Mancomún
Co nome de FLOSSInclude e financiado polo VII Programa Marco da Unión Europea, o proxecto de dous anos de duración será levado a cabo por un equipo formado por institutos de investigación, axencias gobernamentais, empresas privadas e organizacións non gobernamentais de 9 países: Arxentina, Camboia, China, Ghana, India, Sudáfrica, Reino Unido e España. O consorcio está encabezado por UNU-MERIT, un centro de formación e investigación integrado da Universidade das Nacións Unidas e da Universidade de Maastricht en Holanda.

 
O proxecto FLOSSInclude porá en marcha unha análise exhaustiva das necesidades técnicas, de mercado e socio-políticas para o crecemento do uso, despregamento e desenvolvemento do FLOSS nas rexións que forman parte do consorcio. Ademais o proxecto tamén se propón consolidar a rede que se vai a crear durante a realización do estudo para promover a colaboración internacional entre a UE e países en vías de desenvolvemento. A importancia para España deste singular proxecto sublíñase coa participación nel da Universidade Rei Juan Carlos e a Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e a Tecnoloxía en Estremadura (FUNDECYT).

FLOSSInclude completa o traballo xa emprendido por varios dos socios no seu estudo pioneiro FLOSWorld proporcionando unha análise contextual baseado nas experiencias particulares e nacionais das organizacións e países participantes.

En concreto FUNDECYT coordinará o paquete de traballo máis ligado cos aspectos sociais do Software Libre, dada a súa experiencia consecuencia do impacto social obtido en Estremadura tanto coa utilización de software de código aberto, como coa creación da incubadora de empresas de base tecnolóxica. Ademais encargarase dar soporte ás redes de colaboración e a diseminación dos resultados finais do estudo.

Os primeiros esforzos dos socios servirán para pór en práctica servizos, ferramentas e solucións baseadas en FLOSS, asegurándose da súa efectividade en custos e a súa utilidade en diferentes contornos. O resultado plasmarase nunha “folla de ruta” para a futura cooperación en investigación para o desenvolvemento na UE, a partir de solucións validadas para necesidades claramente identificadas. Xunto co empuxe masivo a diseminación e colaboración en rede, FLOSSInclude ten como obxectivo asegurar un impacto máis aló da duración do proxecto. Pódese atopar a declaración de intencións dos participantes nesta ligazón.

 
 
Fonte: Regiondigital.com  

Onte, o conselleiro de Industria e Sociedade da Información de Castilla-La Mancha e o alcalde de Albacete firmaron un convenio de colaboración para a promoción e uso de Molinux , a distribución do goberno autonómico, na sección de emprego e formación do concello desta localidade.

Mediante o CESLCAM (Centro de Excelencia de Software Libre de Castilla-La Mancha), o convenio contempla, entre outras, actuacións como a formación de empregados e a celebración de eventos para a difusión do uso do Software Libre para aproveitar todas as vantaxes que ofrece, segundo informou a Junta de Castilla-La Mancha nun comunicado…

 

Unha vez firmado o convenio, inaugurouse unha exposición de Software Libre composta por unha serie de paneis informativos onde se ilustra a historia e características deste software para difundir e ampliar o coñecemento do mesmo entre todos os cidadáns da rexión.

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.diarioalbacete.com/index.php?modulo=noticia&id=132765

Platinum Arts Sandbox (caixa de area para crear xogos infantís) é un instrumento de deseño de xogos que permite aos usuarios crear fácil e rapidamente os seus propios xogos, incluso cooperativamente. A ferramenta, segundo conta o autor na súa páxina, “úsase actualmente nun colexio de secundaria en Illinois e foi usada durante un campamento de verán para nenos noutra escola. Ademais de que varios colexios contactaron comigo para usar a ferramenta.”

Cabe mencionar a galería de imaxes da ferramenta onde se poden ver exemplos de uso da mesma por nenos de corta idade…

Ademais na web, atópanse ligazóns a outros recursos educativos tamén en Software Libre, tales como:
http://childsplay.sourceforge.net/
http://tuxpaint.org/

Páxina de Platinum Arts Sandbox:
http://www.kids.platinumarts.net/

En Mancomun.org levamos tempo ofrecendo o servizo de envío do boletín de novas semanais en formato HTML aos usuarios rexistrados da nosa web.

O boletín en HTML é un mero resumo das novas aparecidas na web durante a semana, así como dos eventos relacionados co Software Libre que haberá na seguinte semana. A calidade visual e de impresión do boletín dista moito do desexado para poder imprimir xa que, pensando en que ocupe o menos posible na vosa caixa de correo electrónico, decidimos usar o formato HTML.

Pois ben, agora decidimos crear un boletín de novas cun formato óptimo para a súa impresión, mellorando ademais a súa maquetación. Este boletín, en formato PDF, poderédelo atopar todos os venres pola tarde na sección de descargas na categoría de “Documentos” e no cartafol de “Boletín de Mancomun.org”.

Aquí tendes a primeira entrega do mesmo:
Boletíns semanais de Mancomun.org

Calquera suxestión sobre o formato ou contido do mesmo enviádenola ao enderezo:
mancomun@mancomun.org

A S.A.X. CESGA convoca unha praza de técnico de comunicación para o proxecto Mancomun.org. Os requirimentos da praza pódense consultar na oferta completa na seguinte ligazón: Oferta completa (pdf).

As actividades a desenvolver dentro do posto, serán, entre outras:

  • Difusión dos contidos e resultados das actividades desenvolvidas por Mancomun.org
  • Elaboración de documentación para a difusión das actividades de mancomun.org.
  • Organización de eventos (seminarios, congresos, feiras, etc.) 
Asemade, a S.A.X CESGA tamén convoca outra praza de técnico para o proxecto “SÓCRATES”.

 
A descrición deste posto é a seguinte:
  • Instalación e configuración de contornos web baseados en Software Libre que se axusten aos requirimentos dos proxectos.
  • Mantemento dos servidores e servizos relacionados.
  • Programación de módulos adicionais que sexan necesarios.
  • Soporte técnico aos usuarios.
  • Comunicación co resto dos socios europeos dos proxectos.
  • Presentación de resultados en conferencias ou congresos nacionais e internacionais.

Os candidatos deberán enviar C.V., indicando a referencia correspondente á oferta de emprego na que estean interesados, antes das 14:00 horas do 27-02-2008:

  • Correo electrónico: emprego@cesga.es
  • Avenida de Vigo, s/n (Campus Sur) 15705 Santiago de Compostela

Estas dúas ofertas foron enviadas á lista de ofertas de emprego de Software Libre de Mancomun.org.

Fonte:
Páxina web do CESGA

GaiaPocket é un cliente SIX feito en Visual Basic ([[.NET]] Compact [[Framework]]). Este cliente [[SIX]] é unha ferramenta que permite navegar nos Sistemas de Información Xeográfica.
Con GaiaPocket pode personalizar os clientes para sistemas de información xeográfica usando as bibliotecas de baixo nivel:

  • GaiaGIS manexa a asemblea modelo de datos GIS (clases, solicitudes, etc)
  • GaiaPocketViewer trae un conxunto de controles visuais (usando formularios Compact Framework) para construír de forma  sinxela un cliente SIX, incluído o control MapViewer que mostra un mapa con solo de baldosas con diferentes funcións, entre elas a de arrastre de zoom.

 

Descarga: Sf.net  

http://www.mancomun.org/images/stories/gretl-logo.pnggretl, (Gnu Regression, Econometrics and Time-series Library), é un paquete de software para análise econométrico desenvolvido na linguaxe de programación C. Gretl ten o seu propio formato de ficheiros en XML pero tamén traballa con ficheiros CSV, follas de cálculo de Excel e Gnumeric, ficheiros .dta de Stata, ficheiros de traballo de Eviews ou o seu propio formato binario de base de datos RATS4. gretl vén cunha base de datos macroeconómicos dos EEUU.

gretl está baixo licenza GNU/GPL e pódese descargar dende Sourceforge.

Características:

  • Interface fácil e intuitiva (agora en Español, Francés, Italiano, Polaco e Alemán ademais do Inglés).

  • Inclúe unha gran variedade de estimadores baseados en mínimos cadrados e máxima verosimilitude, entre eles, estimadores de sistemas de ecuacións.
  • Ten instrucións sinxelas para realizar cousas como o contraste de Dickey-Fuller aumentado, o contraste de estabilidade estrutural de Chow, autorregresións vectoriais ou estimación de modelos ARMA.
  • Os resultados dos modelos pódense gardar como ficheiros LaTeX, en formato tabular e/ou de ecuación.
  • Inclúe unha linguaxe de programación vía scripts: as ordes pódense introducir por medio dos menús ou por medio de scripts.
  • Estrutura de bucles de instrucións para simulacións de Monte Carlo e procedementos de estimación iterativos.
  • Controlador gráfico mediante menús, para afinar os gráficos de Gnuplot.
  • Enlace a GNU R para análises máis sofisticadas dos datos.

A páxina do proxecto ten seccións específicas para MS Windows e Mac OS nas que se recollen as instrucións de instalación e outros programas adicionais para traballar conxuntamente con gretl.

Fonte: Aplicaciones Empresariales

Durante o Google Summer of Code do ano pasado, un dos estudantes, contando coa colaboración dos seus mentores (un traballador de Sun e outro de Novell) desenvolveu un conxunto de transición de diapositivas 3D para o OpenOffice.org Impress.

Esta nova característica para o OpenOffice.org estará dispoñible para o OpenOffice.org 2.4 (marzo 2008); pero só para Linux. Tamén se dispoñibilizará como extensión e outras edicións de OpenOffice.org como OxygenOffice e Go-Oo tamén o poderán integrar nun futuro. Actualmente pódese descargar unha versión experimental só para desenvolvedores para Linux

En YouTube pódese ver un vídeo de exemplo destas novas características:

 

Fonte da nova:
http://www.oooninja.com


http://www.mancomun.org/images/stories/linux-desktop-survey.jpgLinuxDevices.com lanza a súa oitava enquisa anual de integración de sistemas GNU/Linux nos computadores e invita a todos os seus lectores a participar respondendo ás 22 preguntas dunha forma rápida e sinxela.

Durante os últimos 8 anos, esta enquisa anual ofrece un conxunto de datos vitais para a industria ademais de identificar cara onde avanzan as tendencias de mercado, xa que ofrece o punto de vista de máis de 300.00 lectores.

Podes facer a votación na seguinte ligazón:
2008 Embedded Linux Market Survey

E podes consultar os resultados provisionais na seguinte:
Resultados provisionais do 2008

Resultados do ano anterior:
Resultados do 2007

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner-rotate.jpgO Concello de Mugardos en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e Mancomun.org, abre o prazo de inscrición para os cursos de base de datos e de folla de cálculo, coas ferramentas de OpenOffice Base e de OpenOffice Calc respectivamente.

O prazo de inscrición para ditos cursos pecharase o 14 de marzo e contan con 15 prazas cada un deles.

Requisitos: coñecementos a nivel usuario/a de informática.

Para inscribirse achegarse a aula de formación Francisco Vizoso, na Parroquia de Franza dentro do seguinte horario:

Luns, mércores e venres de 11 a 15 horas e de 16 a 21 h.

Martes e xoves de 16 a 21 h.

http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

TCO, en inglés “Total Cost of Ownership”, é un método para describir todos os custes asociados a unha infraestrutura. A pesar de ser un termo que xa apareceu na década dos 80, aínda non existe un método estándar para comparar dous TCO. Neste senso, a ferramenta TCO-Tool pode axudar.
 
TCO-Tool é unha ferramenta desenvolvida polo goberno suízo, que ten como principal obxectivo permitir o cálculo dun TCO, ademais da creación de modelos transparentes de calquera tipo de infraestrutura para poder comparar estes custes entre eles…

 

Toda o código e documentación do proxecto pode descargarse desde a páxina do proxecto en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/tcotool/

Algúns casos de éxito de uso desta ferramenta son:

  • O goberno suízo calculou os custes da infraestrutura de PC de polo menos 3 departamentos.
  • Algunhas pequenas e medianas empresas de Suíza.
  • Algunhas teses doutorais usaron a ferramenta para os seus cálculos.
  • Diversas compañías e universidades de todo o mundo solicitaron a ferramenta: Alemaña, Austria, Francia, Brasil, China, etc..

Nos últimos meses, o Software Libre está á alza na Universidade de Stanford grazas ao laboratorio de Software Libre de Stanford. Inspirados por grupos como a Free Software Foundation, Drupal ou o Open Course Ware do MIT,un grupo reducido de xente decidiu xuntar e dedicar o seu tempo e enerxía para desenvolver un base de coñecementos libre.

Na nosa comunidade, soen ser máis comúns as oficinas de Software Libre, como poden ser a de Coruña, ou a futura oficina da Universidade de Santiago,…

Tamén non podemos esquecer as diversas iniciativas froito do esforzo de voluntarios que se desenvolven na maioría das universidades do país:
Busca de novas en mancomun.org relacionadas

PIM XtremePIM Xtreme e un programa deseñado para organizar información persoal. A súa interface pode configurarse a gusto do usuario en todo tipo de detalles. Algunhas das súas utilidades son:

  • axenda que contén os contactos, anotacións codificadas, tarefas, eventos, calendario
  • xestión de finanzas (contas bancarias, movementos, etc.)

 
Toda a información é gardada nunha base de datos relacional ([[MySQL]]), o que permite acceder a ela de moitos xeitos. No caso de querer exportar os contidos, pódese facer facilmente grazas á compatibilidade de PIM Xtreme con formatos moi estendidos como [[CVS]] e [[XML]].

 

Descarga: Sf.net  

http://www.mancomun.org/images/stories/idabc-logo.png Tanto a administración da rexión da Toscana como da provincia de Pisa, a Universidade de Pisa e o centro de negocios de Navacchio, en Italia, firmaron un acordo no que se comprometen  “a promover a investigación e diseminación da tecnoloxía e a aplicación de solucións en Software Libre”.

As catro organizacións estiveron de acordo en crear un centro de Software Libre na provincia de Pisa. O obxectivo deste centro e estender o uso de Software Libre na educación, na investigación e nas empresas. O centro comezará ofrecendo cursos e formación tanto técnica como administrativa para o persoal da administración pública así como para o das empresas…

O vicepresidente da rexión, Federico Gelli, dixo que as actividades do centro deberíano impulsar até un nivel nacional e liderar o incremento de uso deste tipo de software. Gelli comentou que a administración da rexión de feito xa estaba usando Software Libre nos PC do persoal ademais de que 45 proxectos do goberno usaban xa Software Libre.

A provincia de Pisa leva desde o ano 2000 cun crecente interese polo Software Libre xa que consideran que o Software Libre é esencial para o desenvolvemento da sociedade da información, modernizar o goberno e axudalo a ter en conta aos cidadáns.

Máis información na fonte orixinal da nova:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7368/469

http://www.mancomun.org/images/stories/google_ghoplogosm.jpgO concurso “Google Highly Open Participation Contest” de Google para involucrar á mocidade no desenvolvemento de Software Libre, xa deu a coñecer aos seus gañadores, entre os máis de 400 rapaces que se rexistraron.

Os gañadores foron elixidos dentro de cada proxecto que rexistrado, polo que o total de gañadores foi de 10 rapaces aos que lles espera unha viaxe ao cuartel xeral de Google en Mountain View, California para unha cerimonia de celebración. Na páxina co listado de gañadores podes ver os méritos que fixeron durante o concurso para obter este premio…

 

Máis información na páxina do concurso:
http://code.google.com/opensource/ghop/2007-8/

http://www.mancomun.org/images/banners/xgn08.gif Hoxe presentouse oficialmente o Xuventude Galiza Net 2008, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude dependente da Vicepresidencia, e que reunirá a mediados do mes de marzo en Compostela a máis de 1.500 mozos. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela destacou o tirón desta novena edición do evento, para o que as inscricións se cubriron en menos de 28 segundos e cuxo portal de Internet ten recibido máis de 50.000 visitas.

Unha das principais novidades deste ano é o potenciamento do Software Libre. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información a través de mancomun.org vai colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude na coordinación e organización de todas estas actividades de difusión do Software Libre. Así, mancomun.org estará presente cun stand na extranet da XGN ao que convidou ás Asociacións de Usuarios de Linux de Galiza dende onde se difundirá o SwL entre os todos os asistentes ao evento.

Ademais haberá relatorios de SwL entre os que xa temos confirmada a participación de AGASOL cun relatorio sobre emprego e SwL, e estanse artellando outros organizados polas distintas Asociacións de Usuarios de  Linux de Galiza. Organizaranse tamén obradoiros e concursos relacionados co SwL. Todo isto irase publicando no programa de XGN08 segundo se vaian confirmando.

A organización do evento repartirá unha memoria USB a cada un dos 1.500 participantes, que inclúe un sistema operativo Linux en galego, o OpenOffice.org e outras utilidades…


Xuventude Galiza Net é un encontro informático que ten por obxectivo facer partícipes aos máis novos dos avances tecnolóxicos e fomentar as relacións entre os mozos interesados na informática, tanto profesionais como estudantes ou afeccionados, de xeito que poidan afondar nos seus coñecementos e amosar as súas inquedanzas e propostas sobre o mundo das novas tecnoloxías. Este encontro pretende tamén ser o marco no que os mozos poidan desenvolver e dar saída á súa creatividade en temas como programación, deseño gráfico, multimedia…
  
Máis información:
Vicepresidencia
http://www.xuventudegaliza.net/galego/index.php
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal