Mancomún
KeePass, un programa de xestión de contrasinais, xa está dispoñible en galego na súa versión de MS-Windows grazas ao traballo de Amieiro e na de GNU/Linux (chamada KeePassx ) a tradución correu a cargo de Daniel Muñiz. Esta útil ferramenta libre garda os distintos contrasinais das túas múltiples contas de correo, de páxinas web… A tradución está dispoñible para MS-Windows e GNU/Linux, Mac, PalmOS, Pocket PC, Smart Devices e U3P. Para a instalación  do programa, salvo na versión de Windows, debes descargar a aplicación e o paquete de idioma correspondente.
 

As garantías de seguridade de KeePass son as máximas xa que a base de datos está encriptada empregando os mellores e máis seguros algoritmos de encriptación coñecidos hoxe en día (AES e Twofish). O proxecto está integrado ademais na Forxa de Mancomun.org.

 

Universidade da CoruñaObservatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais, correspondente ao período novembro-xaneiro, feito pola Universidade da Coruña. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación do Software Libre no ámbito das políticas estatais e internacionais publicado en maio e ao segundo correspondente ao período maio-xullo e ao terceiro que analiza os meses de agosto a outubro.

O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a evolución das  políticas das administracións, tanto estatais como europeas, dos meses de novembro, decembro do 2006 e xaneiro do ano 2007 no referente a iniciativas de Software Libre, tendo en conta os anuncios emitidos polas mesmas administracións públicas ou por outras organizacións de índole non gobernamental pero cun forte matiz político e relevante dentro da comunidade do Software Libre. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.

As versións iniciais de QEMU eran de código pechado como produto propietario pero dende o 5 de febreiro está dispoñible en código aberto baixo licenza GNU GPL.

QEMU é un emulador xenérico e de código aberto que permite executar sistemas operativos e programas feitos nunha máquina (por exemplo nunha placa ARM) noutra máquina diferente (por exemplo o PC da nosa casa).

Mediante o emprego de traducións dinámicas, chega a alcanzar grandes rendementos. Cando o empregamos como virtualizador, QEMU case chega alcanzar rendementos de máquina nativa pola execución do código cliente directamente na CPU da máquina. Neste caso faise necesario o emprego do acelerador QEMU (tamén coñecido como KQEMU) xa que é o encargado de chamar ó driver host.

O QUEMU e o KQEMU están dispoñibles para descarga na web http://fabrice.bellard.free.fr/qemu/download.html

 

Fontes:
http://fabrice.bellard.free.fr/qemu/index.html
http://fabrice.bellard.free.fr/qemu/about.html

A Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información vén de convocar as axudas para o Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica. Entre elas destaca o Programa Nacional de Tecnoloxías de Servicios da Sociedade da Información, Subprograma Nacional de E-contidos e Acciones Estratégicas de E-inclusión, E-asistencia sobre software de código abierto.

Tes máis informacións sobre convocatorias públicas na nosa sección de subvencións. Tamén podes recibir a información a través do noso sistema RSS.

http://www.mancomun.org/images/banners/openoffice_21_iso_banner.jpgXa te podes descargar dende a nosa web a ISO do CD que contén tódalas versións da suite ofimática OpenOffice.org en galego para os distintos sistemas operativos, ademais do corrector ortográfico instalable mediante o asistente que trae o OpenOffice.org.

 

O CD contén:

  • OpenOffice.org 2.1 para Windows, GNU/Linux (formato deb e rpm) e Mac OS X (para procesadores Intel) co corrector ortográfico en galego xa instalado.
  • Pack de idioma galego para a versión de Windows.
  • OpenOffice.org 2.0.2 para Mac OS X con procesador PPC.
  • O corrector ortográfico de galego listo para instalar co asistente do OpenOffice.org.
  • CD con autoexecución.
Podes descargala dende a sección de descargas da nosa web ou pulsando na imaxe que acompaña a esta nova e que tamén podes ver noutras partes da nosa web.
Mancomun.org estará presente na III Conferencia Internacional de Software Libre de Badajoz. Antonio Pérez Casas, asesor do conselleiro de Innovación achegará aos asistentes as iniciativa da administración galega a prol do Software Libre. Ademais a Xunta estará tamén representada na xuntanza na que a IDABC (organismo da Unión Europea que vela pola calidade dos servizos de administración electrónica en Europa) dará forma ao novo Repositorio Europeo de Software Libre. Paralelamente os LUG de Galicia terán un espazo propio dentro deste evento.
 

Mancomun.org tamén manterá unha reunión con responsables dos diferentes centros e iniciativas de Software Libre existentes no estado para analizar vías de colaboración e accións conxuntas.

O auxe das Tecnoloxías da Información (TI) está xerando unha gran cantidade de novas alternativas. Debido ao dinamismo que presentan e ao seu carácter tan cambiante, non poden ser contempladas nos plans de estudio de Informática. Estes coñecementos son solicitados de maneira crecente polas PEME que procuran nas telecomunicacións o complemento aos servizos que ofrecen.
 
Dentro das TI merece especial interese o fenómeno Internet, respecto ao que actualmente existe unha crecente demanda de profesionais que permiten ás empresas e organizacións poder aproveitar as novas oportunidades de negocio que se están creando, e empregar este medio para aumentar a súa competitividade.

No eido do Software Libre existen ferramentas para cubrir as necesidades dos desenvolvedores web, garantindo produtos finais de maior calidade e que se axustan aos estándares.

http://www.mancomun.org/images/stories/quanta.pngQuanta+ é un exemplo dunha contorna de desenvolvemento (IDE) baixo licenza GPL. Quanta+ conta con varios asistentes para creación de táboas, ligazóns e deseño de páxinas. Ten un resaltador de sintaxe HTML, Javascript, CSS, … ademais dun analizador que informa acerca da correcta creación das nosas páxinas. Para a publicación das páxinas nun servidor pode emprega KDE KIO slaves para soportar os protocolos FTP, SSH, … Renderizado do contido HTML na contorna con KHTML, pódese traballar dende o código fonte ou empregar o modo WYSIWYG, chamado VPL (Visual Page Layout) en Quanta, ou ambos.

No seguinte documento recóllense importantes recursos para desenvolvemento web en GNU/Linux.
» Ferramentas para Desenvolvemento Web en GNU/Linux [PDF, 310 Kb]
Tras dous meses de desenvolvemento, a versión do Kernel 2.6.20 para Linux xa está dispoñible en www.kernel.org. Esta nova versión do Kernel inclúe dúas implementacións diferentes de virtualización. Por unha banda KVM, cunha completa capacidade de virtualización empregando as extensións de [[Intel]] e [[AMD]] e unha implementación de paravirtualización por diferentes hypervisors (monitores de máquina virtual).
 

Este novo kernel tamén inclúe soporte para [[PS3]], depuración de inducción de erros, soporte UDP-lite, mellores informes de IO por proceso, atime relativo, algunhas optimizacións para X86 e moitas cousas máis.
 

A lista completa de cambios é accesible dende http://kernelnewbies.org/Linux_2_6_20.

 

A nova versión do Kernel pódese baixar dende http://www.kernel.org

Logo MonoLinux Format e Novell veñen de lanzar un orixinal reto aos usuarios de Software Libre: Que aplicación libre che gustaría ter nas túas mans? A web está aberta a propostas e a idea que reciba máis votos será desenvolvida baixo a plataforma Mono.
 

As propostas deben ser realistas e valorarase que non sexan de grande tamaño. Aos que propoñan as 30 ideas máis votadas regalaráselles unha camiseta de Mono.
A continuación móstranse unha serie de programas que nos permitirán crear, editar e grabar os nosos propios DVD, con menús personalizados, animacións e música, usando unha ou varias aplicacións baseadas en Software Libre.
 
  • DeVeDe,  un programa para a creación de vídeo CD e DVD con calquera número de ficheiros de vídeo e en calquera formato que esté soportado por Mplayer. Destacar que esta ferramenta foi creada en Galicia, máis concretamente en Vigo por Sergio Costas e está totalmente traducida ao galego.
  • dvdauthor: é un conxunto de ferramentas que nos permitirán crear o noso propio DVD cos seus menús, botóns e capítulos personalizados.

  • ManDVD:  Unha potente ferramenta gráfica para a creación e grabacións dos teus propios DVD de vídeos que tamén fai uso do dvdauthor para a creación dos DVD; pero que tamén nos permitirá converter os nosos vídeos en case calquera formato para poder velos no DVD.
  • ‘Q’ DVD-Author:  é un frontal gráfico para usar con dvdauthor e outras ferramentas relacionadas. A fin deste programa é a facilidade de manexo para poder crear menús de DVD, presentacións e vídeos e grabalos directamente baixo GNU/Linux…
UbuntuO Ministerio de Educación y Ciencia ofrece no seu portal para a formación do profesorado unha guía de achegamento ao Software Libre baseada na distro Ubuntu 6.06 LTS. A guía ofrece información sobre diversos aspectos do manexo de Ubuntu como a xestión de ficheiros, a contorna de traballo, administración do sistema, funcionamento das aplicacións ofimáticas e outras tarefas básicas.
 

Cabe resaltar que o resto dos materiais formativos céntranse no ensino do software privativo pero tamén podemos atopar un curso de PHP e outro do xestor de follas de cálculo de OpenOffice.org.
InestableInestable, grupo de usuarios de GNU/Linux de Ordes, fai un chamamento a todos os interesados en participar nas V Xornadas de GNU/Linux de Ordes a que manden as súas propostas, traballos ou colaboracións. O evento terá lugar durante a Semana Santa nos días 5, 6 e 7 de abril. A data límite de envío é o 10 de marzo e os traballos deben ser enviados en PDF a diego@inestable.org.

Visopsys (Visual Operative System) é un sistema operativo con licenza GPL para PC que leva en desenvolvemento dende o ano 1997 e ofrece unha sinxela pero funcional interface gráfica, multitarefa baixo prioridades e memoria virtual. Visopsys non é un clon de ningún outro sistema operativo e está dispoñible tanto en live CD coma en diskette.

O creador deste sistema é Andy McLaughlin que o fixo por hobby. Podes descargar o programa e o código fonte e ver capturas de pantalla de Visopsys desde a propia web do programa.

Fedora 7 Test 1 (6.90) é a nova versión de [[Fedora]] e xa está dispoñible para descarga na súa versión de proba. O máis destacable desta nova versión é a eliminación por completo da distinción entre Fedora Core e Fedora Extras.

Fedora anuncia que a folla de ruta de Fedora 7 é a que segue: 

Data

Evento 

23 Xaneiro 2007

F7 Test1 conxelación desenvolvemento

1 Febreiro 2007

F7 Test1 Release

20 Febreiro 2007

F7 conxelación das características

27 Febreiro 2007

F7 Test2 release

19 Marzo 2007

F7 conxelación da tradución

27 Marzo 2007

F7 Test 3 Release

5 Abril 2007

Final conxelación desenvolvemento

26 Abril 2007

F7 Dispoñible

Na versión Test 2 débense probar tódalas características que deben ser completamente funcionais na versión Test 3.

 

Esta versión de Fedora pódese descargar dende:
http://fedora.redhat.com/Download/mirrors.html

Fonte: http://fedoranews.org/cms/node/2539

Esta semana, 3Com poñerá en marcha unha nova estratexia empresarial destinada a incluír servizos de seguridade, xestión e VoIP propios e de terceiros nos seus [[routers]]. Esta estratexia, baixo o nome Open Services Networking (OSN), plasmarase en módulos que executarán, nos routers de 3Com, aplicacións Software Libre.
 

O módulo OSN é un blade de servidor baseado en [[Linux]] para os routers da serie 6000 da compañía, deseñado para executar aplicacións que se verán beneficiadas pola súa proximidade á capa de rede. O blade operará dentro da unidade 6000 e sobre as capas de seguridade e encamiñamento IP do núcleo, que seguirá funcionando sobre un sistema operativo e hardware propietario. Os administradores poderán controlar o blade OSN por medio dunha interface Web independente da interface de control do equipo 6000.

Para desenvolver OSN, 3Com asociouse con catro fornecedores de software que contan co código que se poderá executar nos blades: Vericept, que fai software de seguridade e análise de datos e ferramentas para o cumprimento de normativas; Q1 Labs, que vende software de correlación de eventos de seguridade; Converged Access, fabricante de software de control de tráfico para controlar e optimizar o fluxo de aplicacións sobre enlaces WAN; e VMware, subsidiaria de EMC cunha tecnoloxía de virtualización de servidores que permitirá ás aplicacións executarse coma un servizo nun entorno de máquina virtual sobre un blade OSN.

Ademais destas aplicacións, 3Com afirma que está traballando para migrar a súa propia plataforma PBX IP VCX e os seus produtos IDS e IPS TippingPoint ao módulo ONS.

3Com lanzará este mes o módulo para un número limitado de fornecedores de servizos, mentres que as empresas terán que esperar ao cuarto trimestre. Tamén a finais de ano estará dispoñible un módulo ONS equivalente para os seus conmutadores Ethernet da serie 7000 e 8000.

 
Fonte: The Register

Acaba de saír OpenToro v4.0 Final Release, unha ferramenta creada por uns programadores españois e que nos permite o desenvolvemento áxil e automatizado de aplicacións que acceden a bases de datos. As bases de datos soportadas son MySql, Oracle, Access, SQL-Server, ANSI SQL/92.

OpenToro permítenos realizar as operacións básicas para a publicación de información na web tomando a información desde unha base de datos:

  • Xestión de listados.
  • Visualización de rexistros.
  • Creación de formularios.
  • Xestión de táboas da base de datos.

A nova versión destaca sobre todo pola funcionalidade [[AJAX]] implementada.

 

As novas características:

  • AJAX: Recarga de combos, dependencias n-combos, campos estilo suggest (como en Google suggest), carga embebida de formularios, listados e rexistros.
  • Arquitectura MVC simplificada e multilinguaxe (español e inglés).
  • Desenvolvemento dunha TagLib para facilitar o desenvolvemento de novas páxinas.
  • Un novo motor de SQL para HSQLDB
  • Novo titorial e vídeo-titorial (dividido en capítulos).
  • Inclúe unha base de datos embebida e configurada para evaluar o OpenToro sen necesidade de configurar absolutamente nada.
Web de OpenToro:
 http://opentoro.sourceforge.net/inicio.html
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal