Botando unha ollada á web da Ciberirmandade da Fala vemos a seguinte nova:
“Xa temos dispoñibles no TraduCIF os arquivos de idioma da RC1 do Joomla 1.5, de xeito que xa podes colaborar na tradución da mesma. De feito, o traballo está bastante avanzado por mor do aproveitamento da antiga tradución levada a cabo tamén no TraduCIF, polo que, o meirande esforzo, debería cinguirse basicamente deica a validación das cadeas traducidas propostas.
Lembra que dispoñemos dun libro de estilo (aínda en proceso de definición) e un foro adicado ás discusións relativas aos traballos de tradución.”
O sistema TraduCIF da Ciberirmandade da Fala é o mesmo sistema que o Entrans de mancomun.org, de feito a tradución do Entrans de mancomun.org está baseada na do TraduCIF…
