Mancomún

GPH anunciou hai uns días o futuro lanzamento de GP2X F-200, unha revisión da súa consola portátil libre. A consola será totalmente compatible coa actual versión de GP2X , de modo que á súa saída, teremos dispoñible un amplo catálogo de aplicacións, xogos e emuladores listos para ser desfrutados, de maneira totalmente gratuíta. A comunidade española desta consola atópase na seguinte ligazón: Gp32spain.

As novas características anunciadas son as seguintes:

  • Color: Branco.
  • Pantalla táctil. Renovouse a interface para a pantalla táctil.
  • Leva un D-Pad con 8 direccións.
  • Trae varios xogos incorporados: Blocked, GhostPix, Cavestory, Phishy, Ruck-Man, Sqdef.
  • Multitarefa: Escoita música ao mesmo tempo que les [[e-books]] ou ves fotos.
  • Pantalla LCD de 3.5 polgadas (30 frames) e cunha resolución de 320×240 e 16.700.000 cores.
  • Tamaño: 134.6×82.9×29.6 mm
  • Peso: 161 gr. (Sen batería)
  • Batería: Dúas pilas AA. A súa duración con vídeo: 3,5 H e con música: 6 H.
  • S/O: Linux

  • Doble procesador: o principal ARM920T e o co-procesador ARM940T
  • USB 2.0 de alta velocidade.
  • Memoria NAND: 64 Mb.
  • Almacenamento: Tarxeta SD.
  • Vídeo: Formato – Avi / Codec – MPEG4, XVID, DIVX / Son soportado: MP3, OGG. Inclúe TV-Out
  • Son: Canal – Estéreo / Soporta – MP3, OGG
  • Fotos: Soporta – JPG, BMP, GIF, PCX, PNG.
  • E-book: Soporta – TXT

Máis información na fonte da noticia en:
http://denp8.blogspot.com

http://www.mancomun.org/images/stories/community_builder_logo.pngJoomla! Community Builder (CB) é unha suite para Joomla! (un compoñente e un conxunto de tres módulos) que amplía as funcionalidades dos usuarios para construír comunidades online.
 
As características máis destacables son:
  • Ampliación dos campos adicionais no perfil de usuarios
  • Listas de usuario
  • Conectividade entre os usuarios
  • Xestión de traballo en grupo
  • Integración con outros compoñentes como PMS
  • Boletín de novas
  • Foros
  • Galerías
  • Blogues (Mamblog)

A versión 1.1 anunciada na web oficial do proxecto, Joomlapolis!, é compatible con todos os Joomla! 1.0.x (incluíndo 1.0.13) e 1.5 RC 1 e Mambo 4.5.2-4.6.2.

» Páxina oficial do complemento:
    http://www.joomlapolis.com/
 
» Tutoriais para Community Builder:
    http://www.mambodemo.com/community_builder/ 

http://www.mancomun.org/images/stories/pidgin_full.pngFai uns días publicouse unha nova versión do programa de mensaxería Pidgin. A última versión dispoñible é a 2.1.1 e atópase totalmente traducida ao galego polo equipo de Mancomun.org.

De todos xeitos, pode que a tradución conteña algún erro, polo que agradeceriamos que nos notifiquedes os mesmos na páxina de “Problemas detectados na tradución actual” do Pidgin pertencente ao  Wiki de Mancomun.org.

Recordar que Pidgin é o software que anteriormente se chamaba “Gaim”; pero desde a versión 2.0.0 mudou o nome debido a que a titularidade da marca AIM pertence a AOL Time Warner, e ao non ser Copyleft existen problemas de compatibilidade coas licenzas libres. Polo mesmo motivo, a biblioteca asociada libgaim pasou a chamarse libpurple, e pidgin-text pasou a chamarse Finch…

No noso Wiki, tamén podedes atopar o manual de uso do Gaim/Pidgin en galego baseados na obra “Gaim – Ferramentas da Internet – Cadernos de formación Tecnolóxica” de Toni Hermoso Pulido (autor orixinal da obra), Edit Lin (editorial) e a Regidoria Ciutat del Coneixement de l’Ajuntament de Barcelona (responsable do proxecto).

A lista completa de cambios pódese atopar na seguinte ligazón:
http://www.pidgin.im/ChangeLog

Máis información no Wiki de Mancomun.org e na páxina oficial de Pidgin

Dun informe da consultora ABI Research  despréndese que no próximo lustro verase un incremento inusitado de teléfonos intelixentes cun sistema operativo Linux no seu interior.

Prevese que o fenómeno  alcance un índice anual composto de crecemento do 75%, o que fará que en 2012 o 31% dos móbiles intelixentes estean gobernados por GNU/Linux. No estudo afírmase que Linux beneficiase do soporte cada vez maior da comunidade OEMs de móbiles, con Motorola como protagonista destacado pero tamén con Nokia, e con dispositivos menos tradicionais e máis orientados a aplicacións móbiles de banda ancha.

 

Fonte: The inquirer  

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_forxa.pngNa Forxa de Mancomun.org xa se atópan dispoñibles 13 proxectos sobre o CMS TYPO3. O último en rexistrarse foi o proxecto “bygalicia” que nos ofrece a posibilidade de descargarnos como eles mesmo din “Extensións de TYPO3 desenvolvidas para o portal byGalicia.eu xunto coas extensións utilizadas no mesmo (algunhas delas modificadas segundo as necesidades do proxecto)”.

Usando o formulario de busca da Forxa de Mancomun.org podemos atopar tamén os seguintes proxectos:

 

FotosRol Proxecto que trata de desenvolver un plugin que aproveite o sistema de perfís de usuario de Typo3 para a visualización personalizada de imaxes.
Tradución ao galego do backend de Typo3 Tradución do backend de Typo3 ao galego dentro do proxecto de Internacionalización das Empresas Galegas realizado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información e desenvolto por Igalia.
Xestión de palabras chave en Typo3 Mellora das extensións existentes para a xestión de palabras chave tanto para a xeración de meta información como para a xestión de taxonomía.
gl_transstat gl_transstat, Translate Status, é un módulo de backend para o CMS Typo3. gl_transstat permite levar un seguimento do estado de tradución das páxinas, contidos, novas, etc permitindo visualizar estados inconsistentes ou traducións pendentes.
Busca sectorial (Frontend plugin) typo3 ‘Frontend Plugin’ para os tt_news. Modifica a información da táboa e as características internas de tt_news para poder categorizar toda a información interna.

Calendario para typo3 ( Frontend plugin) ‘Frontend Plugin’ para os tt_news (typo3) co ‘look & feel’ dun ‘Calendar’.
Typo3 user and page stats

Extensión que engade a funcionalidade ao backend de almacenamento/consulta de información sobre as páxinas visitadas por usuario, sesión e períodos de tempo. Tamén proporciona estatísticas do uso da ferramenta chc_forum.

Búsqueda Avanzada para typo3 Este proxecto consta dunha modificación sobre a extensión indexed_search para que sexa capaz de filtrar as buscas a partir dunha serie de datas.
Soporte Https pra o crawler de typo3 Este proxecto ofrece soporte para SSL ao crawler de typo3.
byGalicia.eu: Extensións TYPO3 Extensións de TYPO3 desenvolvidas para o portal byGalicia.eu xunto coas extensións utilizadas no mesmo (algunhas delas modificadas segundo as necesidades do proxecto).
Sistema plantillas backend Typo3 gl_be_templates é unha extensión de Typo3 que proporciona un método para realizar plantillas en backend, facilitando así a independencia da lóxica de aplicación e a presentación de datos
gl_formidable_utils: FORMidable utils Funcións de utilidades de Typo3 para empregar como callbacks dende os formularios de Ameos FORMidable.
gl_error_management: Xestión Erros Typo3 gl_error_management é unha extensión de Typo3 que proporciona un sistema para xestión de erros de frontend mediante unha pila coa traza de erros.

 

TYPO3 é un dos primeiros xestores de contidos en Software Libre e actualmente un dos máis usados.

Nun comunicado, a Consellería de Innovación, Ciencia e Empresa da Xunta de Andalucía, informou que
os Centros Tecnolóxicos de Andalucía ampliarán os seus servizos de maneira conxunta a través de internet, a través dunha nova plataforma informática de asistencia e prestación de solucións en software libre desde a que ofrecerán ás empresas andaluzas melloras nos seus procesos e na captura de valor engadido. Neste proxecto vanse integrar todos os desenvolvementos e programas informáticos que se realicen nos distintos Centros Tecnolóxicos de índole sectorial existentes en Andalucía.

Concretamente os organismos participantes son o Centro Tecnolóxico Andaluz da Pedra (CTAP), en Almería; o Centro Andaluz de Innovación e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (Citic), de Málaga; o Centro de Innovación e Tecnoloxías da Cerámica de Bailén (Innovarcilla), o Centro Tecnolóxico do Plástico de Martos (Andaltec), e o Centro Tecnolóxico Metalmecánica e do Transporte de Linares, estes tres últimos en Jaén; e nos Centros Tecnolóxicos da Madeira e o Moble de Lucena, e o Centro de Innovación e Tecnoloxía do Textil en Andalucía (CITTA) en Priego de Córdoba.
Segundo a Consellería, os representantes de todos os Centros Tecnolóxicos de Andalucía subscribiron un convenio co presidente da Fundación I+D do Software Libre.
 
A través desta nova plataforma tecnolóxica desenvolveranse “solucións informáticas comúns para diversos sectores, aumentarase a capacidade de xeración de solucións unindo esforzos e ofrecerase formación común aos desenvolvedores dos distintos centros, mellorando a eficiencia e o aforro de custos”, indicouse dende a Consellería.
 
Fonte: La Flecha

33 universidades alemanas de Renania do Norte-Westfalia, que contan aproximadamente con 560.000 estudantes, utilizarán software Linux de Novell nos seus computadores. Devanditas universidades ademais asinaron un acordo con Novell para prover aos seus alumnos de software como Linux Enterprise Desktop e Server, Open Enterprise Server, Novell Identity Manager e Zenworks.

As autoridades buscan darlle unha alternativa barata e flexible aos seus alumnos ademais de libralos de software propietario ou non libre. Novell xa ten acordos con universidades doutros estados alemáns como Turingia e Baviera.

 

Fonte: http://www.techtear.com/

Un dos maiores vendedores de sistemas de control de tráfico para cidades está portando o seu sistema de xestión de semáforos a GNU/Linux e Java en tempo real. O controlador da empresa Actros asegurarase de cumprir todos os requirimentos de seguridade, xa que é un contorno crítico.

A empresa Actros está migrando o sistema dos controladores a Sysgo ELinOS/PikeOS 4.1. Actualmente as versións deste controlador funcionan con Debian GNU/Linux 3.2, pero espérase que para finais de ano estea migrado completamente ao novo sistema.

O sistema de control de tráfico Actros xa se está a usar en cidades como Frankfurt, Stuttgart, Praga, Budapest, Viena, Polonia ademais doutras cidades europeas…

Pódense atopar un montón de características sobre o sistema de control e xestión do tráfico, esquemas de funcionamento, rendemento, etc… na fonte orixinal da nova en http://www.linuxdevices.com

JumpJUMP é unha aplicación [[SIX]] modular de código libre que permite a consulta e a creación / modificación de datos xeográficos vectoriais almacenados baixo distintos formatos incluídos como [[GML]], [[DXF]] ou [[ESRI]] [[shapefile]]. O programa permite tamén a explotación de servizos [[WMS]].

Este Sistema de Información Xeográfica está programado en Java e é multiplataforma. A súa arquitectura modular facilita a creación de numerosos plugins que engaden funcionalidades específicas tales como: comprobación da topoloxía, xeración de modelos dixitais do terreo, lectura de formatos raster, métodos de interpolación (kriging, triangulación de Delaunay, polígonos de Voronoi), tracing, creación de metadatos, etc… Recentemente foi publicada a versión 1.2 Pre-release e está dispoñible en varios idiomas.

Páxina oficial do proxecto: JUMP
Sourceforge: JUMP project  

SIESTTA é unha aplicación que permite xestionar vía web toda a información xerada durante o proceso educativo, dentro e fóra da aula. Trátase dun software creado por docentes para docentes. Distribúese cunha licenza GPL e polo momento está en versión BETA.
Mediante esta aplicación, o docente terá un acceso rápido e sinxelo a todos os datos dos seus alumnos así como a posibilidade de xerar informes actualizados.
En breve estará dispoñible para a súa descarga a última versión que inclúe moitas melloras, como o módulo de comunicación coas familias, mediante o que estas poderán estar ao día da información que lles interesa sobre os seus fillos tanto por vía web como mediante documentos escritos.

As súas características principais son:

Para o docente:

  • Formularios de rexistro de datos sobre asistencia, cualificacións, tarefas, observacións, entrevistas.
  • Axenda persoal onde incluír as datas de exame, citas privadas, mensaxes,etc
  • Acceso ás fichas do seu alumnado, dispoñendo en segundos da información requirida.
  • Xeración de boletíns actualizados así como informes de asistencia, cualificacións, tarefas, observacións, tanto individuais como de agrupamento.
  • Xeración e xestión de correspondencia coas familias e resto de docentes do Centro
  • Xeración de informes de titoría e de resultados de avaliación.
Para as familias:
  • Acceso aos datos de asistencia, cualificacións, tarefas e observacións rexistrados polos docentes.
  • Comunicación cos docentes mediante mensaxería interna.
  • Recepción de correspondencia e boletíns coa frecuencia que desexen sen que supoña un esforzo adicional.

Fonte: Web do autor de SIESSTA

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_entrans.png OpenProj é a alternativa ao software de Microsoft, MSProject. OpenProj conta coas mesmas funcionalidades, ten unha interface de usuario amigable e pode traballar cos ficheiros nativos de MSProject. Esta ferramenta de xestión de proxectos está desenvolvida en linguaxe Java, e pode empregarse en GNU/Linux, Unix, Mac e MS Windows.

OpenProj está localizado ao inglés e francés e dende agora ao castelán. Os ficheiros para a localización ao galego de OpenProj xa están dispoñibles no Entrans de Mancomun.org para a súa tradución.

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner-rotate.jpgO sábado 1 de setembro chega ao seu fin o obradoiro “Novas Ferramentas de Internet: Gmail, iGoogle e WordPress ” que comezou durante o mes de agosto e que tivo lugar no Centro Comarcal do Salnés.

O obradoiro está dividido en dúas sesións de 3 horas cada unha en horario de mañá os sábados desde as 11:00 até as 14:00 horas. Na primeira, móstrase as distintas funcionalidades do correo electrónico de Google Gmail, e o escritorio virtual iGoogle e na segunda sesión, centrase na creación dun blogue desde cero, usando o Software Libre WordPress.

Os obxectivos do obradoiro son mostrar novas alternativas para o manexo do correo electrónico, creación dun escritorio virtual e blogues.

O obradoiro está enfocado tanto ao público en xeral como tamén para asociacións. Sobre todo para estas últimas, posto que o aproveitamento destas tres ferramentas poden permitirlles, entre outras cousas, mellorar a súa comunicación tanto interna como externa por medio do correo electrónico, darse a coñecer dunha maneira sinxela mostrando as súas actividades, os seus obxectivos, eventos nos que participan, etc… a través da creación dun blogue e por último ter acceso a outras ferramentas gratuítas online desde un escritorio virtual.

Segundo a web da Rede de dinamización, como houbo bastante interese por parte da xente, neste obradoiro fixéronse dous grupos, un formado por 6 persoas, que participaron os pasados 11 e 25 de agosto, e outro formado por 9 persoas que acudiu o pasado 18 de agosto e que rematará a súa participación este sábado 1 de setembro.

http://www.mancomun.org/images/stories/omnium.pngOmnium Open Source é un software baseado en web, deseñado especificamente para a colaboración e formación en liña de profesionais, educadores e público en xeral dentro do eido das artes gráficas e visuais.

As características de Omnium para facilitar a interatividade entre os usuarios son:

  • Novas, un apartado de novas onde os coordinadores e administradores publican anuncios.
  • Resumos/Actividades, onde se atopan os detalles de cada proxecto específico.
  • Lecturas/Recursos, zona onde se almacena o material do cursos e recursos.
  • Chat, permitindo aos usuarios conversas tanto entre grupos de usuarios como nas zoas privadas de traballo en grupo.
  • Galerías, é a área onde os administradores/mestres poden postear o seu traballo seleccionado en portafolios individuais ou en murais de equipo.
  • Taboleiro de mensaxes, é a ferramenta de comunicación principal.
  • Área de Ligazóns, os coordinadores poden poñer ligazóns.
  • Equipos, onde se pode xestionar os ficheiros compartidos, perfís de usuarios, discusións de equipo, feedback, …

Máis características de Omnium Open Source

O fabricante de compoñentes electrónicos Toshiba incorpora, na serie Z3500 da nova clase de televisores REGZA LCD, un PC con GNU/Linux adicado a servir e compartir contido. Grazas aos tres conectores Ethernet que incorpora os usuarios poden pasar medios de calquera dispositivo Digital Living Network Alliance (DLNA) ou gravadores integrados VARDIA de Toshiba. Os portos USB soportan discos duros externos para gravación DVR, segundo anuncia Toshiba.

As pantallas venderanse primeiro en Xapón e comezarán cos aparatos máis pequenos de 37 e 42 polgadas, que se venderán a finais de setembro por 3.153 e 4.028 dólares respectivamente…

Fonte:
http://vivalinux.com.ar/hard/toshiva-tv-lcd-con-linux.html

As liñas aéreas de Singapur comezarán a usar o superjumbo A380 o 26 de outubro, e unha das sorpresas está no asento de cada pasaxeiro:  o seu computador persoal de GNU/Linux, executando [[Red Hat]]. Ademais doutros entretementos para a pasaxe, os clientes poden tamén utilizar [[StarOffice]].

Teñen a súa disposición outros gagdets, como unha rañura USB para importar / exportar documentos ou conectar o teu propio teclado / rato. O tamaño de pantalla varía con respecto as seccións nas que se estea cubicado, de 10.6” (1280×768) na turista, 15.4” en bussines e 23” na primeira clase (xunto con auriculares libres de ruídos). O sistema xa está dispoñible nos avións actuais de B777-300ER e tamén será equipado no próximo B787 Dreamliners.

 

Fonte Slashdot  

O proxecto “Computadora-Discapacidad” é unha proposta de uso de software que facilmente pode ser posto en funcionamento nas escolas, xa que a maioría do software que atopamos é Software Libre (tamén hai [[freeware]]). Co software dispoñible téntase dar resposta ás necesidades educativas especiais dos alumnos con diversidade funcional.

En abril deste mesmo ano, publicaron un documento onde se comparten os avances obtidos, así como unha lista do software máis interesante. O documento é o resultado dunha investigación de máis de 5 anos…

Esta investigación (desenvolvida na Benemérita Escola Normal Veracruzana e o Centro de Estudios Superiores en Educación) foi levada a cabo por David Alejandro Torres López, especialista nas áreas de educación especial e tecnoloxía.

O proxecto foi creado orixinalmente en México, e actualmente podemos atopar software de moi diversa utilidade, desde software para facilitar a lectura da pantalla, a escritura, movemento do rato, etc… Tamén podemos atopar manuais de autoaprendizaxe e unha listaxe dos eventos relacionados que se están a levar a cabo actualmente.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal