Mancomún
CesclamO Centro de Excelencia de Software Libre de Castilla-La Mancha (Ceslcam) pertencente ao Parque Científico y Tecnológico de Albacete e patrocinado pola Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha presenta o Curso ONLINE de Programación Java para informáticos con coñecementos básicos desta linguaxe de programación. Este curso en liña forma parte da actividade deste centro que serve de medio para a difusión do Software Libre na comunidade manchega.
 

Cunha duración de 75 horas (60 h online e 15 h en presencial) o curso ten como obxectivo principal incrementar o nivel de formación de técnicos informáticos en Java dada a crecente demanda do mercado laboral. Ceslcam dentro da súa liña xeral de difusión rexional do Software Libre planificou outros cursos sobre a distribución da Junta, Molinux, ou OpenOffice.org que se irán presentando periodicamente.

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.pngA distribución Skolelinux 3.0 orientada ao uso educacional forma parte agora do proxecto Debian baixo o nome “Debian-EDU”. Esta baseada en Debian 4.0 (“etch”), é sinxela de instalar e ademais contén un amplo número de aplicacións educacionais con máis de 80 aplicacións seleccionadas para uso pedagóxico, con soporte para máis de 50 linguaxes.

O seguinte reto no desenvolvemento de Skolelinux será a integración da distribución educacional baseada en Debian chamada LinEx en Debian-Edu. Na actualidade LinEx é unha distribución da Junta de Extremadura que a empregan máis de 250.000 estudiantes e empregados públicos da comunidade autónoma extremeña.

Fonte:
http://lwn.net

 

Recentemente publicouse unha nova versión do Pang Zero, o cal é un clon mellorado do Super Pang, un xogo arcade no cal o usuario debe destruír uns balóns cun arpón. Este era un dos clásicos das salas de xogos, ata fai poucos anos.

Nesta versión poden participar até seis persoas no mesmo computador. É un xogo multiplataforma e con licenza GPL. Para executalo soamente se necesita ter o perl-SDL instalado. Nesta última versión (a 1.3) fixéronse melloras nos apartados de gráficos e na súa integración co sistema operativo Windows.

Ligazóns:

Páxina oficial

Descargas  

A versión 2.6.23 do kernel de Linux incluirá as tecnoloxías de virtualización Xen e Iguest. Desde a versión 2.6.20 xa contaba coa plataforma de virtualización KVM.

Xen foi desenvolvido pola Universidade de Cambridge e é un dos sistemas de virtualización máis populares que, coa súa inclusión no kernel, daría un paso importante á hora de competir con VMware. Iguest é un sinxelo hipervisor para executar máquinas virtuais Linux sobre Linux. Ao contrario que KVM, non require hardware con VT/SVM (as solucións de virtualización HW de Intel e AMD).

 

Fonte da nova. The Inquirer

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_drqueue.pngDrQueue é un software para xestión dunha granxa de renderizado de imaxes con licenza GPL e funciona baixo GNU/Linux, FreeBSD, Irix, Mac OS X e Windows.

DrQueue distribúe tarefas baseadas en comandos tales como o renderizado de imaxes e está composta de tres ferramentas fundamentais: o “master”, o “slave” e o “drqman”. As tarefas principais de cada unha das ferramentas son as seguintes:

  • O “master” actúa como servidor, onde se almacean todas as tarefas e onde os computadores que executan os “slaves” informan do estado das súas tarefas.
  • Os “slaves” executan en cada nodo a granxa de renderizado. Informan ao “master” sobre o seu estado de carga, e si cumpren determinadas condicións para renderizar.
  • “drqman” é a interface gráfica (baseada en GTK) usada para controlar os traballos e os computadores. Con “drqman” pódense priorizar traballos, paralos, reinicialos e moitas máis cousas.

DrQueue agora tamén inclúe DrKeewee, un servizo web que permite comprobar o estado  dos computadores da granxa a través dun navegador web. DrKeewee foi desenvolvido totalmente en python.
 
Captura de pantalla do funcionamento de DrQueue (prema na imaxe para vela máis grande ou ver outras capturas):
http://www.mancomun.org/images/stories/drqueue.jpg

 
Algúnhas películas onde se usou DrQueue inclúen “Elephants Dream (a primeira película totalmente libre), “Piratas del Caribe: el cofre del hombre muerto” e “Donkey Xote”.
Páxina oficial do proxecto:
http://www.drqueue.org/  

Virtual Magnifying Glass é unha lupa virtual feita con Software Libre e que se pode executar en Windows, Linux (rpm e tar.bz2) e FreeBSD (unha das futuras características é o soporte para Mac OS X e Pocket PC).

Virtual Magnifying Glass está deseñada para persoas con problemas visuais e outras que necesiten agrandar algunha parte da pantalla. Ao contrario que moitos programas similares, Virtual Magnifying Glass non abre outra aplicación nunha ventá aparte, senón que debuxa unha lupa con aumento que se pode mover libremente pola pantalla…

Captura do funcionamento de Virtual Magnifying Glass (prema na imaxe para vela máis grande)

http://www.mancomun.org/images/stories/captura_virtual_magnifying.png


 
Na web oficial tamén atopamos unhas ligazóns a recursos (libres e non libres) interesantes para persoas con problemas visuais. Así temos tamén:
 

  • The Screen Magnifiers Homepage: páxina con información sobre programas para aumentar a pantalla.
  • InContrast: páxina especialmente deseñada para persoas que usan temas de escritorio de alto contraste con información de todo tipo.
  • Braille virtual: Braille Virtual é un curso online e libre baseado en gráficos con animacións cuxo obxectivo é ensinar Braille a persoas que si poden ver e orientado especificamente a pais, nenos e mestres.
 
Virtual Magnifying Glass está desenvolvido usando Lazarus.
Páxina de Virtual Magnifying Glass:
http://magnifier.sourceforge.net/

A televisión pública de Gran Bretaña está a considerar facer que o seu servizo de televisión por internet, visible a través de iPlayer, sexa capaz de se executar noutros sistemas operativos alén do Windows.

Representantes da BBC e do Open Source Consorcium (OSC), unha organización que está a criticar á BBC por facer que os seus programas funcionen só en Windows, reuniranse para discutiren este tema e debateren alternativas…

A BBC presentará o seu reprodutor este mes, un software que lles permitirá aos seus usuarios ver os programas de TV nos seus ordenadores. Os programas poden gardarse por un número de días até que se borran. A primeira versión do iPlayer só se podía empregar en ordenadores que tivesen Microsoft Windows, mais a versión para Mac aparecerá en outono.

O OSC criticou duramente á BBC por ser un organismo financiado por fondos públicos e adoptar tecnoloxías que excluían directamente ao 25% dos usuarios. A BBC contestou que o seu inicio foi coa versión de Windows porque chegaba a máis persoas. Porén, a BBC tamén está a ser criticada por combinar o seu iPlayer con programas DRM.

Ligazón:
http://ec.europa.eu/idabc/en/document/7160/469

OpenLaszlo é un contorno de desenvolvemento que permite a creación de aplicacións para Internet con interfaces sofisticadas, con animacións, son e 3D dunha maneira sinxela e eficiente, utilizando para iso a linguaxe [[XML]] (Extensible Markup Language) e [[JavaScript]].
 
As aplicacións son compiladas directamente como ficheiros Flash (SWF) que se poden executar en calquera sistema operativo e con calquera navegador web actual. Tamén se pode poñer en produción como servlets Java tradicionais. Este último método require a instalación do OpenLaszlo Server.

 

Na sección de demos podemos atopar aplicacións tan interesantes como este calendario:
Demo do calendario

Ademais tamén acaban de presentar a primeira aplicación para o teléfono iPhone de Apple:
1ª aplicación para o iPhone de Apple

Electronics Devices Manufacturer (EDM Electronics) é unha empresa de Jaén que ten por actividade a fabricación de equipos electrónicos, informáticos e de telecomunicacións. EDM funciona como Centro Especial de Empleo que realiza un labor de inserción laboral de persoas con algún tipo de discapacidade. Para adaptarse ás condicións especiais dos seus empregados decidiron implantar Ubuntu nos computadores dos seus 120 traballadores. Os responsables decidironse por esta distribución de GNU/Linux pola accesibilidade do escritorio Gnome.

Fonte orixinal:  De  Minorías

Meter Hutterer, estudante dos laboratorios de Wearable Computer Lab da universidade do Sur de Australia, liberou unha nova versión de MPX (Multi-Pointer X Server). Trátase dunha modificación da implementación de Xorg do sistema X Windows que permite múltiples cursores para múltiples usuarios.

Agora esta actualización soporta pantallas planas táctiles, convertendo MPX nunha aplicación similar ao ambicioso Microsoft Multipoint SDK.

Podes ver un vídeo do seu funcionamento premendo en “Ler máis”… 

 

 

 

Vídeo máis recente do funcionamento de MPX:

 

 

Páxina orixinal do proxecto:
http://wearables.unisa.edu.au/mpx

Fonte:
http://www.vivalinux.com.ar

Viking é un software desenvolvido baixo a licenza GPL para xestionar datos GPS. Con Viking pódense importar e trazar rutas e puntos de paso, amosar mapas de Google maps e/ou Terraserver, coordinar liñas, facer novas rutas e puntos de paso, ocultar diferentes obxectos, etc…

Está escrito en C co toolkit GTK+ 2, dispoñible para GNU/Linux, outros sistemas POSIX e Windows…

Podes comprobar o estado do proxecto mirando as capturas de pantalla. Tamén podes descargar o software e probalo e despois comentar que pensas do mesmo na lista de desenvolvemento do proxecto.

O vicepresidente primeiro da cidade autónoma de Melilla, Miguel Marín, presentou, nunha rolda de prensa, a terceira versión de Melinux, a distribución de software libre promovida por esta cidade, e os avances que se conseguiron logo de dous anos de funcionamento.

Nesta rolda de prensa destacou as vantaxes deste produto, totalmente gratuíto, de libre distribución e de fontes abertas, e salientou as melloras significativas da última versión canto á facilidade de instalación e á compatibilidade cun maior número de dispositivos.

Tamén destacou a gratuidade do produto e a posibilidade da súa copia sen restricións, ao mesmo tempo que o aforro que para a propia cidade está a supor a súa implantación nos ordenadores persoais que, actualmente, xa é da orde dos 60 equipos, mais a intención é instalalo nos 500 que posue a administración. Este feito supuxo un aforro en licenzas duns 36 000 euros, algo que para o usuario final pode ser bastante atractivo, máis aínda se se considera que existe un servizo de soporte técnico e asesoramento gratuíto que a propia cidade autónoma presta, nunha primeira fase, até o ano 2010, cunha posíbel ampliación, nunha segunda fase, de dous anos máis. Esta contía económica reverterá directamente na cidadanía, segundo expresou Marín, «xa que con ese diñeiro vanse realizar outras actuacións».

Por último, Miguel Marín destacou que o material dos cursos de formación gratuítos que imparte a cidade coa finalidade de dar a coñecer entre os melillenses as vantaxes deste produto, xa foi actualizado ás novas funcionalidades que se incorporaron ao produto nos últimos meses. Ao mesmo tempo, levouse a cabo unha campaña específica adaptada aos meses de verán, en que destaca a formación no manexo de Melinux para os máis pequenos.

Melinux pódese descargar na páxina web da cidade autónoma, ou na da propia distribución.

Fonte: Gaceta Tecnológica

A empresa de Vigo Servicios Industriales Pesqueros busca dous programadores webs con experiencia e coñecementos en PHP e MySql en sitios de tráfico alto. O desenvolvedor tería que traballar na parte do servidor e do cliente para traballar nun equipo con maquetadores e deseñadores gráficos para o desenvolvemento de novos sitios e mantemento dos xa desenvolvidos.

Requírese como mínimo formación profesional de grao superior. O contrato será indefinido e o salario estará entre 18.000 e 30.000 euros.

Máis información na oferta que a empresa publicou no portal Infojobs.  

Iria Flavia Consultoría e Formación é unha empresa que desde hai trece anos vén dedicándose ao ensino de idiomas. Desde este ano incorpora ao seu catálogo formativo cursos de informática para empresas baseados principalmente no Software Libre. Ademais a súa web ten unha sección enteira adicada a explicar o que é o Software Libre, reflicte algúns casos de éxito e ten ligazóns a aplicacións libres para empresas.
 

Entre a formación ofrecida atopamos consultoría e formación sobre Software Libre, ofimática con Linux, creación de webs dinámicas con contornos LAMP ou creación de Wikis corporativos.
http://www.mancomun.org/images/banners/rotate/banner_firefox.jpgO Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios. Unha das características máis salientables deste navegador é o seu sistema de complementos que permite ampliar ás súas funcionalidades. 

A continuación amósase un pequeno listado de complementos que poden ser de utilidade:  

» Firefox en galego, este complemento permite mudar a interface de usuario para tela totalmente en galego. 

http://www.mancomun.org/images/stories/spell_checker.jpg» Diccionario de galego, traballa incorporado a todos os campos de formulario nos que se pode inserir texto tendo a opción de corrixir a sintaxe premendo co botón dereito do rato.

… 

» Locale Switcher, posibilita cambiar o escenario de execución do navegador para indicarlle que use outra configuración de lingua. Útil no caso de que teñamos un sistema operativo nun idioma e desexemos mudar a configuración do navegador a outro.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/fireftp.png» FireFTP, é un complemento que se integra no Firefox engadindo un cliente de FTP multiplataforma, seguro, libre e en galego. FireFTP transfire ficheiros dun xeito eficiente e rápido, incluíndo características avanzadas coma: comparación de directorios, cifrado SSL, procura/filtros, chequeo de integridade, edición remota, arrastrar e soltar, hashing de ficheiros, …

 

http://www.mancomun.org/images/stories/febe.png» FEBE (Firefox Environment Backup Extension) complemento que permite facer unha copia de todos os complementos dun xeito sinxelo e rápido. FEBE salvagarda os complementos instalados, temas e opcionalmente os marcadores, preferencias, contrasinais, cookies e demais características personalizables que veñen con Firefox. Empregando todas as opcións que veñen co complemento conséguese facer unha copia de todo o perfil.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/cleo.png» CLEO (Compact Library Extension Organizer) é unha extensión de Firefox que traballa con FEBE permitindo empaquetar os complementos seleccionados dentro dun único ficheiro .xpi. Desta forma é posible mudar de computador e instalar todos os complementos automaticamente sen ter que ir un por un.

 

» http://www.mancomun.org/images/stories/sameplace.pngSamePlace, é un cliente de mensaxería instantánea baseado no protocolo XMPP (máis coñecido por Jabber). O complemento precisa, para o seu funcionamento, ter instalado xmpp4moz. xmpp4moz é unha biblioteca que proporciona as funcionalidades de comunicación do protocolo XMPP. SamePlace permite xogar en liña con outros contactos, enviar ligazóns, compartir un encerado permitindo aos contactos debuxar,… O complemento SamePlace e os seus relacionados (JabBiff, JabBar e xmpp4moz) están publicados na web Hyperstruct.

Outros complementos relacionadas con SamePlace:

» JabBar, incorpora unha barra de ferramentas na que se visualizan as mensaxes e que permite un envío rápido de ligazóns aos teus contactos. Nesta barra vanse visualizando todas mensaxes que se van recibindo sen ter que navegar polas distintas ventás.

» JabBiff, notifica cun pequeno diálogo emerxente a presenza dun contacto no jabber.

 

» ScrapBook, salvagarda as páxinas web para dispoñer delas de xeito desconectado, tendo a opción de xestionalas como se fosen coleccións. Permite a edición da páxina antes de gardala eliminando elementos non desexados. Ademais ás páxinas gardadas pódeselle engadir notas adhesivas (estilo post-it). Moi útil para gardar documentación e dispoñer posteriormente dela en calquera momento.

 

» Internote, permite incluír notas adhesivas (típicos post-its) sobre unha páxina web de xeito persistente. Deste modo ao retornar a unha páxina atópase a nota no mesmo lugar que se escribiu. Conta cun xestor de notas que permite visualizar todas as notas gardadas, editalas, imprimilas e/ou eliminalas.

http://www.mancomun.org/images/stories/mouse_gestures.png» MouseGestures, é un subproxecto de Optimoz. Mouse Gestures é o xeito rápido para executar comandos sen o teclado. Para levar a cabo unha acción o usuario preme o botón do rato e facendo un xesto automaticamente xérase a acción asociada.

http://www.mancomun.org/images/stories/screengrab.gif» Screengrab, este complemento permite realizar capturas de pantalla das páxinas web dentro do propio navegador. Unha vez instalada tan só é preciso premer co botón dereito en calquera lugar da páxina e acceder ao menú de ScreenGrab, que da diferentes opcións de captura. As imaxes pódense gardar nos formatos .png ou .jpg, ou ben copialas directamente ao portapapeis.

 

Están dispoñibles moitos máis na páxina de complementos de Mozilla (AMO, Mozilla Add-ons) contando cunha sección de recomendados.

O pasado 13 de xullo, abriuse ao público o portal español de OpenSolaris. Este portal ten por obxectivo reunir a toda a comunidade hispanofalante que se interese pola tecnoloxía Open-Solaris.

Sen dúbida Sun está a realizar un serio esforzo por liberar o seu código para posibilitar distribucións libres do mesmo como Solaris Express, BeleniX, marTux, NexentaOS, SchilliX.

Fonte:
http://softlibre.barrapunto.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal