Fonte: Blogue Javi Vázquez
Xa se fixo público o comité asesor do Máster de Software Libre financiado por Caixanova, no cal colabora o grupo LibreSoft da Universidade Rey Juan Carlos e Igalia. O comité está formado por membros da comunidade internacional de Software Libre e ten como misión colaborar na análise e avaliación dos contidos académicos do Máster.
O enfoque internacional do Máster de Software Libre, cun marcado carácter práctico e enfocado á empresa, suxería solicitar a colaboración de persoeiros de renome internacional que acheguen a relación da comunidade de Software Libre coa empresa:
- Miguel de Icaza, vicepresidente de Developer Platform en Novell, fundador do proxecto GNOME e impulsor do proxecto Mono.
- …
- Richard Stallman, presidente da FSF e fundador do proxecto GNU.
- Bdale Garbee, xefe tecnolóxico da área Open Source & Linux de HP a nivel mundial e tamén presidente de Software in the Public Interest.
- Carlos Guerreiro, líder de OSSO Desktop team en Nokia Multimedia, relacionado directamente co proxecto Maemo.
- Alberto Abella, director de desenvolvemento corporativo da Fundación CENATIC e co-autor do Libro Blanco de Software Libre .
- Marcelo D’Elia Branco, coordinador do proxecto “Red Internacional de las Administraciones Públicas por el Software Libre”.
Todos os membros do comité asesor participarán de forma activa durante o curso académico, impartindo unha conferencia maxistral aberta ao público e un seminario específico exclusivo para os alumnos do Máster.
Hai máis información dos membros do comité na web de Caixanova.
