O auxe das Tecnoloxías da Información (TI) está xerando unha gran cantidade de novas alternativas. Debido ao dinamismo que presentan e ao seu carácter tan cambiante, non poden ser contempladas nos plans de estudio de Informática. Estes coñecementos son solicitados de maneira crecente polas PEME que procuran nas telecomunicacións o complemento aos servizos que ofrecen.
Dentro das TI merece especial interese o fenómeno Internet, respecto ao que actualmente existe unha crecente demanda de profesionais que permiten ás empresas e organizacións poder aproveitar as novas oportunidades de negocio que se están creando, e empregar este medio para aumentar a súa competitividade.
No eido do Software Libre existen ferramentas para cubrir as necesidades dos desenvolvedores web, garantindo produtos finais de maior calidade e que se axustan aos estándares.
Quanta+ é un exemplo dunha contorna de desenvolvemento (IDE) baixo licenza GPL. Quanta+ conta con varios asistentes para creación de táboas, ligazóns e deseño de páxinas. Ten un resaltador de sintaxe HTML, Javascript, CSS, … ademais dun analizador que informa acerca da correcta creación das nosas páxinas. Para a publicación das páxinas nun servidor pode emprega KDE KIO slaves para soportar os protocolos FTP, SSH, … Renderizado do contido HTML na contorna con KHTML, pódese traballar dende o código fonte ou empregar o modo WYSIWYG, chamado VPL (Visual Page Layout) en Quanta, ou ambos.