán en marcha un Centro Experto en novas tecnoloxías da información e a comunicación ao amparo do convenio de colaboración rubricado hoxe en Mérida polo conselleiro de “Infraestructuras y Desarrollo Tecnológico de la Junta de Extremadura”, Luis Millán Vázquez de Miguel, e o director xeral de Informática de “El Corte Inglés”, Miguel María Latasa.

Con este centro preténdese “canalizar a experiencia acumulada por ambas entidades en novos proxectos de desenrolo tecnolóxico”, según explicou Vázquez de Miguel durante o acto.
 
Latasa anunciou despóis que “El Corte Inglés” empezará a comercializar de inmediato os equipos da marca Inves que fabrican con gnuLinEx preinstalado de acordo co previsto no convenio. A entidade prevé que boa parte dos ordenadores dotados de este software teñan en un primeiro momento como destino o sector público “donde se aprecia un ambiente favorable a incorporación de software libre aos seus sistemas informáticos”.

Para o titular de “Infraestructuras y Desarrollo Tecnológico” del gobierno extremeño, a sinatura de este convenio ven a servir de reforzo ao liderazgo que desde Extremadura se ten no sector das TIC. O acordo súmase aos xa rubricados con grandes empresas do sector tecnolóxico como Intel, Siemens, IBM, Oki ou Kyocera.

“El Corte Inglés” ocupa na actualidade o primeiro posto en canto a empresas tecnolóxicas de España e o terceiro no ránking xeral das que operan no país por detrás de HP e IBM.

O obxectivo de i-Pyme é permitir ós empresarios crear, xestionar e controlar a súa propia tenda virtual. Permite realizar todas as tarefas necesarias para incorporar unha empresa a Internet sen necesidade de ter grandes coñecementos de informática.

O programa i-Pyme permite realizar as seguintes tarefas:

1. Introducir os datos principais da empresa.

2. Definir un catálogo de produtos organizado por categorías.

3. Crear unha sección de ofertas especiais.

4. Definir unha política de prezos, é dicir, modificar os prezos dos produtos de varias formas diferentes (novo prezo, incremento en euros, incremento en porcentaxes).

5. Recibir os pedidos que se realizan a través de Internet.

6. Recibir noticias relevantes.

Unha vez que o empresario definiu os datos da empresa e de todos os seus produtos, o programa i-Pyme é capaz de xerar automaticamente todo o conxunto de páxinas web e publicalas en Internet.

Web do programa  

A Cátedra de Software Libre da Universidade Politécnica de Cataluña ten como obxectivo  impulsar e coordinar proxectos de software libre dentro e fóra da Universidade. Funciona como unha comunidade de software libre, con regulamento propio e grupos de traballo con intereses comúns que se autoxestionan.

Un deles é o grupo de traballo GT-Llicències que comezou un proxecto de difusión e creación de coñecemento técnico-legal en relación ao software libre. O seu obxectivo é responder as dúbidas que teñan os actores do sector das TIC, e os potenciais usuarios, en relación co desenvolvemento, distribución e adopción de aplicacións, programas e ” solucións” baseadas en software libre.

Pódenselles consultar aspectos legais do software libre enviando cuestións a portallegal-pmf@cpl.upc.edu. Non contestan directamente, pero a resposta será incorporada nunha lista publicada no seu “Portal Legal “.

A “Junta de Extremadura”, dentro do seu plan de alfabetización tecnolóxica, vai emitir, a través de radio dixital, o programa Enred@2. Trátase dun ciclo de programas a través de Internet que inicia o Novo Centro do Coñecemento (NCC) da Casa da Muller de Badaxoz.

O obxectivo é sensibilizar, informar e resolver as dúbidas que poidan ter os cidadáns en cuestións relacionadas co uso e aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Lóxicamente farase con software libre.

Máis información aquí.

Membros e usuarios da Asociación de Software Libre de Venezuela (SOLVE) denuncian os peligros de unha alianza entre o Centro Nacional de Tecnologías de Información (CNTI, dependente do MCT) e a empresa trasnacional IBM.

O acordo, anunciado este venres a través de numerosos medios de comunicación (entre eles a propia páxina web do CNTI), indica que IBM participará no Laboratorio Nacional de Software Libre con poderes de decisión sobre as aplicacións libres que serán escollidas como pilotos na Administración Pública Nacional para a súa migración cara ao Software Libre.
Di textualmente: IBM de Venezuela evaluará, seleccionará y brindará soporte técnico en la implementación de pilotos basados en tecnologías Linux y de estándares abiertos. Adicionalmente, aportará en calidad de préstamo, los equipos, productos y programas que permitirán desarrollar las herramientas necesarias para el diseño y fabricación de productos de software desarrollados con estándares abiertos.”

Como se sabe, en decembro de 2004 o Presidente Chávez asinou o Decreto 3390 para migrar os sistemas do Estado a Software Libre con estándares abertos, unha decisión trascendental e aplaudida a nivel mundial. O Laboratorio Nacional de Software Libre é un organismo dependente do MCT creado para coordinar a micración, o cal terá entre as súas funcións “identificar, evaluar e recomendar as distribucións e demais desenvolvementos en Software Libre baseados en Estándares Abertos”, “evaluar o Software a ser adquirido, ou desenvolvido para o Estado venezolano” e “coordinar o desenvolvemento de aplicacións especializadas para a Administración Pública Nacional”, segundo afirma o Plan Nacional de Migración publicado polo MCT o ano pasado e dispoñible na súa páxina web.

De alí a súa importancia estratéxica, en particular para transnacionais e empresas que desexan manter contratos de software co Estado venezolano. SOLVE denuncia que, no canto de articularse a creación do Laboratorio “mediante a articulación de redes sociais”, como se afirma no mencionado Plan, máis ben estase acudindo a transnacionais con intereses comerciais propios para tomar decisións vitais no Estado venezolano, entre elas a compra e o uso de software. {mospagebreak}
 

Tamén se denuncia o escaso contacto e concertación que houbo coas diferentes comunidades e grupos de usuarios de software libre existentes no país, que ben poderían axudar dunha forma ou outra na avaliación e selección de software libre con estándares abertos. Outras decisións previas puxeron en alerta á comunidade, entre elas: (1) a recomendación do MCT para usar unha distribución non libre de Linux (Red Hat); (2) un presunto borrador de decreto que pretendía darlle excepcións e privilexios ás tecnoloxías propietarias Java de Sun Microsystems; (3) as declaracións recentes de Jorge Berrizbeitia, presidente do CNTI, en un programa en Unión Radio onde afirmou que o seu ente continuará as investigacións de tecnoloxías libres e non libres, e (4) o feito de que o software libre nin sequera menciónese entre os diferentes plans e proxectos da Misión Ciencia, tan importante para o país.


SOLVE iniciou unha campaña con banners para denunciar este acordo CNTI-IBM e pedir o seu revisión, chamando a diferentes sitios web a enlazarse a través de diferentes banners. Diferentes colectivos de Valencia, Barinas, o Gulujap e varios blogs e bitácoras uníronse ao chamamento.

 
O DECRETO 3390
 

En decembro de 2004 o Presidente Hugo Chávez asinou o Decreto 3.390 para migrar os sistemas do Estado a Software Libre con estándares abertos, decisión que garante que os venezolanos migraremos as aplicacións da Administración Pública a aquelas cuxo código fonte poida coñecerse, estudarse, modificarse, mellorarse e redistribuirse. A consecuencia disto será que os venezolanos poderán usar na Administración Pública só aquel software que permita coñecer como funciona, como se fixo e que nos dea a posibilidade de modificalo para adaptalo ás nosas necesidades, e redistribuirlo a quen tamén o necesiten. Outra das vantaxes estratéxicas do software libre é que garante a soberanía tecnolóxica e a independencia do Estado con respecto a transnacionales e empresas estranxeiras. Aínda no caso de que EEUU decidise bloquear a Venezuela dalgún xeito, o Software Libre garante que o país ten todos os coñecementos e ferramentas para continuar funcionando sen depender de empresas de software estranxeiras.

 
O SOFTWARE LIBRE
 

O movemento do Software Libre é impulsado por personalidades como Richard Stallman e a Free Software Foundation, e abarca tecnoloxías como o sistema operativo GNU/Linux, a suite de aplicacións OpenOffice.org, o navegador Mozilla Firefox, o servidor web Apache e moitos outros. Mellóralas en seguridade e os aforros para o Estado serán considerables, pero máis que iso o Software Libre permite que os venezolanos coñezan o software que utilizan e póidano modificar, fomentando ademais a solidariedade e o altruismo.
 
O máis importante é que o código fonte (os planos ou a receita) das aplicacións libres pode ser obtido por calquera persoa, quen ademais pode facer a súa propia versión mellorada do software e redistribuila, creando ademais aplicacións máis seguras e robustas que os seus equivalentes propietarios, como Microsoft Windows e Microsoft Office.
 
A socialización do código fonte convértese así nun alicerce para a eliminación da pobreza e a masificación da informática entre a poboación. Ademais, xera empregos e fomenta o desenvolvemento endóxeno, xa que cooperativas e PYMEs venezolanas poden encargarse do desenvolvemento, mantemento, soporte e instalación de software libre con axuda de comunidades e grupos de usuarios nacionais e internacionais. Esta situación preocupou enormemente a moitas transnacionales, debido ás ameazas que o Software Libre supón para o seu modelo de negocios tradicional, baseado na venda de software sen código fonte, a prohibición de sacar copias e o gardar celosamente o coñecemento dentro da empresa. Isto contrasta co modelo do Software Libre, no que as aplicacións deben redistribuirse libremente xunto ao seu código fonte.
 
En Venezuela, o Software Libre é de particular interese logo de que, en decembro de 2002 e xaneiro de 2003, un paro político paralizase a PDVSA, a industria petroleira estatal. Moitos dos folguistas utilizaron software propietario controlado a distancia para manter o control da empresa e os seus sistemas automatizados, aínda sen estar nos seus postos de traballo, desatando unha guerra entre hackers que finalmente foi gañada polo goberno venezolano. Desde entón, foi unha preocupación do Estado o manter sistemas de software seguros, fiables e que poidan coñecerse a cabalidad, para evitar “sorpresas” como as que

houbo no paro petroleiro. E o software libre foi unha das respostas.

 
Fonte: rebelion.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal