Mancomún

Segundo José Marchesi, fundador do proxecto de recente creación GNU PDF e fundador en 1999 de GNU España, existen moitas características que non están dispoñibles nas aplicacións libres que visualizan e editan PDF.

Para Marchesi existen dous motivos polos que é urxente darlle un soporte completo ao PDF, un é técnico e outro político.

O motivo técnico é debido a gran cantidade de funcionalidades que non están dispoñibles ou están incompletas:

  • A xestión de contidos embebidos (sons e películas).

  • A execución de JavaScript para mellorar a validación de formularios.

  • 3-D artwork.

  • Xestión de coleccións de documentos.

  • E outros máis.

O outro motivo baséase en que ao Proxecto GNU gustaríalle ver completamente implementado o estándar para PDF ISO 32000. A pesar de que o PDF é moi empregado en ambientes académicos e corporativos, todas as aplicacións que proveñen dos niveis máis altos de soporte para o estándar ISO son propietarias. O que implica que, se non hai un esforzo coordinado, os usuarios de Software Libre poden ser deixados de lado…

Como primeiro obxectivo, que fixan dende GNU PDF, é escribir unha librería en linguaxe C para que sexa empregado polos consumidores de PDF e polas aplicacións. A intención é que esta librería sexa similar á Adobe PDF Library.

O paso seguinte é a creación dunha aplicación que xa foi denominada GNU Juggler. GNU Juggler será un visor e editor especializado de PDF.
 

Fonte:
http://www.linux.com/feature/122195

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.pngHoxe día 29 de novembro, a partires das 21:00h a clase de Produción do IES de Bouzas (Escola de Audiovisuais de Vigo) entrevistará online ao presidente de GALPon para aclarar as dúbidas sobre a licenza Creative Commons e a súa repercusión no mundo da creación artística.

Para tal evento, empregarase a rede XMPP de protocolo aberto e clientes Pidgin que se conectarán a unha sala no servidor conference.jabber.org

Esta sesión virá a posteriori do vídeo explicativo da licenza Creative Commons que se proxectará na aula do IES de Bouzas onde explicarase que “cando se salta aos intermediarios todo pode ser máis fácil”.

Nestes días ponse en evidencia a dubidosa actividade da SGAE, e o vídeo explicativo da licenza Creative Commons forma e informa sobre como sumar esforzos e crear obras derivadas, distribuílas, modificalas, etc, sempre dentro da legalidade.

A empresa báltica Ideelabor está en conversas co Goberno de Estonia para combinar a tecnoloxía de OpenID (un sistema de identificación aberto) coa tarxeta intelixente de identificación nacional. De se levar a cabo, Estonia sería o primeiro país en contar cun sistema de identificación baseado en OpenID.

Un dos fundadores da empresa Ideelabor, Martin Paljak, declarou que a empresa agarda que os primeiros servizos baseados nesta combinación estean dispoñíbeis en xaneiro do próximo ano. Segundo as súas palabras, “Partes do goberno de Estonia desexan poder empregar as características de OpenID. Agardamos que este entusiasmo faga que o goberno nos axude a pór en marcha esta solución e así poder utilizala como un servizo público”.

Ideelabor tamén está a considerar a súa idea para servizos comerciais, así como ofrecer os servizos básicos de forma gratuíta e outras partes logo do pagamento.

Os meses anteriores, esta empresa construíu un servizo web que permite aos sitios que son compatibles co OpenID acceder á tarxeta de identificación de Estonia mentres que o usuario mantén os seus datos en privado.

Ligazón orixinal: idabc
Sistema OpenID: openid

Wormux é un clon libre de xogos clásicos como Worms Armageddon ou Worms World Party. Licenciado baixo [[GPL]] e dispoñible para as diferentes plataformas. Atópase dispoñible a terceira beta do que será a versión 0.8 de Wormux. Este proxecto leva desde fai un tempo progresando aos poucos, e cada vez máis está converténdose nun dos xogos imprescindibles para GNU/Linux.

Nesta versión xa podemos xogar en rede con outros usuarios a Wormux, dispoñendo dunha opción no menú principal para crear as partidas en rede. Ademais o aspecto xeral do xogo vai mellorándose, cuns menús mellor organizados, máis efectos de son e mapas, etc.

 

Realizáronse axustes nas armas e engadiuse unha nova, o lanzachamas, co que poderemos facer unhas boas grelladas. Para rematar, e aínda en modo experimental, engadiuse un xerador de mapas aleatorios.

 

Fonte: Linuxjuegos.com  

IBM en Argentina ofrece un servizo de migración de estacións de traballo a GNU/Linux desde equipos con Windows 95/98/2000/XP. Na descrición deste servizo na súa web indican que os beneficios que lle reportará esta migración á PEME son redución de custes, mellor ROI, facilidade de crecemento, maior seguridade, adopción de estándares abertos…
Mediante este servizo, IBM ofrécelle ao cliente a migración de forma automática da configuración dos seus escritorios da plataforma Microsoft a GNU/Linux empregando para iso a distribución que mellor se adapte ás súas necesidades (RedHat, SuSE, Rxart).

Para conseguir isto, o servizo divídese nas seguintes fases:

  • Consultoría previa á migración: que migrar?, como facelo?, cara onde?, cando?.
  • Plano de migración. Esquema das etapas de migración que se levarán a cabo.
  • Implantación. Execución do plano de migración.
  • Soporte telefónico post migración.
  • Formación. Curso de formación a nivel usuario

A través da consultoría previa é posible comprender e clarificar os obxectivos de negocio e os requirimentos técnicos, identificar e documentar requirimentos e riscos funcionais e non funcionais, discutir as alternativas de migración, analizando pros y contras… Esta análise detallada realízase sempre a carón dos usuarios involucrados nos procesos das áreas de migración e deste xeito defínese o alcance da migración para a creación do Plano de migración.

Durante esta fase defínense tamén áreas de criticidade para a adopción de tecnoloxías Open Source e tense presente en todo momento a necesidade de manter as funcionalidades e niveis de seguridade actuais.

O obxectivo é facer unha migración planificada de xeito que poida ter éxito e minimice as posibilidades de fracaso ou frustración por unha mala estimación do impacto da mesma.

O prezo deste servizo pode variar dependendo das características da empresa pero estímase que para por exemplo 50 estacións rondaría os 2600 $ máis taxas.

 

 Xa concluíu o prazo de inscrición de proxectos do I Concurso Universitario de Software Libre de Castilla La Mancha que promove o desenvolvemento de Software Libre nas universidades da comunidade manchega. Os premios varían dos 8.000 aos mil euros e buscan fomentar a creación de profesionais especializados en Software Libre.

Este concurso atópase ligado ao II Concurso Universitario de SL (CUSL) na súa modalidade local.

Fonte: Páxina do Cesclam

http://www.mancomun.org/images/stories/google_ghoplogosm.jpgSeguindo ao gran éxito do concurso “Google Summer of Code“, Google anuncia un novo esforzo para involucrar á mocidade no desenvolvemento de Software Libre. Para iso, Google púxose en contacto con determinados proxectos de Software Libre para darlles a oportunidade aos estudantes para aprender e contribuír en todos os aspectos do desenvolvemento dos proxectos, desde escribir código e documentación, até preparar materiais de formación.

Se es un estudante maior de 13 anos e aínda non comezaches a universidade, Google quere  que te unas a estes proxectos nos que poderás aprender todos os aspectos que carrexa o  desenvolvemento dun software, e non só a programación. Ademais, Google premiará a algúns dos estudantes con premios en metálico e agasallos…

 

As regras oficiais do concurso e a páxina de preguntas frecuentes pódense atopar nas seguintes ligazóns: regras oficiais e preguntas frecuentes. Nos países onde sexa necesario, pódese esixir o permiso dos titores legais para participar.

Os proxectos dispoñibles para a participación son os seguintes:

  • Apache Software Foundation
  • Drupal
  • GNOME
  • Joomla!
  • MoinMoin
  • Mono
  • Moodle
  • Plone
  • Python
  • Silverstripe

 

Máis información nas páxinas de Google:
http://code.google.com/opensource/ghop/2007-8/ 

IBM é unha das empresas que máis diñeiro fai comercializando solucións de software e servizos baseados en GNU/Linux.

Este servizo ten como obxectivo lograr unha eficiente e exitosa migración de estacións de traballo de Windows a Linux, incluíndo a configuración do escritorio, á distribución que mellor se adapte aos seus requirimentos destas 3 alternativas:

  • Red Hat.
  • SuSE.
  • Rxart (Pixart).

O máis interesante, con todo, é o custo do servizo. O prezo determínase de acordo á cantidade de estacións de traballo a migrar, e aínda que a cotización definitiva está suxeita ás necesidades do cliente, pódense usar estas cifras de referencia:

A migración pódese realizar en forma manual, cun estimado de 2 horas e media por escritorio, ou utilizando unha ferramenta de migración automática “ALACOS” logrando unha migración en 20 minutos aproximadamente por ordenador, cunha maior seguridade no proceso.

ALACOS (Best Linux Award 2005 / IBM Partner); migra todo o que é email (Outlook, Outlook Express, and Netscape a Evolution), address books, folders, My Documents, IE favorites, IE home page, backgrounds, iconas, documentos, spreadsheets, fotos, música, vídeos, gráficos, bases de datos, entre outras funcionalidades propias de cada ordenador.

http://www.mancomun.org/images/stories/firefoxfalagalego.png
[Actualizado]: A Fundación Mozilla xa fixo pública a versión que pode instalarse desde a seguinte ligazón:https://addons.mozilla.org/es-ES/firefox/addon/5262.
 
Vemos na páxina web de OUSLI que acaban de publicar a versión 0.2 de FirefoxFalaGalego:

“Debido a uns cambios no servidor de opentrad, a versión 0.1 da un erro na conexión. Así que publicase a nova versión do firefoxfalagalego actualizada para que non amose un erro na conexión debido ao cambio no servidor de www.opentrad.org.

A versión estará dispoñible dende addons de Mozilla unha vez sexa revisada e feita pública. Para a súa descarga pronto poremos un enlace dende a nosa web, mentres non é aprobada por Mozilla.”

Recordamos que para estas versións sexan feitas públicas é necesario que usuarios rexistrados de addons.mozilla.org fagan unha revisión do complemento e o valoren…

Máis información na páxina de OUSLI:
http://ousli.org/content/view/96/1/

FreeLIMS é un xestor open source (Sistema Xestor de Información para Laboratorios). É unha solución cliente/servidor que pode traballar en modo multiusuario. Ten licenza GNU/GPL e está escrito en [[JAVA]]. Pode funcionar contra diferentes sistemas xestores de bases de datos, como [[Mysql]], [[Oracle]] ou SQL-Server. Permite conectarse a sistemas [[ERP]]. A maiores ten a posibilidade de personalizar o idioma, posto que soamente hai que engadir unha nova táboa á base de datos.

A última versión 0.9.9 está dispoñible para a descarga dende sourceforge.net.

Entre algunhas das súas características están:

  •     xestionar as mostras
  •     crear tipos de mostras con métodos e parámetros
  •     xerar facilmente informes e certificados
  •     xestionar instrumentación
  •     control de usuarios

 

Páxina do proxecto:
http://www.freelims.com/

Youri Alkalay, o presidente do Departamento de Goberno Electrónico do Ministerio de Estado e Administración, declarou que o goberno búlgaro comezará proxectos piloto con Software Libre.

«Estamos a estudar seriamente iniciativas en varias administracións locais para introducir aplicacións de software libre» declarou Youri Alkalay nunha entrevista para a revista Computerworld. Os proxectos pilotos, que comezarán en 2008, servirán para observar canto mellorou o software libre nos últimos anos.

Alkalay declarou a Computerworld que a falta de soporte, a migración dos datos e a falta de persoal cualificado foron os motivos que impediron que estas probas piloto se levasen a cabo antes.

O ministerio comezará por organizar unha reunión acerca dos proxectos piloto aberta a todos os representantes do goberno, as compañías que traballen con software libre e os membros da comunidade Open Source. Estes proxectos piloto seleccionaranse segundo as presentacións dadas durante a conferencia…

Moi poucos administradores de sistemas de Bulgaria teñen experiencia co software libre. O seu uso por parte dos concellos das cidades de Kardjali e Mezdra (dous coñecidos exemplos) resultan aínda insuficientes para a política nacional. Alkalay tamén declarou que lle gustaría unha migración completa, incluíndo equipos de escritorio.

Ligazón orixinal: idabc

FileZilla é un cliente FTP, gratuíto, libre ([[GPL]]) e de código aberto. Soporta [[SFTP]] e [[FTP]] sobre [[SSL]]. Inicialmente só foi deseñado para funcionar baixo Windows, desde a versión 3.0.0, grazas ao uso de [[wxWidgets]], é multiplaforma estando dispoñible ademais para outros sistemas operativos, entre eles Linux, FreeBSD e MacOS X.

As principais características son o Site Manager (Administrador de sitios), Message Log (Rexistro de mensaxes), e Transfer Queue (Cola de transferencia).

 

FileZilla Server é un programa aparte. É un servidor FTP desenvolvido como parte do mesmo proxecto, que funciona baixo Windows.

Comezou sendo un proxecto de clase de informática en xaneiro de 2001 de Tim Kosse e dous compañeiros de clase. A versión alfa foi lanzada a finais de febreiro de 2001, e todas as características requiridas incorporáronse na beta 2.1.

Existe unha versión portátil de FileZilla que pode ser transportada e usada directamente desde unha memoria USB sen necesidade de instalarse no computador.

Páxina proxecto: Filezilla

Páxina de descarga: Descarga
 

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngA Fundación Mozilla informou que cerca de medio millón de copias do Firefox 3 beta 1 foran descargadas desde hai unha semana, e que á esta primeira beta a seguirán dúas máis antes de liberar a versión final o próximo ano.

Os desenvolvedores do Firefox 3 anunciaron que se liberará unha nova versión beta antes de finais de ano e unha terceira a comezos do 2008.

O equipo de Firefox dixo que se descargaran 420.000 copias desta primeira beta e que cerca dunhas 100.000 descargas eran de beta testers activos. 

Tamén, o pasado venres, en Mancomun.org anunciouse a dispoñibilidade dunha primeira versión do paquete de idioma ao galego para o Firefox 3, así como un novo corrector mellorado…

 

As próximas versión beta tamén incluirán os redeseños da interface visual para Windows Vista, GNU/Linux e Mac OSX, que dará ao navegador un estilo moito máis apropiado dependendo do sistema operativo no que se estea a usar. Os usuarios que dispoñan da beta 1 en Mac OSX poden probar un adianto de como será este estilo instalando o tema chamado Proto dispoñible para Firefox 3 en Mac OSX desde a páxina de complementos de Mozilla.

 

Fonte orixinal da nova:
http://blogs.zdnet.com/open-source/?p=1723

A Área de E-learning do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vai participar nas xornadas sobre “Plataformas web de Software Libre para organizacións da sociedade civil” que organiza a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, a Aula TIC Pemes da Universidade de Santiago de Compostela e a Concellería de Servizos Xerais do Concello de Lugo.

Deste xeito, a Área de E-learning do Cesga impartirá o vindeiro venres 30 de novembro un taller sobre a utilización do sistema de xestión da aprendizaxe Dokeos.

Estas xornadas, dirixidas a organizacións da sociedade civil, teñen como obxectivo amosar ás organizacións das sociedade civil unha ampla variedade de plataformas web de código aberto de utilidade para:

  • A presenza na rede e difusión de actividades,

  • A xestión da aprendizaxe e do coñecemento,

  • A creación de secretarías virtuais e

  • A organización de e-comunidades sociais.

Estas xornadas vanse celebrar os días 29 e 30 de novembro así como o 1 de decembro no Campus de Lugo…

Para máis información dirixirse ao correo electrónico atpemes@usc.es ou ao teléfono 982285900 Ext. 24471 da Aula TIC Pemes da USC.

 

Fonte:
http://weblog.cesga.es

Evento engadido á Axenda de eventos de Mancomun.org.

Dende Canonical Ltd. anunciaron un novo servizo de desenvolvemento colaborativo para Ubuntu. O novo servizo Launchpad Personal Package Archive(PPA) permite aos grupos colaborar en paquetes e permitir aos desenvolvedores individuais publicar as suas propias versións do software Open Source.

Ademais, e segundo Canonical, PPA conectará directamente aos desenvolvedores cos usuarios, que poderán instalar os paquetes facendo tan só unha actualización do sistema…

Fonte:
http://vivalinux.com.ar/eventos/launchpad-personal-package-archive.html

 

 

O Consello de Ministros, o órgano de decisión máis importante do Consello Europeo, recoméndalles aos seus membros o fomento da diversidade nos sistemas para o que se debe combinar o Software Libre co privativo.

Nunha declaración da semana pasada, publicáronse as recomendacións e medidas para incrementar o valor do servizo público da Internet. Os membros do consello «deben desenvolver estratexias que promocionaren un crecemento económico substancial a través dunhas estruturas de mercado competitivas co fin de estimularen o investimento en recursos críticos da Internet». Asegurar a diversidade do software incluíndo o Software Libre debe ser unha parte destas estratexias…

O consello tamén recomenda que os membros aseguren as súas políticas en telecomunicacións, transmisións e Internet para obrigar a que estes sistemas sexan tamén interoperábeis.

As recomendacións fixéronse públicas unha semana antes no segundo «Internet Governance Forum» que tivo lugar na cidade brasileira de Rio de Janeiro, en que se insistiu que os países deben asegurar que os servizos da Internet sexan accesibles, asequibles, seguros, confiables e teren continuidade no tempo.

Ligazón orixinal: idabc
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal