Autor: Alberto
A Free Software Foundation (FSF) publicou onte (31 de maio de 2007) o último borrador (cuarto) da 3.ª versión da Licenza Pública Xeral (GPL). Richard Stallman explica, na nota de prensa, os motivos do cambio. A partir de agora, a FSF valorará os comentarios que se refiren ao borrador durante 29 días (até o 29 de xuño de 2007).
«O novo borrador incorporará a retracción que se recibiu do público e dos comités oficiais de discusión desde a saída do último borrador, o 28 de marzo de 2007. O director executivo da FSF, Peter Brown, salientou que se fixeron “unhas poucas melloras importantes baseadas nos comentarios que nos chegaron, entre eles a compatibilidade da licenza.”». Tamén comentou que se centrarán en que se distribúa o sistema GNU coa nova licenza e estender esta protección que nos ofrece a toda a comunidade.
Segundo as declaracións de Stallman, «Manter programas baixo a 2.ª versión da GPL non creará problemas» pois «o motivo de migrar débese aos problemas existentes que solucionará como a DRM a ameazas de patentes alén de incluír unha mellor internacionalización»
Os cambios nesta versión inclúen:
· A 3.ª versión da GPL é agora compatíbel coa versión 2.0 da Apache License.
· Os distribuidores que fagan/fixesen pactos discriminatorios de patentes despois do 28 de marzo non poderán transmitir software coa 3.ª versión da GPL. A Novell non se lle prohibirá distribuír este software pola protección de patentes que negociaron con Microsoft.
· Como novidade do anterior borrador, cómpre salientarmos que se engadiron novos termos para clarificar como se pode contratar modificacións privadas de software libre.
Ligazón á nota de prensa:
http://www.fsf.org/news/gpl3dd4-released
Ligazón oficial o sitio da GPL versión 3:
http://gplv3.fsf.org
Ligazón ós motivos que cita Stallman para a migración
http://gplv3.fsf.org/rms-why.html
A Free Software Foundation lanzou hoxe o cuarto borrador e último chamamento para a versión 3 da GNU/GPL, a licenza libre máis empregada do software do mundo. A fundación escoitará comentarios sobre o borrador durante os próximos 28 días e espera publicar oficialmente a licenza o venres 29 de xuño de 2007.
O novo borrador incorpora os comentarios recibidos do público en xeral e dos comités de discusión oficial dende a o lanzamento do borrador previo que foi o 28 de marzo de 2007. O director executivo da FSF, Peter Brown dixo, “Levamos a cabo unhas melloras moi importantes baseadas nos comentarios que escoitamos, o máis destacables sobre compatibilidade da licenza. Agora que a licenza está case finalizada, podemos mirar cara diante para distribuír o sistema GNU baixo GPLv3 e poñer as súas proteccións adicionais a disposición da comunidade enteira.”
Están dispoñibles novas versións de Firefox 1.5.0.12, Firefox 2.0.0.4. A corporación Mozilla libera actualizacións para Linux, Mac e Windows. As descargas están dispoñibles en getfirefox.com.
Recoméndase aos usuarios de Firefox actualizarse a esta última versión. A esta actualización súmanse dous idiomas aos anteriores. Anímase a todos os usuarios que muden a Firefox 2. Se xa tes Firefox 1.5.x ou Firefox 2.0.x, recibirás unha notificación automatizada da actualización no prazo de 24 a 48 horas. Esta actualización pode tamén ser aplicada manualmente seleccionando a “comprobación para actualizacións…” do menú de axuda. Para máis información, ver as notas do lanzamento do Firefox 1.5.0.12 e Firefox 2.0.0.4.
O rexistro para a GUADEC 2007 xa está aberto. A GUADEC é un evento anual que se celebra nunha cidade de Europa e onde se reunen un importante número de usuarios, desenvolvedores, fundacións, persoas, governos e negocios que apoian eu usan GNOME.
Esta é a súa 8ª convocatoria e este ano celebrarase en UCE Birmingham Conservatoire, na cidade de Birmingham en Reino Unido dende o 15 de xullo até o 21 de xullo de 2007…
A axenda de eventos conta con cerca de 80 sesións divididas en tres temáticas distintas: proxectos futuros, mostras de desenvolvementos actuais e como afrontar os distintos problemas. Tamén haberá un bo número de sesións titoriais e relatorios breves.
A GUADEC está patrocinada por moitas organizacións dende grandes multinacionais até pequenas empresas locais. Entre todas estas empresas destacamos á galega Igalia, entre empresas tales como Sun, HP, Google, OpenedHand, Imendio, Intel, Fluendo, Collabora, Ubuntu, ACCESS, Novell ou Red Hat.
Dende a páxina web de Fedora anunciouse onte o lanzamento de Fedora 7 (Moonshine).Esta nova versión conta con varias modificacións na estrutura do proxecto, unha delas é a dispoñibilidade de distintas variantes (spins) de Fedora, con varias versións e dispoñible para tres arquitecturas.
Os usuarios contan coas seguintes variantes:
- Unha contorna de escritorio GNOME e KDE baseado nas imaxes Live que se poden instalar no disco duro. Estes spins están feitos principalmente para usuarios de escritorio que prefiren a instalación nun único disco e comparten Fedora cos amigos e a familia.
- Unha imaxe regular para escritorios, estacións de traballo e servidores de usuarios. Este spin é sinxelo de actualizar e conta cun entorno similar para usuarios de versións anteriores de Fedora.
- Un conxunto de imaxes de DVD que inclúen todo o software instalable nos repositorios de Fedora. Este spin está adicado a usuarios que non teñen acceso a internet e prefiren ter o software dispoñible nun disco.
Ademais Fedora 7 conta con GNOME 2.18 e KDE 3.5.6, Xorg Server 1.3, un xestor de rede que conta cunha contorna gráfica que permite aos usuarios seleccionar rapidamente entre redes sen fíos e por cable e moitas cousas máis que podedes ver na lista de cambios.
Para obter esta nova versión de Fedora podedes descargala dende a páxina web, http://fedoraproject.org/get-fedora.html
Agora pódese crear Linux á medida do usuario, un Linux totalmente á carta. Isto é posíble grazas ao sitio de Nimblex. A través deste sitio web pódese armar o sistema operativo de forma totalmente personalizada. Todo de forma gratuíta, por suposto.
A idea do sitio Nimblex é ofrecer a posibilidade de construírse unha distribución Live de Linux Slackware por defecto ou unha personalizada soamente cos aplicativos que precisemos ata 200MB. Pódese dende agregar as aplicacións que se queira até personalizar o fondo de escritorio cunha imaxe propia. Logo faise a descarga do ficheiro personalizado e grávase nun CD…
Fonte: Nimblex
Nos distintos artigos que se recollen no web de hispalinux, pódense atopar declaracións como as seguintes:
En Palencia: http://www.hispalinux.es/node/633
En Málaga: http://www.hispalinux.es/node/632
…
En Valdemoro: http://www.hispalinux.es/node/631
En Torrevieja: http://www.hispalinux.es/node/630
De declaracións como as anteriores podemos salientar que cada vez máis grupos políticos están a recoñecer o software libre como unha alternativa de futuro pola que hai que apostar.
Ligazóns de interese
http://www.hispalinux.es/
Mancomun.org participa en dúas charlas orientadas á promoción e difusión do Software Libre en Frades e Vilagarcía de Arousa que se celebrarán mañá venres 1 de xuño. A primeira forma parte das actividades da Rede de Dinamización da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información e tentará achegar aos veciños deste municipio coruñés o proxecto de Mancomun.org.
A segunda charla terá lugar no contexto da Arousa Party 2007. Mancomun.org falará do Software Libre e do seu labor aos asistentes a esta popular party. Nesta ocasión intervirá tamén o presidente do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPOn), Carlos Rodríguez, para falar sobre a comunidade galega do Software Libre.
A charla de Frades terá lugar ás 5 de tarde na Casa do Concello. A de Vilagarcía de Arousa terá lugar no Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 16:30.
O equipo de desenvolvemento da distribución Scientific Linux acaba de lanzar o seu Live CD 5.0 para arquitecturas i386 e x86_64 como xa fixeran con Live DVD 5.0 hai menos dun mes. Scientific Linux é unha distribución baseada en Red Hat Enterprise Linux 5 mantida polos prestixiosos centros de investigación Cern e Fermilab ademais de contar coa participación das máis prestixiosas universidades.
O principal obxectivo de Scientific Linux é achegar un sistema operativo común para os investigadores e evitar duplicación de esforzos. Este proxecto pretende ser totalmente compatible con Red Hat Enterprise Linux cun mínimo número de adicións e cambios.
A distribución inclúe entre outras características un kernel Linux 2.6.18, escritorio GNOME 2.16.0, OpenOffice.org 2.0.4 ou un escritorio 3D con Compiz e AIGLX. Podedes descargar a imaxe ISO e ver capturas de pantalla nesta web.
O proxecto Alba é un proxecto arxentino de desenvolvemento de Software Libre para a realización dun sistema informático para xestión unificada de centros educativos. A intención do proxecto é ofrecer unha ferramenta para o traballo cotián nestes centros e mediante a cal poidan xestionar o propio centro, aos alumnos e ao persoal docente.
A última versión é a 1.0RC que foi presentada en marzo e que incorpora melloras na interface, menú e funcionalidade xeral dos módulos liberados na versión anterior, así como novos módulos relativos a emisión de informes, consultas (certificados, solicitudes, boletíns, etc), impresión de listados, etc… ademais de incluír a primeira versión dun manual de usuario e datos de exemplo (opcionais) para aprender a manexar a aplicación…
Podes ler máis información na páxina do proxecto:
http://www.proyectoalba.com.ar/
Capturas de pantalla do funcionamento de Alba:
http://www.proyectoalba.com.ar/spip.php?article12
Ligazón para descarga da última versión:
http://www.proyectoalba.com.ar/spip.php?article8
Instrucións para a instalación:
http://alba.pressenter.com.ar/cgi-bin/trac.cgi/wiki/Instalacion
Descarga do manual de usuario:
Manual de usuario en ODT
Vamos a expoñer brevemente distintas aplicacións que se poderían usar para poder usar Software Libre nunha biblioteca:
- Koha-UNLP: Koha-UNLP é un sistema integral en idioma español de xestión de bibliotecas, permite realizar todos os procesos necesarios, que van desde a adquisición de material hasta os servizos a usuarios. Dicir que se integra perfectamente con Debian e que está baseado no proxecto orixinal KOHA.
- OpenBiblio: Probablemente sexa o máis coñecido. Está escrito en PHP e destaca polo seu fácil manexo e a posibilidade de xestionar todos os trámites dunha biblioteca.
- …
- Gnuteca: Versión desenvolvida pola comunidade brasileira. Pódese acceder a unha versión demo online desde a seguinte ligazón (usuario e contrasinal “gnuteca”) :
Versión demo online - DSpace: É un software desenvolvido polo MIT co obxectivo de xestionar non só libros senón tamén contidos dixitais. Podes descargalo dende a súa páxina en Sourceforge.
- Oss4lib: Foi creado polo servizo de bibliotecas públicas de Georgia (E.U.A.) para xestionar un consorcio de 249 bibliotecas públicas.
- Emilda: É un sistema integrado de xestión de bibliotecas que actualmente se está utilizando en 14 escolas en Espoo, Finlandia. Tamén hai dispoñible unha versión online:
Versión demo online
O ministro Jordi Sevilla presenta o novo portal de trámites en liña'
cunha entrevista cos cidadáns a través de Internet.
O ministro de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, inaugurou hoxe a
nova versión do portal 060.es participando nunha entrevista dixital cos
cidadáns en que comentou que impulsaría a administración electrónica «até o
infinito e máis alá». O portal, cun total de 6.800 páxinas, permite
acceder a máis de 300 servizos electrónicos da Administración Xeral do
Estado e significará reforzar os dereitos da cidadanía.
O web en cuestión aposta pola accesibilidade, aínda que os webs das
administracións publicas cada vez cumpren máis o estándar WAI (Web
Accessibility Initiative).
Tamén lle pediron ao ministro que explicase o camiño que seguirá a
administración electrónica nos próximos anos. Sevilla dixo que a Lei de
administracións electrónicas "recoñecerá o dereito da cidadanía a
acceder por medios telemáticos e que está a punto de ser aprobada no
Senado".
Ligazón á noticia:
http://www.elpais.com/articulo/internet/administracion/electronica/infinito/alla/elpeputec/20070529elpepunet_5/Tes
(O Parlamento Europeo) recorda a definición de estándar aberto adoptada pola Comisión Europea segundo a cal:
- O estándar está adoptado e mantido por unha organización sen ánimo de lucro, e o seu mantemento lévase a cabo baixo a base dun proceso de decisión aberto a todas as partes interesadas;
- O estándar foi publicado e o documento de especificación do mesmo atópase dispoñible gratuitamente ou a un custo nominal;
- A propiedade intelectual -por exemplo, patentes posiblemente presentes- de (ou de parte de) o estándar atópase dispoñible de forma irrevocablemente libre de regalías.
Fonte.- Aínda non publicada polo Parlamento Europeo
O proxecto KDE Edutainment Project ten como meta desenvolver Software Libre para a educación dentro do contorno de escritorio KDE. Estes programas van dirixidos ás escolas, aos pais e aos alumnos e están dispoñibles en multitude de idiomas. As aplicacións están deseñadas para ser divertidas, coloristas e atractivas e deben ser o suficientemente sinxelas para que os rapaces as usen sen supervisión dos seus pais.
XboxMediaCenter (XBMC) é un reprodutor multimedia baseado en Software Libre para a consola XBOX de Microsoft. Polo de agora este software só está dispoñible para os sistemas operativos de Microsoft. Mais un grupo de desenvolvedores de XBMC está comezando o seu port para a plataforma GNU/Linux e OpenGL polo que agora buscan máis persoas con coñecementos de C/C++.
Podes ver a nova completa xunto cunha lista de recursos para o proxecto na súa fonte orixinal:
http://www.xboxmediacenter.com/
Entre as características do XBMC cabe destacar que pode reproducir vídeos/ver imaxes na maioría dos formatos de audio/vídeo/imaxe coma son os formatos MPEG-1/2/4, DivX, XviD, MP3, AAC, JPG, GIF ademais doutros moitos formatos menos coñecidos directamente dende o lector de CD/DVD da consola ou do seu disco duro…
Máis información na páxina do proxecto:
http://www.xboxmediacenter.com/
