Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif Acabamos de subir á sección de “Descargas” unha nova versión do OpenOffice.org portable en galego. A versión de OpenOffice.org que contén é a 2.2. Esta versión está baseada nunha anterior versión que nos enviara dmunhiz.

Agora grazas a ese traballo e a información que nos mandou, puidemos actualizar o OpenOffice.org portable a esta nova versión.

Esta versión permite levar o OpenOffice.org instalando nunha chave USB e poder facer uso do mesmo en calquera computador sen ter que instalalo. Ademais leva incorporado o corrector ortográfico de galego.

A versión portable de galego está baseada na versión da páxina PortableApps.com, onde poderás atopar moitas máis aplicacións Software Libre portables.
 
Ligazón:
Descarga do OpenOffice.org portable en galego

Linus Torvalds anunciou a liberación de Linux Kernel 2.6.22. Entre as melloras desenvolvidas nesta nova versión atópanse:

  • O stack para redes sen fíos mac80211 (chamado formalmente “Devicescape”).

  • O sistema de chamadas eventfd.

  •  Novos algoritmos de control de conxestións TCP.

  • Planificador I/O CFQ.

  • Un stack novo para IEEE1934 (“Firewire”).

  • Soporte para a arquitectura Blackfin.

  • Driver para o sintonizador de televisión IVTV.

A lista completa de melloras pódese obter na páxina web de the KernelNewbies 2.6.22.

 

Fonte: http://lwn.net/Articles/240665/rss

Vicepresidencia vén de desenvolver o portal galego da dependencia, Coidanet. Esta web foi desenvolvida con Software Libre. Coidanet é un portal telemático orientado á xestión dos servizos para a promoción da autonomía personal e a atención aos galegos e galegas en situación de dependencia.
 

Esta web foi creada por Corunet, unha empresa da Coruña fundada no ano 2000.

Sun Microsystems está a modernizar o seu sistema operativo Solaris e incorporará algunhas pezas chaves do software Linux, nunha iniciativa que podería axudar a obter máis implicación de desenvolvedores que apoiaron Linux.

Solaris é unha das principais variedades da familia Unix de sistemas operativos, coñecidos pola súa capacidade para xestionar de forma máis segura tarefas informáticas…

A propia Sun é coñecida polos seus computadores para empresa que poden xestionar grandes cargas corporativas e colabora desde hai tempo con programadores que desenvolven de forma cooperativa Linux e outros softwares libres.

O novo sistema manterá o núcleo de Solaris e engadirá características de Linux que poderían facelo máis fácil de empregar, segundo afirma a web de Sun.

Fonte: La Flecha

O Ministerio de Agricultura e Pesca decidiu migrar os seus servidores locais (unhas 400 máquinas) de Windows NT Server a Mandriva Corporate Server 4.0 en dous anos.

Esta migración vén cun completo rango de servizos personalizados. Mandriva foi elixido para fornecer estes servizos que continuarán durante 18 meses e potencialmente implicará máis de 200 persoas no ministerio…

Fonte: http://www.linux.org

Emc é un software de control numérico para controlar máquinas de corte, robots, vehículos mecánicos articulados, etc,…

O software atópase dispoñible na páxina do proxecto en Sourceforge, e tamén crearon unha versión personalizada de Ubuntu que inclúe este software xa instalado.

Outro software de control numérico é PCNC, software para 3 eixos que funciona sobre o porto paralelo de máquinas CNC Wabeco-Plus e outras.

Os programas de navegación só se poden obter na páxina do proxecto en:
http://freenet-homepage.de/PCNC/

Máis información sobre os proxectos nas seguintes ligazóns:

PCNC
Kde-apps.org
http://freenet-homepage.de/PCNC/

EMC2
http://www.linuxcnc.org/
http://sourceforge.net/projects/emc/

GALPonO Grupo de Amigus de Linux de Pontevedra (GALPon) desenvolverá tres obradoiros sobre Software Libre no contexto da party NX Conecta que se celebrará en Vigo dos días 12 ao 15 de xuño. Os obradoiros terán por título Primeiros pasos para iniciarse en GNU/Linux, Alternativas a programas privativos clásicos e Coñecendo as extensións de Firefox/Thunderbird.
 

O prazo de inscrición para este evento remata o 10 de xuño.

O Centro Multimedia de Galicia premiou a tres alumnos do seu Programa de Formación 2006-2007 polo seu traballo realizando contidos multimedia a través de aplicacións libres. Natalia Martín Lago, galardoada na sección de deseño gráfico coa súa creación Desde o espazo, realizada co programa de deseño gráfico Gimp; Francisco Javier Barcia Pedreira, que gañou coa súa obra Long way home no apartado de creación vectorial usando o software libre Inkscape, e Paul Rodríguez García, que recibiu o galardón na categoría de animación en tres dimensións polo seu traballo Nave, para o que usou o programa Blender. Os finalistas recibiron un premio en metálico con valor de 330 euros.

Para crear as súas obras, os concursantes usaron as mesmas ferramentas coas que traballaron durante as 30 horas que duran os cursos organizados polo Centro Multimedia de Galicia, a través do programa de formación elaborado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta.

Con estes cursos, o Centro Multimedia pretende encher os ocos que existen na formación regulada de facultades e escolas, e atender a demanda de mozos interesados neste campo sen interferir na educación ofrecida por escolas e facultades. 

OpencmsOpenCms é un xestor de contidos web de código aberto. Para o seu funcionamento é necesario o uso de [[Java]], dun servidor [[Tomcat]] e un sistema xestor de bases de datos, como poden ser [[Mysql]], Oracle, Postgresql… Debido a estas características é totalmente multiplataforma.

Para a súa administración ten unha interface de usuario accesible dende un navegador web, e permite a configuración global do xestor, como pode ser engadir recursos, usuarios, permisos, micro-sites, galerías e incluso copias de seguridade. Tamén nos permite modificar os modelos cos que o usuario visualiza a información presente no xestor. Outra das vantaxes é da facilidade á hora de subir contidos, pois son creados a través dun editor [[WYSIWYG]].

Accerciser é unha ferramenta baseada en Python para comprobar a accesibilidade das aplicacións de GNOME. Permite aos desenvolvedores garantir a accesibilidade das súas aplicacións.

Unha aplicación informática é accesible cando proporciona os medios necesarios para que as persoas con discapacidade poidan acceder á súa interface. GNOME e GTK+ proporcionan a infraestrutura para acadar isto de xeito que unha aplicación desenvolvida para GNOME é probable que sexa accesible sen un gran esforzo, mais pode ser mellorada para facela máis usable por persoas con discapacidade. Esta ferramenta axudará a facer isto posible.

Algunhas das características de Accerciser son:

  • Accesible – A interface de Accerciser é, por suposto, accesible.
  • Baseado en ORBit , non en cspi – Igual que os modernos lectores de pantalla LSR e Orca .
  • Deseño da interface adaptable – Pódense mover os separadores a diferentes paneis ou mesmo a ventás independentes para podelos ver á vez.
  • Arquitectura baseada en complementos – Un usuario cun caso de proba específico pode crear de xeito rápido un complemento que proporcione os controis e información necesarios.

Complementos básicos:

Visor das interfaces: Este complemento dá a información e os controis básicos proporcionados polas distintas interfaces que teñen cada obxecto accesible. Por exemplo, cando se selecciona un botón , é posible ver o texto proporcionado na sección Texto e o botón premido na sección Acción.

Monitor de eventos: As tecnoloxías adaptadas baséanse nos eventos que emiten as aplicacións de escritorio a través do AT-SPI. Este complemento de Accerciser permite ver estes eventos cando ocorren. Ademais o usuario pode filtrar o tipo de eventos que quere monitorizar.

Máis información: 

GNOME journal

Gnome Accessibility Project

Mark Shuttleworth, o fundador de Ubuntu, ofrecerá unha conferencia sobre os orixes da distribución durante o certame de lecer e coñecemento dixital da Campus Party.

Segundo fontes da organización da Campus Party, que terá lugar do 13 ao 29 de xullo en Valencia, o sudafricano Mark Shuttleworth entrou en contacto en 1994 con varios grupos de desenvolvemento de código aberto para crear un GNU/Linux para ordenadores de escritorio e desde entón o proxecto non deixou de medrar.

Das colaboracións entre eles naceu Canonical, unha empresa que se encarga de sustentar economicamente o proxecto mediante a comercialización de servizos e de soporte técnico a outras empresas…

Shuttleworth sumase así a outros relatores da area de Software Libre, entre os que se atopan figuras relevantes no ámbito de Linux como Jon ‘Maddog’ Hall, director executivo de Linux Internacional, que falará sobre as terminais lixeiras e os seus beneficios.

Na Campus Party tamén estará presente Marcelo Tossatti, antigo mantedor da rama 2.4 do núcleo de Linux e que actualmente está a cargo do desenvolvemento do software do portátil dos 100 dólares; por último, a Campus Party tamén contará coa presenza de Marcelo Branco, un dos maiores impulsores do software libre no Brasil, quen suscitará un amplo debate sobre os verdadeiros efectos da revolución dixital.

Entre as ofertas que, ao mesmo tempo, ofrece este evento, haberá obradoiros de seguranza, criptografía e de outras áreas diversas

Ligazón: El Pais

SunbirdSunbird, o calendario desenvolvido pola Mozilla Foundation, está dispoñible para a súa tradución por parte dos voluntarios de Mancomun.org a través do Entrans. A tradución de Sunbird permitirá ademais, aproveitar as cadeas adaptadas ao galego para o complemento Lightning do xestor de correo Mozilla Thunderbird, unha ferramenta de calendario coas mesmas funcionalidades.

Sunbird implementa unha axenda de calendario con xestión de eventos e tarefas, usando o estándar iCalendar para o intercambio de datos. Sunbird é o sucesor da antiga extensión Calendar, que xa terminou o seu ciclo de vida e non se actualiza.
 
A tradución do Sundbird está xa moi avanzada grazas a que comparte moitas cadeas con outras ferramentas de Mozilla como Firefox e Thunderbird, proxectos de localización levados a cabo anteriormente polos voluntarios do portal de Mancomun.org.  
 
Lembramos que as cadeas do Thunderbird 2.0 tamén están no Entrans de Mancomun.org para todo aquel que queira colaborar coa súa adaptación ao galego. Todos os proxectos de tradución están no Wiki. Podedes engadir neste espazo colaborativo e aberto máis Software Libre localizado ao galego así como contribuír con información, documentación …   

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png O día 2 de xullo, [[Debian]] aceptou por primeira vez un paquete con licenza Creative Commons nos seus repositorios oficiais. O software admitido é un pequeno xogo chamado “whichwayisup“. O xogo está escrito en python e pygame e trátase dun sinxelo xogo de plataformas 2D no que os cambios de orientación, tanto vertical como horizontal desafían ao xogador a medida que avanzas no xogo.

Pero o máis importante deste xogo reside na súa licenza. Whichwayisup é o primeiro paquete en Debian que ten unha licenza Creative Commons 3.0 Attribution license, en concreto, a música e os gráficos que acompañan ao xogo, e isto está creando unha grande polémica en Debian, xa que sempre se distinguiu por só ofrecer software que cumpre as chamadas directrices de Software Libre de Debian

 

Pódese ler máis sobre esta polémica en Debian na seguinte ligazón:
http://lists.debian.org

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.pngDende a comunidade [[KDE]] anunciaron a dispoñibilidade da segunda versión Alpha de K Desktop Environment. Este lanzamento fíxose público dende Glasgow, Escocia, onde tivo lugar a aKademy 2007. Centenares de hackers de KDE estiveron traballando intensamente para depuralo e completar tódalas características de KDE 4.0.

Actualmente o desenvolvemento máis interesante céntrase en plasma, a nova shell para o escritorio KDE 4. Plasma proporciona Kruner, unha aplicación que permite o lanzamento de programas e outras tarefas…

Outro desenvolvemento de interese pode ser a modificación de Kcontrol, unha aplicación para os axustes do sistema, que terá unha contorna de usuario mellorada que permitirá configurar dun xeito máis intuitivo o escritorio e o sistema.

Espérase que cara finais de xullo se conxele totalmente o módulo de kdelibs e se lance a primeira beta de KDE 4.0, quedando planificado o lanzamento da versión final para finais de outubro deste ano.

 

 

Fonte:
http://www.kdehispano.org

http://www.mancomun.org/images/stories/everano.pngMáis de mil persoas acudirán ás xornadas de formación e convivencia sobre Software Libre “E-verano.org, unha mirada á sociedade libre” que terá lugar na Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, do 16 ao 29 de xullo.

A iniciativa abranguerá diferentes actividades como conferencias, cursos, simposios e debates. Para alén diso, inclúe a realización do I Encontro Nacional de Software Libre, no que recoñecidos expertos do ámbito nacional e internacional informarán sobre as últimas tecnoloxías desenvolvidas baixo a filosofía do coñecemento libre e das normativas que o rexen, centrándose especialmente na actual Lei de Impulso da Sociedade da Información (LISI)…

Este encontro está organizado pola Asociación Andaluza para a Formación, a Cultura e a Solidariedade, Iniciativa Focus, e a Asociación Española de Usuarios de Software Libre, Hispalinux, coa colaboración da Universidade Pablo de Olavide, a través da Escola Politécnica Superior e a Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías.

As xuntas de Andalucía e de Estremadura avalan estas xornadas, que ademais contan co apoio do Centro de Xestión Avanzado» (CXA) de Andalucía.

Fonte: La Flecha

Web das xornadas: e-verano.org

Rede de DinamizaciónO equipo da Rede de Dinamización da Sociedade da Información na comarca do Salnés (CCSalnés, Concello de Sanxenxo e Asociación de Empresarios do Salnés) vén de xestionar un Curso da Rede de Dinamización en colaboración con Mancomun.org. O curso impartirase no telecentro de O Grove do 5 ao 20 de xullo en horario de 20:30 a 22:30. Todas as prazas están cubertas.

O curso empregará ferramentas de Software Libre como un xeito de mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas. Os organizadores agradecen a colaboración prestada polas persoas responsables da “Casa Azul” (como popularmente se coñece o edificio onde está ubicado o telecentro) tanto na recollida de solicitudes como na disposición prestada para poder facer uso da aula.

 

Máis eventos na nosa axenda.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal