Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
O próximo xoves 21 de decembro ás 10:30 terá lugar no Seminario 2.1 do Departamento de Matemáticas da Facultade de Informática da Coruña a charla Recursos en Software Libre para a simulación numérica en investigación e docencia. A charla será impartida pola doutora Ana Ferreiro Ferreiro do Departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña.
O evento poderá seguirse a través de videoconferencia na Aula de videoconferencia da Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. Os que precisen máis información poden dirixir as súas dúbidas a carlosv@udc.es.
