A Linux Desktop Survey é unha votación/enquisa que pretende recoller datos do uso de computadores con GNU/Linux.
Para iso hai que contestar a unha serie de preguntas como que tipo de distribucións usamos frecuentemente, que contornos de escritorio ou que navegadores web.
Os datos polo de momento indican que a distribución de GNU/Linux máis usada é Ubuntu cun 32,2 % dos votos…
Nos contornos de ventás hai unha dura competencia entre Gnome (37,1%) e KDE (43%). Nos navegadores hai un claro líder que é o Firefox co 59,1%.
Os resultados actuais pódense ver na seguinte ligazón:
Resultados momentáneos da Linux Desktop Survey 2007
Os resultados definitivos da votación do 2006:
Linux Desktop Survey 2006
Fonte:
DesktopLinux.com
