Mancomún

Colabora coa tradución do Sunbird: calendario de Mozilla

Colabora coa tradución do Sunbird: calendario de Mozilla

SunbirdSunbird, o calendario desenvolvido pola Mozilla Foundation, está dispoñible para a súa tradución por parte dos voluntarios de Mancomun.org a través do Entrans. A tradución de Sunbird permitirá ademais, aproveitar as cadeas adaptadas ao galego para o complemento Lightning do xestor de correo Mozilla Thunderbird, unha ferramenta de calendario coas mesmas funcionalidades.

Sunbird implementa unha axenda de calendario con xestión de eventos e tarefas, usando o estándar iCalendar para o intercambio de datos. Sunbird é o sucesor da antiga extensión Calendar, que xa terminou o seu ciclo de vida e non se actualiza.
 
A tradución do Sundbird está xa moi avanzada grazas a que comparte moitas cadeas con outras ferramentas de Mozilla como Firefox e Thunderbird, proxectos de localización levados a cabo anteriormente polos voluntarios do portal de Mancomun.org.  
 
Lembramos que as cadeas do Thunderbird 2.0 tamén están no Entrans de Mancomun.org para todo aquel que queira colaborar coa súa adaptación ao galego. Todos os proxectos de tradución están no Wiki. Podedes engadir neste espazo colaborativo e aberto máis Software Libre localizado ao galego así como contribuír con información, documentación …   

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal