Freeme é un gran exemplo de Cultura Libre (Free Culture). Pode ser reproducido no teu DVD da casa e no teu PC dado que ten unha distribución LiveDVD.
Que é a Cultura Libre?
A idea é sinxela: introducir no mundo tecnolóxico a idea de Free Culture e Free Software mediante software, literatura, música, fotos, vídeos, GNU e creative commons.
Fonte: OUSLI
Para descargalo tes que enviar unha mensaxe ao administrador do proxecto xa que fai un chamamento a comunidade para faceres este proxecto público no seu blogue e non ten ancho de banda suficiente para permitir tódalas descargas que ao autor lle gustaría.
