Mancomún
Unha alternativa para executar aplicacións de GNU/Linux dentro de Windows, a parte das aplicacións de virtualización como [[VMWare]] ou [[Virtual Box]], é andLinux.  Este programa vai un paso máis aló e esencialmente instala GNU/Linux no sistema operativo de Windows, o que fai que ambos sistemas operativos poidan interactuar entre si. Está baixo licenza [[GPL]].

Isto quere dicir que podemos executar aplicacións nativas de GNU/Linux coma se fose calquera outro programa.

 

Existen dúas versións de AndLinux: unha que se basea en [[Ubuntu]] (necesita de 4GB), que instala o sistema completo de KDE con todos os programas que normalmente veñen con sistema operativo, e outra versión que instala basicamente Xubuntu (necesita de 2GB), cunha contorna de escritorio XFCE.

Fonte: Noticiastech.com  

Descarga: Andlinux.org

O proxecto OpenArena, que utiliza o motor GPL de Quake III Arena, está buscando persoal. Están a punto de sacar a próxima versión 0.8 con un salto grande de calidade pero necesitan agora un modelador con experiencia en Blender e unha persoa para deseñar as texturas e que queiran contribuír de forma desinteresada ao proxecto. Segundo contan, conforme se vaian acercando á versión 1.0 haberá incluso controis de calidade sobre o desenvolvemento…

Fonte:
http://meneame.net/

http://www.mancomun.org/images/stories/xlogo-logo.pngXLOGO é un intérprete LOGO escrito en Java. Actualmente soporta varios idiomas, entre eles o galego, e distribúese baixo licenza GNU/GPL.

A localización de XLogo ao galego foi realizada por Justo Freire e Álvaro Valdes. Este último, en colaboración co arxentino Marcelo Duschkin, son os responsables da versión en castelá da parte de robótica.

[[LOGO]] é unha linguaxe desenvolvida nos anos 70 por Seymour Papert. Ã? unha linguaxe excelente para comezar a estudar programación, e ensina o básico achega de temas como bucles, condicionais, procedementos, etc. O usuario pode mover un obxecto chamado “tartaruga” dentro da pantalla, usando instrucións simples como “avanza”, “retrocede”, “xiradereita” e similares. Con cada movemento, a tartaruga deixa un “rastro” (debuxa unha liña) tras de si, e deste xeito créanse gráficos. Tamén é posible operar con palabras e listas.

http://www.mancomun.org/images/stories/xlogo-screenshot.png

Pantallazo de XLogo en galego

 

Queda moito camiño por facer especialmente na versión en galego polo que fai un chamamento á comunidade educativa galega a colaborar no proxecto

Envíannos a seguinte oferta de emprego para traballar no Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria.

Ofértanse dous postos de analistas/programadores para o desenvolvemento dun aplicativo de xestión para industrias agroalimentarias, centrado nos procesos de trazabilidade. Distribuirase baixo a licenza GNU/GPL v3.

Tecnoloxías destacadas: JAVA, SQL, HIBERNATE, SWT, XML, UML, ECLIPSE

OFRÉCESE:

» Un posto de Analista/Programador Senior JAVA

  • Formación mínima: Enxeñeiro superior en informática
  • Experiencia mínima en JAVA e SQL: 5 anos demostrables

» Un posto de Analista/Programador Junior JAVA

  • Formación mínima: Enxeñeiro técnico en informática
  • Experiencia mínima en JAVA e SQL: 3 anos demostrables

EXPERIENCIA DESEXABLE (ambos postos):

  • Creación de aplicacións standalone JAVA
  • Uso de SQL
  • Integración de Hibernate
  • Widgets SWT e plataforma Eclipse
  • Uso de UML
  • Uso de XML
  • Uso de entornos GNU/Linux
  • Nivel de Inglés

MÁIS INFORMACIÓN:
  • O traballo levarase a cabo no Parque Técnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas, Ourense.
  • Bo soldo, incorporación inmediata.
  • Requírese curso de perfeccionamento de galego, Celga 4 ou equivalente.
  • Plazo de presentación de solicitudes ata o 3 de Marzo de 2008.
Mtp TargetMtp Target é un xogo de habilidade e precisión que ten unha mecánica moi simple. Consiste en controlar a un pingüín que cae rodando por unha longa pista de lanzamento, nese momento hai que darlle ao pingüín á velocidade adecuada. Ao final da pista hai unha rampla que o lanzará voando, entón haberá que planear co pingüín ata chegar á zona onde máis puntos se conseguirán.

É multixogador, incluso a través de Internet, polo que se pode competir contra outros xogadores (ata 16 simultáneos), aínda que para poder xogar é necesario rexistrarse na web oficial. Foi publicada recentemente unha nova versión, na que se engadiu, entre outros idiomas, a tradución ao español e tamén 8 novos niveis nos que competir.

 

Fonte: Linuxjuegos.com  

MAPYRUSMapyrus é unha aplicación para convertir datos de Sistemas de Información Xeográfica a outros formatos, como poden ser [[PostScript]], [[PDF]], [[SVG]] e ficheiros de imaxes para web.

Mapyrus está feito cunha linguaxe de programación interpretada ([[Java]]), e funciona lendo conxuntos de datos de SIX (incluso valores que estean dentro de BBDD como poden ser [[PostGIS]] ou [[Mysql]]). Pode executarse como un servizo ou como aplicación web. Está baixo a licenza [[LGPL]].

 

Descarga: Sf.net  

Egalcom oferta un posto de programador Java para incorporarse ao equipo de programadores dun proxecto de código aberto no que se está a desenvolver un ERP/CRM de dimensións reducidas (xERPa) para a PEME. Buscan unha persoa con coñecementos en programación orientada a obxectos preferiblemente Java ou C#.

Os requisitos son:

  • Ter cursado algún ciclo de informática ou curso relacionado con linguaxes de programación orientado a obxectos.

  • Programacion orientada a objetos, principalmente Java, C#.

  • SQL, MySQL, SQLServer.

  • Contornos de desenvolvementos visuais, tipo NetBeans e Eclipse.

  • Tamén se valoran os coñecementos de deseño/maquetación e programación web: XHTML, CSS, Javascript, JSP, PHP, …

 

» Ler toda a oferta

http://www.mancomun.org/images/stories/plone2.pngA Consellaría de Traballo implantou un Sistema de Xestión de Contidos (CMS) baseado en Software Libre para ofertar os seus servizos aos cidadáns.

Nun documento publicado no Tecnimap, que fala da arquitectura do portal da consellaría, pódese ler: ”…Para o desenvolvemento do portal de emprego apostouse fortemente polo uso do Software Libre…”.

O portal foi implementado empregando o xestor de contidos [[Plone]] que traballa sobre o servidor de aplicacións Zope implementado na linguaxe de programación [[Python]]. Plone foi a escolla para respostar á necesidade de intercambiar información entre os diferentes subsistemas existentes. Botando man de interfaces XML e servizos web (WebServices) é posible integrar os servizos existentes dentro do portal.

 

Outras características dispoñibles en Plone son:

  • Licenza GNU/GPL.
  • Fácil instalación en contornos GNU/Linux, Mac OS e MS Windows.
  • Fácil actualización, administración e inclusión de software de terceiras partes
  • Internacionalización (i18n) e localización (l10n), traducido a máis de 20 idiomas (ficheiros coas localizacións).
  • Optimización para motores de busca (o contido é 100% XHTML e CSS válidos)
  • Usabilidade e accesibilidade, alto nivel de prestacións e adecuación aos estándares de accesibilidade (US Section 508 e W3C’s AA)
  • Skinnable, separa o contido da plantilla (template).
  • Workflow e seguridade, control da lóxica do procesamento dos contidos.
  • LDAP, SQL, SOAP, Web Services e WebDAV
  • … outras características en Plone 3

 

Referencias: 

» Documentación de Plone
» Plone está dispoñible para a súa descarga dende a páxina do proxecto para as distintas plataformas.
» Documento do Tecnimap

A FOSDEM, unha das máis importantes conferencias a nivel europeo que se celebrará durante o 23 e 24 de febreiro en Bruxelas, poderase seguir a través de streaming. A emisión comezará ás 10 da mañá (CET) e poderanse seguir tanto os vídeos como as diapositivas proxectadas. Asimesmo, poderase falar en directo con outros asistentes do evento co chat embebido, todo desde a mesma páxina.

A seguinte ligazón leva ao programa de conferencias e a interface para seguir a emisión en directo:
http://streaming.linux-magazin.de/en/program_fosdem.htm

Recordamos que, nesta conferencia estarán presentes os alumnos do Master de Software Libre de Caixanova…

Máis información en:
http://www.linux-magazine.es/fosdem2008
http://www.fosdem.org/2008/

Sun Microsystems Ibérica anuncia a primeira edición nacional de premios fin de carreira Sun Microsystems, cos que pretende recoñecer a capacidade intelectual, creativa e innovadora no ámbito das tecnoloxías Open Source de aqueles estudantes que presenten os seus proxectos no marco desta iniciativa.

Os estudantes das universidades españolas integrantes ou asimiladas á “Red de Socios Tecnológicos de Sun Microsystems que se encontren finalizando os seus estudos no presente curso ou os finalizaran o anterior, poden optar a estes premio, cuxo prazo de presentación conclúe o próximo 15 de setembro…

 

Os traballos, que poderán ser individuais ou colectivos, deberán ser proxectos fin de carreira ou traballos de grado de titulacións impartidas polas universidades mencionadas e ser desenvolvementos de aplicacións ou utilidades baseados en tecnoloxías Open Source sobre a plataforma OpenSolaris, OpenJava, OpenSPARC ou Linux, ou estar relacionados con arquitectura de redes e sistemas baseados nestas plataformas.

Un xurado, formado por representantes da compañía e tres expertos externos non universitarios designados pola mesma, determinarán, dentre todos os traballos presentados no prazo indicado, os gañadores dos tres premios desta primeira edición.

Podes ver a contía dos premios e máis información sobre o concurso na fonte orixinal da nova:
http://www.laflecha.net

Relacionado con esta nova en http://www.mancomun.org

http://www.mancomun.org/images/stories/referencer-logo.pngReferencer é unha aplicación para o escritorio Gnome que axuda a organizar os documentos e referencias. Ademais, permite xerar facilmente un ficheiro de bibliografía de tipo BibTeX a partir deles.

Algunhas funcionalidades de Referencer son:

  • Permite importar desde as bibliografías que teñas xa creadas en BibTeX ou desde EndNote.
  • Soporta etiquetas (tags), para facilitar a procura rápida e organización de documentos.
  • Xestión de enlaces usando os metadatos do documento.
  • Procura automática de metadatos en arquivos PDF con arXiv, PubMed e CrossRef.

Está escrito en Python, e pódenselle engadir complementos escritos nesta linguaxe. Na páxina oficial están as instrucións e enlaces ao programa preparado para instalalo facilmente en varias distribucións (Debian/Ubuntu, Fedora, Gentoo) ou o código fonte para compilalo.
http://www.mancomun.org/images/stories/glug.pngVisto na páxina de GLUG :
“No GLUG andamos na procura de tradutores para o xogo Battle for Wesnoth. O Battle for Wesnoth é libre, un xogo de estratexia baseado en quendas cun tema fantástico. A meta é chegar á XGN cun xogo avanzado totalmente traducido ao galego para levar a cabo torneos. Para o cal precisamos duns cantos de vós que nos boten unha man.

A forma de traballo acordariámola entre todos os participantes. Se estades interesados enviádeme un contacto…”

[Actualización 21-02-08]: creouse un proxecto na forxa de Mancomun, e asemade un repositorio SVN público en https://forxa.mancomun.org/svn/b4wesnoth-gal para levar a cabo a traducción. Hai algo máis do 55% total do traballo feito.

http://www.mancomun.org/images/banners/banner_thunderbird.jpg Como xa vós informamos anteriormente en Mancomun.org, o futuro de Thunderbird podería quedar desligado da fundación Mozilla, encargada até o de agora de desenvolver este produto, xunto con outros como o navegador web Firefox.

Coa intención de que o desenvolvemento de Thunderbird non quedase estancado por mor do grande éxito de Firefox, a fundación Mozilla presenta “Mozilla Messaging“, a nova fundación subsidiaria encargada do desenvolvemento do xestor de correo. A tarefa principal de Mozilla Messaging será desenvolver o Thunderbird 3, con melloras importantes tales como a integración dunha axenda de eventos, busca mellorada, …

 

Máis información na páxina de Mozilla Messaging:
http://www.mozillamessaging.com/en-US/news/stories/2008-02-19-01

E nas seguintes ligazóns:

 

 

http://www.mancomun.org/images/stories/mailman.pngGNU Mailman, o popular software do proxecto GNU para a xestión de roldas de correo terá a súa primeira versión en galego coa saída da versión definitiva 2.1.10 (actualmente esta versión atópase en fase Beta 3).

Esta tradución foi levada a cabo por membros da Oficina de Software Libre da UDC e actualizada e integrada por membros do equipo de Mancomun.org para que deste xeito estea dispoñible para toda a comunidade; feito que ocorrerá cando saia á luz a próxima versión…

Se atopades algún erro na tradución ao galego do Mailman, podedes enviárnolo ao enderezo de correo de Mancomun.org:
mancomun@mancomun.org

O Concello de Pontevedra en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información abre a inscrición para o curso de follas de cálculo con OpenOffice Calc, de 15 horas de duración, que se desenvolverá os días 31 de marzo, 1, 2, 3 e 4 abril, cunha duración de 3 horas diarias, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O prazo para inscribirse neste curso comeza o día 19 de febreiro e remata o día 14 de marzo. Os interesados e interesadas terán horario de tarde de 18.00h. a 21.00h. e deberán ter uns coñecementos básicos sobre programas ofimáticos. As prazas están limitadas a un mínimo de 10 persoas e un máximo de 15 polo que as inscricións faranse rigorosamente por orde de chegada…

Con esta actividade preténdese acadar os seguintes obxectivos:

  • Promover a alfabetización dixital.
  • Promover o software libre.
  • Promover a adquisición de habilidades para o manexo básico de follas de cálculo.
  • Fomentar a curiosidade polas novas tecnoloxías.

Con esta actividade os participantes adquirirán un coñecemento básico das follas de cálculo que axudarán na regularización do proceso de gastos e ingresos dunha actividade económica.

Engadido á Axenda de Eventos de Mancomun.org.

Fonte:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

http://www.mancomun.org/images/stories/traverso-logo.pngTraverso DAW é un software multiplataforma para a gravación e edición de sons multipista cunha interface innovadora e de fácil dominio. Está pensado para uso doméstico pero tamén pode ser usado profesionalmente.

Traverso é unha suite de gravación completa para facer â??masteringâ?. O software conta con moitas ferramentas incluídas dentro da mesma interface de usuario facilitando a aprendizaxe por parte do usuario que non terá que botar man doutras utilidades externas. Na páxina do proxecto está dispoñible a documentación para a súa instalación, manual de usuario, â??howtosâ? e tamén conta cun apartado de petición de novas características.

Pódese descargar o software de instalación para as seguintes plataformas: MS Windows, Mac OS e GNU/Linux (Gentoo, Debian, OpenSuse) ou descargar os fontes e compilalo no propio sistema.

Están dispoñibles outras alternativas en GNU/Linux que se poden consultar no apartado de sistemas de mistura e gravación multipista en Linux-Sound.

Páxina do proxecto: Traverso DAW

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal