Mancomún

O vindeiro xoves 13 de Decembro de 2007, terá lugar a ‘II Jornada SOURCEPYME: Software libre en la empresa. Modelos de negocio‘, na Escola de Negocios Luís Vives (Paterna), co obxectivo de presentar os resultados alcanzados nestes dous primeiros anos de funcionamento do proxecto, así como diversos casos de éxito de implantación de Software Libre en empresas.

Así mesmo vaise a presentar o libro “MIGRACIÃ?N AL SOFTWARE LIBRE: GUÍA DE BUENAS PRÁCTICAS”, do que se entregará gratuitamente a todos os asistentes un exemplar do mesmo, en formato papel ou memoria USB (ata fin de existencias).

http://jornada.sourcepyme.org/img/swlibre.gif 

Para obter máis información da xornada consultar o seguinte enderezo: http://jornada.sourcepyme.org/

Noutra liña o proxecto SOURCEPYME está a realizar unha enquisa sobre o uso do SOFTWARE LIBRE. A enquisa está dirixida a dous tipos de empresas segundo o seu sector:

  • EMPRESAS TIC: empresas fornecedoras de aplicacións e/ou servizos de Software Libre
  • EMPRESAS CLIENTES: empresas usuarias de Software Libre
A organización do Décimo Congreso de Hispalinux ten pechadas todas as solicitudes de relatorios, polo que xa se pode inscribir na lista de asistentes. Por iso, aínda que o acceso a todas as actividades planificadas (obradoiros, titoriais, conferencias, presentacións, feira de emprego, zona de demos) é gratuíto, debido ás limitacións do aforo do recinto, solicítase que a xente se inscriba, pódese facer dende esta ligazón. A inscrición non é un requisito indispensable, pero algunhas actividades e salas serán de acceso restrinxido para os participantes inscritos.

Como novidade este ano habilitaranse autobuses gratuítos que sairán de diferentes localidades. En principio, hai previstas saídas desde Madrid, Málaga e Sevilla, aínda que, isto podería variar en función das solicitudes que se rexistren na inscrición. Por iso, desde a organización pídese tamén que se indique se se vai necesitar ou non autobús e desde onde.

Igualmente, e como outra importante novidade para este Congreso, subvencionarase o aloxamento para os socios de Hispalinux. Inicialmente, hai un límite de 75 prazas subvencionadas que se repartirán entre hoteis e residencias concertadas para o evento. Desde devanditos aloxamentos, habilitarase un servizo diario e gratuíto de transporte, que trasladará aos asistentes desde o seu respectivo hotel á sede do Congreso.
 
Fonte: Hispalinux  
Recentemente publicouse a nova versión 4.1 de Guadalinex con algunhas melloras salientables sobre a anterior. Aquí temos un breve resumo delas:

  • É compatible con máis hardware, grazas ao cambio no núcleo e no xestor de ventás.
  • A versión de OpenOffice.org (2.2) permite asinar documentos electronicamente
  • A conexión con tarxetas 3G é máis fácil cos asistentes para os novos dispositivos das operadoras  Vodafone e Movistar
  • Accesibilidade mellorada para persoas con discapacidade visual grazas a Orca (2.19.4)

  • Inclúe un conversor de “bases de datos” MS-Access a formato de OpenOffice.org Base e o programa AMIGU: Asistente para migrar correo, fondos, configuracións de Windows a GUadalinex
  • Tamén é máis sinxelo operar con unidades extraíbles coa utilidade de notificación de unidades montadas (“mount-systray”)
  • E mellorouse a compatibilidade con NTFS, con acceso de escritura e a instalación compartida en sistemas que xa teñan Windows Vista

 

Descarga

Fonte: Guadalinex.org

GPULHermes é un proxecto do LUG coruñés GPUL co obxectivo principal de levar Software Libre a calquera lugar onde é necesitado pero non hai ancho de banda suficiente como para descargalo. Os seus destinatarios son países onde a banda larga non existe, é demasiado cara, ou a compra das distribucións no extranxeiro é prohibitiva para o usuario/programador medio.
 
GPUL acaba de realizar o primeiro envío con destino Cuba de 21 CD con Debian Etch. O grupo espera que sexa o primeiro envío de moitos e buscará a coordinación con outros grupos de todo o mundo para chegar a calquera recuncho do planeta. 
 

Páxina do Proxecto Hermes.

O Colectivo Olholivre organiza no C.S.A. Atreu! da Coruña un obradoiro sobre Software Libre que terá lugar os mércores de 21:00 a 23:00 horas a partir deste 28 de novembro. A participación será de balde e haberá charlas introdutorias a Ubuntu, ás redes sen fíos ou a creación audiovisual a través de ferramentas libres como Blender ou Cinelerra entre outros contidos.

Fonte:  Agnix

http://www.mancomun.org/images/stories/ainfogra.jpgAinfogra preséntase coma un proxecto dirixido a introducir o Software Libre no mundo rural a través da difusión, formación e desenvolvemento de software destinado á xestión integral de explotacións agrarias.” O proxecto conta co cofinanciamento da Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.
 
Este proxecto vén de publicar os seus resultados que se resumen en:

  • Creación do Software de Xestión Integral de Explotacións AgroGandeiras – Ainfovac:
    Nos obxectivos do proxecto estaban a creación de Software Libre adaptado ao eido rural, e nesa liña presentan AinfoVac, un software de xestión integral de Explotacións Agrogandeiras baixo licencia GNU/GPL, e polo tanto libre e totalmente gratuíto.
    Dende a páxina web do proxecto pódese acceder as instrucións de instalación desta aplicación así como a documentación da mesma.
  • Manuais formativos (hardware, Ubuntu, OpenOffice.org, Ainfovac, etc)
  • Videotitoriais Ainfovac

Ademais durante o ano 2006 e 2007 formouse e estase a formar a 50 profesionais e futuros profesionais do sector AgroGandeiro no uso e manexo de Sistemas Operativos Libres até a xestión integral da empresa agrogandeira a través do software de xestión AinfoVac.

Máis información na páxina do proxecto:
http://www.ainfogra.com

http://www.mancomun.org/images/stories/jallinone-logo.png jAllInOne é unha aplicación, baixo licenza LGPL, que proporciona funcionalidades ERP para a PEME. Esta solución inclúe a xestión de compras e vendas, almacén, actividades, producción, a xestión dos documentos, informes… cunha correcta xestión dos datos mestres garantindo a coherencia para o correcto seguimento dos procesos da organización.

O software tamén inclúe xestión de clientes, CRM. Outras características do software son a xestión de: múltiples idiomas, múltiples empresas, múltiples moedas e múltiples usuarios.

Dende a páxina do proxecto está dispoñible unha ligazón para executar a aplicación directamente dende o navegador en modo demostración (aplicación Java Web Start).

jAllInOne é unha aplicación multiplataforma que se instala nun contedor de aplicacións Java (por exemplo Tomcat), e os usuarios poden executar o software por medio dun navegador (dentro dunha applet) ou mediante Java Web Start. A aplicación traballa cos xestores de base de datos MySQL, Oracle e SQL Server. jAllInOne fai uso dos compoñentes do framework OpenSwing para ter unha interface de usuario con características máis sofisticadas. 

http://www.mancomun.org/images/stories/jallinone-aplicacion.png

Pantallazo de JallInOne

 

OpenSwing é unha suite de compoñentes gráficos avanzados baseados en Swing proporcionando características máis sofisticadas. OpenSwing tamén é un marco que proporciona un mecanismo para vincular datos entre compoñentes e modelo de datos, baseado no paradigma MVC. Os modelos de datos baséanse en Java Beans (POJOs) e intégranse con todos os compoñentes OpenSwing, tales como a parrilla ou outros compoñentes contedores de control. OpenSwing está baixo licenza LGPL.

jAllInOne e OpenSwing están dispoñibles para descarga dende sourceforge.

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifO uso do software libre vén a ser parte do currículo escolar das escolas de primaria turcas. O Ministerio de Educación desenvolveu un curso para ensinarlles aos estudantes o uso deste paquete informático.

Esta adaptación forma parte do plano de 58 millóns de euros para “Reforzar a educación profesional do sistema educativo”. Todos os PC empregados nas aulas en Turquia empregarán GNU/Linux e Windows e terán un cargador de arranque para elixir que sistema operativo cargar ao comezo.

O ministerio de educación comezou a enviar cedés que conteñen o software necesario, entre o que salienta unha versión adaptada da distribución turca de GNU/Linux Pardus.

O curso de software libre está dividido en tres partes. Un estudante que complete as tres, idealmente, será capaz de instalar Pardus GNU/Linux nun ordenador, administrar os seus compoñentes básicos, configurar unha conexión a internet, administrar os usuarios, instalar software e manexar os servizos de rede. O curso enteiro ten unha duración de 40 horas, aínda que a primeira parte é a máis longa cunha duración de 24.

Ligazón orixinal: idabc

Durante o sétimo congreso Nacional de Software Libre en Bolivia, houbo unha sorpresa. A presenza do Sr. Johnny Cruz, quen a nome do Deputado Nacional Edgar Sanchez presentou o proxecto de lei denominado “Software libre na administración pública”. Proxecto de lei que foi proposto ao Congreso en agosto pasado polo mencionado deputado.

Varios membros da comunidade de Software Libre boliviana expresaron a súa satisfacción fronte a esta iniciativa e propoñen a súa contribución activa para levala a cabo con éxito.

 

Fonte: Softwarelibre.org.bo
A enquisa da Linux Foundation xa dispón de datos previos, e o certo é que as cifras parecen animar o mercado Linux, cada vez máis cuantioso e que aos poucos vai conquistando o escritorio, un territorio tradicionalmente vetado.

A enquisa está tendo un éxito masivo e xa foi enchida por case 20.000 usuarios, mentres que en 2006 só foi completada por menos de 10.000 persoas. Europa é a zona que máis contribuíu, cun 51,5% do total, mentres que o 35,8% dos enquisados proviñan de Norteamérica.

 

O 68,4% das instalacións de Linux no escritorio (desktop) corresponden a Pemes que dispoñen de 1 a 100 computadores con GNU/Linux instalado. A mediana empresa (101-500 PCs) representa tan só o 9,7%, mentres que o 6,2% corresponde ás grandes empresas.

As distribucións preferidas son, Ubuntu que leva máis da metade da cota, cun 54,1%, mentres que o 50,2% corresponde a distros Red Hat/Fedora e o 35,2% a Novell/openSUSE. Como afirman en DesktopLinux, esas cifras suman máis do 100% debido a que as empresas non se estandarizan no uso dunha distribución en concreto.

 

Fonte: Theinquirer  

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngdoc.ubuntu-es.org é o novo wiki de documentación onde toda a comunidade hispana poderá colaborar e introducir documentación, así como participar en varios proxectos que están en marcha.

O wiki será enlazado dende todas as seccións de documentación das páxina de LoCo teams hispanos e pretende centralizar o traballo de todas as persoas que fan a documentación. Os obxectivos deste sitio son os seguintes:

  • Crear e albergar toda a documentación “Oficial” de Ubuntu en español e mantela actualizada…

  • Ofrecer aos usuarios de Ubuntu que se inician nesta distribución non só documentación técnica, se non unha visión ampla sobre o que é o movemento e a filosofía do Software Libre, a importancia do emprego de estándares e unha información completa sobre a situación actual de temas que afectan a comunidade.

  • Servir como guía, apoio e axuda as comunidades locais hispanas (LoCos).

  • Ter un sitio en español onde albergar proxectos hispanos en marcha, como C.U.P.I.E, ou a distrohispana entre outros.

     

Fonte: http://www.ubuntu-es.org/index.php?q=node/70763

O pasado xoves  22 de novembro entregouse o  Premio ao Mellor PFC con Software Libre 2007. O xurado, composto por representantes de Igalia, das universidades públicas galegas e Mancomun.org, atendeu á presentación dos 3 concursantes finalistas para finalmente entregar os Premios como segue:

Á hora de decidir os premios, tívose en conta por riba de todo o coidado coas licenzas escollidas para o código, e moi especialmente a procura de colaboración e visibilidade do proxecto fin de carreira dentro dunha comunidade de Software Libre. A iniciativa foi promovida por Igalia en colaboración coas tres universidades galegas e Mancomun.org.

Os participantes presentaron e desenvolveron un PFC que creou un novo proxecto de Software Libre ou ben mellorou un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Os concursantes debían estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requirimento indispensable para poderen participar no concurso.

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngNa páxina do Grupo de tradución ao galego das aplicacións de Mozilla acábase de publicar unha primeira versión do paquete de idioma para o Firefox 3, que agora mesmo está en versión Beta 1. Esta tradución foi levada a cabo conxuntamente con membros de Mancomun.org.

Ademais, aínda está nunha primeira fase de probas (mais é totalmente funcional) polo que pedimos que se envíen os informes de erros detectados na tradución á rolda de  http://galician.mozdev.org. Asemade, tamén se busca xente para colaborar na tradución. Podedes consultar máis información na rolda de correo.

Na rolda, tamén se publica hoxe o corrector ortográfico para o Firefox 3. Unha das grandes melloras de Firefox 3 é que inclúe o motor de corrección do OpenOffice.org (Hunspell) polo que agora o corrector do Firefox é o mesmo que o do OpenOffice.org coas mesmas características

 

Todas as descargas están dispoñibles adxuntas nos correos electrónicos do arquivo da rolda. Compre salientar que na rolda de correo de http://galician.mozdev.org, os adxuntos perden a súa extensión .xpi polo que haberá que gardar a descarga do ficheiro .bin e cambiarlle a extensión a .xpi.

 

Estado actual da tradución do Firefox 3 (Beta 1):

Total de cadeas
Traducidas
Sen traducir
 5679  3826  1853
Glest é un xogo de estratexia de ambientación fantástica e medieval. Ten licenza [[GPL]] e está dispoñible para diferentes plataformas (GNU/Linux, FreeBSD e Windows). A comunidade de xogadores estivo moi activa desde que foi publicado como Software Libre, creáronse moitos mods e realizáronse diversas melloras. A pesar de ser un bo xogo, ten dúas carencias: falta de modo multixogador e falta dunha opción para gardar a partida.

 

Esta situación está cambiando aos poucos e os desenvolvedores do xogo fixeron unha actualización incluíndo soporte experimental para xogo en liña.

E non só isto, desde o blogue de Josezpin podemos atopar enlaces a diversos parches e ampliacións: un parche experimental para gardar partidas e un port a Mac do xogo, entre outros. O soporte multixogador atópase nun estado moi básico e por agora foi só probado en Windows.

Descarga: Sourceforge.net

Fonte: Linuxjuegos.com  

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngA pasada fin de semana, do 16 ao 18 de Novembro, tivo lugar en Zaragoza a Akademy-es 2007. A conferencia, organizada por Hispalinux, Wireless Zaragoza e o concello de Zaragoza, estaba especificamente orientada a desenvolvedores de KDE e usuarios de toda España.

Estas son as impresións recollidas por un dos participantes na mesma, Aleix Pol, mantedor do paquete educativo Kalgebra:

“A conferencia comezou o sábado pola mañá moi cedo e consistiu en diversas charlas de membros da comunidade KDE. Pau García presentou CMake e varias das súas características…”

“Alex Pol presentou KDevelop 3 + CMake e tamén novas ideas para KDevelop 4. Alfredo Beaumont presentou KOffice 2 ademais de falar sobre o formato ODF e Flake. Thomas Nagy presentou a ferramenta de xeración de documentación Semantik.”

 

Máis información sobre o evento na páxina web oficial:
http://akademy.kde.org/

Fonte orixinal da nova:
http://dot.kde.org/1195751102/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal