Mancomún

UPCnet patrocinará as VI Xornadas de Software Libre que terán lugar na Escola Superior de Xirona do 4 ao 7 de xullo. As xornadas teñen como obxectivo principal a difusión do Software Libre, a promoción dos seus aspectos técnicos e mais científicos e supoñen un punto de encontro entre os profesionais do Software Libre.

UPCnet achegaralle o seu coñecemento á comunidade de Software Libre, participando no sprint de Plone, xestor de contidos desenvolvido en Software Libre, que terá lugar do 6 ao 8 de xullo…

O sprint é un encontro de expertos que ten como obxectivo construír en tres días un novo produto de xestión de múltiplos idiomas para Plone. No encontro participarán líderes mundiais de Plone e expertos do contorno UPC. Por parte de UPCnet participarán Víctor Fernández de Alba, enxeñeiro técnico de Telecomunicacións.

Marcos Montero, xestor de proxectos de UPCnet, impartirá a conferencia «A implantación de Moodle na UPC: arquitectura e rendemento» o venres 6 de xullo. O relatorio tratará sobre o deseño e a implantación dunha arquitectura Moodle (plataforma virtual para a docencia), con capacidade para 30 000 usuarios.

Fonte: La Flecha

 

Web das xornadas: jornades.pl

Italia ten agora o seu propio repositorio de Internet para desenvolver aplicacións de software aberto para as administracións públicas. Luigi Nicolais, o ministro para Innovación na Administración Pública, presentou o sitio web titulado «Ambiente di Sviluppo Cooperativo», (Contorno de Desenvolvemento Cooperativo)…

Nicolais comentou que o uso de Software Libre axuda a reducir custos e abre o mercado das novas tecnoloxías e salientou que este tipo de software é sinxelo de adaptar aos seus requirimentos e fácil de compartir. Ademais, apuntou que o seu uso é parte da estratexia no goberno italiano.

O sitio web de desenvolvemento está albergado no centro para Tecnoloxías da Información na Administración Pública en Roma por Cnipa. Ademais, Cnipa está a usar GForge (ao igual que a forxa de mancomun) para albergar os proxectos en desenvolvemento.

Como dato estatístico (dado polo presidente de Cnipa) en 2005, o 54% do goberno Italiano estaba a usar software aberto, unha porcentaxe que se incrementou até o 67 %.

Fonte: idabc

Hai unha semana que MySQL presentou MySQL proxy 0.5.0 alpha.

MySQL Proxy é un sinxelo programa que se sitúa entre o teu cliente e o servidor ou servidores MySQL, podendo monitorizar, analizar e transformar a comunicación entre eles. Pódese empregar para realizar funcións de balanceo de carga, failover, análise de consultas ou filtrado e modificación de consultas.

A documentación do produto está dispoñíbel en MySQL Forge.

O código fonte e os binarios pódense descargar dende http://dev.mysql.com/downloads/mysql-proxy/0.5.html

Fonte:http://diariolinux.com/2007/07/03/mysql-proxy-050/

CorpusO Corpus de Mancomun.org permite procurar palabras en inglés ou en galego nos proxectos de adaptación ao galego de OpenOffice.org, Gnome e Pidgin e, en breve, nos de Mozilla Firefox e Thunderbird.

O Corpus busca nos distintos proxectos de tradución almacenados e devolve parellas de frases inglés-galego ou galego-inglés nas que se atopa a palabra procurada e a frase traducida correspondente. Esta ferramenta facilita o mantemento da coherencia terminolóxica nas traducións de distintas aplicacións libres, cuestión fundamental para a calidade final dos produtos.

Actualmente o Corpus rexistra máis de 100.000 cadeas dos diferentes proxectos.
http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner.jpg O vindeiro luns 9 de xullo dará comezo en Boiro o curso impartido a través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, que consistirá no manexo do procesador de textos Writer, que pertence á suite ofimática de Software Libre OpenOffice.org. Este curso terá unha duración total de 25 horas, e contará coa asistencia de 14 alumnos que previamente se inscribiron.

O horario do curso será de luns a venres, de 19:00 a 21:00 horas, e vaise impartir na Aula da Deputación da Coruña, que está no segundo piso do Centro Social de Boiro…

Evento engadido á axenda de eventos de mancomun.org

Fonte:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Rede de Dinamización da Sociedade da InformaciónDesde este mes até setembro vaise celebrar un obradoiro para nenos e nenas de 8 a 11 anos de idade en Cerceda. Neste obradoiro no que os nenos e nenas aprenderán o manexo do ordenador preténdese realizar un achegamento ás posibilidades que o Software Libre ofrece tanto a nivel de procesadores de texto e navegación en Internet. Estará dividido en 4 horarios distintos segundo a idade dos participantes e terán lugar de luns a xoves de 11:00 a 12:00 da mañá. Este evento está organizado pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Máis eventos na nosa axenda.

http://www.mancomun.org/images/stories/drupal.png A xente do GLUG ven de anunciar a dispoñibilidade oficial da tradución do Drupal 5.x ao galego dende a súa páxina web oficial.

Este é o anuncio na web de GLUG:
“Despois dalgúns meses de espera, o Grupo de Tradución de Drupal ó galego arranxou os problemas que se presentaban no repositorio, que impedían que estivera dispoñible na sección de descargas dende a páxina oficial de Drupal.org.
Polo tanto aquí está a ligazón. Agradeceríase que se se atopa algunha incorrección se reportara para arranxala.”…

Fonte:
http://www.glug.es

 

http://www.mancomun.org/images/stories/mailman.png Esta semana publicáronse novas ofertas de emprego de Software Libre nas listas de mancomun.org:

  • Abertal Networks busca cubrir dous postos de traballo en Carballo coas seguintes características:
    • Programador/a en PHP sobre BBDD MySQL
    • Experiencia demostrable
    • Gañas de traballar en equipo
    • Coñecementos en programación e maquetación para web
    • Capacidade de desenrolo autónoma
  • Quobis Networks ofrece un posto de traballo para enxeñeiro/a de telecomunicacións ou informática para a xestión, operación, mantemento e desenrolo de plataformas de telefonía VoIP de código aberto (Asterisk, OpenSer, gnuGK…), para a súa incorporación inmediata ao departamento técnico na oficina de Porriño (Pontevedra).

Máis información sobre as ofertas de emprego premendo en “Ler máis” ou na lista de ofertas de emprego de Software Libre de mancomun.org

 

  • Máis características da oferta de emprego de Abertal Networks:
    • Boas condicións económicas
    • Estabilidade laboral
    • Bo ambiente de traballo
    • Non é precisa titulación aínda que se valorará; pero si coñecementos demostrables.
  • Máis características da oferta de emprego de Quobis Networks:
    • Requírense a lo menos 4 anos de experiencia na xestión de servidores
      UNIX/Linux, coñecementos básicos de programación en C/C++ e fluidez no
      idioma inglés.
    • Máis información no seguinte enderezo:
      http://pontevedra.oferta.infojobs.net
       
http://www.mancomun.org/images/stories/mysql_network_130x94-64.gifMagirus, provedor de solucións e de infraestruturas de TI, de virtualización, de seguranza etc., e, por outra banda, MySQL AB, provedor de sistemas de bases de datos de código aberto, pecharon un acordo de distribución a nivel europeo.

MySQL e Magirus Italia traballaran xa nun proxecto piloto no que conseguiron bos resultados; de aí a sinatura do acordo segundo o que Magirus será o encargado de distribuír as solucións e máis os servizos de MySQL.

Magirus pasa a ser un novo distribuidor e conseguiu a certificación de: «Centro de Educación EMEA Autorizado», que lle habilita para ofrecer soporte, servizos de consulta e formación para todos os seus socios.

Entre outras características que levaron a elixir [[MySQL]] cómpre salientar, como xa vén sendo habitual, a súa adaptabilidade e flexibilidade.

Pola súa parte, os directivos de MySQL AB declararon a súa satisfacción de achar en Magirus un forte e competente socio para comercializar os seus sistemas de base de datos de código aberto.

Tamén declararon que Magirus proporciona aos seus socios as últimas solucións integradas de IT do mercado e ofrece servizos e entregas realmente eficaces.

Ligazón: http://www.laflecha.net

Nove meses despois da súa versión anterior, o incansable Pat

Volkerding anunciou a

dispoñibilidade definitiva de Slackware 12.0.

Esta versión inclúe algunhas novidades como o soporte exclusivo das

series 2.6

do núcleo (2.5.21.5 instalado por defecto), KDE 3.5.7, XFCE 4.4.1, X11

7.2.0, Apache 2.2.4 con soporte para Dynamic Shared Object, PHP 5.2.3

e versións actualizadas das ferramentas de administración de paquetes de

Slackware.

Para descargala podemos facelo a través de BitTorrent en

ou nos espellos dispoñíbeis no web do proxecto Slackware Linux

Fontes: VivaLinux!

The Slackware Linux

Project

Nove meses despois da súa versión anterior, o incansable Pat

Volkerding anunciou a

dispoñibilidade definitiva de Slackware 12.0.

Esta versión inclúe algunhas novidades como o soporte exclusivo das

series 2.6

do núcleo (2.5.21.5 instalado por defecto), KDE 3.5.7, XFCE 4.4.1, X11

7.2.0, Apache 2.2.4 con soporte para Dynamic Shared Object, PHP 5.2.3

e versións actualizadas das ferramentas de administración de paquetes de

Slackware.

Para descargala podemos facelo a través de BitTorrent en

ou nos espellos dispoñíbeis no web do proxecto Slackware Linux

Fontes: VivaLinux!

The Slackware Linux

Project

Slackware anunciou a liberación da súa nova versión estable 12.0. Esta nova versión conta coas características do Kernel 2.6.21.5 tales como o soporte de volumes SCSI e ATA RAID, soporte para SATA, Software RAID e LVM. Tamén inclúe soporte no Kernel para X DRI co que se consegue aceleración por hardware para gráficos 3D en Linux.

Entre as características desta nova versión de Slackware atopamos:

  • Os escritorios Xfce 4.4.1 e KDE 3.5.7.

  • Glibc 2.5.

  • X11 7.2.0

  • Gcc-4.1.2 como o compilador empregado por defecto para C, C++ , Fortran 77/95 e Ada 95.

  • Soporte para conexións de rede completamente encriptadas con OpenSSL, OpenSSH, OpenVN e GnuPG.

  • Servidor web Apache 2.2.4. con soporte para Dynamic Shared Object, SSL e PHP 5.2.3.

  • Soporte para PCMCIA, CardBus, USB, IEE1394 (FireWire) e ACPI.

  • Novas ferramentas de desenvolvemento incluíndo Perl 5.8.8, Python 2.5.1, Ruby 1.8.6, Subversion 1.4.4, git-1.5.2.2, mercurial-0.9.4, ferramentas gráficas como o deseñador Qt e Kdevelop.

  • Navegadores web Konqueror 3.5.7, SeaMonkey 1.1.2, Firefox 2.0.0.4, así como o xestor de correo Thunderbird 2.0.0.4.

  • A versión de KDE 3.5.7, incluíndo Koffice, ferramentas de rede, KDevelop, ferramentas multimedia, o navegador web e xestor de arquivos Konqueror, xunto con ducias de xogos e utilidades.

  • A colección de aplicacións baseadas en GTK+, pidgin-2.0.2, gimp-2.2.15, gkrellm-2.2.10, gxine-0.5.11, xchat-2.8.2, xsane-0.994 e pan-0.131.

A lista completa de melloras e actualizacións pódese ver no ficheiro,

ftp://ftp.slackware.com/pub/slackware/slackware-12.0/PACKAGES.TXT

A versión completa de Slackware 12.0 está dispoñible para descarga por ftp dende o servidor central de ftp de Slackware,

 

ftp://slackware.osuosl.org/pub/slackware/slackware-12.0/

ftp://ftp.slackware.com/pub/slackware/slackware-12.0/

Tamén se pode obter a lista completa de servidores dende http://slackware.com/getslack/

Fonte: http://www.slackware.com/announce/12.0.php

http://www.mancomun.org/images/banners/rede-dinamizadores-banner.jpg A charla terá lugar o venres 6 de xullo ás 4 da tarde na aula de informática de Apetamcor, en Barbadás, Ourense.

Con esta charla a Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información pretende acadar varios obxectivos, entre eles promocionar e difundir o uso do Software Libre, tanto para particulares como para empresas, así como potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.

Esta actividade de introdución é moi interesante pensando nos cursos de Software Libre que se están a ofertar neste momento na asociación, xa que a meirande parte dos/as asociados/as non coñecen este tipo de software…

Tamén se pretende dar a coñecer o labor de mancomun.org e as diferentes iniciativas que se desenvolven desde diferentes ámbitos.

Evento engadido á “Axenda de eventos” de mancomun.org:
Axenda de eventos

Fonte:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Mozilla FirefoxMozilla Foundation aceptou o corrector integrado de galego para o navegador web Firefox e o xestor de correo Thunderbird. Este complemento foi desenvolvido por Dmunhiz e está dispoñible na páxina de descargas de Mozilla buscando pola opción galega gl-es. O dicionario é unha adaptación do dicionario Hunspell desenvolvido por Mancomun.org para OpenOffice.org. Ao tratarse dunha adaptación non están garantidas o 100% das súas funcionalidades aínda que o seu rendemento é case óptimo. O corrector está aberto a melloras que se poden canalizar a través da comunidade Galician Mozdev.
 

A Galician Mozdev é un grupo de tradución de Mozilla ao galego que naceu co obxectivo de traducir ao galego aplicacións da familia Mozilla.

A OpenCommunity 2007, unha reunión na que as diversas comunidades do Software Libre intercambian experiencias co fin de abrir novos espazos de colaboración entre elas, levouse a cabo esta fin de semana na Facultade de Enxeñaría e de Negocios da Universidade das Ciencias da Información» (UCINF), localizada Providencia, Santiago de Chile

Segundo informaron os seus organizadores, o acceso a esta actividade foi gratuíto e aberto a todo o público.

Entre outras charlas do evento, destaca A neutralidade na Internet, onde José Huerta Estrada (da ONG «Neutralidad Si!») presentou os proxectos de lei de «Velocidade mínima garantida» e «Neutralidade na rede», onde explicou a situación actual de Chile no que a banda larga se refire, a discusión sobre a neutralidade na rede e a discusión existente nos Estados Unidos sobre o tema…

Pola súa banda, no relatorio «Goberno e organización da Comunidade Ubuntu Internacional», impartido por Claudio Santibáñez (Ubuntu Chile) deuse a coñecer o modelo de traballo colaborativo de Ubuntu e o seu goberno, desde a súa administración global, o «Community Council», até o seu desenvolvemento específico cos «Local Community (LoCo) Teams».

 

Fonte:
La Flecha

Máis información na ligazón seguinte:
Opencommunity.cl

http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpgXa están dispoñibles os repositorios oficiais de Google para Linux cos paquetes de tódalas súas aplicacións publicadas. As distribucións soportadas son Ubuntu 7.04, Debian GNU/Linux 4.0 e OpenSuSE 10.2.

Con estes novos paquetes a instalación e actualización de software como Picasa ou Google Desktop resulta moito máis sinxela.

Fonte:
http://www.vivalinux.com.ar

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal