Mancomún

Colectivos de todo o estado protestan polas emendas do Senado á LAECAP

Diversos colectivos de todo o estado, entre os que se atopa AGNIX, protestan de xeito conxunto polas emendas introducidas o pasado día 31 de maio pola Comisión de Administración Pública do Senado á Lei de Acceso Electrónica dos Cidadáns ás Administracións Públicas (LAECAP).

En opinión destes colectivos estas novas emendas impiden que a lei recoñeza o dereito dos cidadáns a non ser discriminado polo tipo de hardware e software empregado. Ademais desaparecen as garantías de que as aplicacións informáticas desenvolvidas polas administracións vaian ser liberadas para o seu libre uso e distribución así como se impide que os cidadáns poidan auditar o código fonte daquelas aplicacións empregadas para realizar trámites coa administración.    

Ademais de AGNIX, Hispalinux, FFII, Internautas, ATI, Linux.es, Legalventure, Iglues, ESLIC, Lima, Licor, Informáticos Penitenciarios, Fundación Ciencias da Documentación e EstándaresAbiertos.org asinan esta protesta contra as emendas que serán votadas o día 7 de xuño no Senado. 
 
Actualización: Segundo comentan na web de AGNIX, a non adscrición doutros grupos galegos foi debida ás présas por presentar o escrito e non á súa negativa a apoiar esta inciativa.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal