DrupalEd é unha distribución de Drupal preconfigurada con módulos e opcións personalizadas para crear un sitio educativo, tanto un sitio de aprendizaxe informal no que todos os usuarios teñen permisos a un mesmo nivel, como un contorno de aprendizaxe máis xerárquico con alumnos, profesores, clases e grupos de traballo.
Algunhas das características activadas en DrupalEd son as seguintes:
-
Espazos de traballo persoais e de grupo.
-
Repositorios de ficheiros e galerías de imaxes persoais.
-
Blogues individuais e da clase.
-
Canles RSS do sitio, dos cursos, de cada usuario, etc.
-
Calendarios de eventos do sitio e por cursos
-
Wikis.
-
Podcasting.
Para máis información sobre DrupalEd pódese consultar a web de “FunnyMonkey – tools for teachers”.
Para levar a cabo unha instalación de DrupalEd está dispoñible, na sección de descargas de Mancomun.org, unha guía en PDF.
