Mancomún

Centros Tecnolóxicos Andaluces ofrecen servizos a empresas a través dunha plataforma de S.L.

Nun comunicado, a Consellería de Innovación, Ciencia e Empresa da Xunta de Andalucía, informou que
os Centros Tecnolóxicos de Andalucía ampliarán os seus servizos de maneira conxunta a través de internet, a través dunha nova plataforma informática de asistencia e prestación de solucións en software libre desde a que ofrecerán ás empresas andaluzas melloras nos seus procesos e na captura de valor engadido. Neste proxecto vanse integrar todos os desenvolvementos e programas informáticos que se realicen nos distintos Centros Tecnolóxicos de índole sectorial existentes en Andalucía.

Concretamente os organismos participantes son o Centro Tecnolóxico Andaluz da Pedra (CTAP), en Almería; o Centro Andaluz de Innovación e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (Citic), de Málaga; o Centro de Innovación e Tecnoloxías da Cerámica de Bailén (Innovarcilla), o Centro Tecnolóxico do Plástico de Martos (Andaltec), e o Centro Tecnolóxico Metalmecánica e do Transporte de Linares, estes tres últimos en Jaén; e nos Centros Tecnolóxicos da Madeira e o Moble de Lucena, e o Centro de Innovación e Tecnoloxía do Textil en Andalucía (CITTA) en Priego de Córdoba.
Segundo a Consellería, os representantes de todos os Centros Tecnolóxicos de Andalucía subscribiron un convenio co presidente da Fundación I+D do Software Libre.
 
A través desta nova plataforma tecnolóxica desenvolveranse “solucións informáticas comúns para diversos sectores, aumentarase a capacidade de xeración de solucións unindo esforzos e ofrecerase formación común aos desenvolvedores dos distintos centros, mellorando a eficiencia e o aforro de custos”, indicouse dende a Consellería.
 
Fonte: La Flecha
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal