Só para Firefox 3 Beta: Un dos grandes problemas que se atopa a xente á hora de probar o Firefox 3 Beta é que a maioría dos complementos de Firefox non foron actualizados polos seus desenvolvedores para que funcionen nesta versión Beta. De todas maneiras hai unha forma de facer que a maioría delas funcionen (OLLO, ESTES CAMBIOS PODEN PROVOCAR UN COMPORTAMENTO INESPERADO EN FIREFOX, ÚSAOS BAIXO O TEU PROPIO RISCO).As instrucións son as seguintes:
- Escribe “about:config” na barra de enderezos de Firefox e preme no botón “Terei coidado, prometoo”.
- Preme co botón dereito do rato en calquera sitio e elixe “Novo->Lóxico”. Fai que o nome deste novo valor sexa “extensions.checkCompatibility” e ponlle por valor “falso”.
- Fai outra novo valor lóxico, desta vez chamado “extensions.checkUpdateSecurity” e tamén establece o valor a “falso”.
- Reiniciar Firefox.
Se todo vai ben, as extensións que oficialmente non están actualizadas para Firefox 3 Beta, pasarán a estar habilitadas.
Para estar informado das últimas versións do paquete de idioma das aplicacións de Mozilla, visita a páxina de coordinación ao galego destas traducións en: http://galician.mozdev.org.
Máis información en:
http://lifehacker.com
