Mancomún
Asus presentou unha nova placa con GNU/Linux integrado . A placa base é capaz de proporcionar acceso a Internet e VOIP sen necesidade de facer ningunha instalación previa e todo grazas a que leva preinstalado un microsistema GNU/Linux capaz de arrancar en 5 segundos.

O nome comercial destas funcionalidades chámase “ASUS Express Gate” que leva un escritorio Linux lixeiro chamado SplashTop e desenvolvido por DeviceVM, cun navegador webbaseado en Firefox e un cliente Skype.  Ao iniciar o computador vese unha pantalla na que podemos escoller entre navegar ou usar VOIP.

Pódese ver un vídeo demostrativo en YouTube .

Fonte: http://www.phoronix.com  

Un recente estudo de Net Applications demostra que tanto GNU/Linux como Mac OS X creceron notablemente nos últimos meses. Polo menos, isto é o que se deduce das cifras do estudo, que revela que desde decembro de 2006 ata setembro de 2007 GNU/Linux aumentou do 0,37% ao 0,81% a súa cota de mercado de usuarios.

No último mes GN/Linux creceu un 0,4%, de 0,77% a 0,81%, o que demostra que aínda que está claro que dobrou a súa cota nos últimos meses, non creceu coa velocidade que puidese esperarse.

 

Fonte: softpedia

No xornal “El País” na sección de tecnoloxía aparece publicada a seguinte entrevista:

“Mike Schroepfer e Tristan Nitot son dous dos máximos responsables da fundación Mozilla, a que non só está a cargo do Firefox, o navegador que invita a redescubrir a web, e de Mozilla Thunderbird, o seu equivalente en xestión de correo, se non que tamén promove a innovación e o software libre na rede. Mike é o vicepresidente de enxeñería a nivel mundial. Tristán é o presidente da fundación para toda Europa. O Congreso de W3C adicado aos estándares da rede tróuxoos a España. O seu encontro cos ‘bloggers’ deixou moi claro que a difusión de Firefox en España é un paso estratéxico na súa compañía…”

 

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
“El País.com – T.Nitor, creador de Firefox: “Debenos nuestro éxito a los usuarios”

TraducíndoteUnha nova extensión de recente creación permite empregar  Traducíndote desde OpenOffice.org. TraducíndoteTools é unha modificación da extensión WriterTools que permite, entre outras funcionalidades, traducir do galego ao español e á inversa desde os diversos programas ofimáticos de OpenOffice.org. Ademais o proxecto Traducíndote incorpora a posibilidade de traducir directamente dos documentos de Excel e Power Point.

Traducíndote é un  proxecto que permite a adaptación de documentos aos diferentes idiomas do estado ademais de ao inglés e ao portugués baseándose na tecnoloxía Apertium.

No blogue do proxecto infórmase das diferentes novidades relacionadas co proxecto. Traducíndote permite cambiar de idioma entre galego-español, catalán-español, portugués-español e catalán-inglés. Outra destas novidades recentemente anunciada foi a adaptación do FCKeditor, editor en liña GPL, para traducir o contido da caixa de texto.

Traducíndote é un proxecto levado a cabo por Óscar Hermida, antigo alumno do I.E.S Chan do Monte, e liberado na Forxa

Pingus é un clon libre do clásico xogo de puzzles Lemmings. O xogo consiste en guiar a unha colonia de pingüins ao longo de innumerables niveis e utilizando as súas habilidades especiais para lograr superalos. Recentemente publicouse a versión 0.7.1 e está dispoñible para diferentes sistemas oerativos.

As principais novidades son as seguintes:

  •     Novo editor de niveis escrito desde o principio.
  •     Mellorada a velocidade de debuxo dos sprites.
  •     Arranxouse a carga de niveis desde a liña de comandos. 

Fonte: LinuxJuegos.com

UltraDefrag é unha ferramenta de código aberto para defragmentar discos en sistemas Windows. É moi rápido, porque o defragmentado é feito polo controlador do kernel. A última versión é a 1.2.0, lanzada o 4/10/2007.
 
Ten tres interfaces para executala: gráfico, consola e nativo. O [[GUI]] é moi útil, porque representa o teu sistema de ficheiros visualmente como mapa de clúster codificado. A consola é outra opción para os que prefiran a liña de comandos. Tamén conta cun planificador de tarefas e, en modo nativo, funciona ao iniciar o sistema, de xeito similar ao [[chkdsk]].

 

Algunhas das súas características son:

  • soporte nativo 64bits
  • uso fácil
  • interface gráfica e funcional
  • escrito en C

Descarga: Sourceforge.net

A versión definitiva de OpenSUSE 10.3 xa está dispoñible en DVD e CD “Golden Master” de instalación para plataformas x86, x86_64 e PPC segundo o anuncio de liberación publicado onte.

Entre as novidades que podemos atopar na versión 10.3 de OpenSUSE temos:

  • Gnome 2.20

  • KDE 3.5.7 xunto con algunhas partes de KDE 4 ambos cun novo tema verde como o orixinal de SUSE.

  • OpenOffice.org 2.3

  • Kernel 2.6.22.5

  • XFCE 4.4.1


  • GCC 4.2

  • Unha versión de YaST baseada en GTK+.

  • Instalador de paquetes de 1-Click.

  • Soporte para MP3.

  • Compiz no DVD de instalación.

  • Compiz Fusion nos repositorios.

  • E moitas cousas máis…

OpenSUSE 10.3 disporá de actualizacións de seguridade e correccións durante dous anos.

Nas seguintes ligazóns podes descargar OpenSUSE 10.3 en CD ou DVD:

 

Fonte:http://vivalinux.com.ar/distros/opensuse-10.3.html

OusliHoxe botan a andar as Xornadas de Software Libre no Ensino de Ousli, Asociación Cultural Ourensana de Software Libre, grupo que buscan proporcionar un punto de encontro onde estudiantes, docentes, investigadores e profesionais das TIC tomen contacto e coñezan experiencias educativas con Software Libre en Galicia e no resto de España, co obxetivo principal de impulsar un marco de traballo colaborativo do que todos se poidan beneficiar.

Tedes á vosa disposición o programa das xornadas. Na sesión de hoxe participará Mancomun.org para dar a coñecer a súa experiencia. As Xornadas celebraranse en dúas fins de semana en Outubro para que os docentes poidan asistir sen problema.”

Toda a información na web de Ousli.

Creative CommonsO pasado mes de agosto presentouse un informe por [[Creative Commons]] que reflexa e analiza a situación de Creative Commons desde o seu inicio como proxecto en 2002 e avalia a situación tras cinco anos.
Moitos son os datos curiosos que se poden extraer do informe e que dan boa mostra da situación das licenzas no mundo.
España sitúase á cabeza mundial en canto ao uso das licenzas Creative Commons, tanto en términos absolutos (número total de licenzas) como en términos relativos (número de licenzas por habitante).

 

Fonte: http://derechoynormas.blogspot.com

Un grupo de sete empresas esperan entrar no mercado móbil cunha nova categoría de dispositivo dacabalo entre o teléfono intelixente e o portátil. Unha especie de tablet N800 de Nokia, pero completamente aberto.

Mozilla, Arm, MontaVista, Texas Instruments, Samsung, Movial e Marvall Technologies son as empresas implicadas neste novo proxecto de plataforma GNU/Linux no que se inclúe deseño de chip, sistema operativo e algunhas aplicacións.

Xuntas esperan que a plataforma facilite aos desenvolvedores de hardware a creación de dispositivos parecidos ao susodito N800. Este dispositivo baseado en GNU/Linux é maior que un teléfono intelixente e menor que un portátil, e inclúe ademais opcións de conexión Wifi. Prevese o seu desembarco comercial a principios de 2009.

A plataforma comprenderá a distribución GNU/Linux baseada en Debian de Arm, o sistema operativo de MontaVista, unha contorna de escritorio e aplicacións de Gnome Mobile, o navegador de Mozilla, un reproductor multimedia e outros compoñentes como xestión de hardware integrado para aforro de batería e enerxía, interface de usuario adaptable e varias opcións para conexión sen fíos.

Fonte: http://www.infoworld.com/

As empresas españolas Safe Creative e NTT Europe Online acaban de crear o servizo web 2.0 de rexistro, depósito, certificación e consulta de dereitos de propiedade intelectual en Internet, co nome de www.safecreative.org.

Segundo os seus creadores, todos os autores poden “rexistrar e depositar as súas obras en calquera formato de xeito gratuíta”, de tal forma que “o sistema permite ao blogger rexistrar os seus artigos automaticamente cando son publicados”. Este servizo “global, libre, aberto, independente e gratuíto”, aporta “seguridade” no novo escenario de difusión da cultura, e facilita a “autoxestión de dereitos mediante a modalidade” [[copyright]] ou [[copyleft]] que se prefira. 

 
Ademais dificulta o plaxio das obras e facilita a difusión e coñecemento dos artistas. Safe Creative conta cunha plataforma tecnolóxica e unha infraestrutura proporcionada por NTT Europe Online capaz de ofrecer a máxima velocidade, fiabilidade e seguridade para dar a esta iniciativa «única» a posibilidade de estenderse e converterse nun modelo de rexistro de alcance global.
 
Fonte: La Flecha.net  

Na web de GPUL e GLUG atopamos as seguintes novas sobre novo material de xornadas de Software Libre dispoñibles:

Na web de GPUL está dispoñible o material da DudesConf e pronto tamén o da Guademy:
“Seguimos recuperando material pendente (a ver si nunha semana ou así temos tamén a Guademy cuberta).
Desde fai uns días, os vídeos, fotos (fotos aínda faltan algunhas por subir) e presentacións da DudesConf están dispoñibles na páxina web do evento: www.dudesconf.org….”

Por outro lado na web de GLUG xa teñen o material dispoñible das charlas dos Xornadas USC 2007 (aínda non todo):
“Para a xente que foi,e a que non foi tamén, ahí van os arquivos coas presentacións das charlas que se deron este ano.

A Comisión Italiana de Código Aberto, creada en maio, reuniuse por vez primeira a semana pasada. Unha das súas primeiras tarefas é realizar un informe nos vindeiros seis meses sobre como incrementar o uso deste tipo de software por parte das autoridades públicas.

A comisión foi creada polo Ministerio de Reformas e Innovación como parte do seu Departamento de Innovación e Tecnoloxías, que xa dera lugar a un comité previo de código aberto en 2003. Raffaele Meo, profesor de tecnoloxías da información na Universidade de Turín, será de novo o presidente da comisión.

Un dos obxectivos da nova comisión é determinar que aplicacións de código aberto son convenientes para as autoridades públicas e que tipos de servizos TI (Tecnoloxías da Información) as requirirán. Tamén se lle pediu ao comité que traballase nun plano para incrementar o uso gobernamental, o apoio e a integración do código aberto no sector público.

A comisión é moi importante para estabelecer as directrices. Segundo declaracións do ministerio «Debería desenvolver unha estratexia para asegurar que a avaliación e a selección de software de código aberto sexa parte de calquera decisión nos sistemas TI».

A comisión dará comezo a un foro público para reunir suxestións e ideas. Beatrice Magnolfi, subsecretaria de Política de Innovación italiana, tamén pediu á comisión que revise a lexislación existente sobre o uso público do software e que propoña actualizacións.

Flavia Marzano, un dos membros da recentemente formada comisión comentou: que agardaba «que o noso traballo leve a cambios nas normas TI. En particular, nós debemos provocar que a cidade e os gobernos locais aprecien o software de código aberto. Este tipo de software é práctico non so por razóns económicas, senón que tamén reforza as comunidades locais para o desenvolvemento de pequenas empresas TI, enriquecendo o noso país.»

Fonte:

IDABC

No blogue de Juzo-Kun podemos atopar un personaxe anime para cada distribución de Linux. Estes debuxos de animación teñen a característica de estar dispoñibles baixo licenza non comercial Creative Commons Attribution-Noncommercial 3.0 License.

Entre as distribucións que teñen un anime podemos ver algunhas tan coñecidas como, Slackware II, Ubuntu, Suse, Knoppix, Mandriva, Red Hat, Fedora, Arch Linux, Gentoo e Debian

Fonte:
http://vivalinux.com.ar/distros/distro-como-anime.html

Últimas prazas para os cursos de “Buenas prácticas en migración de aplicaciones a Software Libre en la empresa” que se celebrará os próximos 15 e 16 de Outubro de 2007 que darán comezo en AIMME e AIMPLAS respectivamente os cursos de 21 horas de duración.

Os cursos pretenden amosar as vantaxes que o Software Libre aporta tanto á industria informática desenvolvedora de aplicacións como á industria usuaria. A formación correrá a cargo de AIMME e AIMPLAS que contan con experiencia como socios tecnolóxicos das PEME do metal e do plástico.

Mediante unha formación axeitada cada empresa saberá como empregar o Software Libre para cubrir as necesidades e mellorar o seu nivel tecnolóxico e reducir gastos informáticos.

Fonte: SourcePyme

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal