Mancomún

Un xuíz francés vén de ordear a devolución do importe dun sistema operativo Windows preinstalado nun computador Acer. O consumidor despois de facer varias xestións conseguiu que se lle devolvesen 30 euros pero, non satisfeito, decidiu seguir coa vía xudicial. O tribunal doulle a razón e Acer indemnizarao con 311,85 euros e farase cargo dos gastos do xuízo. O Instituto da Globalización, grupo de expertos ligado á Unión Europea, recomendou recentemente a venda de computadores sen sistema operativo preinstalado.

As razóns polas que se defende a venda de computadores sen sistema operativo preinstalado son basicamente dúas: maior liberdade de elección do consumidor, coa conseguinte baixada de prezos, e fomentar a libre competencia.

Fonte orixinal: Público  

A Audiência Zero é unha asociación cultural portuguesa que desenvolve un proxecto de confraternización con Galicia chamado Eixo Norte / Galiza, desde Febreiro de 2006. O proxecto ten como o seu principal obxecto a aproximación cultural entre as dúas rexións. A asociación acaba de lanzar unha iniciativa de promoción do Software Libre desde a perspectiva da liberdade creativa a través de talleres sobre ferramentas libres  como Gimp ou Blender.
 

As actividades celebraranse en Porto nas fins de semana que van do 13 de outubro ao 2 de decembro. O prezo dos talleres oscila entre os 20 e os 25 euros.
I Xornada TIC de FerrolterraO Software Libre para a PEME terá presenza na I Xornada TIC de Ferrolterra que se celebrará na cidade departamental o vindeiro 5 de outubro. O relatorio será impartido pola empresa Egacom co título SOFTWARE LIBRE PARA PEMES: ¿Por qué pagar máis si vendo con garantías?. As xornadas están organizadas pola Asociación TIC de Ferrolterra que pretende ser un escaparate das empresas da comarca e dos servizos que poden ofrecer os seus asociados.
 
 

O relatorio fai fincapé nun dos puntos fortes do Software Libre: o seu menor custo sen perder fiabilidade.
Acaba de nacer unha nova asociación empresarial orientada ao desenvolvemento do mercado do Open Source en Portugal e reforzar a imaxe do Software Libre neste país. ESOP (Asociación de Empresas Portuguesas de Open Source) busca a colaboración entre o tecido industrial TIC adicado ao Software Libre para crear unha alternativa de mercado na PEME e na administración pública. Promove ademais a interoperabilidade e o emprego de estándares abertos no país veciño.
 

Neste momento a asociación conta con doce asociados.
Onte anunciouse a versión beta de Gutsy Gibbon Tribe 1 que co tempo chegará a ser Ubuntu 7.10. Trátase dunha versión beta de Ubuntu 7.10 recomendada para os desenvolvedores de Ubuntu e para todos aqueles que queren axudar no proceso de proba, reportando e corrixindo os erros.

Entre as melloras que incorpora Gutsy Gibbon están a inclusión por defecto do escritorio 3D Compiz Fusion, a reincorporación dos cambios con Debian e a actualización ao Kernel 2.6.22 en tódalas variantes de Ubuntu (Edubuntu, Kubuntu e Xubuntu).

Esta versión de proba pode descargarse dende:

 

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/distros/ubuntu-7.10-tribe1.html

A empresa de formación Academia Iria Flavia vai desenvolver unha serie de cursos de formación baseados en Software Libre. Os alumnos poderán formarse en ofimática libre, deseño web, programación web, xestión de contidos ou técnicas de deseño grafico. Iria Flavia regala ademais aos seus alumnos un DVD con Software Libre e gratuíto pola súa participación.
 

Entre outras tecnoloxías e aplicacións os alumnos poderanse formar no uso de Firefox, OpenOffice.org, PHP, Drupal, Gimp, Scribus, Inkscape… entre outros.
O proxecto FlightGear flight simulator é un proxecto para o desenvolvemento cooperativo dun simulador de voo multiplataforma e de código aberto. O código fonte do proxecto está dispoñible e licenciado baixo a GNU Licenza Pública Xeneral.

O obxectivo do proxecto FlightGear é crear un sofisticado simulador de voo para o seu uso no contorno académico ou de investigación, para o desenvolvemento e procura doutras ideas interesantes de simulación aérea, e como aplicación para o usuario final.

Algunhas das súas características son:

  • diferentes modelos de dinámica de voo (JSBSim, YASim, UIUC)
  • base de datos do escenario mundial extenso e preciso
  • modelos de ceo detallados
  • sistema de modelado de avións aberto e flexible
  • requirimentos de hardware moderados
  • opcións de rede (interacción con outros FlightGear, GPS, etc..)

Descarga: FlightGear

A Oficina de Patentes e a Autoridade da competencia norueguesas son os primeiros corpos gobernamentais nacionais en mudaren a escritorios de código aberto.

O Ministerio de Asuntos Económicos anunciou a pasada semana que dúas institucións están a preparar a migración a unha infraestrutura de tecnoloxías da información de código aberto completa. Como parte do plano, o ministerio está a procurar activamente departamentos gobernamentais dispostos a migrar os seus contornos de escritorio a código aberto.

A Oficina de Patentes (Octrooicentrum Nederland) é a primeira institución. Tjeerd van der Laan, xefe do departamento de Tecnoloxías da Información, agarda migrar os seus 155 PC en 2008.

Van der Laan non agarda que a migración sexa fácil. «As nosas aplicacións ligan coas do Ministerio de Asuntos Económicos, coas da Organización da Propiedade Intelectual Mundial e outras organizacións. Nós estamos de acordo co ministro de Comercio Exterior Frank Heemskers en que cambiar a código aberto estimula a innovación.»

A Autoridade da Competencia Norueguesa está nos primeiros pasos da migración. Un voceiro confirmou que os planos son un bosquexo.

As dúas institucións son os primeiros corpos gobernamentais nacionais que migran a escritorios con código aberto. Recentemente, Gróningen foi a primeira provincia en anunciar que estaba a estudar o uso do OpenOffice.org. Outros moitos concellos, como Heerenveen, ou Ámsterdam están a migrar a OpenOffice.org ou estudan esta migración.

Fonte:

IDABC

As bibliotecas romenas xa poden empregar sistemas de código aberto para levar o sistema de préstamos, de reservas, para facer buscas nos catálogos, para o mantemento do sitio web e da administración xeral.

O sistema de código aberto «IBLA» para a automatización das bibliotecas foi desenvolvido ao longo dos dous últimos anos por un grupo de consultores, Adina Riposan, Emil Mieilica e Iosif Biro, co que agardan que medre o uso do Software Libre no país.

Este proxecto para bibliotecas foi financiado polos gobernos italiano e romeno e ambos países agardan desenvolver un sistema integrado de bibliotecas públicas. O proxecto rematou a comezos deste ano.

O sistema probouse en cinco bibliotecas en Romanía e estase a ofrecer de forma gratuíta a todas as bibliotecas públicas do país. De acordo co persoal involucrado no proxecto, varias bibliotecas, academias e sitios sen ánimo de lucro xa expresaron o seu interese no proxecto.

Segundo os desenvolvedores, o sistema IBLA, que está programado en Java, cubre as funcións principais dunha biblioteca alén de se poder traducir de forma sinxela.

O equipo do proxecto agarda que se cree unha comunidade que continúe co desenvolvemento do programa. Gustaríalles ver o sistema adaptado para o seu uso en computadores de man e outro dispositivos móbiles, así como estender o seu uso para permitir o pagamento de servizos bibliotecarios ou por contidos dixitais. Tamén inclúen na lista de cousas a facer a mellora da súa interface para persoas con discapacidade visual.

Fonte orixinal: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7225/469

Esta actualización da versión estable Freespire 2.0, contén un plugin CNR actualizado para a instalación de software e corrixe algúns erros menores. Entre os paquetes actualizados destacan:

  • O plugin Flash 9 actualizado a versión 9.0.60.

  • KnetworkConf

  • KnetworkManager

  • Kplayer actualizado dende 0.5.3 a 0.6.3.

  • Kuser

  • sun-java6-bin

  • sun-java6-jre

  • sun-java6-plugin

 

O paquete nvu (limitación do espazo dun CD) foi eliminado nesta actualización.

Pode descargarse unha imaxe iso desta actualización da versión estable 2.0 de Freespire dende o enlace freespire_2.0.3.iso

 

     

Fonte: http://forum.freespire.org/showthread.php?t=11151

O Instituto de Globalización, unha institución investigadora europea

para a liberdade do mercado, quere que a Unión Europea obrigue a vender

os ordenadores sen un sistema operativo preinstalado.

O instituto envioulle a súa recomendación á Comisión Europea a semana

pasada. A maior parte dos ordenadores véndese como produtos commodity.

Segundo os investigadores, os manufacturadores actualmente non ofrecen

ningunha elección. Hai, cando menos, elección entre os procesadores (Intel e

AMD), tamén entre memorias e discos duros mais esta non existe

entre o sistema operativo xa que a posición predominante de Microsoft

non é en interese do público, limita o mercado e demora o

desenvolvemento en prexuízo dos consumidores.

O informe feito por Alex Singleton, o presidente do instituto, continúa a salientar que o monopolio de Windows impón custos extra en case calquera negocio da UE, xa que o prezo dos sistemas operativos baixaría nun mercado máis competitivo.

Este informe foi publicado unha semana despois de que Microsoft perdera

o xuízo na Corte Europea de Primeira Instancia contra os cargos da

Comisión Europea de que a compañía abusara da súa posición predominante.

Fonte orixinal: http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7224/469

A ex-república iugoslava de Macedonia proporcionará 180 000 equipos a todas as escolas coa distribución Ubuntu GNU/Linux e con tecnoloxías de escritorio virtual de NComputing.

De acordo cunha declaración da compañía, o Ministerio de Educación e

Ciencia de Macedonia proporcionaralle a case todos os alumnos de ensino primario e secundario da nación o seu propio equipo, que empregará GNU/Linux para alén doutro software de código aberto.

A compañía declarou que os seus computadores teñen un custo de,

aproximadamente, a metade que outras instalacións de PC de baixo custo.

A declaración cita a Ivo Ivanovski, ministro de Macedonia pola Sociedade da Información, que declara que este proxecto de educación, co nome de Un computador para cada crianza, é o máis amplo e importante que se emprendeu nos 15 anos de historia da República de Macedonia. «A nosa meta -proseguiu- é construír unha economía baseada no coñecemnto en que a nosa enteira forza de traballo estea educada no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación dentro dos próximos cinco anos.»

Esta iniciativa ten os seus antecedentes xa que,en 2004, Macedonia comezara a usar GNU/Linux nos PC das súas escolas.

Como parte deste proxecto, uns 10 000 profesores das escolas de secundaria e de primaria foron adestrados no uso de GNU/Linux e outras

aplicacións de código aberto. ao que hai que engadir a instalación, en 2005, de máis de 80 puntos de acceso wifi no país.

Fonte:

IDABC

A consultora Gartner, unha das máis prestixiosas no eido das tecnoloxías da información e da comunicación, predí que no ano 2011 o 80% das ferramentas informáticas comerciais serán de código aberto. Mark Driver, representante de Gartner, afirmou que nun prazo duns tres anos sería máis sinxelo renunciar á tecnoloxía que ás aplicacións de código aberto.
 

Gartner ademais establece catro criterios para aceptar a implantación de código aberto: se cumpre o seu obxectivo, se ten un grao de madurez importante, o perfil tecnolóxico da compañía na que se implanta e a idoneidade do programa.
OOoO coordinador xeral do proxecto OpenOffice en Brasil e presidente de BrOffice.org, Claudio F. Filho, ofrecerá hoxe dous relatorios nos institutos  Val Miñor e Proval, no concello de Nigrán. Filho concienciará a alumnos e docentes da importancia do Software Libre e do emprego de estándares abertos. Ademais achegará a experiencia da comunidade brasileira e traballará coa comunidade galega para establecer unha canle de comunicación estable entre ambos países. Agnix e GALPon son os grupos de usuarios promotores do evento. Onte Claudio Filho estivo en Vigo en varios institutos. 

A axenda do evento é o seguinte:

Mércores, día 26:
Concello de Nigrán
Ás 10:15 h no Instituto Val Miñor
Ás 12:30 h no Instituto Proval

Un informe do Instituto da Globalización afirma que a integración de serie de sistemas operativos de Microsoft Windows nos computadores non responde ao interes público e afecta á libre competencia. Esta institución argumenta que outras compañías adicadas aos sistemas operativos non poden beneficiarse da súa oferta máis barata porque os consumidores son forzados a comprar Windows. Ademais a posición dominante do sistema de Microsoft ralentiza a innovación e prevé a creación de alternativas no mercado.

O Instituto da Globalización é un think tank europeo orientado a conducir ao éxito da UE na economía global. O informe explica como a competitividade promoverá o emprego de estándares abertos e a interoperabilidade xa que os vendedores, en aras da competitividade, quererán que os seus produtos podan interactuar co doutros vendedores.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal