Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/semana_ciencia_2007.pngCon motivo da celebración da “Semana de la Ciencia y la Tecnología 2007”  nas tres capitais vascas, e estando este ano dedicada ás novas tecnoloxías da información e comunicación, convócase o concurso “WIKIPEDIA EUSKERAZ BLAI”, que ten por obxectivo premiar aquelas novas aportacións á  Wikipedia en euskera tanto no ámbito científico como no tecnolóxico.

Valorarase tanto a calidade da traducción, adaptación ou novo aporte, así como o rigor científico, o valor didáctico e o axuste ás normas propias da Wikipedia

Máis información na páxina oficial da “Semana de la Ciencia y la Tecnología 2007”:
http://semana-ciencia.org

Máis ou menos en unha hora e media, é dicir as 11:00h de hoxe, farase a presentación de Mundolibre.tv, un proxecto de carácter multimedia e que se desenvolverá a través de Internet. Esta acto contará coa presenza das distintas organizacións e entidades que colaboran na súa creación e posta en marcha, entre elas, a Junta de Extremadura.

Esta iniciativa será un punto de encontro de experiencias de cidadáns,  de coñecemento compartido sobre alfabetización tecnolóxica, Software Libre e as tecnoloxías da información e a comunicación.

 

Páxina oficial de Mundolibre.tv:
Mundolibre.tv

http://www.mancomun.org/images/stories/magasicd.pngVemos na páxina de AGNIX a seguinte nova:

“Tras uns meses de investigación, probas e máis probas, hoxe sae á luz pública o MAGASIX, a peza final do proxecto MAGASI. Entre as características do MAGASIX podería salientar:

– É un sistema operativo gratuíto, moderno e sinxelo de manexar.
– Está baseado en Linux Ubuntu, o que garantiza a súa estabilidade, seguridade e futura evolución.
– Vén cunha chea de aplicacións preinstaladas e listas para usarse, desde aplicacións de uso educativo en infantil e primaria, ata aplicacións de uso profesional listas para ser empregadas nos ciclos formativos, a universidade e as empresas.
– O navegador de Internet, Firefox, vén personalizado cunha morea de ligazóns de interese para a comunidade escolar e as persoas interesadas no software libre.
– Ademais de ter soporte para os principais idiomas do estado (galego, español, catalán e euskera) ven preparado para traballar nas linguas estranxeiras máis estudadas no ensino (inglés, francés, alemán e portugués)…

 

Máis información na páxina oficial do proxecto:
Web do proxecto MAGASI

http://www.mancomun.org/images/stories/drupal.pngNa web de GLUG avisan sobre fallos de seguridade en Drupal, un dos xestores CMS máis usados. A nova na súa web di así:

“Mediante a rolda de seguridade de Drupal avisan que se acharon diversos problemas de seguridade, esta vez de carácter moderado ou crítico, asemade dalgúns módulos de terceiros. Recoméndase encarecidamente que se actualice a Drupal 5.3 aos administradores de Drupal 5.x, e Drupal 4.7.8 para os administradores de versións 4.7.x.

Entre os ataques que se detectaron están:

  • HTTP response splitting (Crítico moderado)
  • Execución de código arbitrario (Moi crítico)
  • Cross Site Scripting via Uploads (Moderado crítico)
  • Eliminacións de usuarios mediante falsificación de petición cross site (Moderado crítico)

  • Mantemento da API de comentarios non publicados (Non crítico)

Todos os erros están arranxados nas versións que se relatan arriba, polo que as vulnerabilidades xa están arranxadas.

Esperamos que o equipo do core non nos peguen estos sustos moi a miúdo.”

 

Fonte:
Blogue de Paco en GLUG
Web de GLUG

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngDende Canonical anunciaron a liberación da versión 7.10 das edicións de Ubuntu Server, Desktop, Kubuntu and Edubuntu. A edición de Ubuntu 7.10 Desktop engade melloras na contorna de usuario, o soporte hardware, soporte de múltiples monitores e busca de arquivos integrada no escritorio.
 
A edición Server mellora a funcionalidade, o manexo, a seguridade proactiva e compatibilidade hardware.
 
A lista completa de cambios pode consultarse nas seguintes ligazóns:

Esta nova versión pódese descargar dende o enlace http://www.ubuntu.com/getubuntu

 

Fonte: http://www.ubuntulinux.org/news/ubuntu710

http://www.mancomun.org/images/banners/openoffice_21_iso_banner.jpgUns días despois da publicación do OpenOffice.org 2.3.0 en galego , xa temos dispoñible desde a nosa web a imaxe do CD que contén as distintas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.

O CD contén:

  • OpenOffice.org 2.3.0 para Windows , GNU/Linux e Mac OS X:
    – Para Windows hai a versión completa e máis o paquete de idioma.
    – Para GNU/Linux hai a versión en formato “deb” e “rpm”.
    – Para Mac OS X hai tanto versión para PowerPC  como para Intel.
    – Para outras versións consultar a nova orixinal da publicación do OpenOffice.org 2.3.0 en galego
  • O corrector ortográfico de galego versión 2.0 listo para instalar co asistente do OpenOffice.org.
  • CD autoexecutable.

Podes descargala dende a sección de descargas da nosa web ou pulsando na imaxe que acompaña a esta nova e que tamén podes ver noutras partes da nosa web…

Para usar esta imaxe, previamente teremos que descargala ao noso computador. Unha vez feito isto, procederemos a grabala cun programa de grabación de CD, como o Gnomebaker ou K3b (para GNU/Linux) e/ou Infra Recorder (para Windows).
A web da Asociación para o Progreso das Comunicacións (APC) publica unha entrevista co responsable da distribución NepaLinux, unha versión de GNU/Linux en nepalí. Esta iniciativa foi premiada pola APC.

A iniciativa empezou sendo un intento de búsqueda de solucións para realizar un catálogo electrónico de libros en lingua nepalí (con máis de 40 millóns de falantes en todo o mundo). Pero como era difícil encontrar as fontes e había dificultades co texto (ao usar comandos de buscar e reemprazar), Bal Krishna Bal, de NepaLinux, decidiu organizar unha campaña pola estandarización das fontes, unha iniciativa de Unicode en Nepal, que logo se transformou nunha distribución de GNU/Linux en nepalí.

Fonte e entrevista: APC  

Con motivo da publicación durante esta semana da nova versión de Ubuntu, a Gutsy Gibbon, vaise a desenvolver a “Ubuntu Open Week” ou “Semana Aberta de Ubuntu”, durante a cal se van facer talleres en liña. A partir de hoxe xa se pode descargar a Ubuntu 7.10 dende a web oficial http://www.ubuntu.com.

Estes talleres vanse facer na canle #ubuntu-classroom da rede Freenode e ao tratarse de algo internacional, o idioma utilizado será o inglés.

Nestes talleres poderase:

  • Coñecer o contorno de Ubuntu
  • Falar con algúns dos desenvolvedores principais do proxecto Ubuntu
  • Coñecer a Comunidade e as súas relacións con Canonical
  • Participar nunha rolda aberta de Preguntas e Respostas con Mark Shuttleworth, o fundador de ubuntu
  • E moito máis…

Fonte: http://www.ubuntu-spain.org

As 1.200 tendas da Asociación Española de Pequeñas y Medianas Empresas de Informática y Nuevas Tecnologías (Apemit) informarán aos seus clientes sobre o Software Libre, os computadores máis compatibles e como reclamar os cartos do Windows que vén preinstalado. Un dos problemas habituais relacionados co Software Libre é a falta de soporte por parte dos provedores.
 

Apemit ten ademais un espazo no seu sitio web para promover o Software Libre.  As tendas saben que o hardware é o obstáculo para estas aplicacións: non só vén con Windows preinstalado, senón que algunhas marcas anulan a garantía se se pon outro sistema operativo e, ademais, hai dispositivos que deixan de funcionar: os controladores só son compatibles con Windows.
 
Fonte:Internautas.org  
O premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz, defende o modelo de Software Libre, porque lle parece moi importante e exitoso. O Software Libre é aquel que ofrece aos seus usuarios liberdade para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar un programa.

Os defensores deste tipo de licenzas, cuxo exemplo máis coñecido é o sistema operativo GNU/Linux, defenden catro liberdades básicas: usar o programa (con calquera propósito), estudar o seu funcionamento e adaptalo ás necesidades, distribuír copias, mellorar o programa e compartir eses cambios, de modo que toda a comunidade se beneficie.

 

Segundo Stiglitz, antigo asesor do presidente Bill Clinton, definiu como un sistema de arquitectura aberta, que responde a un movemento alternativo, baseado nun coñecemento pechado.

Fonte http://www.publico.es/  

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngA versión 3.5.8 de KDE xa está dispoñible, esta revisión é fundamentalmente de mantemento e de corrección de erros que afectan a Konqueror, KMail, KOrganizer e outros. Ademais KDE 3.5.8 conta con melloras en KHTML que permiten maior compatibilidade e soporte con CSS. A lista completa de cambios pode consultarse na seguinte ligazón http://www.kde.org/announcements/changelogs/changelog3_5_7to3_5_8.php

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com

http://www.mancomun.org/images/stories/pinguins_en_galego.jpg Na web da “Rede de dinamización ” vemos a seguinte nova sobre a xornada de achegamento ao Software Libre levada a cabo onte en Mos:

“O pasado martes 16 de outubro, a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, organizou unha Xornada de Software Libre para os seus empresarios e autónomos.

A xornada foi impartida por Roberto Brenlla que é economista e xerente de TEGNIX, unha consultora tecnolóxica e informática especializada en Software Libre.

Na xornada Roberto falou sobre as posibilidades de empregar hoxe en día o S.L. e sobre as liberdades de empregalo. Os asistentes estaban interesados nas posibilidades reais de migración dos seus equipos nos centros de traballo, polo que Brenlla explicou algunhas claves para o éxito da migración…”

A xornada foi sobre todo teórica aínda que tamén houbo tempo ao final para practicar con Linux na distribución UBUNTU. Moitos deles xa se manexaran con algunha distribución Linux pero outros era a primeira vez que se atopaban cun sistema operativo diferente ao coñecido mundialmente e segundo eles mesmos, non supuxo ningún problema empregar este sistema operativo.”
 
Máis información na fonte orixinal:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

O demócrata liberal John Pugh dixo nun debate que o goberno británico podería reducir nun cinco por cento os custos en tecnoloxía grazas ao Software Libre.

Angela Eagle, secretaria parlamentaria, replicou desafiando ás compañías especializadas en tecnoloxías da información que ofrecen solucións baseadas en Software Libre para que se fixesen máis visibles: “Quero que nos ensinen que teñen que ofrecer e que poden facer, de este modo poderemos garantir unha maior parte de solucións mixtas. A maior competición, maior innovación no modo en que obtemos software e damos acceso aos cidadáns a modernos sistemas gubernamentais”.

 

Segundo Pugh, o goberno británico emprega en demasiadas ocasións software e Microsoft.

Moitas partes do goberno británico están pechadas dentro do software propietario engadiu Pugh: cederoms que conteñen as normas de circulación só poden ser empregados en ordenadores con Windows, o sitio web de facenda ten limitada a funcionalidad para o navegador firefox (alternativa a IE e máis seguro), o sitio web do departamento de traballo e pensións so é accesible dende Windows… Aqueles que empregan Unix, Linux ou Mac, simplemente non importan. Técnicamente, a porta de entrada do goberno é propiedade de Microsoft”.

Eagle admitiu que o risco de apegarse e depender dun único provedor de solucións debería abolirse: “Por esta razón, teño ganas de explorar os beneficios das solucións baseadas en Software Libre”.

Pugh comentou finalmente que continuaría presionando ao goberno para incrementar o emprego de Software Libre así como o seu uso. “O debate está a comezar”.

Ligazón orixinal: IDABC

A policía nacional sueca está migrando os seus sistemas informáticos a software libre. De acordo cunha nota de prensa publicada por MySQL AB, a compañía de orixe sueco que desenvolveu [[MySQL]], as forzas policiais empregarán esta base de datos, unha aplicación web baseada en java empregando JBoss, apache e Suse GNU/Linux coma sistema operativo.

A compañía declarou que a policía xa comezara coa migración de varios dos sistemas actuais. “No futuro, as solucións informáticas, estarán baseadas estrictamente nesta solución de software libre”. A compañía tamén aclarou que a motivación desta migración era principalmente de aforro en custos e maior eficiencia.

 

“O noso obxectivo principal é reducir custos e reducir o risco de depender da tecnoloxía dun vendedor debido a alta seguridade e fiabilidade inherentes ao traballo policial” declarou Per-Ola Sjöswärd, director executivo de estratexias para a policía nacional sueca.

Calcúlase un aforro do 50 por cento comparando esta solución con outras propietarias (cabe destacar que contan con máis de 25.000 empleados), ademais, a policía puido cubrir os custos de equipar 400 coches policía.

Ligazón: IDABC
Esta semana celebrouse a MoodleMoot 2007 en Cáceres, un dos eventos a nivel estatal máis importantes sobre Moodle, coa presenza de Martin Dougiamas (o creador) entre os relatores e dun dos seus colaboradores, Martin Langhoff.

Moodle é un [[LMS]], é dicir, un Learning Management System (Sistema de Xestión do Ensino-Aprendizaxe), que está tendo moito éxito nestes últimos anos debido á súa comunidade de usuarios e desenvolvedores.

Na web de Moodle teñen estatísticas que mostran o seu crecemento, e en case todas as gráficas pódese ver a típica tendencia do crecemento exponencial.

Moodle é Software Libre e iso é o que permitiu que fose traducido a máis de 70 idiomas e que fose desenvolvido por entidades diferentes (empresas, universidades, organismos gobernamentais, particulares, etc.)

 
Fonte: http://softwarelibre.deusto.es  
A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) organizou unha xornada sobre o Software Libre no eido empresarial para fomentar no sector a utilización desta tecnoloxía dentro dos seus negocios. O relatorio tivo lugar ás 16.15 horas, no salón de actos da CEO e forma parte dunha serie de actividades relacionadas coa promoción do Software Libre. 
 

Na sesión de onte o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, Enrique Barreiro, falou sobre os diferentes modelos de negocio relacionados co Software Libre. Outro profesor da Escola, Javier Rodeiro, abordou cuestións relativas a como afrontar unha migración a sistemas de código aberto. Ambos docentes participan no grupo de traballo que está a investigar sobre ferramentas libres de xestión empresarial e que conta coa apoio de Mancomun.org a través dun convenio de colaboración. 
 
A próxima charla deste programa de actividades de difusión do Software Libre na Confederación de Empresarios de Ourense terá lugar o día 30 e tratará sobre a explotación do Software Libre na PEME. Haberá sesións tamén os días 13 de novembro e 27 de novembro. Sempre en horario de 16 horas a 20. 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal