Mancomún

A Aula TIC-PEME da USC vén de incorporar unha nova ferramenta Open Source. Neste caso, trátase do WebMinar denominado WebHuddle.

Coñécese como “Webminar” (entre outros termos, como online meeting, webmeeting, live web conferencing, etc.) a un tipo de software con interface web popularizado no contorno empresarial, que permite a unha persoa organizar a través de Internet unha reunión virtual entre un grupo de xente determinado. Estes programas integran unha serie de ferramentas de comunicación fundamentalmente sincrónicas (audio streaming, chat, vídeo, pizarra electrónica compartida, escritorio remoto compartido, etc.) para facilitar a interactividade entre os asistentes.

Un exemplo de utilización de WebHuddle atopámolo no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), como pode verse no enderezo http://webminar.cesga.es.

Unha aplicación deste tipo ten múltiples utilidades empresariais:

  • Reunións de traballo a través da Web
  • Actividades de Marketing
  • Eventos de demostración dun produto
  • Venta interactiva
  • Formación de empregados interactiva
  • Soporte post-venta e xestión de incidencias
  • Entorno de comunicación instantánea
  • Entorno de traballo compartido
  • Etc.

WebHuddle pódese descargar en sourceforge.

Fonte: Aula TIC-PEME da USC.

Nun xesto para facilitar a súa difusión ISO puxo libre para a súa descarga as especificacións do seu estándar ISO 26300 (antes había que pagar 200 €). Para os non iniciados son as especificacións do formato que usan OpenOffice.org, Koffice, StarOffice e outras suites de ofimática, etc.

O nome oficial é “Open Document Format for Office Applications. (OpenDocument) v1.0”.

Para os interesados no estudo e na implementación de aplicacións contra este estándar é unha novidade o xesto da ISO.

Fonte: Libro blanco  

IBM Arxentina asinou un acordo co goberno da provincia de Bos Aires para promover a educación tecnolóxica, que inclúe a formación dos docentes das escolas técnicas no sistema de código aberto GNU/Linux. O acordo fomentará políticas e cursos de acción para lograr unha mellor formación tecnolóxica.

A primeira etapa do proxecto consiste en capacitar a docentes de escolas técnicas da Provincia de Bos Aires no sistema de código aberto GNU/Linux e en programación dentro do perfil de Técnico/a en Informática Persoal e Profesional.

Fonte:http://vivalinux.com.ar/eventos/linux-a-las-escuelas-de-bs-as.html

Acaban de abrirse as inscricións para a novena edición da iParty, un encontro de afeccionados ao Software Libre. A Asociación para o Desenvolvemento da Informática e a Telemática (ADITEL) organiza durante os días do 12 ao 15 de abril a súa tradicional reunión no Pavillón Deportivo da Universitat Jaume I de Castelló.

Neste espazo de encontro, no que os asistentes reúnense para compartir coñecementos e experiencias nun ambiente distendido, poderase asistir a unha serie de conferencias, talleres e concursos relacionados co Software Libre…

Este ano contará no seu seo coa quinta reunión de usuarios de Blender de fala hispana, coñecida como Blendiberia. Esta celebrarase do 13 ao 15, e contará como acto estelar coa conferencia dun dos principais creadores arxentinos de Plumíferos, a primeira longametraxe realizada con este programa 3D libre, que se estreará oficialmente a finais deste ano.

Como outros anos, programáronse talleres dos programas de debuxo máis usados, do mencionado Blender e de programación básica de videoxogos, así como un taller de hacking práctico que nos achegará aos problemas básicos do mundo da seguridade informática. E, como non, poderemos participar en concursos para todos os gustos: desde o extravagante frikitest ata o concurso de seguridade, pasando polo de programación, deseño e videoxogos.

Durante o evento, contaremos tamén co fantástico espectáculo do showman Xavi de Blas, o Linuxshow, e amenizarase a estancia con actividades e proxeccións audiovisuais variadas.

Para inscribirse, pódese consultar a seguinte web. O número de prazas é limitado, así que ¡date présa! Esperámosche alí:

http://iparty.aditel.org/

 
Fonte:
http://www.ubuntu-es.org/index.php?q=node/41270

A compañía Red Hat que preside Matthew Szulik, mundialmente coñecida polo seu excelente posicionamento no mercado dos servidores Linux, está planificando a súa estratexia para achegarse aos usuarios finais. Neste sentido, Red Hat está traballando nunha solución de escritorio mellorada respecto á actual.

Este movemento está deseñado en parte para competir coa solución de Novell para escritorios, polo que a guerra para acadar un bo posicionamento no mercado de usuarios parece aberta.

Fonte.- PCMagazine

http://www.mancomun.org/images/stories/qualipso.jpgEuropa, Brasil e China uníronse para lanzar unha plataforma global que fomente a adopción de programas informáticos de fonte aberta/gratuíta (FLOSS) por parte de empresas, gobernos e institucións académicas.

QualIPSo (Quality Platform for Open Source Software), é unha infraestrutura para investigar e utilizar procesos de desenvolvemento en execución incluíndo modelos, métodos e ferramentas de negocio para fomentar o emprego do Software Libre por organizacións TIC europeas.

O proxecto espera alcanzar estes obxectivos desenvolvendo programas informáticos de fonte aberta/gratuíta (FLOSS) como alternativa flexible e de baixo custe aos programas informáticos privativos, co mesmo nivel de confianza co que tradicionalmente se asocian aos programas informáticos non gratuítos.

Fonte: La Flecha

O proxecto conta entre os seus vinte membros fundadores cunha mestura de especialistas en tecnoloxía, departamentos gobernamentais e institucións académicas. Entre estas atópanse o Instituto Fraunhofer para Sistemas de Comunicación Aberta (FOCUS), o Instituto Nacional de Investigación en Informática e en Automática de Francia (INRIA), a Universidade Estatal de Sao Paulo, a Universidade de Tecnoloxía do Sur de China/Centro de Investigación de Middleware de Guangzhou, a xendarmería francesa (policía militar), Bull, Siemens e Thales, entre outros.

Os membros están planeando conxuntamente a creación de seis centros de competencia para apoiar a posta en produción e a adopción dos programas informáticos Open Source (catro en Europa, un en China e un en Brasil), centrándose na mellora da calidade dos programas informáticos Open Source e as prácticas da posta en produción.

http://www.mancomun.org/images/stories/rianxo.jpg Co título de “Linux: a alternativa”, o concello de Rianxo impartirá un curso de introdución ao sistema operativo GNU/Linux orientado ao público en xeral pero cunhas horas de formación específica para o persoal do concello.

O curso celebrarase os días 2, 3 e 4 de abril, e está destinado a persoas de todas as idades e que están iniciadas no mundo da informática.

Para inscribirse hai que acercarse á Casa da Cultura “Cuartel Vello” na Praza de Castelao de Rianxo, ou chamar aos seguintes teléfonos: 981866663, 981866381 ou mandar unha mensaxe ao seguinte enderezo de correo: informatica@rianxo.com

O curso está organizado por grupos, un grupo de 10:00 a 11:30 e outro de 12:00 a 13:30 e cada grupo poderá estar formado por 10 persoas que usarán os recursos do concello, máis todas aquelas persoas que queiran asistir como oíntes ou co seu portátil.

Tamén haberá dúas horas adicionais dos cursos orientadas exclusivamente á formación do persoal do concello. 

Os contidos do curso inclúen:

  • Introdución ao sistema operativo GNU/Linux.
  • Descarga, instalación e configuración.
  • Aplicacións: deseño gráfico, ofimática e multimedia.
  • Contornas de escritorio 3D.
  • Comunicacións: rede e Internet, correo electrónico, chat, mensaxería…
  • Xogos en rede.

Máis información na páxina web do Concello de Rianxo:
http://www.rianxo.com

Xandros é a herdeira da distribución creada por Corel e vendida en 2001. Para a próxima revisión da súa versión Server, a 2.0, Xandros anuncia como gran novidade e funcionalidade estrela o servizo de colaboración en liña proporcionado por O3Spaces e que permite aos usuarios de OpenOffice e Office colaborar como se traballasen cunha sola suite de traballo en grupo (groupware). Preséntase como a alternativa e competencia do Sharepoint Services de Microsoft.

Fonte: DiarioRed.com

O3Spaces é unha compañía holandesa que produce un software comercial que permite o traballo colaborativo dende as suites ofimáticas OpenOffice e StarOffice empregando como principal ferramenta para elo un navegador web. Está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Solaris.

A vantaxe desta suite de colaboración é que, ademais de intercambiar documentos de OpenOffice e traballar conxuntamente entre varios usuarios sobre eles, tamén é posible engadir usuarios de MS Office, cos que podemos crear grupos de traballo mixtos entre usuarios de Windows e GNU/Linux.

http://www.mancomun.org/images/stories/amigus.gif Dende o vindeiro luns e ata mediados de abril, Amigus (Asociación Informática de As Pontes) volve aos colexios levando na mochila un cargamento de Software Libre.

Os relatorios serán de presentación do Software Libre para alumnos de 3º e 4º da ESO nos institutos da zona.

As datas confirmadas son as que seguen:
26/03/2007 ás 10.30 horas no CPR Nebrija – Pardo Bazán
28/03/2007 ás 10.30 horas no IES Moncho Valcarce
11/04/2007 ás 11.00 horas no CPI Monte Caxado
12/04/2007 ás 11.00 horas no IES Concepción Arenal de Ferrol

Fonte:
http://www.amigus.org/web/archives/006907.php 

http://www.mancomun.org/images/stories/open_admin_for_schools.pngOpen Admin for Schools é un software para e xestión de escolas ou institutos. É de balde e ten licenza GNU/[[GPL]]. Open Admin for Schools está baseado en web e pode executarse tanto nun servidor coma nun computador dunha escola. O programa ten a posibilidade de configurar cada escola con varios sitios web virtuais (virtual websites) para o traballo de administración da secretaría ou para o seguimento dos alumnos por parte dos mestres e/ou dos pais.

O software conta coas seguintes características:

  • Garda información do estudante e da familia con posibilidade de engadir novos campos en función dos requirimentos.
  • Control de asistencia controlado pola secretaría ou directamente polos mestres dende as aulas. Os informes de asistencia pódense integrar cos informes das notas das materias. O programa dispón de varios tipos de informes.
  • Control do expediente mediante un módulo de seguimento do alumno. O comportamento do alumno pode ser rexistrado tendo a posibilidade de obter informes estatísticos e mantendo un control disciplinario.
  • Sistema de informes flexible para incluír asuntos varios a maiores. Este sistema pode xerar informes de progreso do alumno. A impresión pode ser directamente en PDF incluíndo o logotipo da escola.
  • Xestión de aulas de ensinanza especial. O software habilita a xestión de historias médicas, equipos de traballo, test realizados, responsabilidades, listas de obxectivos, …
  • Módulos para a xestión de cambios de colexio, permitindo a transferencia de expedientes entre as entidades.
  • O sitio configurado para os pais dos alumnos permite o seguimento das asistencias ás clases, revisión de informes, …
  • Xestión do diario de tarefas do mestre online, permitindo planificar as clases, temas pendentes, …

Open Admin for Schools foi desenvolto en linguaxe Perl, almaceando a información en base de datos MySQL ou PostgreSQL. Os informes de saída en PDF son xerados con TeX/LaTeX.
A última versión, a 2.25, está dispoñible para descarga na web do proxecto.

O próximo 23 de marzo celebrarase en Zaragoza a xornada Open Innovation, un evento que servirá de punto de encontro entre empresas de capital risco e emprendedores e empresas de open source.

A iniciativa está dirixida ao ámbito empresarial e á innovación tecnolóxica co Software Libre de pano de fondo. O obxectivo deste evento é o de establecer as pautas para a creación e dinamización de comunidades a través de relatorios prácticos ofrecidos por destacados expertos.

O evento está organizado pola Fundación Zaragoza Ciudad del Conocimiento coa colaboración de Open Tuesday, Warp Networks e Gaceta Tecnológica.
 
Inscrición e información na Web da xornada
Segundo pode lerse no diario francés Le Monde, o parlamento francés, que xa decidira migrar a GNU/Linux hai unhas semanas, acaba de elixir Kubuntu (a distribución GNU/Linux baseada en Ubuntu, pero co escritorio [[KDE]]). O novo sistema tamén contará con aplicacións de escritorio moi estendidas como o paquete ofimático OpenOffice.org, o navegador web Firefox e o xestor de correo Thunderbird.

Mancomun.org informa da rectificación do anuncio para a contratación de horas de formación en Software Libre. A rectificación é a seguinte:

O apartado 3. Especificacións Técnicas, punto 3 do Prego de Condicións Técnicas queda da seguinte maneira:

“-O mínimo de horas de profesor ofertadas na bolsa de formación será de 1.600 horas.” 

Os pregos administrativo e técnico están accesibles desde a web do Cesga. Poderá consultarse calquera dúbida no teléfono 981 569810 (S.A.X. CESGA). Rogamos desculpas polas molestias que se puideran ocasionar.

Google ven de anunciar a edición 2007 da súa iniciativa Summer of Code. Esta iniciativa quere incentivar a participación dos estudantes en proxectos de Software Libre ofrecéndolles bolsas por contribuír a un proxecto de software durante os meses de verán.

Dende a páxina oficial do Google Summer of Code pódese elixir calquera proxecto que poida resultar interesante, por exemplo: Ubuntu, Debian, KDE, GNOME, Python, Moodle, PHP, …

A bolsa consiste en 4500$ (USD) que é unha boa remuneración ademais da experiencia adquirida.

Google selecciona todos os anos un conxunto de proxectos de software cunha lista de tarefas específicas para que os estudantes que opten a unha bolsa elixan unha destas tarefas. Cada tarefa é dirixida por un mentor, que fará de titor do bolseiro sobre o procedemento a seguir para que o seu código vaia para adiante e poida ser integrado no proxecto.

A data límite para inscribirse é o sábado 24 de marzo.

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpgPara todas aquelas persoas que non puideron asistir ás “II Xornadas de Informática Gráfica e Software Libre” que organizou GPUL. As xornadas tiveron lugar na Coruña durante o 6 de marzo, e nelas participou xente tan importante coma Jacques Isaac, Director Técnico de Bren Entertainment.
 
Os vídeos foron realizados por Emilio J., o presidente de GPUL, e atópanse dispoñibles na seguinte ligazón (xunto coa documentación do curso):
 
http://www.gpul.org/infograf07/ 

Fonte da nova:
http://gpul.org/node/view/441 

http://www.mancomun.org/images/stories/k3b.jpg Despois de anos de desenvolvemento dende a súa aparición en 1998, o software de gravación de CD e DVD para GNU/Linux, K3B chegou por fin á súa versión 1.0, segundo anunciou o seu autor, Sebastian Trueg. O seu conxunto de características vai dende a simple copia de CD e DVD e a creación de CD de son ata cousas como a autoría de CD de son e rippeo de DVD.

K3B soporta tódalas variedades de CD e DVD, como CD-R/W, DVD+R(W), DVD-R(W) e os formatos de dobre capa. A interface de usuario de K3b intenta combinar as necesidades do usuario medio con aquelas do usuario avanzado. Case tódolos parámetros poden ser personalizados mentres K3b dispón de opcións por defecto moi razoables e moitos modos automáticos que tratan de determinar o axuste óptimo dependendo do contexto.

Fonte:
http://vivalinux.com.ar/soft/k3b-1.0.html  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal