Mancomún

Debido ao lento avance do proxecto Open Graphics, uns estudantes tiveron a idea de facer unha tarxeta máis pequena, rápida e barata. Desde o sitio declaran que lles gustaría “ter unha tarxeta OGD1 (tarxeta do proxecto Open Graphics) porque estamos fascinados das súas especificacións, mais para moitos de nós esta tarxeta é demasiado. Coa nosa tarxeta pretendemos dar a posibilidade de reprogramala, deseñar tarxetas de vídeo e arquitecturas por un prezo que non doia no peto”.

Segundo a web do proxecto, pretenden que se poida construír na casa ou ben comprala desde o sitio web de aquí a uns meses a un prezo duns 200 euros…

O proxecto liberarase mediante unha licenza Creative Commons que non permita o uso comercial.

Páxina orixinal: http://www.wacco.mveas.com/projectvga.php

Ligazón á noticia: osnews

Páxina de Open Graphics

As comunidades de Software Libre aínda son moi pequenas e rudimentarias na maioría de países en vías de desenvolvemento respecto a Europa e EEUU, segundo o estudo “Desarrollo de software: diferencias regionales e interregionales en cuanto a desarrollo de Software Libre” realizado pola Universidad Rey Juan Carlos,

O estudo foi realizado polo grupo GsyC/LibreSoft e forma parte do proxecto europeo FLOSSWorld no que participaron once nacións coordinadas polo Instituto conxunto da Universidade das Naciones Unidas e a Universidad de Maastricht (MERIT). Asemade, foi financiado pola Comisión Europea…

 

Tras o estudo, sóubose que a infraestrutura para o desenvolvemento de software global non é proporcionada unicamente por países desenvolvidos, xa que se atoparon algúns proxectos de Software Libre de ámbito global en forxas (sitios web que facilitan o desenvolvemento de software) rexionais de países menos desenvolvidos.

Ademais, segundo o estudo “algúns proxectos rexionais en países en desenvolvemento publican novas versións dos seus produtos, pero non fan un uso extensivo de infraestrutura para o desenvolvemento ao estilo típico do Software Libre, con sistemas de control de versións públicos, roldas de correo e foros, dunha maneira colaborativa”.

Asemade, o estudo conclúe que “as comunidades locais dos países en vías de desenvolvemento analizadas están normalmente orientadas ao desenvolvemento de proxectos locais, con pouca participación de desenvolvedores estranxeiros”.

 

Fonte:
http://www.laflecha.net 

Máis información:
http://www.urjc.es

 

O Concello de A Coruña, a través da súa Área de Planificación, sacou a concurso a contratación do servizo de implantación da Administración electrónica baseada no Software Libre. O investimento para poñer en marchar esta iniciativa ascende aos 180.000 euros e o contrato terá unha duración de 12 meses.

O proxecto enmárcase dentro do obxectivo do Concello de mellorar os servizos de xestión e atención á cidadanía, proporcionando unha solución tecnolóxica baseada nunha infraestrutura software completa e modular que lle proporcione ao goberno local e á cidadanía todas as capacidades posibles do que se deu en chamar unha administración próxima ao cidadán…

Segundo establece o prego de condicións, o cidadán terá a posibilidade de relacionarse co Concello de forma multicanle a través do CRM (010, web, atención presencial). Deste xeito, permitiráselle o acceso a unha ventá única con rexistro de entrada e saída unificado para a recollida de calquera tipo de documentación.

 

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.coruna.es

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifO aforro nos custes é a principal explicación de que os departamentos de xustiza de Finlandia e Cataluña  decidiran migrar todos os seus computadores a OpenOffice.org. No caso escandinavo, deixaranse de pagar dous millóns de euros en licenzas durante 10 anos, o que compensa sobradamente a inversión necesaria para formar ao persoal e adaptar os documentos actuais.

En Cataluña non se fixo público o aforro que vai xerar a migración, aínda que si se calculou que o tempo necesario de formación para cada funcionario ascende a 4 horas. Nesta comunidade pretenden pasar a OpenOffice.org todo o parque informático dos 423 xulgados de paz entre este ano e o seguinte…

 

En calquera dos casos, estas migracións xerarán, sen dúbida, procesos similares en outras institucións. En Francia ocorreu isto a raíz de que a xendarmería francesa decidira implantar OpenOffice.org nos seus 80.000 computadores. En Euskadi aínda non se produciu ningunha migración desta magnitude, se ben é certo que se están realizando probas en diversos departamentos, que se realizaron varios cursos de OpenOffice.org nos KZgunea e que o Departamento de Educación imparte formación sobre este programa aos profesores dentro do seu plan de innovación educativa.

 

Fonte:
http://www.enpresadigitala.net/castellano/noticias/noticia_concreta.jsp?id=3127

A Casa Encantada de Santiago de Compostela acollerá unha serie de actividades de formación e difusión do Software e a Cultura Libre durante os vindeiros tres meses. As actividades terán lugar ás 9 da noite en sesións de dúas horas totalmente de balde. O Comando Anti-SGAE e a Universidade Popular organizan esta actividade.
 

Fonte: Código Cero

OUSLI

A Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, OUSLI, cumpriu un ano, o 10 de novembro, traballando a prol do Software Libre.

Coincidindo co seu primeiro aniversario, a asociación anuncia os vídeos dos relatorios das I Xornadas de Software Libre no Ensino que se celebraron na Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. O material atópase na mediateca da Televisión da Universidade de Vigo, uvigo.tv, ordenados conforme ao programa das Xornadas.

Fonte: OUSLI

logo mandrivaA mediados de agosto deste ano, o goberno nixeriano decidía mercar 17.000 computadoras cargadas con Linux para as súas escolas. A finais de outubro saltaba aos medios a noticia de que este sistema operativo sería substituído por Windows. A polémica estendeuse pola rede, dando conta dun acordo de Microsoft co distribuidor das computadoras á marxe do goberno tras a sinatura do contrato. Finalmente, o goberno nixeriano vén de intervir, desautorizando publicamente ao provedor e manifestando que o Linux non será reemplazado. Máis información no corpo desta nova.

Tras o éxito dun programa piloto nas escolas de Nixeria, facíase pública a compra por parte deste goberno de 17.000 computadoras de tipo ClassMate PC. Esta nova adquiriu notoriedade mediática debido ao sistema operativo escollido polo goberno: un Mandriva Linux 2007 adaptado para funcionar sobre a tecnoloxía Flash deste tipo de portátiles.

Porén, a finais de outubro François Bancillon -CEO de Mandriva- publicaba unha carta aberta [ galego | castelán ] a Steve Ballmer -de Microsoft- denunciando que o Linux destes PC sería reemplazado por algunha versión de Windows.

 A nova espallouse pola rede cando se fixo público que Microsoft ofreceu 400.000 dólares ao provedor contratado polo goberno nixeriano para unha campaña de publicidade sobre o produto.

Finalmente, o goberno nixeriano vén de  intervir desautorizando publicamente ao provedor e manifestando, a través dunhas declaracións en InfoWorld, que o Mandriva Linux non sería reemplazado. Para máis información, pode consultarse a web do Grupo de Usuarios de Linux de Nixéria que está a facer un seguimento do caso.

BROfficeNa mediateca de uvigo televisión están dispoñibles os vídeos do relatorio Vantaxes do Software Libre e os estándares abertos que Claudio Ferreira Filho, Coordinador de OpenOffice.org Brasil, impartiu o 25 de setembro deste ano na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

A intervención está dividida en dous vídeos:

 

Alcor, o autor de Quicksilver, liberou o código fonte como proxecto de  Google Code.
Quicksilver (QS) é unha aplicación gratuíta desenvolvida por Blacktree Software para o sistema operativo [[Mac OS X]] de Apple. Pertence ao grupo de utilidades do sistema e o seu propósito é ofrecer ao usuario unha forma rápida e intuitiva de iniciar aplicacións, manexar ficheiros e datos, executar scripts e interactuar con outros programas.

Fonte: tuaw.com

http://www.mancomun.org/images/stories/fedoralogo.png A distribución de GNU/Linux Fedora chegou á súa versión 8, denominada “Werewolf”.

O proxecto Fedora é un proxecto de código aberto promovido por Red Hat e soportado pola comunidade. O seu obxectivo é o progreso rápido do Software Libre e para iso fai uso de foros públicos, procesos abertos, innovación rápida e transparencia nos seus procesos.

Unha descrición de todas as novas características está dispoñible nas notas do lanzamento:
http://docs.fedoraproject.org/release-notes/f8/es/

 

Grazas a Manuel Morán polo aviso.

A Confederación de Empresarios de Ferrol impartirá un curso sobre Software Libre destinado  a dar a coñecer as posibilidades que ofrece o Software Libre aos seus socios no eido das TIC e para axudar a superar a fenda dixital.

Os cursos terán lugar os venres e sábados do mes de novembro, comezando os venres ás 20:20 horas e os sábados ás 13:30 horas dende o día 9 ata o día 30 de novembro. Os interesados poden inscribirse no teléfono da Confederación de Empresarios de Ferrol (981 33 33 22).

O contido dos cursos divídese en 2 grandes áreas:
  • O sistema operativo GNU/Linux (10 horas) 
  • O paquete ofimático [[OpenOffice.org]] (10 horas)

 

Para ver máis información visite a fonte orixinal da nova:
http://www.codigocero.com/spip.php?article2800

Evento engadido á “Axenda de eventos de Mancomun.org

Xa está dispoñible a última versión de Ferdora, chamada “Werewolf” e mantida pola comunidade de Fedora Project. Entre as novidades desta nova versión destacan,

  • PulseAudio, un novo sistema de xestión de son que permite controlar o volume de cada aplicación por separado.

  • CodecBuddy, unha ferramenta para instalar códecs propietarios dun xeito sinxelo.

  • GNOME 2.20.

  • Escritorio en liña.

  • KDE 3.5.8.

  • Xfce 4.4..

  • NetworkManager 0.7 con soporte de administración de redes sen fíos melloradas.

  • Compiz Fusion.

  • OpenOffice.org 2.3.

  • Capacidade de administración remota para Xen, KVM e QEMU.

  • E moitas cousas máis…

Podedes atopar máis información e os CD de instalación na seguinte ligazón.

 

Fonte:http://softlibre.barrapunto.com/article.pl?sid=07/11/08/1444208&from=rss

DVD Ferramentas Informáticas para a PEMEXa está dispoñible o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME desde o portal. Este DVD foi presentado onte nunha xornada na que participaron empresas do sector TIC para achegar ideas sobre este produto que servirá para difundir ferramentas libres de utilidade para empresas e en galego.

Acéptanse suxestións e achegas para realizar melloras a este DVD a través do noso enderezo electrónico.

O DVD contén na versión actual:

  • OpenOffice.org (Programas de ofimática)
  • Mozilla Thunderbird (Xestor de correo)
  • Mozilla Sunbird (Axenda)
  • Mozilla Firefox (Navegador web)
  • Pidgin (Mensaxería instantánea)
  • Tiny ERP (ERP/Contabilidade)
  • OpenBravo (ERP)
  • Libre POS (TPV) 
  • WordPress (Blogue)
  • B2Evolution (Multiblogue)
  • MoinMoin (Wiki)
  • eGroupware (Traballo colaborativo)
  • Cyclos (Bancos de tempo) 

 Enlace: DVD

DentInn é unha aplicación pensada e deseñada, para xestionar o Centro Dental Andalucía (Huelva). No entanto, o código está baixo licenza [[GPL]], co que pode adaptarse a calquera clínica dental. O programa aínda está en fase de desenvolvemento. Para máis información pódese consultar a páxina do proxecto en sourceforge.

A aplicación está implementada en [[Python]], empregando GTK e sobre [[PostgreSQL]].Unha das innovacións en DentInn é a importación e almacenamento de fotografías que veñen dunha cámara intraoral ou un escáner.

http://www.mancomun.org/components/com_extcalendar/upload/f0c9_kde.pngO evento AKademy-es 2007 celebrarase durante os días 17 e 18 de novembro de 2007 en Zaragoza e é basicamente un encontro de desenvolvedores de KDE. Contará con unha excelente calidade de contidos e está dirixido a, ademais de todos os que están programando aplicacións para KDE, a todos aquelas persoas con un bo nivel informático e no sistema GNU que queiran iniciarse no desenvolvemento e mantemento de aplicacións para o contorno KDE e para aficionados que queiran coñecer cal é o presente e o futuro dos contornos gráficos.

A entrada é libre e gratuíta até completar un aforo dunhas 50 ou 60 persoas…

Máis información na páxina do evento:
http://zaragozawireless.org/akademy07/

Evento engadido á Axenda de eventos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal