Mancomún
Empresas xermanas están a protestar debido a un proxecto piloto que tratará de empregar no parlamento alemán “Microsoft mail server Exchange”. O Departamento de Tecnoloxías da Información está manipulando á comisión, alega Linux Verband que representa máis de 80 compañías que traballan con solucións basadas en Open Source. “Sabemos que é un proxecto piloto, mais non houbo oferta pública” declarou Elmar Geese, presidente da Open Source Asociation.

De acordo coas noticias, o proxecto piloto está probando funcionalidades que só poden ser totalmente operativas con “Microsoft Internet Explorer”, “Isto resulta interesante porque o parlamento alemán recomenda o navegador de código aberto Mozilla Firefox por motivos de seguranza” remarca Heise.

Un portavoz do parlamento rexeitou a idea de que estivesen a separar da estratexia do software libre e aclarou que o “limitado” proxecto piloto estaba a usar Microsoft Exchange; alén diso, están a tomar as medidas axeitadas.

Aínda así, choven as críticas ao proxecto, pois, como é natural, non se pode entender porque un importante proxecto piloto non segue a liña oficial (e así o fixo notar Geese ós medios). Segundo as declaracións de Heise, algúns membros da asociación están a considerar emprender accións legais.

Despois de dous anos de desenvolvemento o proxecto Ardour anunciou o lanzamento da versión 2.0. Ardour é unha estación de traballo de son dixital cuxas expectativas céntranse en satisfacer as necesidades dos usuarios profesionais. As súas características inclúen gravación multicanle, edición non destrutiva con undo/redo, un número ilimitado tracks/busses/plugins, sincronización timecode e control hardware dende vistas coma o Mackie Control Universal.

As novas características son un contorno de usuario mellorado, capacidades de gravación destrutiva, undo/redo mediante programas de arrinque/apagado, soporte estable para VST, soporte para ficheiros nativos de enteiros de 24 bit e algunhas cousas máis…

A versión 2.1 espérase agora para dentro duns meses. 

http://www.vivalinux.com.ar/soft/ardour-2.0.html

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif A historia do “porting” a MacOSX é basicamente tan vella coma o OpenOffice.org en si mesmo. Practicamente dende o comezo houbo un plan para ter a versión nativa para Mac, sen embargo como primeiro paso a comunidade decidiu traballar nun port X11 como solución rápida temporal. E pasado o tempo esta solución converteuse na única.

Agora Sun está a xuntar esforzos para ter o OpenOffice.org para Mac/Aqua dado que Apple ten unha cota de mercado significativa nos contornos de escritorio e hai unha comunidade activa que amosa o seu interese.

» Máis información:  Blogs de  Sun
CeltxCeltx é unha interesante ferramenta libre que permite xestionar todo o proceso de preprodución dunha película, curtametraxe, videoclip ou calquera outra obra audiovisual. Está pensado para que produtores e guionistas poidan realizar a planificación, o guión, o storyboard de xeito conxunto a través da rede e publicalo nunha web pública ou privada coa fin de promover o proxecto e compartir ideas.
 

Celtx conta cunha licenza propia baseada na Mozilla Public License Version 1.2 e está dispoñible para GNU/Linux, MS-Windows e Mac OS.

Nunha mensaxe enviada ás listas de correo o día 1 de maio anunciouse o cesamento de operacións de Progeny Linux Systems. Esta empresa foi fundada no seu momento por Ian Murdock (fundador de Debian) que hoxe é xefe de estratexias de Sistemas Operativos de Sun Microystems.

Na páxina de progeny pódese atopar o seguinte texto: “We are sorry to inform you that Progeny Linux Systems, Inc. ceased operations April 30, 2007. Questions may be directed to …:”. Na súa longa vida, Progeny contribuíu con código e soporte a proxectos como APT, dpkg, Componentized Linux, o instalador Anaconda para Debian e foi un firme impulsor do LSB (Linux Standard Base)…

Ademais, parece que están á venda todos os dominios relacionados “Offers to purchase the progeny.com, progenylinux.com, progenylinux.org, progenylinux.net, componentizedlinux.com, componentizedlinux.net, componentizedlinux.org, or globalinuxsupport.com domain names should be made …”.

Ligazóns de interese:
http://debian.barrapunto.com/

Ligazón á noticia orixinal:
Web oficial de progeny

http://www.mancomun.org/images/stories/mysql_network_130x94-64.gifCada vez máis empresas escollen Software Libre para os seus servizos e a iniciativa de Europages non é a única; porén, sempre convén salientar que empresas importantes e con rigorosos estudos de viabilidade escollen, cada vez máis, Software Libre.

Europages é unha guía a nivel europeo de teléfonos de empresas (páxinas amarelas) que ten, entre os seus datos, máis de 700 000 empresas de todos os sectores de 35 países. A súa web está dispoñible en máis de 26 idiomas, consúltase en 218 países e, ademais, en 2006 fixéronse máis de 122 millóns de buscas. O tráfico de Europages increméntase de modo exponencial e para acometer cambios que lle leven a soportar este incremento, elixiron un MySQL replicado en modo master/slave…

Os tres maiores editores de páxinas amarelas participan en Europages: SEAT Pagine Gialle (Turín, Italia), TPI (Telefónica – Madrid, España) eDeTeMedien (Deutsche Telekom – Frankfurt, Alemaña); isto, sen dúbida, pode ser un avance para que estas empresas coñezan aínda máis a fondo o Software Libre.

Ligazóns de interese:
Ligazón á nota de prensa en mysql.com – http://www.mysql.com/news-and-events/press-release/release_2007_07.html

Páxina oficial de mysql – http://www.mysql.com

Páxina da empresa europages – http://www.europages.com

Avant Windows Navigator é unha barra para o sistema operativo Ubuntu que imita o xa ben coñecido “dock ” do Mac OS X. A pesares de que xa existían algúns programas para Ubuntu que imitaban o dock de Mac OS X, este destaca porque ademais de permitir lanzar aplicacións, pode acoller as ventás minimizadas, ao igual que o sistema operativo de Apple. Ademais pódese instalar directamente desde Synaptic en Ubuntu Edgy e Feisty Fawn. Tamén está dispoñible o código fonte para outras distribucións dende a páxina do proxecto…

O proxecto está hospedado no servizo Google Code:
http://code.google.com/p/avant-window-navigator/

E a páxina oficial do proxecto é a seguinte:
http://awn.wetpaint.com

As maiores firmas tecnolóxicas entre as que se atopan Oracle, IBM e Nec, formarán un consorcio para vender no Xapón servidores e sistemas que executen o sistema operativo GNU/Linux, segundo informou o pasado xoves un periódico financeiro xaponés.

No consorcio, liderado por Oracle Corp. Japan sinalan como data de lanzamento da operación o mes de xuño.

Máis de 10 compañías, incluíndo os principais fabricantes de servidores tales como Hitachi Ltd. e Dell Inc., así como desenvolvedores de sistemas tales como NTT Data Corp. , esperan participar neste consorcio…

Esta iniciativa prodúcese en resposta á pauta marcada polo goberno xaponés que promove o inicio, a partir do vindeiro mes de xullo, do emprego de sistemas operativos GNU/Linux de código aberto dentro do goberno.

O goberno central xaponés conta cunha partida orzamentaria dentro dos presupostos para o ano fiscal 2007 de 1.25 trillóns de yens (10.40 billóns de dólares) dispoñibles para o seu gasto en sistemas de información e espérase que alcance os dous billóns cando inclúan aos gobernos locais.

Na actualidade o 78% dos servidores do Xapón executan Microsoft Windows, mentres que o 14% executa GNU/Linux.

http://www.mancomun.org/images/stories/odf.png A importancia dun estándar aberto para o traballo con documentos ofimáticos é de vital. ODF foi o primeiro en responder a esta necesidade, e agora Microsoft está a propoñer a súa especificación OOXML.

Aberta a contenda por ver cal se fai o estándar predominante publicouse unha versión previa do que será o libro branco (white paper) onde se amosan as diferencias técnicas entre o formato ODF é OOXML. Neste documento só se comparan as cuestións técnicas das especificacións, outras cuestións coma a propiedade intelectual ou cuestións legais non están reflectidas no documento.

Tras unha introdución histórica das especificacións, no documento vanse detallando mediante exemplos as diferenzas existentes entre os dous formatos para finalizar coas conclusións correspondentes.

Sirva como mostra un dos exemplos empregados no documento no que se explica a sintaxe empregada para almacenar un texto nunha cela dunha folla de cálculo.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/sheet.png

As conclusións do informe técnico son bastante claras:
  • ODF foi creado empregando estándares existentes tendo en conta a interoperabilidade, facendo consultas a moitas empresas do sector e dando tempo ao deseño ata alcanzar un consenso. O feito de empregar estándares existentes xa no mercado fai posible a posta en execución por unha grande cantidade de produtos de oficina, e a lista segue medrando.
  • OOXML foi deseñado por un só vendedor (Microsoft) sen a consulta ou a participación pública doutras empresas. Foi deseñado para coexistir cos seus formatos herdados empregando os seus propios produtos.
  • ODF ten funcionalidades para manexar as peculiaridades dos formatos Microsoft. Sen embargo OOXML no seu estado actual non pode traballar con outros documentos que non sexan os propios de Microsoft Office.
  • Un estándar que non se pode poñer en execución por todas as partes ou que obstaculiza a interoperabilidade non é viable (non é un estándar).
  • Na opinión do autor do estudo as particularidades de Microsoft en OOXML xunto co feito de que a especificación teña arredor de 6000 páxinas obstaculizarían grandemente a capacidade doutras partes de desenvolver os seus produtos totalmente empregando este formato, chegando ata o punto de facer practicamente imposible traballar coma un estándar universal.

O documento está dispoñible en formatos PDF e ODT.

Toshiba Italia está considerando seriamente a posibilidade de incorporar Linux preinstalado nos seus computadores. O director da filial transalpina de Toshiba afirmou que ofrecer o sistema operativo libre preinstalado podía supoñer unha vantaxe competitiva respecto a outras compañías. “É un negocio ao que non queremos pechar a porta”, declarou.

Toshiba Italia ve unha oportunidade de negocio no mercado da PEME con portátiles duns 500 euros onde o GNU/Linux preinstalado pode resultar decisivo. Na sede central da compañía en Estados Unidos non hai declaracións sobre esta iniciativa.

PuTTY é unha implementación libre dun cliente [[Telnet]] e [[SSH]] para plataformas Windows e Unix, ademais de incluír un emulador de terminal xterm .

A última versión é a beta 0.60 (versión de corrección de erros) e entre outras cousas inclúe:

  • PuTTY (O cliente Telnet e SSH)
  • PSCP (cliente de SCP, é dicir copia de ficheiro segura mediante liña de comandos)
  • PSFTP (cliente de SFTP, sesións de transferencia de ficheiros semellante ao [[ftp]])
  • PuTTYtel (cliente Telnet)…
  • Pageant (un axente de autenticación de SSH para PuTTY, PSCP e Plink)
  • PuTTYgen (unha utilidade de xeración de chaves RSA)

Páxina oficial do PuTTY:
http://www.chiark.greenend.org.uk/~sgtatham/putty/

O Centro de Educación Infantil Corazón de María de Palencia, realizou unha experiencia innovadora na aplicación e uso das Novas Tecnoloxías. Durante o mes de marzo, unha profesora e varias titoras realizaron cos alumnos/as do segundo ciclo de Infantil  probas con encerados dixitais de baixo custo empregando Software Libre.

 
O hardware utilizado foi unha pizarra branca con distintas webcams e o software foi MANDO incluído na distribución [[KUBUNTU]], desenvolvido nos laboratorios de Microsystem & Machine Vision, na universidade de Sheffield.

Para descargar un resumo da experiencia:
http://www.cmariapal.net/

E dende a seguinte ligazón poden verse os vídeos:
http://www.cmariapal.net/videos

http://www.mancomun.org/images/stories/ext3cow_logo.png Ext3cow é un sistema de ficheiros con control de versións baseado no [[ext3]] e con licenza GPL. Ext3cow ofrece un contorno gráfico que permite un control continuo e en tempo real do sistema de ficheiros do computador, podendo os usuarios ver e recuperar os ficheiros e as distintas versións dos mesmos que estaban no computador en calquera momento tempo atrás.
 
Algunhas vantaxes de ext3cow:

  • Non ‘contamina’ o sistema de ficheiros coas distintas versións
  • Consume pouco espazo en disco e ten pouco impacto no rendemento
  • É totalmente modular e non require cambios no kernel ou nos interfaces VFS

A páxina do proxecto é http://www.ext3cow.com/ e segundo anuncian na mesma, ext3cow xa está dispoñible para os kernels da rama 2.6.
http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpgEste ano, coma sempre, Google organiza o seu Summer Of Code. Nesta ocasión tamén ofrece interesantes ideas no ámbito do Software Libre. Como iniciativas útiles para o entorno empresarial salientamos as seguintes:

  • PostgreSQL
    • E/R diagramming tool for pgAdmin – Esta ferramenta permitirá a exportación do modelo E/R en base ao deseño físico e ademais de facer cambios no modelo E/S reflectiraos na base de datos.
    • Full Text Search support in PostgreSQL GUI Tools – Esta modificación permitirá a usuarios non expertos configurar a característica Full Text Search de forma máis sinxela…
  • Wine Project
    • CHM Compiler – Este proxecto permitirá crear os arquivos de axuda (.chm) dos programas dende o propio Wine.
  • KDevelop – Este proxecto proverá de soporte para CMake en KDevelop xa que CMake é o estándar que emprega KDE.
  • GRUB2 – Esta característica permitirá soportar de maneira nativa o arranque dende a unidade de CDROM sen ter que estar a compilar GRUB con determinados parches e imaxes adicionais.
OneKript é unha interface gráfica para o programa de cifrado directo (on-the-fly-encrypted) TrueCrypt , lanzado baixo licenza GPL. Foi desenvolvido no contorno Kommander para KDE (para empregar o OneKript é necesario ter o kommander-executor). Neste momento está dispoñible a versión 0.7.2.

Características

  • Creación de volumes normais e ocultos.

  • Selección do tipo, do tamaño e dos algoritmos do sistema de ficheiros do hash e do cifrado.

  • Introdución dobre do contrasinal.

  • Permite utilizar ficheiros chave e fontes ao azar.

  • A montaxe e desmontaxe de volumes coa capacidade para lido soamente e a protección de volumes ocultados.

  • Probar os algoritmos internos.

  • Crear os ficheiros chave.

Sen respaldo de ningunha empresa, simplemente por contribuír, un programador francés deseñou drivers para varios chipsets para GNU/Linux e que son usados por 235 webcams, o que permite usar estas webcams en GNU/Linux.

Michel Xhaard é un programador afeccionado. A súa profesión é a medicina, aínda que a súa gran contribución ao Software Libre fai que se lle coñeza antes polos seus logros como programador que como médico, e é que coa súa contribución agora pódense usar 235 webcams máis en GNU/Linux…

Nunha entrevista concedida a The Inquirer, explica que comezou o proxecto cando no nadal do 2003 regaloulles unhas webcams ás súas fillas e viñan sen soporte para GNU/Linux.

Fonte:
http://www.noticiasdot.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal