Mancomún

Chamamento para colaborar co equipo Intel Linux graphics

O equipo de desenvolvemento de drivers de código aberto para os chipsets de Intel vén de facer un chamamento á comunidade para acadar voluntarios para probar as versión beta dos drivers que vaian desenvolvendo.

O seu obxectivo é afondar na súa relación coa comunidade buscando usuarios interesados en formar parte dun novo programa de probas. A orixe deste programa é que o equipo de Intel non é capaz de cubrir todas as configuracións de hardware e polo tanto non poden reproducir e verificar algúns dos erros que lles envían.

Calquera que estea disposto a participar, será benvido e só precisa rexistrarse como membro do programa.

Para completar o rexistro só hai que enviar a seguinte información por correo electrónico respondedo á mensaxe da rolda de correo :

  • chipset (e.g. 855GM, 915G, G35, …)
  • modelo de hardware (portátil ou sobremesa…)
  • modelo de monitor, conexión empregada (dvi, vga, hdmi …)
  • versión do driver
  • sistema operativo
  • outros accesorios hardware empregados
Organizan este programa a través de intellinuxgraphics.org onde aparecerá unha lista cos nomes dos participantes , salvo que se informe de que non se quere aparecer nela.
Fonte: Linuxgame
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal