Mancomún
OpenMRS é unha aplicación que permite o deseño de rexistros médicos personalizados, sen coñecemento de programación. É un programa open source agás un dos plugins que emprega, que utiliza o Microsoft’s InfoPath (para deseño de formularios e introdución de datos). Está programado en [[Java]] e funciona a través dun navegador web. Os datos son recollidos nunha base de datos [[Mysql]] por medio de [[Hibernate]].  Recentemente foi  premiado por Linux Medical News.
 
Actualmente está sendo implementado e usado con éxito en diferentes países do mundo, como Kenya, Rwanda, SurAfrica, Uganda, Tanzania, Zimbabwe e Perú.

O Congreso de Hispalinux, que se celebrará entre os días 13 e 16 de decembro en Cáceres,  acollerá Linux: Emplea Libre, a primeira feira de emprego no mercado do Software Libre que servirá de punto de encontro de diversos colectivos. As empresas poderán a través de stands, conferencias e obradoiros dar a coñecer a súa actividade e atraer a máis persoas interesadas no Software Libre. Os estudantes tamén poderán coñecer de primeira man as diferentes opcións que lles ofrece este mercado laboral.

Máis información: Web de Hispalinux

Lemon é un punto de venda en Software Libre para GNU/Linux. Está enfocado na pequena e mediana empresa e foi concibido para que fose sinxelo de manexar. O seu deseño non foi enfocado a ningún sector en especial, polo que pode ser usado como aplicación para un almacén xeral, para un restaurante de comida rápida ou para unha tenda de libros.


Algunhas das súas características son:

  • Soporte para impresoras de tickets, lectores de códigos de barras e pantallas táctiles.
  • Permite incluír imaxes na descrición dos produtos

A aplicación está escrita en qt4/KDE4 polo que é necesario ter instalado kde4 beta4 (kdelibs, kdebase, kdepimlibs) ou superior para que funcione.

 

Páxina web do proxecto:
http://lemonpos.sourceforge.net/

Os autobuses da Comunidad de Madrid contarán cun sistema para localizar autobuses en tempo real no interior dos seus novos intercambiadores de transporte empregando redes sen fíos e Linux. A solución de localización móbil permite á administración madrileña mellorar a administración e coordinación cando os vehículos entran nos intercambiadores subterráneos puidéndose localizar os autobuses en tempo real con dous ou tres metros de erro.

O sistema serve ademais para mellorar o mantemento xa que os mecánicos poden coñecer en todo momento o estado do autobús. Outras tecnoloxías de localización como GPA, GLONASS ecnologías de localización como GPS, GLONASS, RFID, lazos inductivos de presenza, Bluetooth ou lectores de matrículas, non acadaron resultados satisfactorios por carencias funcionais ou por restriccións operativas.
 
Fonte: Salvador Biedma  
GALPonGALPon, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, celebra o seu quinto aniversario con todos aqueles amigos que se queiran achegar. O encontro terá lugar o próximo sábado 24 nun centro comercial de Vigo e, segundo lemos na súa web, haberá fotos e tarta. Os interesados en asistir teñen que escribir un correo á lista ou a info@galpon.org.

Quetoo é un motor de xogo compatible con Quake II optimizado para ser máis rápido. É un motor de xogo para GNU/Linux e FreeBSD. O seu obxectivo é a sinxeleza, a seguridade, a estabilidade, e a velocidade. Esta ultima versión contén actualizacións críticas de seguridade para os clientes e servidores, consegue un aforro do ancho de banda da rede, consola mellorada , e aumento da velocidade de execución. Quetoo é até un 140% máis rápido que o motor do Quake II. Está licenzado baixo [[GPL V.2]].

 

Algunhas das súas novas características son:

  • Aumenta o rendemento a través da extracción adecuada da iluminación dinámica,
  • Integrado de refresco de vídeo e o render básico simplifica o deseño e a execución do programa.
  • Soporta os protocolos R1Q2 35 e  extensións Quetoo específicas de  para aforrar ancho de banda.
  • Soporte para vídeo asíncrono / son / de entrada e da rede enmarcado
  • Alto de color Targa
  • Capacidade de inhabilitar os sons ambientais e de carga ficheiros  .pak
  • Mellora da consola con estilo Bash
  • GNU Autoconf / Automake scripts de creación e ćodigo fonte compila C fácilmente complicable con CCG

Fonte: Happypenguin.org

O venres tivo lugar a «install-party» con que o departamento de electrónica do Instituto Bartolomé Cossío lles ofreceu aos seus usuarios do software libre Linux 2008, estiveran ou non matriculados, a posibilidade de traballar coa nova distribución do sistema operativo GNU/Linux Mandriva.

Mandriva, como empresa especializada na oferta de produtos vinculados co sistema GNU/Linux, realiza cada ano unha instalación dos seus produtos a nivel mundial. O Instituto Bartolomé Cossío convertéuse no único en que tivo lugar este acontecemento en todo o estado…

Fonte:
El Correo Digital

Ubuntu JeOS pronunciada como “Juice” é a abreviatura de Just Enough Operating System. JeOS é unha versión reducida de Ubuntu que pretende satisfacer as necesidades específicas dunha aplicación particular.

Este sistema operativo de Ubuntu, optimizado para a virtualización, está pensado para as ISV. Debido a que é un sistema adaptado fai que as aplicacións sexan máis eficientes, máis seguras e permite un mellor rendemento que se a aplicación se executara nun sistema operativo de propósito xeral.

O CD coa imaxe de JeOS 7.10 pódese obter para sistemas x86 na seguinte ligazón.

Fonte:http://www.ubuntu.com/news/ubuntu-jeos

http://www.mancomun.org/images/stories/osmius-logo.jpgOsmius é un software de supervisión de sistemas mediante axentes multiplataforma distribuídos en rede.

Con Osmius pódense controlar elementos en rede tales como servidores, bases de datos, servidores ftp ou web, un sensor de temperatura dunha fábrica ou un electrodoméstico, presentando os datos de estado de forma agrupada a través de consolas.

Osmius permite monitorizar calquera elemento conectado á nosa rede xa sexa esta unha:

  • Rede de Servidores: GNU/Linux, windows, Solaris, HP-UX, AIX, VxWorks, OpenVMS, …

  • Rede de Servizos: Bases de Datos, Servidores Web, Servidores Aplicacións, SAP, …

  • Rede de Sensores: Presión, Temperatura, Sensores Industriais, SCADA, …

  • Rede de Domótica: Sensor de Fume, Lectura de Gas, Accesos, …

  • Outros Tipos e Elementos: Crear novos axentes Osmius novos elementos é moi sinxelo, rápido e robusto.

Outras características distintivas de Osmius son:

  • Código Aberto: Calidade contrastable.
  • Análise Aberta: Acceso a toda a documentación de análise e estándares ademais da o código.
  • Baseado en ACE: Reutilización deste Framework e código probado. Moi modular.
  • Multiplataforma: Independente de hardware e sistemas operativos.
  • Orientado a Arquitectura: Osmius é unha solución non un produto illado.
  • Orientado a Mercado: Osmius conta cun Modelo de Negocio.

Osmius Monitoring Tool está dispoñible para descarga dende a páxina do proxecto. 

WorkshopLive.com é unha escola e tenda de música virtual con ducias de mestres profesionais que ensinan a tocar a guitarra, o baixo, os teclados e a batería, todo a través de Internet.

Cando a escola comezou a funcionar, a compañía tiña poucos cartos para comezar, polo que decidiron darlle unha oportunidade ao Software Libre.

A idea era crear unha web que incluíra multimedia, con ensinanza a través de vídeo, teclados con animación para demostrar como tocar, etc. “Necesitabamos unha plataforma potente, pero non tiñamos cartos para gastar. Nunca usáramos Software Libre pero os nosos desenvolvedores estaban moi a gusto traballando con el, ademais de que era moito máis seguro.”

Though Hoefner, a xefa técnica de WorkshopLive.com, non estaba familiarizada co Software Libre, xa que proviña dunha empresa con un contorno propietario do cal sabía as súas grandes debilidades: “É altamente costoso, ao final acabas pagando enormes cantidades de cartos en licenzas”.

Para xestionar a actual colección de vídeos (cerca duns 10.000), animacións e unhas 1.800 leccións, Hoefner elixiu servidores Red Hat. “Un sistema operativo en Software Libre xunto coas actualizacións automáticas de Rackspace, fixeron o meu traballo moito máis sinxelo”.

Hoefner quedou tan impresionada co Software Libre, que decidiu incorporar máis ferramentas como Subversion e outras ferramentas de desenvolvemento. “Na miña vida anterior, estaría gastando centos de miles de dólares nestas ferramentas” di Hoefner. “No meu último traballo, a factura rondaba o millón de dólares en licenzas anuais. Actualmente é de 0 dólares. Non gastamos un penique en ningunha destas ferramentas”

 

 

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.linux.com/feature/121369

RefactorMyCode é unha rede social onde os desenvolvedores poden subir o seu código para que sexa corrixido, limpado e optimizado por outros. Este proceso de revisión e optimización é coñecido como refactorización (do inglés Refactoring). 

Para traballar en RefactorMyCode, o único que hai que facer é mediante un servidor OpenID e expoñer o código que necesita ser resolto ou mellorado. Do mesmo xeito, pódese colaborar na resolución de programas alleos. Este é o obxectivo de Refactor my code, unha rede social onde enviar o código fonte e beneficiarse do coñecemento colectivo.

Polo momento están contemplados as seguintes linguaxes: Ruby, Python, Perl, PHP, Javascript, Java, C, C# e Lisp. En palabras de Marc-André Cournoyer (creador do proxecto) RefactorMyCode é â??de entrada, un xogo. Debo advertir que RefactorMyCode (RmC) é unha aplicación na onda web 2.0 concibida por un desenvolvedor e para desenvolvedores … … RmC permite a os seus membros compartir código fonte co resto da comunidade. Todo o mundo está en disposición de intentar refactorizar o código orixinalâ??.

RefactorMyCode conta cunha interface limpa e inclúe o resaltado en cores dos códigos, o que fai mucho máis sinxela a súa lectura. Ademais, inclúe un concurso de popularidade para alimentar o ego dos mellores â??refactorizadoresâ? e incentivar, en xeral, aos usuarios á colaboración na resolución de outros códigos.

Fonte: Aplicaciones Empresariales

A prestixiosa consultora Forrester emitiu un informe no cal valora a situación de GNU/Linux no escritorio e as súas posibilidades no futuro na que o alto volume de peticións de clientes para instalar GNU/Linux nos seus escritorios indica que esta alternativa non vai desaparecer a curto prazo.

Espérase que Linux creza durante o ano que vén xa que os distribuidores están traballando duro para convertela nunha oferta de clase empresarial de primeiro nivel. O estudo de Forrester titulado How Windows Vista Will Shake Up The State Of The Enterprise Operating System. (Como Windows Vista cambiará de forma crítica o estado dos sistemas operativos na empresa) realizouse a 1001 persoas encargadas de toma de decisións en empresas norteamericanas e europeas.

 

Fonte: Eweek.com

http://www.mancomun.org/images/stories/top500.png Publicouse a segunda lista do ano TOP500 dos superordenadores máis rápidos do mundo. Nesta nova edición desta o dominio do sistema GNU/Linux, cunha porcentaxe do 85% dos superordenadores, o que supón un crecemento do 8% en seis meses. Destacar a presenza galega no posto número 100 co supercomputador Finis Terrae.

No tocante ao emprego de procesadores, destaca a aparición de Intel no 73% das máquinas, cun incremento do 13% en 6 meses.

Fonte:
http://www.noticiaslinux.com.br/nl1195007336.html

O próximo 20 de novembro terá lugar, no Teatro Romano de Zaragoza, a celebración da II Xornada Open Innovation, organizada pola Fundación Zaragoza Cidade del Conocimiento xunto coa colaboración de Open Tuesday, Warp Networks e Gaceta Tecnolóxica.

Este encontro é o segundo que se celebra.  Trátase dunha serie de eventos, que se levan a cabo periodicamente co obxectivo de converterse en foros de intercambio de experiencias e de creación de redes de contactos entre emprendedores e organizacións involucradas no desenvolvemento de modelos de negocio e de sostibilidade económica con código aberto en España.

Participarán no encontro profesionais da talla de Mikko Puhakka, investigador en temas de Open Source e novos modelos de negocio; Stephen Walli Stephen, CTO e enxeñeiro VP; Jose Manuel Cantera Fonseca, coordinador do proxecto MyMobileWeb de Telefonica I+D; Ángel Asín creador de Safe Creative, e Daniel Lopez, CTO e cofundador de Bitrock.

A finalidade desta xornada, enfocada ao ámbito empresarial e á innovación tecnolóxica, é a de establecer as pautas para a creación e dinamización de comunidades a través de relatorios prácticos e concisas ofrecidas por destacados expertos en devandita área temática.

Os interesados en asistir á xornada poden encher o formulario de inscrición.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal