A Universidade de Estremadura oferta un curso de verán co título de “
CONOCIMIENTO LIBRE – FLOK (Free/Libre & Open Knowledge) “. Desenvolverase en Cáceres entre os días 10 e 13 de Xullo. É válido por 3 créditos de libre configuración. Está aberto tanto a estudantes da Universidade de Estremadura como de fora.
Entre os seus obxectivos atópanse a difusión do coñecemento libre, fomentar a colaboración en contornos libres ou a aplicación de licenzas libres ás diferentes expresións da cultura. …
Aínda que o título e os obxectivos refírense ao coñecemento libre en xeral, varias das súas ponencias son sobre software libre:
- “Administracións públicas e Software Libre”
- “Software Libre e coñecemento libre”
- “Contribución do software libre ao desenvolvemento do sector TIC en Estremadura”
- “Modelos e oportunidades de negocio no eido do Software Libre. Nichos, tendencias e análisis do mercado español. ¿Como e por que o software libre é MÁIS rentable?”
- “O mercado do software libre en Portugal”
- “Software Libre vs Software Comercial en empresas tecnolóxicas”
- “Software libre na educación”
- “Impacto do software libre na produción e distribución da obra intelectual”
Ver programa completo.