Mancomún

Curso de bases de datos sobre Software Libre da Rede de Dinamización da Sociedade da Información

Rede de dinamizaciónA ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR), en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade de Información, organiza un curso de Base de Datos sobre Software Libre dirixido a profesionais do sector agrario e membros de comunidades de montes.

O curso que comeza o xoves día 12, impartirase no Pazo de Cultura de Pontevedra, nun seminario (seminario 7) acondicionado con quince computadores. O horario será de 18:00 a 21:00 horas e, en total, serán 40 horas repartidas en 13 sesións. Agárdase que os asistentes alcancen o obxectivo principal: adquirir coñecementos na creación e xestión de base de datos.

 

Os asistentes foron seleccionados a partir dun traballo previo sobre as empresa do sector agrario na comarca que incluía a realización de enquisas a empresarios e traballadores que demandaron este tipo de formación. Tamén os membros de comunidades de montes da ADR, especialmente das súas directivas, manifestaron o seu interese en tomar parte nesta actividade formativa que vai dirixido á modernización da xestión das súas entidades.

Tamén en colaboración coa Organización de Autónomos estase a traballar en organizar un curso de programas de xestión de contabilidade e facturación como unha iniciativa máis para mellorar a competitividade dos empresarios da comarca a través do emprego das novas tecnoloxías.

Máis eventos na axenda de Mancomun.org.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal