Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/gallery.jpg Gallery é un logrado álbum de fotos baseado na Web que foi escrito usando [[PHP]]. É fácil de instalar, inclúe un asistente de configuración e xestiona usuarios coa habilidade de crear e manter os seus propios álbumes dentro da colección de álbums vía unha contorna Web intuitiva.

A xestión de fotos inclúe miniaturización automática das fotos, reescalado da imaxe, rotación, organización, captura e máis. Os álbumes poden ter permisos de lectura, escritura, e captura para cada usuario individual autenticado obtendo deste xeito un nivel de privacidade adicional.

Gallery1.5.6 está dispoñible para descarga web. Esta versión é principalmente unha versión para a resolución de erros pero tamén inclúe un par de características novas de menor importancia.

Esta nova versión 1.5.6 pódese descargar desde:
http://sf.net/project/showfiles.php?group_id=7130&package_id=7239

Se precisas máis detalles visita
http://gallery.menalto.com/gallery_1_5_6_released

 

Fonte da nova:
http://sourceforge.net/forum/forum.php?forum_id=684321

http://www.mancomun.org/images/stories/opened_hand.png Pimlico é unha suite de aplicacións para xestión de información persoal (PIM) que consume poucos recursos e que está deseñada co fin de utilizarse nos dispositivos móbiles.

Pimlico está feita con GTK+ Toolkit e Embedded Evolution Data Server, os cales proveen a esta aplicación de sólidos fundamentos.  Isto tamén permite a fácil portabilidade a varios frameworks baseados en GTK+ para móbiles tales como Maemo e OpenMoko, así como para o seu uso en PC de escritorio.

Pimlico contén catro aplicacións: Contacts, unha axenda de contactos; Dates, un calendario; Tasks, unha lista de tarefas; e Sync, unha ferramenta de sincronización…

Pimlico está desenvolvido maiormente pola xente do proxecto opened-hand, unha páxina onde poder atopar Software Libre para dispositivos móbiles.

FBReader é un lector de e-books para [[PDA]] e computadores GNU/Linux.

FBReader funciona actualmente con Sharp Zaurus, Siemens Simpad con Opensimpad ROM, Nokia 770 Internet Tablet, Archos PMA430 e computadores con GNU/Linux.

Tamén soporta diversos formatos de e-book: plucker, palmdoc, zTXT, HTML, fb2, TCR, OEB, RTF, e texto plano…

Esta aplicación require GTK+ versión 2.4.x ademais das seguintes dependencias: expat, libbz2 e enca.

Podes ver máis información sobre a aplicación na seguinte páxina de GnomeFiles:

http://www.gnomefiles.org/app.php/FBReader  

http://www.mancomun.org/images/stories/full-circle.pngA comunidade de Ubuntu acaba de lanzar a primeira edición da súa revista oficial, Full Circle, que por suposto é libre, de balde e descargable.
Full Circle é editada polos membros da comunidade de [[Ubuntu]], unidos no esforzo de producir contidos orixinais sobre temas de tecnoloxía, Software Libre, e por suposto, Ubuntu. A súa idea é conseguir suficiente apoio como para publicar un novo número tódolos meses, así que xa están chamando a voluntarios para o próximo.

Full Circle Nº 0 inclúe a historia completa de Ubuntu, dende Warty ata Feisty; pero o seu contido principal é repasar todo o que nos depara a Ubuntu 7.04.

» Revista Full Circle

O “Observatorio de la Neutralidad Tecnológica” reúne achegas de diferentes asociacións ou colectivos activos en torno ás discriminacións producidas polo emprego de tecnoloxías da información e como resultado dese traballo preséntase este novo informe.

O informe é apoiado, entre outros, por Hispalinux, Linux Español, Linux Magazine (ed. española), a Asociación Legalventure e a Iniciativa Focus.

O Concello de Mugardos organiza as súas IV Xornadas de Software Libre que terán lugar o sábado 21 de abril pola tarde no Salón de Plenos do Concello de Mugardos. Este evento naceu da iniciativa da Comunidade Virtual Linux O Zulo. Mancomun.org participa cun relatorio no que presentará a Iniciativa Galega polo Software Libre.

Este é o programa:

  • 16:30 horas:
    • Relator: David Carracedo (Academia Postal)
    • Tema: Software libre: O estado actual
  • 17:30 horas:
    • Relator: Jesús Arribi (Mancomún)
    • Tema: O Proxecto Mancomún: iniciativa galega polo software libre
  • 18:45 horas:
    • Relator: Roberto Brenlla (Tegnix)
    • Tema: Directrices migratorias, servidores
  • 19:45 horas:
    • Relator: Andrés J. Díaz (Mancomún)
    • Tema: Máquinas virtuais: a forxa de Mancomún
  • 20:45 horas:
    • Relator: Alberto Permuy Leal (MyC)
    • Tema: Squid: cacheando a rede

 

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_entrans.png Grazas ao esforzo de todos os voluntarios do Entrans de mancomun.org, recentemente rematouse de traducir as aplicacións B2Evolution e Freemind e agora xa se atopan dispoñibles dende as páxinas dos autores. Aínda que as páxinas non reflicten eses cambios, podedes atopar as traducións nas seguintes ligazóns:

Tradución do B2Evolution ao galego

Tradución do Freemind ao galego

B2Evolution é un sistema de publicación especialmente útil para centros educativos e empresas xa que permite aloxar blogues individuais dentro dun blogue colectivo (multi-blogue)…

Freemind é unha aplicación que permite crear mapas conceptuais, asociar as ideas unhas con outras, de forma rápida e sinxela.

http://www.mancomun.org/images/stories/centos-292-man.pngO proxecto CentOS anunciou o lanzamento da versión 5.0 do clon libre máis popular de Red Hat Enterprise Linux, actualizado cos paquetes de todas as variantes de RHEL5, incluídas as súas edicións Client e Server.

CentOS 5.0 inclúe: Kernel 2.6.18, soporte de Compiz e AIGLX, Xen con Virtual Machine Manager e máis perfís de usuario, entre moitas novidades máis. CentOS 5.0 está dispoñible só para as arquitecturas i386 e x86_64, aínda que se promete soporte para IA64, PowerPC e Sparc proximamente.

Pódese descargar dende,

CentOS 5.0 i386 (Mirrors).

CentOS 5.0 i386 DVD (ISO).

CentOS 5.0 x86_64 (Mirrors).

CentOS 5.0 x86_64 DVD (ISO).

 

Fonte:
http://www.vivalinux.com.ar/distros/centos-5.0.htm

Nos últimos seis meses máis de 100 estudios de posprodución de todo o mundo adoptaron solucións de Autodesk para cine e televisión que funcionaban baixo o sistema operativo GNU/Linux.

No mes de abril de 2006, Autodesk cambiou os seus sistemas de efectos visuais e de edición/acabado e pasou de estacións de traballo SGI a estacións de traballo baixo o sistema operativo GNU/Linux. O sistema de efectos visuais Autodesk Flame para Linux ofrece composicións complexas en 3D, 20 veces máis rápidas que nas estacións de traballo SGI anteriores..

Exemplo destes cambios son as empresas Industrial Light & Magic (ILM) que recentemente fixeron a transición de seis dos seus sistemas de efectos visuais Autodesk Inferno a estacións de traballo GNU/Linux. The Mill que actualizou Autodesk Smoke de edición/acabado e Flame de efectos visuais para estacións de traballo GNU/Linux. O estudio de posprodución de anuncios televisivos Quiet Man con sede en Nova York tamén cambiou os seus sistemas Flame a Linux.

Fonte:
http://www.vnunet.es/Actualidad/Noticias/Informatica_personal/Linux/20070412033

A biblioteca municipal do Porriño foi premiada pola súa actividade de animación á lectura co Premio María Moliner 2006 de Animación a la Lectura. Carmen Calvo, Ministra de Cultura, resaltou que as actividades desenvolvidas polo centro empregan as canles preferidas pola xente nova. A iniciativa foi elixida entre 7.500 propostas e representa un caso de éxito no emprego das tecnoloxías da información e do Software Libre.

Segundo nos explica o responsable da biblioteca Albino Alonso, os equipos do centro que empregan os lectores para  entrar en internet e o de consulta de catálogo teñen coma sistema operativo Ubuntu. Estes cinco postos son empregados polos usuarios para conectarse a Internet, empregar o OpenOffice.org e outras funcións sen maiores dificultades. Cita como exemplo que moita xente pregunta “onde está o ‘E'” en referencia ao logotipo de Internet Explorer porque queren conectarse e non dan atopado o programa. Unha vez que se lles explica como acceder ao navegador web traballan sen problemas.

A biblioteca leva traballando con estes postos de GNU/Linux desde hai un ano. En breve incorporaranse tres novos equipos para a sala de lectura infantil e xuvenil que levarán incorporados a distro educativa Edubuntu. Ademais a web da biblioteca facilita o achegamento dos lectores sendo posible a realización do carné de usuario a través de internet, consultar o catálogo, calendario de actividades… Arestora trabállase para que a páxina cumpra o nivel AAA de accesibilidade.

Alonso cóntanos que xa fora a súa intención hai oito anos empregar GNU/Linux pero o feito de que a maior parte do software estivese en inglés e o seu aspecto pouco amigable levaron a postergar o cambio ata a aparición de distros máis fáciles de empregar para un usuario medio coma Ubuntu. As razóns para apostar polos estándares abertos son o feito de non ter que pagar licenzas, a ausencia de virus, a súa adaptabilidade, o emprego do galego e seguir a filosofía de coñecemento compartido do Software Libre.   

OusliO pasado venres, 13 de Abril, Ousli , grupo ourensán de usuarios de GNU/Linux, levou a cabo unha xornada sobre Software Libre no centro de FP Caixanova que tivo lugar na capital ourensá. Mancomun.org tamén participou neste evento cun relatorio sobre As posibilidades do Software Libre. O material empregado está dispoñible na web da asociación:

 

 

GPULDe hoxe ata o día 15  terá lugar na Coruña a DudesConf.  Este encontro ten por obxectivo reunir aos desenvolvedores do proxecto Debian GNU/Linux e as súas distribucións derivadas para colaborar xuntos no desenvolvemento da distribución e intercambiar opinións sobre a  marcha do proxecto. O evento é auspiciado polo GPUL, grupo de programadores e usuarios de Linux da Coruña. 

A organización pon a disposición dos asistentes facilidades para o aloxamento e a comida. Conta coa colaboración da Universidade da Coruña, a Deputación da Coruña e Mancomun.org.

A Comisión de Administracións Públicas do Congreso aprobou o proxecto de Lei para o acceso electrónico ás administracións. Entre as novidades introducidas por esta lei está a garantía do acceso ás administracións públicas a través de Software Libre. Agora o proxecto de lei pasará ao Senado antes da súa aprobación no Congreso dos Deputados. Todos os partidos excepto PP, que votou na contra dalgúns aspectos relacionados cos estándares libres, e CIU, pola parte relativa ás competencias autonómicas, votaron a favor da aprobación deste proxecto.

A futura lei prevé que as tres administracións teñan que garantir a interoperabilidade entre os sistemas que manexen, de modo que as xestións que se fagan nun ámbito sexan comprensibles e válidas noutro. Con esta fin crearase un Esquema Nacional de Interoperabilidade. Ademais, a futura lei incluirá unha definición do estándar aberto, algo que, no conxunto da lexislación europea, só Francia ten feito, e creará a figura do Defensor do Usuario da Administración Electrónica que vixilará polo cumprimento dos dereito que a lei recoñece aos cidadáns.

A deputada socialista Lourdes Muñoz explicou que co uso de estándares libres preténdese que non haxa discriminación cara o usuario que elixa Software Libre e así evitar os monopolios das principais compañías informáticas. As administracións utilizarán estándares libres e, cando non lles sexa posible, terán sistemas que os cidadáns usen de forma xeralizada, para evitar impoñer ao usuario un determinado programa.

Isaura Navarro de IU, Francisco Rodríguez do BNG e Luis Ayllón de ERC celebraron as enmendas que amplían significativamente a lei e que supoñen unha clara aposta polos estándares abertos e Software Libre. O deputado do PP José Ignacio Echániz, que afirmou estar a favor dos principais aspectos da lei, amosou as súas reticencias aos estándares libres, por entender que o texto “esquece ás empresas” deste sector. 

Fonte: La Flecha /EFE 

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngAs Ciberirmandades da Fala remataron de traducir o sistema de foros phpBB coa axuda de voluntarios dende a súa páxina web. A versión traducida está baseada na normativa da Real Academia Galega e constaba dun total de 5545 cadeas. Agora só falta que saia a versión definitiva do phpBB3 para que poidamos desfrutalo en galego.

As Ciberirmandades empregan unha ferramenta colaborativa chamada TraduCif e que estaba baseada no software Entrans que tamén utilizamos en www.mancomun.org/entrans.

http://www.mancomun.org/images/stories/thunderbird.pngAcabamos de rematar a revisión das cadeas da tradución do Thunderbird 1.5 e por iso vimos de publicar a tradución completa do Thunderbird ao galego.
 
A ligazón para a descarga da tradución é a seguinte:
Complemento coa tradución ao galego do Thunderbird 1.5
Calquera erro que se atope nesta versión poderá ser enviado á lista de galician.mozdev.org para futuras correccións, xa que se procurará que as traducións dos produtos Mozilla sexan coordinadas desde galician.mozdev.org.

Para ver as instrucións de instalación prema en ler máis…

 

Instrucións para a instalación da tradución:

Para usar a tradución temos que instalar a extensión (thunderbird-gl-ES.xpi). Para instalar a extensión temos que abrir o Thunderbird e no menú Ferramentas->Extensións pulsar en Instalar. Seleccionamos a extensión descargada e reiniciamos o Thunderbird.

Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Thunderbird arrancará por defecto xa en galego.

Se non fose así, deberemos engadir un parámetro de execución ao Thunderbird. O parámetro é o seguinte (sen as comiñas):

“-uilocale gl-ES”

 
Para engadir o parámetro modificamos o acceso directo do Thunderbird tal e como segue:

http://www.mancomun.org/images/stories/instalar_thunderbird_gl.jpg

 

Outra opción é instalando o paquete de idioma e despois un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase e xa aparece en “Ferramentas->Idiomas->Galego”

Para instalar “Locale Switcher” prema na seguinte ligazón:
https://addons.mozilla.org/

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal