Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifDmaths está dirixido a todas aquelas persoas (sobre todo profesores e alumnos de matemáticas) que usen regularmente o editor de fórmulas de OpenOffice, StarOffice e NeoOffice.

A aplicación está baixo a licenza GPL e está dispoñible tanto para GNU/Linux, Windows e Mac OS X. Os idiomas dispoñibles durante a súa execución polo de agora son o inglés, francés e o alemán. 

A extensión contén as guías de usuario e instalación en varios idiomas, e entre as súas características destacan a posibilidade de trazar curvas paramétricas e polares, creación de estatísticas, inserción de diagramas, inserción rápida de expresións matemáticas ademais da inclusión dunha completa galería de obxectos xeométricos.

Para máis información visitar a páxina do proxecto:

http://www.dmaths.org

Para descargar DMath para versións 2.X do OpenOffice premer na seguinte ligazón:

Dmaths 3.0.

 

GpulO portal de Gpul recolle a petición de axuda para a creación dun proxecto Open Source das xeociencias. O proxecto consiste nun programa de topografía completo que se está a programar en GTK+ e C. O autor, un estudante da Universidade Politécnica de Madrid que está a realizar o seu proxecto de fin de carreira na Coruña, pide axuda a todo aquel que queira colaborar.

O primeiro prototipo de tarxeta gráfica libre (tanto hardware como software) ten por nome “OGD1“. A tarxeta ten unha interface [[PCI]] e dispón de 256MB de memoria de vídeo, dous conectores DVI e soporte para unha terceira e cuarta interface de vídeo (saídas de televisión analóxica e vídeo).

A tarxeta ofrece un rendemento lixeiramente superior a tarxetas como a GeForce2 GTS e a ATI Radeon 700…

O problema que ten a tarxeta polo de agora é o prezo da mesma, debido sobre todo ao feito de que como a produción da mesma non é en cadea, o custe de fabricación da tarxeta é moi elevado.

Máis detalles técnicos: 

A GPU foi construída a partir dos chips XilinX Spartan-3 XC3S4000 FPGA e o Lattice XP10 FPGA e todos os esquemas e conexións son totalmente libres.

Máis información sobre a tarxeta na páxina do proxecto:

http://wiki.duskglow.com

Mailman

Mancomun.org vén de habilitar unha lista de correo orientada ás empresas. Nesta lista as empresas poderán recibir e enviar información de interese relacionada co Software Libre coma convocatorias públicas, ofertas e demandas de servizos e produtos, novidades tecnolóxicas para as PEME e terán un espazo de intercambio ao redor do Software Libre. A lista está pensada para empresas de todo tipo, non só aquelas relacionadas coas novas tecnoloxías. Recordamos que tamén existe unha lista para enviar e recibir ofertas laborais relacionadas co Software Libre.

O sistema de monitorización libre Pandora FMS xa conta coa súa versión en galego. Recentemente fixemos público que os responsables de Pandora andaban a buscar tradutores ao noso idioma e grazas ao traballo de Santiago Rodríguez Collazo que traduciu e Carlos Grela González que revisou o traballo.
 

Deste xeito o galego únese a outros idiomas  coma español, francés ou italiano no Pandora. A tradución xa está dispoñible na web e no repositorio SVN .

Os interesados en participar na Conferencia Internacional de Software Libre 3.0, que se celebrará en Badaxoz os días 7, 8 e 9 de febreiro do 2007, poderán inscribirse ata o 15 de xaneiro a través da web oficial da Conferencia, na dirección: http://www.freesoftwareworldconference.com

Calquera especialista que o desexe pode presentar a súa comunicación para participar na Conferencia enviando os abstracts dos traballos que desexe expoñer á dirección de correo electrónico papers@freesoftwareworldconference.com.

 

Fonte: http://www.lavanguardia.es/gen/20070103/51298800443/noticias/abierto-el-plazo-de-inscripcion-para-la-conferencia-internacional-de-software-libre-3.0-internet-extremadura-andalucia-merida.html 

O servizo, chamado “Open Source Observatory and Repository” (OSOR), conta cun presuposto duns 3,5 millones de euros e está baseado nun portal que permitirá ás administracións públicas europeas almacenar e compartir o software libre que producen, así como intercambiar recursos e coñecemento.

O proxecto  tamén pretende crear  un repositorio que almacenará non so código fonte e aplicacións listas para o seu uso, senón tamén documentación sobre elas, información sobre licenzas de software libre e material sobre a contratación de servizos relacionados co software libre.

Máis información:  http://www.vnunet.es/Actualidad/Noticias/Infraestructuras/Software/20070108048

Linden, empresa creadora do simulador social Second Life, vén de anunciar que liberará o código do programa cliente do xogo baixo licenza GPLv2. A empresa afirma no seu blog que deste xeito “abraza o inevitable” e que posibilita a creación de diversos mundos de Second Life interconectados entre si e en continuo cambio. Linden comunicou que é a decisión máis importante que tomou nestes últimos sete anos e está motivada pola necesidade de que o proxecto medre a gran velocidade.
 

Os creadores de Second Life agardan que nos próximos meses xurdan unha grande cantidade de melloras especialmente en materia de seguridade. Existen proxectos similares totalmente desenvolvidos en código aberto coma Uni-verse .

Nokia ven de anunciar a dispoñibilidade do N800, a tan comentada mellora do seu internet tablet 770 baseado en Linux.

O  Nokia N800 ten un maior rendemento ao incluír un novo procesador de 320MHz en lugar do antigo de 220MHz,  ten o dobre de memoria que o seu predecesor, webcam integrada, altavoces estéreo, …

Máis información: 

http://www.nokia.com

http://www.linux-watch.com

Acábase de descubrir unha vulnerabilidade en OpenOffice que potencialmente pode ser explotada por usuarios malintencionados para provocar a execución de código arbitrario nas máquinas víctima do ataque.

O erro débese á presencia de varios problemas de desbordamento de enteiros no código que se encarga de procesar ficheiros  WMF e EMF.

Recoméndase actualizar á versión 2.1 ou aplicar este parche.

Máis Información:
 www.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=70042

High Risk Vulnerabilities in the OpenOffice Suite: www.ngssoftware.com/advisories/high-risk-vulnerabilities-in-the-openoffice-suite/

O goberno do estado de Tamil Nadu na India tomou a decisión de migrar o 99% dos seus sistemas Windows a solucións Open Source, algo que farán durante este 2007. Na entrevista co diario Deccan Chronicle, Mr. C. Umashankar, director executivo da empresa propiedade do estado indio Electronics Corporation of Tamil Nadu (ELCOT) que está a cargo do proxecto, afirmou que non precisa a Microsoft.

Umashankar dixo que o goberno está migrando a sistemas operativos Linux que son moito máis baratos e que tamén poden ser manexados con menor custe, ademais de ofrecer actualizacións constantes e seguridade frente aos virus.

Umashankar dixo ademais que máis de 20.000 sistemas de sobremesa serán instalados en escolas, que dende agora funcionarán unicamente con SUSE Linux. Tódolos servidores ELCOT traballarán con Red Hat. ELCOT espera formar a 30.000 funcionarios do goberno tanto en Linux como en OpenOffice.

Máis de 6.500 sistemas Linux xa se instalaron nalgunas poblacións e outros 6.100 ordenadores de sobremesa Acer con SUSE instalado están de camiño.

Fonte: Viva Linux
Artigo completo: amauta

http://www.mancomun.org/images/stories/edubuntu.pngOs portátiles foron doados por medio do proxecto Imara no MIT, que tenta expandir o uso da tecnoloxía en países en desenvolvemento. Os detalles da doazón pódense ver no blog oficial de Google.

“O FOSS é esencial para a adaptabilidade do proxecto.” Di Jonathan Proulx no post. “É de balde, polo tanto non haberá custes adicionais polo software cando o proxecto se expanda.” As máquinas usan Edubuntu, unha versión modificada de Ubuntu orientada ao eido da educación, e inclúe paquetes como o OpenOffice e o Gimp, ademáis de software deseñado especialmente para a educación.

OpenOfficeDirección Xeral de Administración Local vén de entregar equipos informáticos a unha serie de concellos de Galicia a través da súa liña de subvención de implementación do Eido Local conxuntamente con cd de OpenOffice en galego. Os ordenadores entregados son 450. O estudo realizado por Mancomun.org O Software Libre nas entidades de Galiza evidencia un grande descoñecemento do Software Libre por parte dos responsables municipais.

O goberno da provincia de Misiones (Arxentina) decidiu adoptar coma formato para os seus documentos o OpenDocument e o PDF. Esta administración rexional tomou a súa decisión baseándose na necesidade de creación de estándares para manter a independencia tecnolóxica, o libre acceso aos datos e a comunicación entre as persoas.
 
OpenDocument será empregado naqueles documentos que precisen ser modificados e PDF naqueles de difusión pública. Desaconséllanse os formatos abertos de pouca difusión coma TEX/LATEX e rexéitase o emprego de formatos propietarios.
 

O texto da resolución está dispoñible na web do goberno de Misiones.

http://www.mancomun.org/images/stories/opentom.jpg Os famosos dispositivos GPS TomTom Go debaixo da súa simple aparencia levan un sistema operativo GNU/Linux. Por iso temos os paquetes que liberou a compañía TomTom e que provén parches para o kernel e outro código para estes singulares dispositivos.
Ademais disto, xurdiu un proxecto chamado OpenTom que permite personalizar estes dispositivos e desenvolver software para o mesmo…

Unha aplicación nova que xurdiu mediante este proxecto foi un reprodutor MP3 para o GPS e que se pode atopar na seguinte ligazón:

Reprodutor MP3 para dispositivos TomTom Go

Máis información sobre este proxecto na súa páxina web:

http://www.opentom.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal