Mancomún

A falta de soporte para o emprego de Software Libre non é un problema real para a administración pública europea, segundo conclúe un estudo feito por investigadores de dúas importantes compañías dedicadas ás tecnoloxías da información, Unisys e Merit (Maastricht Economic and social Research and training Institute on Innovation and Technology).

O estudo, que comezou en 2004 e rematou en abril deste ano, foi realizado sobre 955 autoridades públicas en 30 estados membros da Unión Europea desde 2004.

As súas conclusións acaban de ver a luz, entre as que compre salientar que a falta de soporte que se percibe para este tipo de software é so iso, unha percepción e non unha realidade. 

Un dos parágrafos vai nesta liña: “O 39% dos enquisados considerou problemático achar axuda técnica para os programas de software libre mais isto é unha percepción máis que un feito. Os nosos datos amosan que esta opinión é máis forte entre os que non son usuarios é están á marxe deste tipo de software. Os usuarios actuais de Software Libre teñen a tendencia a estar en desacordo en que o soporte sexa caro ou difícil de achar».

Outra conclusión do informe de Unisys e Merit é que adoptar Software Libre, en moitos casos reduce os custos. “O aforro en custos é normalmente o primeiro que vén á mente cando se pensa empregar Software Libre. Porén, isto funciona en só 3 de cada 6 autoridades analizadas”.

No entanto, a redución de custos non desempeña un papel especialmente motivador para todas as administracións públicas enquisadas que decidiron empregar Software Libre.

Fonte: IDABC

DNALinux é unha distribución GNU/Linux pensada para a comunidade científica. Desde a propia web pódense descargar novos paquetes de programas para actualizalos e personalizalos de forma única e adaptable en cada caso específico.

O proxecto era coñecido como BioShell, aínda que cambiou de nome para converterse no que hoxe coñecemos. Estaba baseada en [[SLAX]] pero con software para bioinformática. Na actualidade, atópase na súa versión 0.5 en forma de [[Live-CD]] baseado en Slax 5.06. Desta forma, a distribución pode ser  probada ou utilizada sen ningún risco de perda de datos. Tamén pode ser instalado como unha distro Linux normal.

 

A nova versión chamarase VDE (Virtual Desktop Edition) e será baseada en Xubuntu, a súa vez derivada de Ubuntu pero utilizando un escritorio livián (XFCE), en lugar de [[GNOME]] e [[KDE]].

Algunhas das aplicacións preinstaladas son:

  • 1.NCBI BLAST 2.2.16
  • 2.NCBI NetBLAST 2.2.16
  • 3.EMBOSS 4.1.0
  • 4.ESIM4 (EMBOSS SIM4)
  • 5.MSE 1.0.0
  • 6.Phylip 3.6b
  • 7.Biopython 1.43
  • 8.BioPerl
  • 9.Kalign 1.04
  • 10.Clustalx and Clustalw 1.83
  • 11.njplot
  • 12.Polyxmass 0.9.7
  • 13.Primer3
  • 14.Rasmol 2.7.2.1.1
  • 15.Sigma-align 1.0
  • 16.t_coffe 2.50
  • 17.xviewg
  • 18.Treeviewx 0.5.1
  • 19.hmmer 2.3.2
  • 20.NCBI-epcr
  • 21.Cn3D NCBI Database Viewer
  • 22.DDV Sequence Alignment Viewer
  • 23.Entrez NCBI Database Querying Tool
  • 24.OneD Biological Sequence Viewer
  • 25.PyMOL Molecular Graphics System
  • 26.Sequin DNA Sequence Submission Tool

Fonte: Territorio Libre

Segundo informa The Inquirer, AMD vén de facer públicas máis de 900 páxinas de documentación para o desenvolvemento de controladores de código aberto para as súas tarxetas gráficas AMD/ATI. Esta decisión abrirá a porta ao desenvolvemento de controladores libres para tarxetas de ATI o que conleva un paso adiante no seu soporte para Linux.

A documentación consta de dous documentos, o “RV630 Register Reference Guide” e o “M56 Register Reference Guide” que xa foran sido cedidos a David Airlie e se atopaban dispoñibles no sitio web X.Org.

FreeCol é outro xogo de código aberto, un clon do Sid Meier’s Colonization. Ao estar feito en Java, pódese executar en varios sistemas operativos, tendo máquina virtual de Java (a versión 1.5 ou superiores). É un xogo similar ao Freeciv. A maiores podemos escoller varios idiomas para o xogo.

Algunhas das características das últimas versións son:

  • Sinxelo editor de mapas
  • Novo mapa de América
  • Automatización de camiños de comerciais
  • Comercio e negociación entre xogadores

Páxina sourceforge: FreeCol

A Biblioteca Británica quere mellorar o seu sistema de arquivo de código aberto, Web Curator Tool. Para este fin, sacou un concurso a nivel europeo o pasado mes de agosto en que solicitaba especialistas para axudar coas novas funcionalidades e corrixir os erros nesta aplicación de código aberto. O contrato está valorado en 60.000 GBP (uns 88.000 euros).

Para explicar porque a biblioteca está a empregar unha licenza de código aberto para desenvolver esta ferramenta, Derek Farmer, o encargado da seguranza informática da Biblioteca Británica lembrou que esta é membro fundador do «International Internet Preservation Consortium». A ferramenta Web Curator Tool está a se desenvolver baixo o seu auspicio. “Un dos obxectivos deste consorcio é fomentar o desenvolvemento e o uso de ferramentas, técnicas e estándares comúns para a creación de arquivos internacionais”.

Segundo Farmer, a Web Curator Tool non é a única ferramenta de código aberto desenvolvida ou usada pola Biblioteca Británica, pois o centro, emprega tamén un importante número de aplicacións de código aberto.

Por exemplo, está a empregar GNU/Linux, Apache e Tomcat. Ademais, a Biblioteca usa Heritrix, robot de código aberto para o rastrexo de sistemas de arquivo web, a aplicación «Wayback Machine» (máquina do tempo) dentro do proxecto Archive, que se dedica a recoller a evolución das páxinas da Internet ao longo do tempo.

De acordo coas regras de adquisición de software, a Biblioteca Británica sempre considerará tanto o software libre como o privativo ao se basear na política oficial do país.

Ligazón á nova en IDABC: British Library to improve its Open Source web archive system

tkFP é unha ferramenta de xestión de rexistros médicos escrita maiormente en [[Tcl/Tk]] , ainda que tamén se empregou C, C++, PYTHON e PERL. Está orientada para os pediatras, internistas e atención primaria. Xa é usado dende fai varios anos por médicos de todo o mundo. A súa interface web está baseada en Tk GUI e navegadores web.

Está licenzado baixo GPL. Dispoñible en varias plataformas e idiomas.

Descarga: ISO

Web do proxecto: tkFP  

TUXCuba xa capacitou a máis de 4.000 persoas no emprego do sistema GNU/Linux para poder vencer a dependencia do país caribeño respecto aos sistemas operativos propietarios. Existen na illa ao redor de 600 centros de informática montados baixo Software Libre. Sen embargo Windows segue a ser o sistema predominante nos computadores.

Cuba ten uns 380.000 computadores, 3 por cada 100 habitantes. As autoridades dese país sinalan que Linux xa está sendo usado nas aduanas e pronto entrará tamén en Universidades e nos centros de educación superior.

Membros do parlamento británico e representantes do goberno discutiron onte, no palacio de Westminster, o impacto económico do Software Libre.

O membro do parlamento John Pugh, voceiro de Saúde na oposición, e David Gauke, o voceiro en materia económica tamén na oposición uniranse ao debate.

Gerry McMullen, presidente de Estratexias de Tecnoloxías da Información na cidade de Birmingham participará no debate das vantaxes e desvantaxes para o sector público de mudar a sistemas de código aberto.

Os relatores, entre os que se acha Alan Cox (coñecido desenvolvedor do núcleo de Linux) e Mark Taylor (directivo de Sirius, unha empresa que se dedica a dar solucións con Software Libre, e presidente do «Open Source Consortium») agardan que a reunión sexa útil para fomentar o emprego de sistemas de código aberto no ámbito público.

Ligazón á nova en IDABC http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7201/469

 

A Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e IBM celebran desde o día 12 deste mes ata o día 14 no Campus das Llamas da UIMP, en Santander, a I Olimpiada Informática Universitaria Cell + LINUX. Acóllese neste evento o Seminario de Arquitecturas de Cell e Programación en LINUX e o Concurso de proxectos de programación en LINUX/Cell.
 

O seminario, que busca formar novos expertos nesta tecnoloxía de recente aparición, incluirá tamén unha serie de casos prácticos que servirán como demostracións e obradoiros libres, que contarán coa presenza de profesores para axudar a exercitar os coñecementos adquiridos, así como un taller de libre utilización con Play Stations instaladas.
 
Ademais, os alumnos que asistan á Olimpiada poderán optar ao concurso de proxectos de programación en LINUX/Cell en Play Station 3, ben individualmente ou en equipo. De entre os proxectos presentados a concurso, o xurado seleccionará os tres mellores. O primeiro dos proxectos galardoados recibirá 3.000 euros, mentres que o segundo e o terceiro serán premiados con 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.
 
Na organización da I Olimpiada Informática Universitaria Cell + LINUX colaboran tamén o Barcelona Supercomputing Centre, o Centro de Referencia Linux-IBM-Universidad Autónoma de Madrid, o Centro de Referencia Linux-IBM-Universidad de Extremadura, a Universidad Autónoma de Barcelona, a Universidad Carlos III de Madrid, a Universidad Politécnica de Barcelona, a Universidad Politécnica de Madrid, a Universidad Politécnica de Valencia e a Universidad de Valencia.

A ESOP, unha asociación de compañías portuguesas para o software de código aberto, comezará a súa actividade no 25 de setembro.

A pesar de que a ESOP foi fundada de maneira oficial a finais de agosto, organizará o seu primeiro evento a finais de setembro. A asociación quere incrementar a adopción do software de código aberto, dixo Gustavi Homem, un dos representativos da ESOP e o director técnico de Ângulo Sólido, unha compañía portuguesa de Tecnoloxías da Información (TI), nunha entrevista co sitio de noticias por internet portugués Sapo.

A asociación tamén traballará para facer que compañías e institucións interesadas no software libre coñezan os provedores de servizos portugueses.

ESOP é a segunda organización portuguesa centrada no software libre e nos programas de código aberto.Ansol, a asociación portuguesa para o software Libre, nestes meses estivo activa en Portugal polo tema do voto do comité ISO no tema da estandarización de OOXML.

O uso do software libre en Portugal está a medrar segundo IDC, especialmente no ámbito da administración pública.

Noticia orixinal en inglés en IDABC

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependete de Presidencia, convoca un concurso para o desenvolvemento dunha arquitectura que permita consultar un dicionario en galego vía web cunha dotación orzamentaria duns 63 200 euros (incluíndo 3 anos de soporte). O prazo de execución dado é de catro meses e o prazo de presentación de propostas remata o 26 de setembro.

Entre as condicións do prego de prescricións técnicas cómpre salientar o empregarse software libreo seu desenvolvemento, así como cumprir cos requisitos técnicos e de seguranza.

As funcionalidades requiridas son basicamente a entrada de datos, a definición, a relación con sinónimos e refráns e o soporte para a catalogación das palabras.

As empresas interesadas poden consultar o prego de condicións máis detallado no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística en que explican que trámites e que documentación presentar para optar a este concurso.

Ligazón á páxina do concurso: http://www.xunta.es/linguagalega/contratacions

OusliVisto en Ousli:

OUSLI organiza as Xornadas de Software Libre no Ensino para proporcionar un punto de encontro donde estudiantes, docentes, investigadores e profesionais das TIC tomen contacto e coñezan experiencias educativas con Software Libre en Galicia e no resto de España, co obxetivo principal de impulsar un marco de traballo colaborativo do que todos se poidan beneficiar.

Van vir poñentes de diferentes comunidades autonomas españolas para explicar seus proxectos en educación con SL.

As Xornadas celebraranse en dúas fins de semana en Outubro para que os docentes poidan asistir sen problema.”

O Máster de Software Libre organizado pola empresa coruñesa Igalia, Obra Social de Caixanova e a Universidad Rey Juan Carlos pasará de impartirse de luns a xoves a celebrarse os venres pola tarde de 16 a 21 horas e os sábados de 9 a 14 horas  na Coruña.  Este máster ten por obxectivo formar a profesionais para desenvolver proxectos internacionais de Software Libre. O prazo para a inscrición é até o 28 de setembro e, outra das novidades, é que a partir de agora tamén se poderán inscribir Enxeñeiros Técnicos.
 
Outro aliciente para os alumnos serán as bolsas Morfeo, promovida por Telefónica I+D, e GNOME, promovida por Igalia, que achegarán unha axuda de 3.000 euros e a posibilidade de facer o practicum nestas empresas.   
 

As clases comezarán o 19 de outubro e o período de matriculación finalizará o 11 de outubro.

FirefoxO navegador libre Firefox, xestionado pola Fundación Mozilla, acaba de superar os 400 millóns de descargas cando vén de cumprir os seus primeiros 1001 días de existencia. En febreiro deste ano o número situábase nos 300 millóns cunha media de máis de 350.000 descargas diarias.

Tanto a extensión para poñer o teu Firefox en galego como outros produtos da Fundación Mozilla (Thunderbird ou Sunbird).

As Xornadas Internacionais de Software Libre da Universidade de La Laguna (Tenerife) son un evento anual organizado pola Oficina de Software Libre e que están orientadas a fomentar o uso do software libre tanto nas empresas e na universidade como no usuario final, abrir o debate sobre diversos temas que se relacionan con el e, a súa vez, son un foro de formación e de discusión en temas técnicos e especializados de grande actualidade e relevancia.

Para esta segunda edición conseguiron reunir entre outros a Marcelo Tosatti, Aaron J. Seigo, Allan Runyan e Jonathan Riddell. As xornadas incluen charlas, obradoiros e outras actividades entre os días 18 e 21 deste mes. A matrícula está aberta e ademais existen prazas para o aloxamento de quen o necesitar.

Fonte: Xornadas Software Libre da ULL

Denodo Technologies www.denodo.com é unha empresa galega adicada ás tecnoloxías de integración de datos con central en A Coruña e oficinas en Madrid e Palo Alto (California). Buscan un programador junior de Java para as súas oficinas nas tres sedes.

Requirimentos da oferta 

Titulación: Enxeñeiro Superior en Informática con carreira rematada ou a falta do PFC.

Profundo coñecemento da API de Java Standard Edition

Coñecementos de:

* Patróns e arquitectura de aplicacións web en Java.

* API de servlets, JSP, JSTL, Apache Struts e JDBC

* Apache Tomcat

* Control de versións mediante CVS

Valoraranse coñecementos de:

* Hibernate

* Spring Framework

* Apache Maven

* SXBD’s: Oracle, MySQL, SQL Server,…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal