Mancomún

http://www.mancomun.org/components/com_extcalendar/upload/92ab_logogpul_sin_cuadro.jpgO Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) en colaboración coa Facultade de Informática de A Coruña, presenta un ano máis as “Xornadas de Introdución a GNU/Linux para Alumnos Noveis”.

Estas xornadas celebraranse os días 13, 14 e 15 de novembro na Facultade de Informática. Prégase rexistro para ter unha idea da asistencia agardada.

Cos días iranse engadindo tanto ligazóns de interese como material na sección de recursos para que vos poidades introducir un pouco no mundo do software libre e GNU/Linux.

O programa contén…

 unha pequena descrición do Software Libre destacando os puntos máis relevantes ao longo da súa historia coa proxección dun documental sobre a historia e emprego de GNU/Linux por personaxes ben coñecidas como un xeito de vida. Tamén se falará sobre as ferramentas en Software Libre típicas que se usarán na facultade ao longo da carreira e tratarase tamén a introdución ao Software Libre no fogar, cos programas que se empregan acotío (mensaxería, correo electrónico, exploradores web, ofimática…). Neste sentido realizarase unha instalación guiada da distribución Ubuntu.
 
Máis información en:
http://www.gpul.org/noveis07/
 
Evento engadido á axenda de eventos de mancomun.org

DVD de Software Libre A Directora Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela, presentou un DVD con ferramentas informáticas de Software Libre, gratuítas e en galego dirixidas a satisfacer as necesidades informáticas da PEME galega.

Cos programas contidos neste DVD calquera empresa disporá de aplicacións para manexar a súa contabilidade, xestionar os seus recursos, levar a súa comunicación interna e externa para, en definitiva, integrarse nun modelo empresarial baseado no coñecemento e as TIC cun custo cero e na nosa lingua. Farase chegar este DVD á PEME e ás asociacións empresariais, cámaras de comercio e outros organismos intermedios co fin de dar a coñecer as vantaxes do Software Libre empresarial.

Helena Veiguela, Directora Xeral da DXPISI, presentou ao empresariado galego que implanta ou desenvolve solucións empresariais para a PEME este DVD que pretende servir como instrumento de divulgación entre o tecido industrial do país co fin de salvar o primeiro obstáculo co que se enfronta este tipo de tecnoloxía: o descoñecemento. A tradución e selección das aplicacións do DVD foi coordinada por Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre.
 
O encontro serviu para que a industria TIC galega participe no deseño das políticas de promoción do Software Libre para a xestión empresarial e achegase ideas para próximas versións do DVD. A xornada conta coa participación de AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) e da Escola Técnica Superior de Informática de Ourense que conta cun grupo de traballo sobre Software Libre e PEME.

Este tipo de programas de xestión empresarial supoñen unha enorme oportunidade de negocio para as empresas tecnolóxicas galegas de desenvolver unha industria informática baseada nos servizos e nos produtos informáticos propios. Mancomun.org seguirá coordinando a tradución e difusión de Software Libre que satisfaga a demanda tecnolóxica da PEME.

Google e 33 compañías máis anunciaron unha ambiciosa alianza industrial

que manterá por completo unha variedade de teléfonos móbiles de código

aberto. A «Open Handset Alliance» (OHA) declarou que os teléfonos

baseados no seu Android, sistema operativo con base en Linux, chegará ao

mercado en 8 meses. O grupo declarou que a pila do sistema operativo

Android está baseada no núcleo aberto Linux. Android tamén inclúe un

completo conxunto de aplicacións para móbiles, co fin da «significativa

baixada de custos de desenvolvemento e da distribución de dispositivos

móbiles e de servizos», segundo a OHA.

Fonte:

OS

News

Thunder&Lightning é un simulador de voos de combate en 3 D. O xogo consiste en ter que tomar o control das illas que nos atopemos abordo dalgún dos avións de combate dispoñibles.  Ten licenza [[GPL]] e dispoñible tanto para windows como para GNU/Linux.
 
A última versión 071031, destaca como novidade a nova interface de usuario mediante a biblioteca CEGUI. Pódese consultar algunhas capturas de pantalla da nova versión desde a súa web oficial.

As novidades máis importantes son as seguintes: 

  •   Interface gráfica máis intuitiva: diálogo de selección de misións, opcións de configuración para os gráficos e os controis.
  •     Menú principal accesible coa tecla “Esc”.
  •     Nova pantalla de radar máis vistosa e e que aporta máis información táctica. 
  •     Novos efectos de partículas para os disparos e as explosións. 
  •     E outras melloras menores.
Fonte: Linuxjuegos.com  
Recentemente publicouse unha nova versión do Tile Racer (0.6). Este é un xogo realista de carreiras de coches en 3D. Incluído trae un editor que permite editar novos mapas e xerar novas circuítos. Até o momento só se pode xogar en modo contra reloxo, pero está previsto que nun futuro se poida xogar contra un ou máis contrincantes.  
 
Para o seu desenvolvemento empréganse distintas bibliotecas como: AGEIA PhysX, Ogre3D, nxOgre, Caelum, etc … Está dispoñible para diferentes plataformas como windows (DirectX 9.0c ou OpenGL) e  Linux x86 (OpenGL). Para Mac aínda non hai ningún port debido a que non hai unha versión de AGEIA PhysX SDK.

http://www.mancomun.org/images/stories/drupal.pngDespois de tres meses de votacións intensas, Packt Publishing anunciou que o gañador ao mellor CMS libre de 2007 é Drupal. Cun total de 18.000 votos e en consonancia coa opinión do panel de xuíces, Drupal substitúe a Joomla! como gañador absoluto polo cal recibe un cheque de 5.000$.

Joomla! e Drupal ocuparon o primeiro e segundo posto en 2006. Este ano Joomla! ocupou o segundo e gañou 3.000$ mentres que CMS Made Simple acadou o terceiro posto e gañou 2.000$.

Ademais do gañador global, había outras categorías como o mellor xestor de contidos libres en PHP, mellor xestor de contidos libres sen ser en PHP, CMS máis prometedor ou mellor proxecto de redes sociais…

Na categoría de mellor CMS en PHP, Joomla! gaña a Drupal. O resto dos gañadores son os seguintes:

  • CMS máis prometedor:MODx
  • CMS Software Libre en PHP: Joomla!
  • CMS Software Libre sen ser PHP: mojoPortal
  • CMS de redes sociais: WordPress

A cantidade de cartos repartida en premios foi de 20.000$.

Despois dunhas primeiras versións, Alberto García acaba de sacar a versión 0.1 de Vagalume, un reprodutor de Last.fm para os Nokia N800 e 770. 

Como el mesmo comenta no seu blogue, non houbo moitos cambios na aplicación pero agora inclúe algunhas bonitas características como:

  • Mellor soporte para votar as cancións favoritas ou rexeitadas.
  • Soporte para etiquetas en artistas, álbums e cancións.
  • Máis entradas de menú para seleccionar emisoras de Last.fm
Tamén hai versións precompiladas para Debian etch (x86) e Tablet OS 2008 para aqueles que teñan un N810…

Sobre estos dispositivos de Nokia, coméntanos Alberto, “é de salientar que usan un sistema baseado en Gnome e Debian) chamado Maemo e que é totalmente aberto, de aí que puidese facer que o programa funcione tanto nun PC normal coma nestes dispositivos”.

Captura de pantalla da aplicación:http://www.mancomun.org/images/stories/vagalume.png

 

Máis información na páxina do autor:
http://people.igalia.com/berto/

Red Hat chegou a un acordo co proxecto de Sun para colaborar no desenvolvemento de Java en Linux.

Até o de agora Red Hat fixera un desenvolvemento propio dalgunha das partes do Java SE JDK, coñecido por OpenJDK. Como resultado do acordo Red Hat creará unha implementación compatible con OpenJDK para a sua distribución Red Hat Enterprise. Así mesmo, empregará OpenJDK para crear unha contorna de execución para a súa JBoss Enterprise Middleware que está optimizada para Linux…

 

Fonte:
http://developers.slashdot.org

DVDPEME

 Mancomun.org convida ás empresas das tecnoloxías da información e da comunicación a participar na xornada de traballo sobre o DVD Ferramentas Informáticas para a PEME, recompilación de ferramentas informáticas de licenza libre que cobren as necesidades comúns das empresas do noso país no uso das novas tecnoloxías.

O evento terá lugar en Santiago de Compostela no Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) e dará comezo ás 16:00 horas.

Contará co seguinte programa:

16:00h. Benvida de Helena Veiguela aos asistentes e presentación da xornada

16:15h. Presentación do DVD por parte de Rafael Juanatey, Subdirector Xeral da Dirección Xeral de Promoción Industrial

16:30h. Demostración do DVD a cargo de Tomás Vilariño Coordinador de Soporte Técnico de Mancomun.org

16:45h. Café

17:00h. Presentación da Mesa Redonda de debate por parte de Suso Baleato, Coordinador de Mancomun.org

17:15h. Javier Vázquez, Presidente de AGASOL, Asociación Galega de Empresas de Software Libre.

17:30h. Francisco Rodríguez, membro do Grupo de Investigación de Ferramentas Abertas de Xestión Empresarial da ESEI de Ourense, Universidade de Vigo.

17:45h. Posta en común da mesa co público asistente acerca do DVD das PEME

19:30h. Aperitivo e Viño Galego

A Comunidade de Software Libre Morfeo organiza, a través de Telefónica I+D e coa colaboración da Fundación CTIC, “II Jornada Morfeo: Software Libre para la empresa”, que se celebrará entre o 26 e o 27 de novembro na cidade de Oviedo.

Estas xornadas divulgativas pretender dar a coñecer ás empresas asturianas diferentes aspectos relativos ao software libre, como licenzas, xestión da propiedade intelectual e modelos de negocio.

Tamén se amosarán distintos proxectos que se están desenvolvendo dentro de Morfeo e experiencias das empresas asturianas en este aspecto…

 

Máis información na páxina do proxecto Morfeo:
http://morfeo-project.org

Meld é unha ferramenta que amosa as diferenzas entre ficheiros dun xeito visual permitindo a posterior edición ou fusión dos mesmos. Meld tamén conta coa posibilidade de comparar dous ou tres cartafoles de ficheiros.

Permite comparar dun xeito visual empregando cores, dous ficheiros de texto sobre GNU/Linux. Aínda que a localización das diferenzas é, en principio, menos intuitiva que outros programas como Winmerge, a vista en árbore e a presenza de dúas barras de diferenzas resultan moi eficaces na procura. O programa inclúe filtros e distintas axudas para facer a edición máis sinxela, como frechas á beira dos cambios para aplicar algún cambio no outro ficheiro cun simple clic.

Cunha interface sinxela, basta con premer no menú ficheiro orixe e o ficheiro destino que queres comparar. As diferenzas entre ficheiros actualízanse de forma automática.

Nos pantallazos da aplicación pódense ver as características dun xeito máis gráfico.

Pantallazo Meld

Meld ten capacidade para traballar con diferenzas entre versións en repositorios CVS, SVN, Bazaar-ng, Mercurial ou outros repositorios de control de versións, e supón unha ferramenta realmente útil no desenvolvemento colaborativo de aplicacións, unha alternativa sólida a Winmerge para GNU/Linux.

Meld está dispoñible para descarga dende a páxina do proxecto ou dende os principais repositorios das distribucións GNU/Linux.

Fonte: Aplicaciones Empresariales

Máis da metade do executivo dos Estados Unidos puxo en funcionamento Software Libre nas súas axencias é o 71 % xulga que empregar este software é máis beneficioso.

O 55% das persoas enquisadas comentou que nas súas axencias estiveron ou están implicados no desenvolvemento dunha implementación de Software Libre. Esta enquisa foi encargada pola «Federal Open Source Alliance», un grupo que intenta fomentar o emprego do Software Libre no goberno.

 
“O software libre está a gañar terreo no mercado federal”, dixo Cathy Martin, directora do sector de iniciativas públicas en HP.

Pola contra, o 29% comentou que nunca adoptara o software libre nin pensaba facelo nos próximos 12 meses. 
A enquisa involucrou a 218 responsables de elixir as solucións de software no goberno; un dato sorprendente foi que o 88% das axencias salientou que se poderían beneficiar co emprego do software libre. Isto non resulta estraño pois a propia axencia de seguranza nacional estadounidense (NSA) leva mantendo un proxecto de Linux seguro (SeLinux).

As razóns que se salientaron para acoller o software libre son, entre outras, o acceso a características avanzadas de seguranza e poder personalizar as aplicacións.

Ligazón: http://www.networkworld.com/nldailynewsam106888

O proxecto OpenGeoMap (a web está en inglés, pero é un proxecto español) declara que xa é hora de que os enxeñeiros de camiños, industriais, etc… e non só os informáticos, comecen a usar Software Libre.

Para iso comezaron un proxecto para crear e difundir software libre para enxeñeiros,  para o cal necesitan colaboración de programadores, deseñadores, técnicos, tradutores e en xeral colaboradores…

A web presenta distintas seccións cos distintos tipos de aplicacións para enxeñeiros e dentro de cada sección explícase o software que se pretende desenvolver e/ou mellorar:

A administración autonómica manchega porá en marcha o Proyecto Pascal a través do seu Centro de Excelencia de Software Libre de Albacete. O centro levará a cabo sete programas para a difusión do Software Libre nesta comunidade autónoma. O proxecto contará con 460.000 euros de financiamento.  

Os programas dos que se compón o Proyecto Pascal son os seguintes:

  • Programa para a xestión do proxecto.
  • Programa ‘Portalos’: como observatorio tecnolóxico de Software Libre.
  • Programa ‘Formados’: para a formación e difusión do Software Libre en Castilla-La Mancha.
  • Programa ‘Comunios’: para fomentar a adhesión e participación das principais comunidades nacionais e internacionais referidas ao Software Libre.
  • Programa ‘Solidarios’: que contempla unha vertente de acción social con Software Libre e equipamiento reutilizable.
  • Programa ‘Certios’: centrado na creación dun clúster de empresas TIC en ámbitos de Software Libre.
  • Programa ‘Ticos’: para apoiar a empresas TIC de Castilla-La Mancha na adopción de modelos de negocio baseados en servizos.

Fonte: Terra 

GALPonNo Wiki de GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) atopamos unha serie de notas sobre VirtualBox , programa de virtualización creado pola empresa alemana InnoTek. Esta documentación desenvolvida polo usuario Miguelbf recolle:

   – Erros na compilación do módulo vboxdrv

    – Configuración do USB

    – Compartición de cartafoles anfitrión/invitado

    – Sincronizacion dunha Palm con invitado Windows mediante HotSync

Máis información: Wiki de GALPon
A TechBusiness Week 2007 adica o martes 6 de novembro ao Software Libre nun evento que ten lugar na Universidade da Coruña. A xornada está organizada por E-Gallaecia, promovida pola Fundación Sabiria e conta como produtor coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Está apoiada ademais polas tres universidades galegas.
 
O programa recolle relatorios de experiencias exitosas do Software Libre aplicado á administración pública, á empresa privada ou a un medio de comunicación. Entre os relatores estarán representantes das empresas galegas Igalia, Ultreia Comunicaciones ou Queres Tecnologías e do xornal El Correo Gallego.
    

Na banda da administración pública haberá representantes da Junta de Extremadura. Contarase tamén coa presenza de Francisco Javier Rodríguez, profesor da Escola Técnica Superior de Informática de Ourense que grazas a un convenio con Mancomun.org desenvolveu un proxecto de investigación sobre ferramentas libres de xestión de empresarial. Está prevista a presenza ademais  de Jim Markwith OSS (Open Source Software) Licensing Counsel de Microsoft.

Programa da xornada

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal