Mancomún
http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifOnte, 10 de decembro comezou en O Saviñao un curso de formación específica en Software Libre da Rede de Dinamización.
O curso é do procesador de textos Writer do OpenOffice.org e desenvólvese grazas tamén á colaboración do Centro Comarcal Terra de Lemos.
No curso, ensinaranse as funcionalidades dun procesador de textos, en concreto o da suite OpenOffice.org.
O curso impartirase na Aula da Biblioteca Pública do Saviñao desde o día 10 até o 21 de decembro, ambos os dous incluídos, en horario de 17:00 a 19:30 horas…

Fonte da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Evento engadido á “Axenda de eventos

Urco Editora é un proxecto editorial galego de recente creación que aposta fortemente polo software e a cultura libre. Segundo afirma a empresa na súa páxina web todo o proceso de edición dos seus libros  (tradución, deseño, corrección e maquetación) faise exclusivamente baixo o entorno operativo GNU/Linux e con programas libres e de código aberto. 

Aparte do aforro en licenzas, un dos grandes motivos para adopción do Software Libre segundo os seus responsables é que o mundo editorial precisa dunha constante innovación e o Software Libre non só permite esta evolución constante senón que obriga a unha permanente renovación. 

Os sistemas informáticos de Urco Editora funcionan co sistema operativo Ubuntu, empregan Gimp e Inkscape para o deseño, Scribus para a maquetación e OpenOffice.org para a elaboración de documentos.  

Urco publica todas as traducións de textos sen dereitos baixo Creative Commons, xa que consideran “absurdo, pouco ético e regresivo” o uso das licenzas restrictivas de copyright sobre textos que xa se atopan liberados do mesmo.

A liña editorial deste novo proxecto editorial céntrase na literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror. As súas publicacións centraranse nos clásicos destes xéneros divididos en tres coleccións: gótica, terror e ciencia ficción. Urco publicará obras de Lovecraft, H.G. Wells ou Edgar Allan Poe entre outros. 

Web de Urco  

http://www.mancomun.org/images/stories/odflogo.pngO parlamento holandés debatirá o mércores 12 de decembro a conveniencia de adoptar o estándar aberto ODF como formato para intercambio de documentos na administración dos Países Baixos. A proposta a debater forma parte dun plan global para incrementar a innovación, garantir a información e  reducir custos.

O goberno holandés ve na interoperabilidade a clave para levar a cabo unha eficiente política de sociedade da información. A pesar da presión de importantes compañías de software propietario o goberno afirmou que o acordo non exclúe a ninguén e que permitirá aforrar 8,45 millóns de euros nos tres próximos anos. 

Fonte: MacWorld

Despois do breve período de tempo de proba da versión Beta xa está dispoñible a versión definitiva de Picasa 2.7 para Linux, o organizador de fotos dixitais de Google. Picasa busca tódalas fotos do teu PC, deixándote crear álbums e carpetas. Entre as novidades coas que conta esta nova versión están:

  • Subir a Picasa Web Álbums premendo un botón.

  • Navegar polas fotos empregando a vista xerárquica.

  • Gardar edicións no disco.

  • Vistas previas máis grandes.

  • Soporte RAW mellorado.

Fonte:
http://vivalinux.com.ar/soft/picasa-2.7.html

A Concellería de Servizos Xerais do Concello de Lugo organiza unha xornada adicada ao Software libre que terá lugar o próximo 13 de decembro no CEI-NODUS.

O programa da xornada é o seguinte:

  • 09:30 – “Sotware Libre. Free Software Foundation. Licenzas Libres” a cargo de Juan Antonio Añel (GNU España)

  • 10:15 – “Software libre na empresa galega” a cargo de Borja Lopez (Analista de software de Pexego)
  • 11:00 – Presentación Oficial
  • 11:30 – Coffee Break
  • 12:00 – “A revolución do creador” a cargo de Enrique Sierra (ex-membro de Radio Futura)
  • 13:00 – “Experiencias software libre na USC” a cargo de Luis Gago Gonzalez (Profesor da Universidade de Santiago de Compostela)
  • 14:00 – Xantar
  • 16:00 – Obradoiros Linux a cargo de Oscar Amor e Francisco Javier Tsao Santin.

Para inscribirse, por favor encha o enderezo que hai na seguinte ligazón:

Formulario de inscrición

Enderezo:

Avda. Coruña. 490. (Antigo Cuartel de Garabolos)

Telf: 982 297 468

Fax: 982 297 475

Correo electrónico

A próxima versión do navegador alternativo da Fundación Mozilla permitirá traballar sen conexión a Internet con algunhas aplicacións web.

Para iso Mozilla está traballando no desenvolvemento de novas funcionalidades API que permitan ás aplicacións web que o desexen sincronizar os seus estados cando dispoñan de conexión a internet.

As novas características de Firefox que permitirán dar soporte online son:

  • Unha implementación da especificación WHATWG: DOM Storage (para almacenar en local correos electrónicos e información de cartafoles)
  • Caché offline. Un parche que engade unha zona de caché específica para dar soporte a aplicacións web que poidan traballar sen conexión.

  • Un novo protocolo que soporte ficheiros JAR, que permita gardar múltiples obxectos nun único ficheiro .jar e que o navegador poida referenciar de forma inequívoca aquel recurso que necesite en cada momento.
  • Eventos sen conexión. O navegador disporá de eventos “sen conexión” e “con conexión” que serán lanzados cando o usuario elixa traballar sen conexión a través do menú ou cando o se perda a conexión a Internet.

Fonte: http://www.hispamp3.com

SourceForge.net, é un dos sitios web de referencia para o desenvolvemento e distribución de código aberto. A partir de agora será tamén un gran centro de intercambio de servizos e negocios grazas a SourceForge.net MarketPlace con máis de 600 ofertantes de servizos e soporte relacionados co Software Libre. 

Algúns dos proxectos incluídos no mercado de SourceForge.net son OpenBravo, JasperSoft, Zenoss, Compiere, Firebird, Nagios ou Spring Framework. Os responsables da web viron unha gran oportunidade de extender o Software Libre como vía de negocio e unha porta para a intermediación entre os clientes e os provedores de servizos en Software Libre.

Fonte: Linux Watch

http://www.mancomun.org/images/stories/ousli.jpgNa web de OUSLI vemos publicada a seguinte información:
“Xa están dispoñibles todas as conferencias, en vídeo, das xornadas de ensino grazas a colaboración da televisión da Universidade de Vigo.

Se non tiveches a oportunidade de asistir ás xornadas podes ver todas as conferencias.

Do mesmo xeito tamén están dispoñibles as transparencias e fotos do evento.

http://www.mancomun.org/images/stories/amigus.gif Lendo a páxina de Amigus, asociación informática de As Pontes, vemos que van organizar unha xuntanza de traballo:
“O vindeiro sábado 15 de decembro ás 16.00 horas no Lar de ENDESA teremos unha xuntanza de traballo á que estades todas e todos invitados se queredes participar nalgún dos proxectos que trataremos… ou se só vos queredes informar do que estamos tramando ;).

  • Organización da amigus-party nadal-2007
  • Proxectos Soft-Libre
  • Proxectos web
  • Proxectos de comunicación

Se estás interesada/o nalgunha destas áreas ou crees que nos podes axudar, non deixes de pasarte. Se non puideses, envíanos un correo a info arroba amigus.org…”

Organización da amigus-party nadal-2007

Trataremos todos os temas relativos á party:
– Lugar e datas de celebración
– Montaxe de mesas e cadeiras
– Montaxe da rede
– Configuración da rede e do acceso a Internet
– Organización dos campionatos de xogos: datas, normas e premios
– Propostas e organización de charlas/obradoiros

Proxectos Soft-Libre
Organización dunha xornada de software libre para PEMEs
Propostas de creación de proxectos de software libre. Aquí entrarán parte dos proxectos web.
Colaboración na organización de actividades con outros grupos de usuarios Linux

Proxectos Web
Estudo da viabilidade da reconstrución dende “0” da páxina de amigus, engadindo novas funcionalidades e novas micro-webs. Temos varias ideas macanudas pero precisamos organizar ós programadores e deseñadores que temos aquí e os que poidan engadirse.

Proxectos de comunicación
Revisión do estado da rede Wi-Fi amigus e estudo da súa expansión e mellora.
Proxecto de conexión cunha futura rede Wi-Fi en Vilalba en colaboración co IES Lois Peña Novo de Vilalba.

 

Fonte da nova:
Páxina web de Amigus

http://www.mancomun.org/images/stories/lucux.pngNa web de Lucux (asociación de usuarios de Software Libre de Lugo) comentan a súa presenza na Ludus Party 2007, na “install-party” que realizaron:

“O pasado sábado día un de Decembro, Lucux participou na Ludus Party 2007 organizando unha install party. O evento estivo aberto para todas as persoas, tanto participantes da party coma para visitantes.

Tivemos á nosa disposición unha ducia de PCs para que as persoas que non trouxeron o seu ordenador puidesen participar na instalación. A distribución escollida para a ocasión foi Ubuntu 7.10. A install estaba enfocada a xente sen coñecementos previos de GNU/Linux polo que esta distribución era unha das mais axeitadas.

Ademáis da install, algúns membros da asociación deron unhas pequenas clases individuais persoalizadas ás necesidades dalguns participantes, así como tamén fixemos unha mostra do que pode facer Linux cos escritorios 3D…

Por segundo ano consecutivo, agradecemos á organización da Ludus Party por ter en conta a Lucux para promocionr o Sofware Libre na cidade de Lugo…”
 
Fonte da nova:
http://lucux.net/novas/install_party_na_ludus_party_2007

A web do Libro Blanco del Software Libre, que recolle as principais novidades relacionadas co Software Libre no ámbito español vén de publicar un gráfico actualizado das empresas  divididas pola súa procedencia e que están rexistradas no seu directorio. Cabe salientar que Galicia é a cuarta comunidade autónoma en número de empresas rexistradas co 7,31% das empresas. 
 
As primeiras comunidades no ranking son Madrid e Catalunya con aproximadamente o 20% seguidas de Andalucía cun 11%. Galicia está por diante de comunidades como Euskadi ou Valencia.  

Web de Libro Blanco

Nesta web podedes atopar unha listaxe cunhas 235 webcams USB soportadas por Linux. As especificacións necesarias para asegurar a interoperabilidade foron realizadas polo programador francés Michel Xhaard.

O programador explicou que o comezo do proxecto tivo lugar no nadal do 2003 cando lles regalou unhas webcams ás súas fillas e viñan sen soporte para GNU/Linux.

Web de Michael Xhaard

A multinacional norteamericana anunciou ao mundo a organización do Open Source Community Innovation Awards Program, unha serie de galardóns divididos en varias categorías e que premiarán a diversos proxectos de programación en código aberto.

Para a primeira convocatoria, que será anunciada a mediados de xaneiro deste próximo ano 2008 e que se pechará en agosto do mesmo ano, os membros do xurado serán representantes dos proxectos GlassFish(implementación libre de Java), NetBeans, OpenJDK, OpenOffice.org, OpenSolaris e OpenSPARC, todos eles patrocinados pola compañía.

 

Con esta iniciativa, Sun pretende espolar o desenvolvemento de proxectos de software de código aberto, unha filosofía que a compañía abrazou e baixo a cal puxo a proxectos como StarOffice (a súa suite ofimática que se alimenta do proxecto comunitario OpenOffice.org) ou Solaris (o seu sistema operativo Unix que emprega as fontes de OpenSolaris). Curiosamente, os proxectos libres que serven de base para os seus produtos software foron iniciados ao liberar Sun o código fonte de diversos dos seus produtos, ata entón producidos como software propietario.

Fonte: Noticiasdot.com

Orixinal: Sun.com  

Este pasado día 2 de decembro presentouse o primeiro número de “SofLix, La Revista Libre”, coa intención de facer divulgación da informática e as novas tecnoloxías. É unha revista publicada en formato PDF (descargable dende a propia web) e baixo licenza Creative Commons, creada por usuarios e estudantes de informática.

Este primeiro número fala, entre outros, dos seguintes temas:

  • Uso de Software Libre
  • Distribucións.
  • Actualidade.
  • Programación
  • Editor Vin
  •  Obradoiro
  •  Para levar… no chaveiro
  •  Ligazóns
  •  E máis

Descarga: SofLix
Web: Soflix

http://www.mancomun.org/images/stories/alfresco.gifAlfresco Software, un referente en xestión de contidos para empresas (ECM – Enterprise Content Management), vén de publicar unha serie de Gadgets de Google para que os seus usuarios poidan usar as funcionalidades do seu software desde a páxina iGoogle. Estes gadgets son mini-aplicacións que podemos colocar na nosa páxina principal de iGoogle e que nos dan acceso rápido a unha serie de servizos de Alfresco.

Deste xeito, a xente que traballa en xestión de coñecementos en entornos empresariais poderán xestionar, crear e editar contidos de negocios co obxectivo de incrementar o rendemento grazas ao acceso ás potentes capacidades ECM de Alfresco. Brinda a posibilidade de montar un portal ao gusto do usuario consistente nunha combinación ou mashup de contidos de fontes tanto internas como externas.

Os Gadgets están dispoñibles dende sourceforge e instálanse en catro pasos.

 

Fonte: Aplicaciones Empresariales 

 

A Fundación Software Freedom Day premiou os eventos conmemorativos de tal efeméride celebrados en Nepal, China e Nicaragua o pasado setembro. O Software Freedom Day celébrase en 90 países e busca difundir os beneficios do Software Libre para a educación, as empresas, a administración e os usuarios en xeral.

En Galicia GALPon acolleu unha churrascada en Vigo para conmemorar tan sinalada data. Mancomun.org é patrocinador do Software Freedom Day.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal