Mancomún

Complementos para Firefox

Complementos para Firefox
http://www.mancomun.org/images/banners/rotate/banner_firefox.jpgO Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios. Unha das características máis salientables deste navegador é o seu sistema de complementos que permite ampliar ás súas funcionalidades. 

A continuación amósase un pequeno listado de complementos que poden ser de utilidade:  

» Firefox en galego, este complemento permite mudar a interface de usuario para tela totalmente en galego. 

http://www.mancomun.org/images/stories/spell_checker.jpg» Diccionario de galego, traballa incorporado a todos os campos de formulario nos que se pode inserir texto tendo a opción de corrixir a sintaxe premendo co botón dereito do rato.

… 

» Locale Switcher, posibilita cambiar o escenario de execución do navegador para indicarlle que use outra configuración de lingua. Útil no caso de que teñamos un sistema operativo nun idioma e desexemos mudar a configuración do navegador a outro.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/fireftp.png» FireFTP, é un complemento que se integra no Firefox engadindo un cliente de FTP multiplataforma, seguro, libre e en galego. FireFTP transfire ficheiros dun xeito eficiente e rápido, incluíndo características avanzadas coma: comparación de directorios, cifrado SSL, procura/filtros, chequeo de integridade, edición remota, arrastrar e soltar, hashing de ficheiros, …

 

http://www.mancomun.org/images/stories/febe.png» FEBE (Firefox Environment Backup Extension) complemento que permite facer unha copia de todos os complementos dun xeito sinxelo e rápido. FEBE salvagarda os complementos instalados, temas e opcionalmente os marcadores, preferencias, contrasinais, cookies e demais características personalizables que veñen con Firefox. Empregando todas as opcións que veñen co complemento conséguese facer unha copia de todo o perfil.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/cleo.png» CLEO (Compact Library Extension Organizer) é unha extensión de Firefox que traballa con FEBE permitindo empaquetar os complementos seleccionados dentro dun único ficheiro .xpi. Desta forma é posible mudar de computador e instalar todos os complementos automaticamente sen ter que ir un por un.

 

» http://www.mancomun.org/images/stories/sameplace.pngSamePlace, é un cliente de mensaxería instantánea baseado no protocolo XMPP (máis coñecido por Jabber). O complemento precisa, para o seu funcionamento, ter instalado xmpp4moz. xmpp4moz é unha biblioteca que proporciona as funcionalidades de comunicación do protocolo XMPP. SamePlace permite xogar en liña con outros contactos, enviar ligazóns, compartir un encerado permitindo aos contactos debuxar,… O complemento SamePlace e os seus relacionados (JabBiff, JabBar e xmpp4moz) están publicados na web Hyperstruct.

Outros complementos relacionadas con SamePlace:

» JabBar, incorpora unha barra de ferramentas na que se visualizan as mensaxes e que permite un envío rápido de ligazóns aos teus contactos. Nesta barra vanse visualizando todas mensaxes que se van recibindo sen ter que navegar polas distintas ventás.

» JabBiff, notifica cun pequeno diálogo emerxente a presenza dun contacto no jabber.

 

» ScrapBook, salvagarda as páxinas web para dispoñer delas de xeito desconectado, tendo a opción de xestionalas como se fosen coleccións. Permite a edición da páxina antes de gardala eliminando elementos non desexados. Ademais ás páxinas gardadas pódeselle engadir notas adhesivas (estilo post-it). Moi útil para gardar documentación e dispoñer posteriormente dela en calquera momento.

 

» Internote, permite incluír notas adhesivas (típicos post-its) sobre unha páxina web de xeito persistente. Deste modo ao retornar a unha páxina atópase a nota no mesmo lugar que se escribiu. Conta cun xestor de notas que permite visualizar todas as notas gardadas, editalas, imprimilas e/ou eliminalas.

http://www.mancomun.org/images/stories/mouse_gestures.png» MouseGestures, é un subproxecto de Optimoz. Mouse Gestures é o xeito rápido para executar comandos sen o teclado. Para levar a cabo unha acción o usuario preme o botón do rato e facendo un xesto automaticamente xérase a acción asociada.

http://www.mancomun.org/images/stories/screengrab.gif» Screengrab, este complemento permite realizar capturas de pantalla das páxinas web dentro do propio navegador. Unha vez instalada tan só é preciso premer co botón dereito en calquera lugar da páxina e acceder ao menú de ScreenGrab, que da diferentes opcións de captura. As imaxes pódense gardar nos formatos .png ou .jpg, ou ben copialas directamente ao portapapeis.

 

Están dispoñibles moitos máis na páxina de complementos de Mozilla (AMO, Mozilla Add-ons) contando cunha sección de recomendados.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal