Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/amarok-icon.pngAcaba de saír a nova versión 1.4.8 de Amarok. Esta versión arranxa unha boa cantidade de bugs e desta forma, contribúe a mellorar a estabilidade do programa. Unha vez lanzada esta versión, os desenvolvedores de Amarok volverán a centrarse no traballo en Amarok 2 xa que leva atraso coas previsións iniciais que dicían que debería estar dispoñible uns días antes de que saia KDE 4.0, para o cal quedan só unhas 3 semanas.

Actualmente o “roadmap ” de versións de Amarok xa reflexa a posibilidade de que non estea dispoñible para esa data…

Da lista de cambios da nova versión destacamos:

  • O soporte mellorado para iPhone e iPod
  • Diversas optimizacións e melloras de rendemento
  • Mellor soporte de Last.fm

Máis información:
http://amarok.kde.org/en/fastforward_148

As comunidades Blender e Crystal Space xuntaron esforzos de novo, aínda que desta vez o resultado non vai ser unha película, como foi Peach, senón un xogo 3D en Software Libre. O obxectivo do proxecto Apricot é demostrar que é posible realizar videoxogos 3D en Software Libre e de calidade. Para o proxecto usarase Blender como ferramenta de creación de modelos e Crystal Space será usado como motor 3D.

Ao igual que fixeron para as películas anteriores, xa se iniciou unha pre-campaña para vender o DVD do xogo, e todos aqueles que o compren agora, irán incluídos na intro e nos créditos finais do mesmo. Ademais no DVD incluirase toda a documentación e material necesario para modificar o xogo…

No anuncio do proxecto, recordan que aínda que queren desenvolver o xogo, o obxectivo real do proxecto e mellorar e difundir unha liña en Software Libre para a creación profesional de xogos, todo enfocado ao redor de Blender como ferramenta de modelado e animación e Crystal Space como motor gráfico 3D.

 

Páxina do proxecto:
http://apricot.blender.org/?page_id=8 

O proxecto NetBSD anunciou a disponibilidade da versión 4.0. O NetBSD é un sistema operativo de código aberto, semellante a Unix, seguro e altamente portable, dispoñible para moitas plataformas, dende máquinas Opteron 64-bit a PDAs e dispositivos encaixados.

As características avanzadas o tornan excelente para ambientes de produción ou investigación. Moitas aplicacións están dispoñibles via pkgsrc, a colección de paquetes do NetBSD…


Fonte:
http://www.noticiaslinux.com.br/nl1198114001.html

O pasado martes 18 tivo lugar na sede do Instituto Geográfico Nacional de España, en Madrid, unha mesa redonda chamada “Software Libre, software propietario e SIG” organizada pola Asociación de Ingenieros Geográfos.

De momento está dispoñible a primeira ronda de intervencións:
http://www.youtube.com/profile?user=IGN000

E a intervención do representante do líder do proxecto gvSIG, argumentado o porque e o como do Software Libre:
http://www.youtube.com/watch?v=p2BxI-CtBjo

Os relatores na mesa foron:

  • Alfonso Rubio Barroso, conselleiro delegado de ESRI España.
  • Rubén Andriani Gómez, xefe de división de seguridade e gobernos de Intergraph.
  • Miguel Ángel Manso Callejo, profesor titular da Escuala de Topografía, Cartografía y Geodesia de la Universidad Complutense de Madrid.
  • Gabriel Carrión Rico, líder do proxecto gvSIG, da Consellería de Infraestructura y Transportes de la Generalitat Valenciana.
  • Jesús Rodríguez Leal, jefe del servicio de innovación e prospectiva da Junta de Andalucía.
  • José Ángel Alonso Jiménez, técnico superior de proxectos informáticos do Instituto Geográfico Nacional e responsable técnico da informática da IDEE.

Fontes:
http://cresques.blogspot.com/2007/12/mesa-redonda-software-libre-software.html
Lista SIG de Rediris http://departamentos.unican.es/geourb/listasig/
Lista OSGeo-Spanish: http://lists.osgeo.org/mailman/listinfo/spanish

A Universidade de Yale comezou a publicar algúns dos seus cursos na plataforma do consorcio OpenCourseWare, plataforma que engloba xa a máis de 160 universidades de todo o mundo, as cales decidiron abrir as portas das súas clases a calquera con unha conexión a internet e o desexo de aprender.
O MIT foi o pioneiro ao poñer desde 2002 na páxina http://ocw.mit.edu parte do contido das súas aulas. A Universidade de Yale, en vez de ofrecer tantos cursos como o MIT, concentrouse en ofrecer un pequeno número deles, pero con grabacións en vídeo de alta calidade e son en MP3.

Fonte:
http://www.lavozdegalicia.es

Unidistro é un proxecto que comezou sendo común a varias universidades españolas e que ten como obxectivo simplificar o proceso de personalización de distribucións baseadas en Ubuntu (proximamente tamén Debian). Finalmente o desenvolvemento levouno case por completo a Universidad de La Laguna.

Actualmente Unidistro forma parte dos proxectos de Ubuntu en Launchpad, e está sendo usado para xerar os CD de probas da próxima versión de Kubuntu (https://wiki.kubuntu.org/KubuntuHardyKde4).

Pois ben, aproveitando este fito, os seus desenvolvedores presentaron o proxecto no “I Encuentro Nacional de Desarrolladores de Software Libre”, celebrado o pasado 15 de decembro dentro do X Congreso Nacional de Usuarios de Linux de España…

 

Fonte:
http://www2.ull.es/

O ministerio italiano de economía emprega Red Hat Linux para soportar as súas aplicacións de importancia máis crítica como a web do “Service Personale Tesoro” (SPT). O responsable deste departamento explicou que a fiabilidade de Linux foi un dos puntos decisivos á hora de tomar esta decisión.

As nóminas de máis de un millón e medio de empregados públicos de Italia xestiónanse a través destes servidores e o seu número irá en aumento.

Fonte: Computer Weekly

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpgO próximo xoves 17 de xaneiro de 2008 terán lugar as eleccións para a próxima xunta directiva de GPUL. O proceso terá lugar en base ao regulamento electoral de GPUL. A partir deste anuncio haberá un período de 2 semanas para a presentación de candidaturas e dúas semanas máis para a campaña electoral.

As datas máis relevantes deste proceso son:

  • Xoves, 03-01-2008: Límite de presentación de documentación candidaturas.
  • Martes, 08-01-2008: Presentación de reclamacións a candidaturas provisionais.
  • Mércores, 09-01-2008: Proclamación definitiva de candidaturas.
  • Venres 10-01-2008: Inicio campaña electoral.
  • Xoves, 17-01-2008: Eleccións á xunta directiva de GPUL en asemblea, primeira convocatoria 19:00, segunda convocatoria 19:30

 

Máis información na páxina orixinal da nova:
http://gpul.org/node/view/506

Lemos na web de Agnix que a empresa de servizos en internet Yahoo! apoiará á Fundación Apache converténdose en Platinum Sponsor . Deste xeito comprométese a, entre outras obrigas, a achegar 100.000 dólares ao ano. Yahoo! é un usuario moi activo dalgúns proxectos de Apache como o seu servidor web, do motor de procuras Lucene e do seu framework Java para clústers Hadoop.

Outras grandes compañías de servizos a través de internet como Google tamén colaboran de xeito importante con proxectos abertos como por exemplo MySql ao ser tamén grandes usuarios dos mesmos.  

Nova orixinal en Agnix.

CG Madness é un xogo de habilidade inspirado en clásicos como Marble Madness ou Neverball. Neste tipo de xogos hai que de dirixir unha bóla ao longo dun circuíto ata a casa final, tratando de evitar en todo momento que a bóla caia ao baleiro ou se destrúa. Ten licenza [[GPL]] e está dispoñible para varias plataformas.

Publicouse a versión 1.2 de CG Madness, na que se vai vendo o traballo de mellora de detalles que lle faltaba á versión 1.0. Agora os niveis teñen un aspecto visual máis agradable, ten un menú onde se pode configurar varias opcións e escoller o nivel no que se quere xogar. Tamén se engadiu un sistema de puntuacións no que se pode rexistrar os mellores tempos para cada nivel, e grazas ao cal  se compite con outro usuario por facelo no menor tempo posible.

 

Para futuras versións espérase a inclusión dalgún modo de xogo multixogador por Internet.

Fonte: LinuxJuegos.com

Descarga: Sourceforge.net  

Acaba de saír a versión 0.3 de Correo, un programa de xestión do correo electrónico para Mac OS X que se basea no Mozilla Thunderbird. Trátase dunha iniciativa similar a Camino, un navegador web baseado en Mozilla Firefox para o sistema operativo propietario de Apple.

Correo evita XUL en favor da interface nativa Cocoa buscando integrarse máis coas características de Mac OS X como, por exemplo, a súa axenda de direccións.  A versión 0.3 do programa foi lanzado a primeiros deste mes e o seu desenvolvedor ten un blogue sobre a súa evolución

Fonte: Mozillaline

Canonical Ltd., a empresa que está detrás de Ubuntu, anunciou esta semana o lanzamento da versión 1.0 de Bazaar. Un gran fito para calquera proxecto polo grao de madurez que implica. Esta nova versión incorpora miles de contribucións, ducias de novos colaboradores, centos de erros corrixidos. Un sistema flexible, poderosamente simple e moi doado de usar.

Bazaar é un sistema de control de versións que permite que múltiples desenvolvedores distribuídos poidan contribuír en proxectos software de xeito independente pero de forma controlada. En palabras de Mark Shuttleworth, “está deseñado para equipos globais de desenvolvedores que traballan colaborativamente”.

Bazaar distribúese baixo licenza GPL, ou en termos comerciais se se desexa integrar en aplicacións comerciais. Canonical tamén proporciona soporte ás compañías que adoptan a ferramenta.

Fontes:

AGNIX
Anuncio oficial na web de Ubuntu 

Intel liberou o código fonte do seu proxecto Open-FCoE. O proxecto de Fibre Channel sobre Ethernet para o sistema operativo Linux.

Fibre Channel é unha tecnoloxía de rede a velocidade de gigabit empregada fundamentalmente en redes de almacenamento. O desenvolvemento do proxecto Open-FCoE significará que os centros de datos poderán diminuír os custos e o mantemento, grazas a redución da cantidade de equipos e cableado de Fibre Channel, ao mesmo tempo que goza dos seus beneficios e prestacións.

O FcoE conta co apoio de grandes da industria como Cisco, IBM, Intel ou Sun Microsystems…

Fonte:
http://linux.slashdot.org

As Direccións Xerais de Promoción Industrial e da Sociedade da Información e a de Ordenación e Innovación Educativa veñen de resolver os seus Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información concedendo os premios a:
  • 1º Premio (6.000 €) Traducíndote, Manuel Morán Vaquero
  • 2º premio (4.000 €) Websqusr, Francisco Javier Taboada Aguado
  • 3º premio (3.000 €) Galinux-Slax, Teodosio Francisco Ramírez Jorquera

Ambas direccións xerais queren, con estes premios de importante dotación económica e divididos en varias modalidades, promover a creación e divulgación de contidos dixitais de calidade na rede, impulsar o coñecemento do Software Libre por parte da comunidade educativa e recoñecer e valorar o esforzo do profesorado na adopción das tecnoloxías de información e comunicación no seu traballo cotián.

Segundo o sitio TechIQ, hai unha serie de empresas que están destinadas a triunfar no seu negocio o ano que vén, todas elas teñen un denominador común, o Software Libre:

  • Red Hat: Inalterada  fronte á incursión de Oracle no mercado de Linux e a alianza entre Microsoft e Novell, Red Hat espera conseguir o 50% do mercado dos servidores para o 2015.
  • Untangle: Descoñecida por aquí, Untangle ofrece un gateway Open Source que bloquea spam, spyware, adware e virus.
  • WordPress: Segue emerxendo desde a plataforma de blogging máis popular ata o verdadeiro estándar de facto.
  • OpenBravo: O Enterprise Resource Planning (ERP) Open Source que tamén ten ambicións no mercado dos PoS (Point of Sale).
  • JasperSoft: O software de “business intelligence” de código aberto que é a extensión lóxica de SugarCRM e MySQL.

  • Canonical: Ata hai pouco Red Hat e Novell ignoraban ao mercado dos “sobremesas”, hoxe Ubuntu conquista ese nicho, Dell distribúeo nos seus computadores e Ubuntu Server prepárase tras bambalinas.
  • Google Android: A plataforma aberta para teléfonos celulares de Google xa ten o soporte de máis de 30 empresas do mercado de móbiles.
  • SugarCRM: O software de Customer Relationship Management (CRM) aberto que dobrou as súas ganancias no 2007
  • Digium: Une dous mercados como o de VoIP e o Open Source en Asterisk un software con moito éxito de telefonía IP.
  • MySQL: Un sistema xestor de bases de datos moi popular entre as plataformas para a Web 2.0

Fontes: VivaLinux

A empresa californiana Ribbit vén de presentar unha plataforma aberta que permitirá aos desenvolvedores ofrecer telefonía web en calquera sitio sendo de especial utilidade para redes sociais como Facebook. Máis de 600 desenvolvedores externos están a empregar a tecnoloxía da compañía para crear as súas propias aplicacións de voz. 

Esta estratexia contraponse á das grandes compañías de telecomunicacións estadounidenses como Verizon ou AT&T que impoñen un férreo control sobre as súas plataformas e desenvolvementos.

Fonte: La Flecha

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal