Mancomún
Existe unha gran variedade de licenzas libres de software, cada unha cos seus requirimentos e características. A modo de guía o grupo de investigación da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, que asinou un convenio para a realización dun estudo sobre ferramentas de xestión empresarial baseadas en Software Libre, realizou un cadro cos principais aspectos a ter en conta en cada licenza. Premede na imaxe se queredes vela ampliada. 
 
Táboa con licencias libres

A semana pasada reuníronse en Chile os ministros iberoamericanos de administracións públicas para falar sobre administración electrónica. Froito deste encontro xurdiu a Carta Iberoamericana de Gobierno Electrónico que avoga de xeito claro polo Software Libre e os estándares abertos de cara a implantar e desenvolver a administración electrónica.
 

Segundo o establecido na carta as administracións elixirán as tecnoloxías máis axeitadas para satisfacer as súas necesidades. Recoméndase o emprego de estándares abertos e de Software Libre por seguridade, sustentabilidade a longo prazo e para prever que o coñecemento público non sexa privatizado.
A pasada semana reuníronse en Chile os ministros de administracións públicas dos países iberoamercianos. Neste encontro aprobouse a Carta Iberoamericana de Gobierno Electrónico que servirá para definir conceptos, valores e orientacións para a implantación e desenvolvemento dos países asinantes. O documento fai unha clara defensa do Software Libre e estándares abertos como camiño de progreso para a administración electrónica.  

A carta di que as administracións elixirán as tecnoloxías máis axeitadas para satisfacer as súas necesidades. Recoméndase o uso de estándares abertos e de Software Libre por motivos de seguridade, sustentabilidade a longo prazo e prever que o coñecemento público non  sexa privatizado. 

O director xerente da Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e da Tecnoloxía en Estremadura (FUNDECYT), Luis Casas, o director do Centro Internacional de Referencia Linux (CIRL), Adolfo Lozano, e os presidentes das cámaras de Comercio de Badaxoz e de Cáceres, Fernando Herrera e José Jarones respectivamente, asinaron nun acto uns convenios de colaboración para potenciar tanto gnulinex como todas as aplicacións baseadas en Linux.

Neste convenio, garantirase o apoio aos diferentes ámbitos da difusión das solucións que achegan gnuLinEx, LinEx PYME 2006 e ao software libre en xeral. Proporcionaráselle ao sector empresarial de Estremadura, deste modo, soporte técnico gratuíto, nomeadamente a aquelas empresas interesadas no uso destas tecnoloxías libres.

O CIRL adquirirá o compromiso de axudar as empresas nos procesos de migración e de instalación, ademais de configuración e da busca de drivers para periféricos, preparación de manuais ou busca de solucións integrais de software libre. Con este fin creouse a plataforma: cirl.unex.es a través da cal os usuarios poderán resolver a súas dúbidas e problemas.

FUNDECYT comprometese a achegar ao CIRL a información necesaria sobre gnuLinEx, LinEx PYME 2006 e outras aplicacións de desenvolvemento propio.

As cámaras de comercio pacense e cacereña centraranse en labores de difusión do convenio e na identificación das empresas potencialmente beneficiarias del.

Segundo os participantes do convenio, este acordo abrirá a posibilidade de difundir os beneficios que o software libre achega ás empresas entre os que están o seu baixo custo, a ausencia de virus e o acceso ao código fonte, ademais de poder apoiar as PEMES na parte tecnolóxica.

José Jarones, referiuse ao acordo como “un paso máis no desenvolvemento tecnolóxico da rexión”.

Ligazón á noticia orixinal:

http://www.laflecha.net/canales/softlibre/noticias/extremadura-decide-promocionar-el-software-libre-entre-el-sector-tecnologico

A empresa coruñesa especializada en Software Libre Igalia ofrece prácticas durante os meses do verán a alumnos de enxeñería informática ou de telecomunicacións con máis do 50% dos créditos superados. Os interesados deben enviar o seu curriculum, unha carta de presentación e unha copia do seu expediente académico a Igalia. 

A empresa ofrece:

* Un total de 350 horas cunha planificación flexible de 5 a 8 horas diarias durante os meses de xullo, agosto e setembro.
* 325 horas traballando nun proxecto de Software Libre (GNOME, Fisterra, Typo3, etc.) e 25 horas para redactar a memoria.
* Axuda de 1,000 €.

Desde onte, día 7 de xuño, o Departamento da Mariña dos Estados Unidos adoptou unha nova política que obriga a que o Software Libre se teña en consideración en cada adquisición de software que realice a Mariña. O informe recoñece expresamente a importancia do Software Libre para a defensa e adopta as medidas oportunas para corrixir as interpretacións equivocadas dalgúns conceptos regulamentarios que viñan impedindo até o de agora a súa consideración como opción de compra.
Fonte:linux.com

LG e Microsoft anunciaron un acordo conxunto de licenzas cruzadas de

patentes baixo o cal LG poderá empregar GNU/Linux embebido nos seus

dispositivos.

Microsoft pagaralle diñeiro a LGE e Microconnect polas patentes “que

estean relacionadas con sistemas operativos”. E LGE pagaralle diñeiro a

Microsoft polas súas patentes “se se relacionan con dispositivos

baseados en Linux que LGE produza”.

Segundo Microsoft, xa asinaron acordos similares con NEC, Nortel,

Samsung, Seiko e Fuji Xerox para “axudar a construír pontes” entre o

hardware, o software e as telecomunicacións.

Fonte: The

Inquirier

Unha recente proposta na asemblea do estado de Nova Iorque propón o emprego do estándar ODF para os documentos xerados, intercambiados e preservados pola administración estatal. Deste xeito a administración melloraría en accesibilidade, capacidade de elección, interoperabilidade e independenza do provedor. Outros estados coma Texas, Conética, Florida, Minessota, Oregón e Massachusetts veñen de realizar propostas similares.

Sen embargo só en Massachusetts é oficial a adopción do estándar ODF ao igual que en diversas administracións públicas de Bélxica, Dinamarca e Francia. En Minessota estase a estudar o seu emprego e no resto de estados onde se produciron propostas similares foron rexeitadas polas asembleas estatais.

ODF é un estándar aberto soportado, entre outros, por empresas como IBM, SUN ou Google que o utilizan para as súas aplicacións de oficina.  

A través dun estudo da IDC, revélase que, grazas ao crecemento sen fin do código aberto e dos investimentos crecentes por parte de inversores e das empresas, se está a acadar que o Software Libre cobre moito valor e agárdase que, para o 2011, estea a xerar uns 6.000 millóns de dólares ao ano. Con isto demóstrase, unha vez máis, que os programas libres teñen unha calidade cando menos igual ao software privativo…

Fonte:
http://www.dosbit.com/

A Universidade de Estremadura ofrece un novo mestrado en software. O

período de preinscrición está aberto até o vindeiro 15 de xuño.

O programa docente ofrece dous itinerarios de 600 horas lectivas:

administración de sistemas abertos e desenvolvemento de software.

Existe, ao mesmo tempo, un curso máis curto de 220 horas de especialista en

ferramentas libres para a educación.

O mestrado impartirase principalmente na Escola Politécnica en Cáceres con

algúns cursos no Centro Universitario de Mérida.

Un dos atractivos principais deste mestrado é o seu baixo custo grazas ao

apoio financeiro que fai a Xunta de Estremadura: tan só 1.800� para

os itinerarios de desenvolvemento e administración e 700� para o curso

de especialista.

Fonte:

KMobileTools é unha aplicación para KDE que permite a sincronización de teléfonos móbiles co teu computador. Permite controlar completamente SMS, chamadas, axenda de teléfonos e monitorizar o estado do aparato. Está integrado no contorno de KDE, por iso pode interaccionar co Kontact, ou importar/exportar datos do KaddressBook. Probouse con terminais Motorola, Nokia, Siemens, Sony Ericsson e LG. Nun futuro está pensado dar soporte a comandos AT.

Democracy é un reprodutor multimedia que é capaz de reproducir case calquera formato dispoñible na rede, dende Quicktime, WMV, MPEG, [[Xvid]] e mesmo Flash, até seguir os programas de televisión dos videoblogs, vídeos de YouTube, Google Video, DailyMotion e outros servizos de vídeo.

A última versión é a beta 0.9.6, e é unha das últimas versión co nome Democracy, antes de que pase a chamarse definitivamente Miro Player.

As características máis destacadas deste software son:

  • Reproducir case calquera formato de vídeo.
  • Subscribirse a calquera RSS de vídeo, podcast ou vídeo blog. Explorar unhas 1000 canles gratuítas coa guía de canles incorporada…

  • Descargar e gardar vídeos de YouTube, Google Video, Yahoo Video e outras webs.
  • Ver vídeos en alta definición e a pantalla completa.
  • E moitas máis características

Caixanova organiza un Máster de Software Libre en colaboración co GSyC/LibreSoft da Universidad Rey Juan Carlos e a empresa galega Igalia. O obxectivo é capacitar aos alumnos para traballar en empresas do sector TIC e liderar proxectos de liberación, desenvolvemento e publicación de Software Libre. O máster durará un curso académico e desenvolverase de luns a xoves na Coruña. O prazo ordinario de matrícula remata o día 6 de xullo e o extraordinario o 28 de xullo. 

Está dirixido a titulados en enxeñería informática, de telecomunicacións ou industrial e outras titulacións superiores que queiran complementar a súa formación co obxectivo de dirixir, analizar e participar en proxectos de Software Libre de ámbito internacional.

O temario do curso contempla aspectos tanto técnicos como empresariais do Software Libre. O prezo da matrícula é de 5.900 euros. 

 

As cámaras de comercio de Badajoz e Cáceres, firmaron un convenio de colaboración entre Fundecyt e o Centro Internacional de Referencia de Linux, para potenciar e promover o emprego do sistema operativo Linux nas empresas de Extremadura a través da realización das actividades recollidas neste convenio.

As cámaras de comercio identificarán ás empresas de novas tecnoloxías de ámbalas provincias para conseguir unha maior difusión e emprego das solucións de Software Libre nas empresas.

Segundo Fernando Herrera, presidente da Cámara de Comercio de Badajóz, o servizo será de balde para os usuarios e será posible a modificación do software para adaptalo ás necesidades dos empresarios…

 

Por outra banda o Centro Internacional de Referencia LINUX-CIRL, prestará axuda nos procesos de instalación do sistema operativo Linux/gnuLinex, Linex PYME 2006 e outras aplicacións realizadas sobre Software Libre, incluíndo axuda nos procesos de migración dende configuracións software propietarias.

Finalmente Fundacyt aportará ao CIRL e ás Cámaras a información necesaria sobre gnuLinex e outras aplicacións de desenvolvemento propio que se poden derivar dos proxectos que se están a desenvolver actualmente.

Fonte:
http://www.extremaduraaldia.com/

 

UbuntuUnha nova distribución baseada en Ubuntu orientada a media center acaba de ver a luz. Mythubuntu está orientada a desfrutar de contidos audiovisuais a través de aplicacións libres. A versión actual é unha alpha da que xa está dispoñible un Live CD. Recentemente tamén apareceu unha versión para profesionais do sector audiovisual chamada Ubuntu Studio.

Tedes máis detalles nesta web.

As bibliotecas públicas estremeñas estarán conectadas entre si cunha aplicación de xestión libre, na que se está a traballar na actualidade e que se prevé que estea en funcionamento o vindeiro ano.

Isto permitirá aforrar miles de euros anuais á Junta de Extremadura, segundo o anuncio feito hoxe en rolda de prensa polo director xeral de Promoción Cultural da Consejería de Cultura, o director de xestión da Asociación de Universidades Populares de Extremadura (Aupex) e a directora do Plan de Alfabetización Tecnológica.

Segundo o director xeral de Promoción Cultural da Consejería de Cultura apostouse desde un principio pola sociedade da información para a modernización da rede de bibliotecas de Extremadura. O obxectivo era que todas as bibliotecas de Extremadura estiveran unidas en rede, cun software de xestión único e cun carné bibliotecario único.

Grazas a un convenio firmado entre a Junta e Red.es para mercar material informático informatizaron 428 bibliotecas das 446 instalacións da rede. O problema é que o software de xestión para esta rede de bibliotecas tan ampla resultaba moi caro e obrigaba á Junta de Extremadura a facer inversións duns 420.000 euros anuais para manter as bibliotecas conectadas o que facía inviable o proxecto e o que xustificaba a aposta polo desenvolvemento dun software específico no que se está a traballar e que terá licenza libre.

Explicou que esta ferramenta de xestión é “complexa”, polo que “é un proceso lento, no que hai moita xente comprometida, e que volverá a colocar a Extremadura na vangarda da investigación de novas tecnoloxías baseadas en Software Libre”. Unha das vantaxes deste software de xestión será a posta en marcha dun carné bibliotecario único, co que se poderá obter información sobre que material ten en préstamo o usuario, non permitirá fraude, xa que a súa información aparecerá en todas as bibliotecas, e ofrecerá a posibilidade de consultar os libros que existen en todas as bibliotecas da rede.

Por suposto, despois de dotar ás bibliotecas co material tecnolóxico, planificouse a formación dos bibliotecarios na utilización de GNULinex de xeito que adquiran as habilidades tecnolóxicas necesarias, despois do cal poderán actuar coma dinamizadores das novas tecnoloxías nos seus centros.

Fonte:Extremadura al día

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal