A axenda do software e
 hardware libre en Galicia
					Recomendámosche a...
Queres engadir un evento á axenda?
Se vas a organizar un evento relacionado con software ou hardware libre en Galicia podes enviarnos información sobre o mesmo para que o incluamos na axenda e lle demos difusión.
Axúdanos a facer desta rede un sitio onde non falte ninguén
Axenda
Neste espazo poderás atopar un calendario sobre as actividades, encontros, ou efemérides máis destacadas na actualidade do software e hardware libre en Galicia.
En Galicia, contamos cunha comunidade sólida de asociacións, grupos informais e entidades comprometidas coa promoción do software, hardware e cultura libres. Desde Mancomún queremos axudar a súa visibilidade potenciando a difusión de todas as actividades que realizan, desde a organización de eventos e charlas ata a participación activa en proxectos de software e hardware libre.
Este calendario está totalmente aberto a calquera evento que teña como obxectivo a difusión e o fomento do software e hardware libre en Galicia, polo que se coñeces algunha actividade que cumpra con estas características e aínda non aparece na axenda, convidámoste a poñerte en contacto connosco a través do formulario dispoñible. A túa achega é esencial para fortalecer a presenza e o impacto da comunidade de Software e Hardware Libre en toda Galicia.
 
					 
		 
			
 
				