Mancomún

Colombia implantará nos caixeiros automáticos Software Libre baseado no gnuLinEx estremeño

Colombia implantará nos caixeiros automáticos Software Libre baseado no gnuLinEx estremeño
http://www.mancomun.org/images/stories/cooperacion_extreme%C3%B1a.jpgAs autoridades colombianas teñen a intención de implantar nos caixeiros automáticos o Software Libre Linex-Col, desenvolvido a partir do gnuLinEx estremeño, por mor da colaboración en materia de transferencia tecnolóxica mantida durante anos entre Estremadura e este país iberoamericano.
 
O viceministro colombiano Abraham Rubio foi o encargado de comentar os pormenores desta colaboración durante a celebración do II Congreso Internacional de Alfabetización Tecnológica

 
No devandito contexto destacou a iniciativa Linex-Col, para a cal se traballou desde diferentes ámbitos, especialmente universidade, empresas e institucións.

Entre os obxectivos próximos do proxecto Linex-Col figura a súa aplicación na banca de oportunidades; na constitución dunha plataforma virtual universitaria; e no desenvolvemento dunha canle de televisión.

Por outra banda, cabe apuntar que no marco do congreso, que se celebra en Badaxoz, ten lugar primeira experiencia piloto de expedición do DNI Electrónico en Estremadura.

Na actualidade, o cidadán que desexe obter o seu DNI electrónico e xa que logo os certificados asociados deberá acudir a unha oficina de expedición oficial. Estas oficinas están actualmente funcionando nas seguintes capitais, Burgos, Ourense, Palencia, Salamanca, Santander, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora.

Xa que logo, para dar a coñecer esta ferramenta en Estremadura, instalouse o Palacio de Congresos Manuel Rojas unha unidade móbil de expedición.

Os congresistas que queiran obter o seu DNI Electrónico deben ter preparada a documentación necesaria, que é a mesma que para o carné de identidade convencional: Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil (caso de primeira inscrición), fotografía recente en cor, Certificado de Empadroamento, e presentación do DNI anterior (en caso de renovación).

 
Fonte da noticia: www.laflecha.net  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal