Mancomún

[Actualización]: Finalmente o software foi retirado.

A Asociación de Produtores e Distribuidores Cinematográficos estadounidenses (MPAA), pretendía impoñer para espiar aos piratas universitarios de USA, o software “University Toolkit” baseado en Ubuntu.

Esta aplicación analiza o nivel de intercambio de arquivos nas redes educativas. Segundo parece esta ferramenta permite practicamente o control total do equipo.

Dende Ubuntu solicitaron que se fixeran públicas as modificacións do código fonte de Xubuntu, que conta con licenza GPL, e polo tanto calquera modificación do código fonte debe facerse pública.

Fonte:
http://www.theinquirer.es

http://www.mancomun.org/images/stories/donkey_xote.jpgO mércores estréase, en todos os cines de España, a nova película “Donkey Xote”, producida por Filmax Animation e realizada nos seus estudos de animación de Bren Entertainment, sitos en Santiago de Compostela.
Na creación da película “Donkey Xote” foi usado o software de renderizado DrQueue.
Con este software xa se teñen renderizado outras exitosas películas como:
  • Perez, el ratoncito de tus sueños
  • Elephants Dream
  • Piratas del Caribe: “El Cofre del Hombre Muerto”
  • El Exorcista: El comienzo
  • La Huella del Silencio

Podes ver máis información sobre proxectos nos que se usou esta aplicación na súa páxina web:
http://drqueue.org/project/wiki/SomeDrQueueUsers

ºhttp://www.mancomun.org/images/stories/molinux.pngAcaba de saír fai uns días a versión final de Molinux 3.2 (Hidalgo). Molinux é unha distribución baseada en Ubuntu creada polo goberno rexional de Castilla la Mancha.

As súas principais características son:

  • Baseada en Ubuntu Gutsy 7.10
  • Kernel 2.6.22
  • Gnome 2.20
  • Evolution 2.12.1
  • OpenOffice 2.3
  • Maior soporte Hardware e Wireless.
  • Sistema de migración de contas.
  • Soporte nativo de ntfs mediante ntfs-3g.
  • Conversor de bases de datos mdb2odb (Access a OpenOffice).

Pódese descargar unha imaxe ISO de Molinux 3.2 desde a seguinte ligazón:
ftp://ftp.rediris.es/pub/linux/distributions/molinux/Molinux_3.2_Hidalgo.iso

Máis información no sitio web de Molinux (aínda non está actualizado recollendo esta última versión de Molinux)

 

Fonte da nova:
http://www.ubuntips.com.ar

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.png125 millóns de persoas xa usan Firefox, o doble das que o facían o ano pasado. Esa é a estimación de John Lilly, COO de Firefox.

Segundo os datos recompilados por diversos sitios, o navegador soe ser máis empregado nos países europeos que nos Estados Unidos, e emprégase moi pouco en Asia, América do Sur e África.

Ao fío desta nova, tamén nos facemos eco da publicación dun complemento que transforma a Firefox nun navegador parlante: Fire Vox. Con este complemento, as persoas con deficiencias visuais poderán experimentar unha mellor navegación por Internet…

Fontes da nova:
125 millóns de persoas usan Firefox

Fire Vox  

OpenXpertyaVemos na páxina de http://www.ousli.org a seguinte nova sobre OpenXpertya, ERP en Software Libre que proximamente estará dispoñible en galego:

“O proxecto openXpertya xa dispón da adaptación ao novo Plan Xeral Contable. Tan só 10 días despois da súa publicación (o pasado día 20) no Boletín Oficial do Estado do Real Decreto 1514/2007 do 16 de Novembro polo que se aproba o novo Plan Xeral Contable, de acordo coas novas normas NIC/NIIF, que son de obrigatoria implantación a partir do día 1 de Xaneiro do 2.008.

No apartado de descargas está xa dispoñible devandita información, así como o plan de contas, listo para ser cargado nas versións 2.x de openXpertya.

Coa publicación a día de 30 de Novembro do 2.007 das novidades e adaptacións contables necesarias para o funcionamento a partir do día 1 de Xaneiro do 2.008, o proxecto openXpertya segue, unha vez máis, á cabeza dos ERPs libres do mundo ibérico e latinoamericano. Destacando, desde o ano 2.005 tanto en número de implantacións realizadas, como en tamaño e importancia das mesmas, diversidade de sectores, así como en rapidez de adaptación ás novidades lexislativas e fiscais na medida que o sector empresarial o demande. Este último punto é o que, dalgún xeito, marca o noso produto: Un ERP 100% libre especialmente enfocado ao tecido empresarial e adaptado ao cumprimento das necesidades contables, fiscais e lexislativas da comunidade iberoamericana…

Máis información na fonte orixinal da nova en:
http://www.ousli.org

http://www.mancomun.org/images/stories/galipedia_30000.png A Galipedia ou Wikipedia galega acaba de superar os 30.000 artigos, en concreto, no momento de redactar esta nova a súa páxina de estatísticas indica un total de 30.021 artigos.

Actualmente a Galipedia conta cun total de 2.753 usuarios rexistrados, dos cales 11 son administradores. Igualmente recordamos que non fai falta ser usuario rexistrado para contribuír na mesma.

Xa en xuño desta ano anunciabamos que a Galipedia alcanzara os 25.000 artigos e en pouco máis de 5 meses alcanza agora os 30.000 pasando a ser a 39º do mundo

A Galipedia usa o software MediaWiki que tamén usamos en Mancomun.org no servizo Wiki en http://wiki.mancomun.org.

Máis información en:
http://gl.wikipedia.org

A Universidade de Costa Rica é unha das primeiras institucións públicas do seu país que se anima a emprender un proxecto serio para migrar a súa plataforma tecnolóxica a Software Libre.

A migración involucrará máis de 8.000 equipos activos e atópase neste momento na súa etapa inicial. Este cambio pretende uniformar a plataforma e aforrar recursos, xa que, o gasto anual por licenzas, resulta claramente prohibitivo.

O proxecto non resulta doado pois teñen unha grande cantidade de aplicacións institucionais e pequenas aplicacións que empregan día a día. Nos casos máis extremos están recurrindo a solucións web e virtualizacións…

Elixiron coma distribución Ubuntu pola súa facilidade de uso e como sistemas xestores de base de datos tanto mysql coma postgresql.

Ligazón á nova orixinal: radarti
Web da universidade de Costa Rica

DebianO encontro sobre Debian DebConf9 terá lugar en outono do ano 2009 en Extremadura. A web do evento aparecerá a mediados do 2008 e conterá máis información sobre este evento. DebConf é a conferencia de desenvolvedores do Proxecto Debian que contén relatorios e obradoiros de temática técnica, social e política ademais de proporcionar aos desenvolvedores do proxecto dunha oportunidade de coñecerse máis de preto.
 

Wiki do proxecto

Mavscript é un software, desenvolvido en Java, para realizar cálculos sobre un documento de texto (.txt, .odt, .sxw, .html, .svg ou outros formatos de texto) devolvendo o resultado das operacións. 

Mavscript emprega un sistema de álxebra para computación, Yacas, que realiza a manipulación simbólica de expresións matemáticas. Facendo uso dun documento como modelo, cunha sintaxe propia, rastrea o documento realizando os cálculos.

O obxectivo de Mavscript non é competir coas follas de cálculo senón permitir realizar cálculos en documentos de texto onde as funcionalidades matemáticas están máis limitadas. A desvantaxe respecto das follas de cálculo é a falta de interactividade, especialmente no uso de gráficas que dependen dos resultados.

Mavscript, ferramenta para cálculos alxebraicos sobre documentos de texto

Mavscript procesando un documento de OpenOffice.org

Mavscript traballa sobre GNU/Linux, MS Windows, Mac OS X ou outros sistemas que conten coa máquina virtual Java 1.4 ou superior. Mavscript ten licenza GNU/GPL e pódese descargar dende a forxa de BerliOS.

A versión 2.0 da distribución GNU/Linux do Departament d’Educació, Linkat, está dispoñible para descarga. Trátase dunha beta que como principal novidade contén un renovado programa de xestión educativa. 

A versión 2.0 inclúe ademais o 3D Compiz, o sistema de virtualización XEN, o software de monitorización de aulas ITALC e outras aplicacións educativas. 

Web de LinKat

ChronoJump vén de gañar a edición deste ano do “Les Trophées du Libre“, concurso que, desde 2003, intenta promover proxectos innovadores dentro do Software Libre.

ChronoJump é un completo sistema multiplataforma para a medición, xestión e estatística das fases temporais do salto e outras accións. Chrono Jump sérvese dunha plataforma de contactos con dous eventos (na plataforma e fóra da plataforma) e dun circuíto impreso cronometrador deseñado ad-hoc para obter medicións precisas e fiables. ChronoJump pode ser usado tamén para o cronometrado de carreiras incluso con intervalos, tempos de reacción e ritmos…

ChronoJump permite rexistrar calquera salto coas repeticións que se desexe, iniciando desde dentro ou fóra da plataforma, rexistrando independentemente tempos de contacto e tempos de voo, así como a carga extra, altura da caída, limitación por saltos ou tempo e descricións de técnica.

Para albergar a información, ChronoJump usa unha pequena base de datos Sqlite que lle proporciona a capacidade de vincular saltos a suxeitos e sesións, e realizar todo tipo de comparacións entre estas entidades.

O software é GPL e multiplataforma e está programado en C# usando Mono

Máis información na páxina do proxecto:
http://www.gnome.org/projects/chronojump/index_es.html

Creative CommonsWikipedia, [[Creative Commons]] xunto con Free Software Foundation asinaron un acordo polo cal a licenza actual da Wiki faise totalmente compatible coa licenza Copyleft de Creative Commons.

Isto fai que os contidos da Wikipedia sexan máis fáciles de compartir e “romper” coas barreiras existentes que limitaba aos autores, por este motivo agora todos os usuarios da Wiki poden elixir que tipo de licenza lles gustaría utilizar para protexer o seu contido. Ligazón ao texto da actualización da licenza.

 

Fonte: Noticiastech.com

OS2World.com xunto con Netlabs.org enviaron unha segunda carta a IBM solicitando a liberación de OS/2.

Hai dous anos que tivo lugar a primeira petición, que contou con máis de 10.000 firmas, aínda que non tivo moito éxito. Desta vez solicítase especificamente a liberación do código do kernel, SOM e Workplace Shell.

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com

PhatchPhatch é un software para procesado en lotes de imaxes que pode manexar os principais formatos. Conta cunha interface gráfica amigable que permite definir as accións que se van a levar a cabo sobre as imaxes. Phatch pode escalar, rotar, renomear, duplicar a xerarquía de cartafoles, … O aplicativo foi desenvolvido en Python sendo deste xeito multiplataforma. Phatch soportará nun futuro unha versión en modo consola moi útil en contornos de servidores web.

Na seguinte ligazón pódese atopar o software para descargalo e probalo:
http://photobatch.stani.be/

Características:

  • Accións: redimensionar, rotar, invertir, voltear, marcas de auga, sombras, arredondar esquinas e moito máis.
  • Arrastrar e soltar accións
  • Habilitar e deshabilitar accións
  • Copia da xerarquía de carpetas
  • Consola Python
  • Rexistro de erros
  • Historial de ficheiros
  • Multiplataforma (GNU/Linux, Windows e Mac)

Phatch soporta múltiples formatos de imaxe:

  • Lectura e escritura: bmp, dib, gif, jpe, jpeg, jpg, im, msp, pcx, png, pbm, pgm,ppm,tif,tiff,xbm
  • Só lectura: cur,dcx,fli,flc,fpx, gbr,gd,ico,imt,mic,mcidas,pcd, psd,bw,rgb,cmyk,sun,tga,xpm
  • Só escritura: eps,ps,pdf

Phatch foi desenvolvido co editor SPE baixo Ubuntu (GNU/Linux), pero traballa sobre MS Windows e Mac Os X. Si se dispón de coñecementos de programación en Python pódense escribir complementos propios para Phatch facendo uso da biblioteca de imaxen Python(PIL, Python Image Library). Phatch está baixo licenza GPLv3.

Instalación da versión do repositorio de bazaar en Launchpad:

$sudo apt-get install bzr python-wxgtk2.8 python-imaging

$bzr branch lp:phatch

Para executar Phatch facer dobre click phatch.py dentro da carpeta dev/phatch folder, ou:

$cd dev/phatch

$python phatch.py

LPI (Linux Professional Institute), o principal ente certificador de Linux a nivel mundial, estará presente en Hispalinux co seu propio stand e unha oferta de exames cun desconto do 50% respecto á tarifa habitual.

LPI é unha organización sen ánimo de lucro, independente de calquera distribución e comprometa coa promoción das habilidades OpenSource en todo o mundo: presencia en 40 países, 150.000 exames e 47.000 certificacións.

Durante os días 15 e 16 de decembro realizaranse os exames para a obtención das certificacións LPIC-1 e LPIC-2. O esquema de datas e horarios é o seguinte…

  • Sábado 15

    1. LPI-101 ás 10:00

    2. LPI-102 ás 12:00

    3. LPI-201 ás 16:00

    4. LPI-202 ás 18:00

  • Domingo, 16

    1. LPI-101 ás 10:00

    2. LPI-102 ás 12:00

O prezo de cada exame é de 70 €.

Para a realizacións dos exames hai que obter previamente a ID de LPI, que se consegue a través da web oficial:
http://www.lpi.org/en/register.html

Unha vez obtida a LPI ID, realizarase unha preinscrición mediante un correo electrónico a info@lpi.org.es.

Máis información na páxina de Hispalinux:
http://congreso.hispalinux.es/?p=38

Corea do Norte e Corea do Sur colaborarán para crear unha versión de Linux chamado Hana Linux. Tamén se acordou potenciar proxectos como OpenOffice.org e a localización e desenvolvemento de software en coreano do que se poda beneficiar ambos países e os falantes de coreano residentes en china.

Estes acordos foron tomados no marco dun foro de colaboración tecnolóxica entre as dúas Coreas e China e naceron a proposta de Hee-Tak Moon, presidente da Asociación de Código Aberto de Corea. A partir desta conferencia crearase un grupo de expertos que estudiarán como levar a cabo as propostas e, en poucos meses, terá lugar unha conferencia internacional en Pyonyang. 

 

 

Fonte: ETNEWS

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal